Denominación de Orixe Horta de Mondoñedo

A Denominación de Orixe Horta de Mondoñedo é un selo que recoñece a calidade de diversos produtos da horta do concello de Mondoñedo. Foi concedido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en decembro de 2018.

Produtos

Abrangue a produción de froita, hortaliza, verduras e legumes frescas, herbas aromáticas frescas; plantas e flores: bulbos, plantóns e sementes; malta, produtos agrícolas e hortícolas en bruto e sen procesar; grans e sementes en bruto ou sen procesar. Exclúe a pataca (amparada pola D.O. Pataca de Galicia), faba (D.O. Faba de Lourenzá) e o grelo (D.O. Grelos de Galicia).[1][2]

Notas

  1. "El Ministerio de Industria concede la marca «Horta de Mondoñedo» a productos agrícolas y semillas". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-03. Consultado o 2018-12-04.
  2. Oficina Española de Patentes y Marcas (10 de decembro de 2018). "M 3716836". Boletín Oficial de la Propiedad Industrial. Tomo I. Marcas y otros signos distintivos (5316): 94. ISSN 1889-1284.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.