Denominación de Orixe Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

D.O. Rías Baixas
Rías Baixas viño W3C
DO Rías Baixas
Industrias
179 [1]
Superficie
4 027 ha [1]
Viticultores
6 031 [1]
Produción uva
24 180 221 kg [1]
Viño cualificado
19 300 200 l [1]
Valor estimado
96 501 000 [1]
Páxina web
www.doriasbaixas.com
Enderezo
Pazo de Mugartegui
Praza da Pedreira s/n
36002 Pontevedra.

Descrición

Divídese nas seguintes subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. A uva albariño é a súa produción monovarietal de máis éxito, aínda que se pode combinar coas uvas brancas loureira branca ou marqués, treixadura, caíño branco, torrontés e godello e as tintas caíño tinto, espadeiro, loureira tinta, sousón, mencía, pedral e brancellao[2]. A produción é de baixa graduación, de viño branco e sen crianza, e expórtase cada vez máis a mercados españois (especialmente Barcelona e Madrid) e exteriores (Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Suíza, Xapón e Suecia).

Os viñedos ocupan unha superficie de preto de 4.027 hectáreas, que pertencen a 179 adegas. Esta denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de 25.000 litros e unhas vinte superan os 75.000. A produción total supera os 19 millóns de litros.[1]

Galería de imaxes

Viños tipo Albariño.
Viños tipo Albariño. 

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.
  2. Folleto explicativo da D.O.RR.BB. Arquivado 11 de abril de 2012 en Wayback Machine., páxina 6 (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Albariño

O albariño (alvarinho en portugués) é unha variedade de uva branca de Galicia e norte de Portugal, e os viños elaborados con esta variedade de uva, en especial nos viños de Denominación de Orixe Rías Baixas e Viño da Terra de Barbanza e Iria. Tamén emprega esta variedade o Vinho Verde portugués.

Brancellao

Brancellao ou brancello (apúntase a súa orixe a partir da suposta forma latina *brancea ‘ramallada’) é unha variedade de videira e de uva tinta, doce e saborosa, que se cultiva no Ribeiro e outras comarcas de Galicia. Por extensión coñécese con este nome o viño que se obtén desta uva. É autóctona de Galicia. Coñécese tamén co nome de albarello. É unha planta resistente ás enfermidades e de boa calidade, porén a súa produtividade é moi baixa, polo que se trata dunha vide escasa que pode desaparecer. Os acios son de tamaño grande e pouco compactos. As bagas son de tamaño mediano, forma elíptica e cor vermella-violácea. Úsase xunta outras variedades para mesturas, mais tamén poden facerse viños varietais. Segundo a Orde APA/1819/2007, do 13 de xuño (BOE do día 21), brancellao ou brancello é unha variedade de vide destinada á produción de viño recomendada en Galicia. Cultívase na Denominación de Orixe Rías Baixas, Ribeira Sacra e Denominación de Orixe Valdeorras. A Denominación de Orixe Ribeiro tamén utiliza esta variedade, con excelentes tintos. Tamén se cultiva en Portugal.

Caíño branco

Caíño branco é unha cepa de uva branca (Vitis vinifera) de Galicia. Segundo a Orde APA/1819/2007, do 13 de xuño (BOE do día 21), a variedade caíño branco está recomendada en Galicia. Utilízase na Denominación de Orixe Rías Baixas, complementando á uva albariña. Existe outra variedade tinta, chamada caíño tinto.

Caíño tinto

O caíño tinto é unha variedade autóctona galega e do Norte de Portugal de cepa uva tinta (Vitis vinifera) lixeiramente aceda, cultivada no Ribeiro e noutras comarcas, que lle dá ao viño un sabor agridoce.

Outros nomes cos que se coñece a esta variedade son amaral, azal tinto, caíño bravo, caíño cachón, uva caíña e caíño longo. Na zona do Morrazo denóminase tinta femia. Inicialmente pensabase que eran dúas variedades diferentes pero foi demostrado que son a mesma utilizando técnicas de ADN.

