Denis Diderot

Denis Diderot, nado en Langres o 5 de outubro de 1713 e finado en París o 31 de xullo de 1784, foi un escritor e filósofo francés pertencente ao movemento literario da Ilustración.

Denis Diderot
Louis-Michel van Loo 001
Denis Diderot.
Nacemento5 de outubro de 1713
 Langres
Falecemento31 de xullo de 1784 (70 anos)
 París, Flag of France.svg Francia
SoterradoSaint-Roch
NacionalidadeReino de Francia e Francia
EtniaPobo francés
Relixiónateo
Alma máterLycée Louis-le-Grand, Lycée Saint-Louis e Universidade de París
Ocupaciónfilósofo, novelista, ensaísta, Enciclopedistas, crítico de arte, dramaturgo, crítico literario, correspondent, tradutor, historiador, politicólogo e lexicógrafo
PaiDidier Diderot
CónxuxeMadame Puisieux
Sophie Volland
FillosAngélique Diderot
XénerosFilosofía
Coñecido/a porJacques the Fatalist
Denis Diderot signature

Traxectoria

Pertencía á burguesía provinciana que só podía ascender mediante a carreira eclesiástica, en 1728 deixou ditos estudos. O seu desexo de progresar socialmente levouno a París, onde entrou en contacto cos círculos literarios máis avanzados e coñeceu a Rousseau, D'Alembert e Condillac. Diderot gañouse a vida como tradutor. Máis tarde, baixo o influxo de Shaftesbury, escribiu e publicou en 1746 Pensamentos filosóficos, nese mesmo ano logrou formar ao redor del o grupo de intelectuais que se fixo cargo da Enciclopedia. É o autor máis completo do século XVIII francés, pois compuxo obras de todo tipo de xéneros que se poden encadrar nas tres tendencias literarias da época: Rococó, nos seus comezos, Neoclasicismo e Prerromanticismo, a partir do seu compromiso coa Enciclopedia.

En 1785 Catarina II de Rusia adquiriu a biblioteca de Diderot, asignándolle a cambio unha pensión. Diderot residiu en San Petersburgo entre 1773 e 1774 dedicándose a elaborar proxectos de reforma. Durante os últimos anos da súa vida colaborou na obra Raynal, Historia das dúas Indias, onde se considera que o comercio é o factor básico do progreso e da civilización.

Obras

Primeira etapa

A súa primeira etapa, ata 1753, significa a súa entrada no mundo literario francés. Os seus primeiros traballos son xa moi polémicos. En Pensamentos filosóficos (1746), defende a supremacía da razón sobre Deus. A tese, exposta en Carta sobre cegos de que a intelixencia humana non se debe a Deus, senón que se forma a través da experiencia e por medio dos sentidos levarao ao cárcere acusado de ateísmo.

A este período tamén pertence a obra Les bijoux indiscrets (As xoias indiscretas), obra de ambiente galante e bastante frívola, na que denuncia os costumes cortesáns convertendo aos órganos sexuais femininos en narradores de sucesos que só eles coñecen. Diderot escribiu

Outra das cousas que Diderot escribiu foi:

Nos Pensamentos filosóficos Diderot móstrase deísta convencido.

O 7 de xullo de 1746 o parlamento de París condenou o libro na fogueira porque era escandaloso e contrario á relixión.

Segunda etapa

A segunda etapa da súa obra esténdese entre os anos 1753 e 1761. Neste período, o autor céntrase no proxecto da Encyclopédie onde a partir de 1759 colaborou con D'Alembert na súa edición. É a primeira en incluír contribucións de diversas persoas, Voltaire, Rousseau ou Montesquieu. Tamén foi a primeira en incluír aspectos das artes mecánicas. En total comprendía 28 volumes con 71.818 artigos e 3.129 ilustracións. Para Diderot, o obxectivo da enciclopedia era "cambiar a forma de pensar da xente". O autor tamén se concentrou na produción teatral, pola que adquiriu renome. O teatro de Diderot apártase das modalidades tradicionais e configura un novo xénero coñecido como drama burgués e definido polos seguintes trazos:

  1. Loanza á burguesía e crítica ao clero.
  2. Situación no seo familiar dos problemas políticos.
  3. O protagonista é un burgués ilustrado, ateo, científico, moralista, moi traballador e aforrador.
  4. Destaca a explosión sentimental das personaxes, caracterizadas pola alternancia entre as súas actitudes razoables e o pranto mediante o cal representan a súa sensibilidade.

