Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza.

Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado.[1]

Uva branca: verdello, dona branca, verdello louro Uva tinta: mencía, bastardo, araúxa

D.O. Monterrei
DO Monterrei
Industrias
24 [1]
Superficie
463 ha [1]
Viticultores
384 [1]
Produción uva
2 820 213 kg [1]
Viño cualificado
1 979 225 l [1]
Valor estimado
9 381 526 [1]
Páxina web
www.domonterrei.com
Enderezo
Avda. Luis Espada 73
32600 Verín.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Castrelo do Val

Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003).|O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é castrelexo.

Denominación

Denominación pode referirse a unha denominación de orixe, entre as que destacan:

Denominacións de Orixe de Galicia

Denominación de Orixe Monterrei

Denominación de Orixe Rías Baixas

Denominación de Orixe Valdeorras

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Denominación de Orixe O Ribeiro

Ulloa (queixo)

Queixo manchego

Xamón

pexego de Calanda

Queixo Gouda

queixo Mozzarella

queixo Camembert

queixo parmesano

Vinho do Dão

Vinho Verde

mel de La Alcarria (etc.)Pode utilizarse tamén co significado de:

significante, forma ou designación, en lingüística e, sobre todo, en terminoloxía;

nome oficial ou usado asignado a un edificio, institución pública ou localidade;

Monterrei

Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterreiés, montederrense ou montederreguense.

Monterrei (homónimos)

O topónimo galego Monterrei pode referirse a:

Monterrei, concello da provincia de Ourense;

Monterrei, parroquia de dito concello;

Monterrei, vila de dita parroquia e capital do concello ao que dá nome;

Monterrei, lugar da parroquia de Santa Marta de Moreiras, no concello do Pereiro de Aguiar.

Oímbra, Oímbra

Santa María de Oímbra é unha parroquia do concello de Oímbra, na comarca de Verín, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 631 habitantes (322 homes e 309 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 682 habitantes. Limita cos concellos de Verín e Monterrei e con Portugal.

Roberto Verino

Manuel Roberto Mariño Fernández, nado en Verín o 3 de maio de 1945, é un deseñador de moda galego, máis coñecido como Roberto Verino.

Verín Club de Fútbol

O Verín Club de Fútbol é o equipo de fútbol de referencia da vila ourensá de Verín. Fundado en 1971, como sucesor do CD Verín e do Rácing Verín, na actualidade compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia, e ten uns 300 socios. Con camisola vermella e pantalón azul coma equipación, o Verín CF disputa os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, con capacidade para uns 2.000 espectadores.

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Viño branco

O viño branco é un tipo de viño elaborado a partir do mosto da uva, preferentemente branca, que se separa do bagazo ou bagaño para que non desprenda as substancias colorantes. Os viños brancos son famosos en Galicia sobre todo nas denominacións de orixe do Ribeiro, Valdeorras e Rías Baixas. Algunhas castes de uva como o albariño son as máis tradicionais na produción do viño branco.

Ten unha especial relevancia culinaria para engadir á cocción de carnes, peixes ou mariscos como os mexillóns. Recoméndase para acompañar nas comidas sobre todo peixes e mariscos cos que se toma normalmente fresco. Son normalmente viños novos, é dicir, viños que se consomen no mesmo ano en que foron producidos e que non se deixan envellecer.

Viño de Galicia

O viño de Galicia inclúe o viño que se elabora nas provincias da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo. Dentro de Galicia distínguense cinco denominacións de orixe: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. En anos recentes, o país viu rexurdir a súa industria vinícola guiada polo aplauso internacional da rexión das Rías Baixas e dos seus viños albariño.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.