Trátase dun bago de maduración serodia. O rendemento é baixo. Ten acios de tamaño mediano e non moi compactos. Os seus bagos presentan cor azul escura. Segundo a Orde APA/1819/2007, de 13 de xuño (BOE do día 21), a variedade caíño tinto, caíño bravo ou cachón está recomendada en Galicia. Utilízase na Denominación de Orixe Rías Baixas e tamén no Ribeiro, mentres que no norte de Portugal se cultiva coa denominación Borraçal. Existe outra variedade branca, chamada caíño branco.

O viño que se obtén deste bago denomínase viño caíño, caíño ou tinto caíño.

Comarca do Baixo Miño

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Denominación

Denominación pode referirse a unha denominación de orixe, entre as que destacan:

Denominacións de Orixe de Galicia

Denominación de Orixe Monterrei

Denominación de Orixe Rías Baixas

Denominación de Orixe Valdeorras

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Denominación de Orixe O Ribeiro

Ulloa (queixo)

Queixo manchego

Xamón

pexego de Calanda

Queixo Gouda

queixo Mozzarella

queixo Camembert

queixo parmesano

Vinho do Dão

Vinho Verde

mel de La Alcarria (etc.)Pode utilizarse tamén co significado de:

significante, forma ou designación, en lingüística e, sobre todo, en terminoloxía;

nome oficial ou usado asignado a un edificio, institución pública ou localidade;

Festa do viño da Ulla

A festa do viño da Ulla é unha festa gastronómica que se celebra todos os anos o segundo domingo de abril na vila de San Miguel de Sarandón, no concello coruñés de Vedra.

A festa leva organizándose ininterrompidamente dende o ano 1980 e é levada a cabo por unha comisión sen ánimo de lucro, formada polos veciños.

Festa do viño do Condado

A Festa do viño do Condado é unha feira gastronómica celebrada no Castelo, en Salvaterra de Miño o último domingo de agosto de cada ano co obxectivo de exaltar os viños do Condado (D.O. Rías Baixas) e Monção-Melgaço (D.O. Vinhos Verdes)

José Manuel Cores Tourís

José Manuel Cores Tourís, nado en Oubiña (Cambados) o 1 de novembro de 1958, é un político galego do PPdG.

Loureira tinta

Loureira tinta é unha variedade de vide (Vitis vinifera) de uva tinta autóctona de Galiza, de pequeno tamaño, forma esférica e pel grosa de cor negra azulada, de cultivo pouco estendido e utilizada especialmente na elaboración dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Existe tamén unha loureira branca, máis común, cunha uva branca, tamén autóctona de Galicia e do Norte de Portugal, de pequeno tamaño, forma esférica e pel grosa de cor verde amarelada, utilizada especialmente para a elaboración dos viños das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro.

Marisol Bueno

María Soledad Águeda Bueno Berrío-Ategortua, nada en Zaragoza o 30 de novembro de 1948, é unha empresaria e política galega.

Meaño

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Pazo de Arretén

O pazo de Arretén, coñecido como Casa Grande, é un pazo situado no lugar de Arretén, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón, de titularidade privada, no que viviu a escritora galega Rosalía de Castro.

Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Viño branco

O viño branco é un tipo de viño elaborado a partir do mosto da uva, preferentemente branca, que se separa do bagazo ou bagaño para que non desprenda as substancias colorantes. Os viños brancos son famosos en Galicia sobre todo nas denominacións de orixe do Ribeiro, Valdeorras e Rías Baixas. Algunhas castes de uva como o albariño son as máis tradicionais na produción do viño branco.

Ten unha especial relevancia culinaria para engadir á cocción de carnes, peixes ou mariscos como os mexillóns. Recoméndase para acompañar nas comidas sobre todo peixes e mariscos cos que se toma normalmente fresco. Son normalmente viños novos, é dicir, viños que se consomen no mesmo ano en que foron producidos e que non se deixan envellecer.

Viño de Galicia

O viño de Galicia inclúe o viño que se elabora nas provincias da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo. Dentro de Galicia distínguense cinco denominacións de orixe: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. En anos recentes, o país viu rexurdir a súa industria vinícola guiada polo aplauso internacional da rexión das Rías Baixas e dos seus viños albariño.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.