Nesta etapa, Diderot tamén compuxo obras doutros xéneros. Na novela A relixiosa denuncia a hipocrisía da Igrexa e os intereses económicos ocultos tralas vocacións relixiosas. O sobriño de Rameau é unha obra que marca a evolución do autor cara o pesimismo. Trátase dun diálogo entre un filósofo (progresista, positivo e moral) e un parasito (bufón e medio louco) sobre o sentido da existencia. A discusión termina en empate, sen que Diderot deixe claro o sentido da existencia humana e dos esforzos reformadores ilustrados.

Terceira etapa

A terceira etapa da súa obra iníciase co recoñecemento internacional de Diderot en 1761. A obra máis destacada desta etapa é Jacques o fatalista, unha novela moi innovadora e libre na que o seu protagonista se sente perdido no labirinto do Estado. Con ela, Diderot abre a porta ao romanticismo e anticipa un dos temas máis relevantes da novela existencial do século XX.

Traducións ao galego

A súa obra ensaística O paradoxo sobre o actor (Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, 1998) foi traducida por Francine Sucarrat Boutet e Xosé Carlos Carrete Díaz[1]; mentres que o seu opúsuclo Isto non é un conto (BIVIR, 2015) foi traducido por Isabel Soto López[2].

Notas

  1. Ficha da obra en BiTraGa.
  2. Isto non é un conto en formato PDF.

Véxase tamén

Outros artigos

31 de xullo

O 31 de xullo é o 212º día do ano do calendario gregoriano e o 213º nos anos bisestos. Quedan 153 días para finalizar o ano.

5 de outubro

O 5 de outubro é o 278º día do ano do calendario gregoriano (279º nos anos bisestos). Quedan 87 días para finalizar o ano.

Edmund Burke

Edmund Burke, nado en Dublín o 12 de xaneiro de 1729 e finado en Beaconsfield o 9 de xullo de 1797) foi un escritor, filósofo e político irlandés, membro do partido whig, apoiou a causa dos revolucionarios americanos e opúxose á Revolución Francesa, figura central da facción conservadora dos whigs, está considerado creador dos alicerces filosóficos do conservadorismo moderno. Considerado o pai do liberal-conservadorismo británico ou old whigs (vellos liberais), en contraposición aos new whigs (novos liberais ou liberal-progresismo) que a diferenza dos primeiros apoiaban a Revolución francesa.

Enciclopedia

Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios. Ó contrario que as entradas de dicionario, que se centran en información lingüística sobre as palabras, os artigos das enciclopedias céntranse en información factual relativa ó suxeito do artigo.As enciclopedias existen dende hai 2 000 anos, sendo a máis antiga que se coñece Naturalis historia, escrita arredor do ano 77 por Plinio o Vello. As enciclopedias modernas evolucionaron dende os dicionarios arredor do século XVII. Historicamente, algunhas enciclopedias estaban contidas nun só volume, mentres que outras, como a Encyclopædia Britannica, a Enciclopedia Treccani (62 volumes, 56 000 páxinas) ou a meirande do mundo, Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (118 volumes, 105 000 páxinas), convertéronse en grandes obras multivolume. Algunhas enciclopedias modernas, como a Wikipedia, son electrónicas e de contidos libres.

François Boucher

François Boucher, nado en París o 29 de setembro de 1703 e finado o 30 de maio de 1770, foi un pintor francés, seguidor do estilo rococó, famoso polas súas pinturas idílicas e voluptuosas de temas mitolóxicos, alegorías pastorís e diversos retratos de Madame de Pompadour.

Gottfried Wilhelm Leibniz

Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannover o 14 de novembro de 1716, foi un filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán. Acredítaselle a creación do termo "función" (1694), que usou para describir unha cantidade relacionada cunha curva, como por exemplo a inclinación dunha curva ou un punto calquera dunha curva. En xeral, xunto con Newton, considérase a Leibniz como protagonista do desenvolvemento do cálculo moderno; en particular polo seu desenvolvemento do Cálculo Integral e da Regra do produto.

Demostrou xenialidade tamén nos campos da lei, relixión, política, historia, literatura, lóxica, metafísica e filosofía. Foi o primeiro en comprender que a anatomía da lóxica -as leis do pensamento- é un asunto de análise combinatoria. Na súa visión da existencia dunha “característica universal”, Leibniz atopábase dous séculos por diante, no que concirne á matemática e á lóxica. A unión nun único cerebro, da máis alta habilidade en dous amplos dominios do pensamento matemático, o analítico e o combinatorio, ou o continuo e o descontinuo, non ten precedentes nin antes nin despois de Leibniz. Foi o único home na historia da matemática, que tivo estas dúas calidades de pensamento nun grao superlativo.

