Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.

D.O. Ribeiro
DO Ribeiro
Industrias
107 [1]
Superficie
2 646 ha [2]
Viticultores
1 725 [1]
Produción uva
11 600 Tn[2]
Páxina web
www.ribeiro.wine
Enderezo
Salgado Moscoso 11
32400 Ribadavia.

Datos técnicos

A denominación de orixe distribúese polos vales dos ríos Arnoia, Avia e Miño, co que se delimitan tres subzonas dentro da mesma denominación de orixe.

A produción de viño ocupa unhas 2 646 hectáreas e agrupa 107 adegas e colleiteiros, nas que traballan 1 725 viticultores. Os datos para 2017 eran respectivamente 2 500 ha, 115 e 5 500[3]. A produción superou os 11 millóns de quilos de uva anuais en 2016[2] e 14 de media.[3]

Tipo de uva

A uva admitida dentro da denominación de orixe Ribeiro é:

Tamén se produce dentro da denominación de orixe o viño tostado.

Consello regulador

A denominación de orixe é a máis antiga de Galicia, e remóntase ao ano 1932, que foi considerado con rango de lei en 1933.[Cómpre referencia] O Consello regulador creouse en 1956 por unha orde ministerial que foi modificada xa varias veces, a última en 2009.

O presidente do consello regulador é Juan Manuel Casares.[5]

Notas

  1. 1,0 1,1 O Ribeiro sufrió en cinco años un notable descenso de viticultores, nova en La Voz de Galicia (en castelán)
  2. 2,0 2,1 2,2 "Datos Vendimia D.O. Ribeiro 2016". Vino D.O. Ribeiro (en castelán). 2016-11-22. Consultado o 2019-02-01.
  3. 3,0 3,1 "Denominación de Orixe". Vino D.O. Ribeiro. Consultado o 2019-02-01.
  4. 4,0 4,1 "Orden del DOG nº 4 de 2017/1/5 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2019-02-01.
  5. "Orde do DOG nº 147 do 2017/8/3 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-02-01.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro

A Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro é unha asociación profesional, sen animo de lucro, creada o 7 de setembro de 1998 na comarca do Ribeiro. Poden ser socios os colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro que embotellan e comercializan o seu viño, producido unicamente a partir de uvas de colleita propia.

Centra o seu labor en: asegurar o relevo xeracional da figura do Colleiteiro no rural galego, fomentar a promoción nacional e internacional, abaratar os custos de produción e representar aos seus asociados ante as distintas entidades e/ou organismos, tanto públicos como privados.

Actualmente agrupa a 40 adegas de Colleiteiro, entre as cales elaborou na colleita 2016 máis de 850.000 botellas entre viño branco e tinto.[Cómpre referencia]

Bodegas Val de Souto

Bodegas Val de Souto é unha adega de Colleiteiro da Denominación de Orixe Ribeiro, cunha capacidade de 24.000 litros e 2 hectáreas de viñedos. Atópase na aldea de Souto, pertence ao municipio de Castrelo de Miño.

Brancellao

Brancellao ou brancello (apúntase a súa orixe a partir da suposta forma latina *brancea ‘ramallada’) é unha variedade de videira e de uva tinta, doce e saborosa, que se cultiva no Ribeiro e outras comarcas de Galicia. Por extensión coñécese con este nome o viño que se obtén desta uva. É autóctona de Galicia. Coñécese tamén co nome de albarello. É unha planta resistente ás enfermidades e de boa calidade, porén a súa produtividade é moi baixa, polo que se trata dunha vide escasa que pode desaparecer. Os acios son de tamaño grande e pouco compactos. As bagas son de tamaño mediano, forma elíptica e cor vermella-violácea. Úsase xunta outras variedades para mesturas, mais tamén poden facerse viños varietais. Segundo a Orde APA/1819/2007, do 13 de xuño (BOE do día 21), brancellao ou brancello é unha variedade de vide destinada á produción de viño recomendada en Galicia. Cultívase na Denominación de Orixe Rías Baixas, Ribeira Sacra e Denominación de Orixe Valdeorras. A Denominación de Orixe Ribeiro tamén utiliza esta variedade, con excelentes tintos. Tamén se cultiva en Portugal.

Colleiteiro

Un colleiteiro, tamén coñecido como adega de colleiteiro, refírese a un tipo concreto de adega de Galicia, a cal se caracteriza por elaborar menos de 60.000 litros de viño ao ano, a partir de uva de colleita propia.O colleiteiro, figura tradicional do rural galego, foi evolucionado á hora de elaborar os seus viños, mantendo viva a tradición, á vez que a combina coas últimas tecnoloxías en elaboración de viños. Na maioría das adegas de colleiteiro, é o propio dono da adega quen se encarga de todo o ciclo de produción, dende o coidado da viña, pasando pola elaboración do viño ata o seu posterior embotellado para a súa comercialización. No mundo do viño encontramos figuras similares á dos colleiteiros como poden ser o concepto de Terroir ou o de Viños de Autor.

Eiras, San Amaro

Santa Uxía de Eiras é unha parroquia do concello ourensán de San Amaro. En 2011, segundo o IGE, tiña 118 habitantes (59 homes e 59 mulleres).

Feira do viño de Ribadavia

Na capital do Ribeiro (Ribadavia) hai máis de cincuenta anos[cando?] que se celebra a Feira do Viño, que foi declarada de Interese Turístico Nacional, e é a feira vitivinícola máis antiga de Galicia.

A feira ten lugar no recinto da Alameda, situado en fronte ó Castelo de Ribadavia.

Ferrón (uva)

Ferrón é unha variedade de uva tinta (Vitis vinifera), cuxa orixe atópase en Galicia. Utilízase para a produción de viño. Coma outras uvas de calidade galegas, é moi escasa. Produce viños acedos, sen moito alcol, con toques frutais e florais. Úsase para complementar outras variedades como merenzao ou brancellao. Segundo a Orde APA/1819/2007, trátase dunha variedade recomendada en Galicia. Atópase na Denominación de Orixe Ribeiro.

Manuel Vázquez Pérez

Manuel Vázquez Pérez nado en Carnós (A Arnoia) en 1939 e finado en Ourense o 10 de agosto de 2009, foi un empresario vinícola galego.

Miguel Ángel Viso

Miguel Ángel Viso Diéguez, nado na Arnoia en 1971, é un político galego do PPdeG.

Ribeiro (viño)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeiro.

Co nome xenérico de ribeiro coñécese a distintos tipos de viños, cultivados historicamente na comarca do Ribeiro. Na actualidade, o viño ten a súa propia denominación de orixe, que delimita zonas, tipos de uva e que promove a produción e a exportación da bebida.

Viño de Galicia

O viño de Galicia inclúe o viño que se elabora nas provincias da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo. Dentro de Galicia distínguense cinco denominacións de orixe: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. En anos recentes, o país viu rexurdir a súa industria vinícola guiada polo aplauso internacional da rexión das Rías Baixas e dos seus viños albariño.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.