Ignacio Ramonet

Ignacio Ramonet Míguez, nado en Redondela o 5 de maio de 1943, é un xornalista galego especializado en relacións internacionais e globalización asentado en Francia.

Ilustración

A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.

Index Librorum Prohibitorum

O Index Librorum Prohibitorum ou "Índice de libros prohibidos", tamén chamado Index Expurgatorius é unha lista daquelas publicacións que os laicos da Igrexa católica catalogaron como libros perniciosos; ademais establecía as normas da igrexa con respecto aos libros. O propósito desta lista era previr a lectura de libros ou traballos inmorais que contivesen erros teolóxicos e previr a corrupción dos fieis.

Foi creado no ano 1559 pola Sagrada Congregación da Inquisición da Igrexa católica (posteriormente chamada a Congregación para a Doutrina da Fe). O índice foi actualizado regularmente ata a súa última edición que data de 1948, con materiais que foron agregando tanto a Congregación como o Papa. A lista non era simplemente un conxunto de obras prohibidas, os autores víanse obrigados a defender o seu traballo: podían volver publicalas con modificacións se desexaban evitar que algunha engrosase a lista.

A trixésima segunda edición, publicada en 1948, contiña aproximadamente 4.000 títulos censurados por varias razóns: herexía, deficiencia moral, sexo explícito, inexactitudes políticas, entre outras. Autores notables foron incluídos nesta lista: Laurence Sterne, Voltaire, Daniel Defoe, Nicolao Copérnico, Honoré de Balzac, Jean-Paul Sartre, André Gide, o sexólogo holandés Theodor Hendrik van de Velde, autor do manual de sexo O matrimonio perfecto.

Algúns dos títulos integraron este índice por ter un contido político definido: en 1926, a revista Acción Francesa, que adoptaba os dereitos polas causas dese país, foi posta na lista.

Os efectos deste índice sentíronse por todos lados, máis aló do mundo católico. Durante moitos anos, en lugares como Quebec, España, Italia e Polonia (países católicos), foi moi difícil atopar copias destes libros, especialmente lonxe das grandes cidades. Como lista oficial foi abandonada en 1966 baixo o papado de Paulo VI, seguidamente do final do Concilio Vaticano II e en gran parte debido a consideracións prácticas. No entanto, quedou como un pecado para os católicos o feito de ler libros que eran inxuriosos contra a fe e/ou a moral.

Na primeira edición (1559) aparecían tres listas que agrupaban:

Tódalas obras e escritos dun autor prohibido.

Libros específicos dun autor prohibido.

Escritos específicos dun autor incerto.

Isabel Soto

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

Jean-Jacques Rousseau

Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considérase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Jean Le Rond d'Alembert

Jean Le Rond d'Alembert, nado en París en 1717 e finado en París en 1783, foi un matemático e filósofo francés, célebre por ser un dos editores da Encyclopédie con Denis Diderot.

Langres

Langres é unha cidade francesa, no departamento de Alto Marne dentro da rexión Champagne-Ardenne. Ostenta a clasificación de cidade de arte e historia, fundamentalmente polas espectaculares murallas, de 3,6 km, que rodean a cidade antiga.

Les Confessions

Les Confessions (en galego As confesións) é unha obra de Jean-Jacques Rousseau escrita entre 1766 e 1770, cando o seu autor contaba entre 54 e 58 anos.

Louis Antoine de Bougainville

Louis Antoine de Bougainville, conde de Bougainville, nado en París o 12 de novembro de 1729 e falecido o 20 de agosto de 1811, foi un militar e navegante francés que fixo a primeira circunnavegación francesa e destacou pola súa descrición de Tahití.

Á súa memoria bautizouse a illa Bougainville no arquipélago das Salomón, e a planta buganvílea que descubriu en América do Sur.

Louis Michel van Loo

Louis Michel van Loo, nado en Toulon o 2 de marzo de 1707 e finado en París o 20 de marzo de 1771, foi un pintor francés.

Marie Anne Victoire Pigeon

Marie Anne Victoire Pigeon d'Osangis, nada en París en 1724 e finada en Berlín en 1767, foi unha matemática e escritora francesa, coñecida como madame de Prémontval despois do seu matrimonio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.