Denes nad Makedonija

Denes nad Makedonija (en macedonio: Денес Над Македонија/Hoxe sobre Macedonia) é o himno nacional de Macedonia do Norte. Foi adoptado por primeira vez pola República Socialista de Macedonia, parte de Iugoslavia, tras concluír a Segunda Guerra Mundial. O himno conservouse trala independencia do país. Foi composto por Todor Skalowski con letra de Vlado Maleski no ano 1943.

Денес Над Македонија
Denes nad Makedonija
En galego: Hoxe sobre Macedonia
Himno deMacedonia do Norte Macedonia do Norte
LetraVlado Maleski
1941
MúsicaTodor Skalovski
1943
Adoptado11 de agosto de 1992

Letras

Letra en macedonio Letra transcrita ao alfabeto latino Letra en galego

Денес над Македонија се раѓа,
ново сонце на слободата!
Македонците се борат,
за своите правдини!
Македонците се борат,
за своите правдини!

Одново сега знамето се вее,
на Крушевската република!
Гоце Делчев, Питу Гули,
Даме Груев, Сандански!
Гоце Делчев, Питу Гули,
Даме Груев, Сандански!

Горите македонски шумно пеат,
нови песни, нови весници!
Македонија слободна,
слободно живее!
Македонија слободна,
слободно живее!

Denes nad Makedonija se ragja,
novo sonce na slobodata!
Makedoncite se borat,
za svoite pravdini!
Makedoncite se borat,
za svoite pravdini!

Odnovo sega znameto se vee,
na Kruševskata Republika!
Goce Delčev, Pitu Guli,
Dame Gruev, Sandanski!
Goce Delčev, Pitu Guli,
Dame Gruev, Sandanski!

Gorite Makedonski šumno peat,
novi pesni, novi vesnici!
Makedonija slobodna,
slobodno živee!
Makedonija slobodna,
slobodno živee!

Hoxe sobre Macedonia, está nacendo
o novo sol da liberdade.
Os macedonios loitan
polos seus propios dereitos!
Os macedonios loitan
polos seus propios dereitos!

De novo ondea a bandeira sobre
a república de Krushevo
de Gotse Delchev, Pitu Guli
de Dame Gruev, Sandanski!
de Goce Delchev, Pitu Guli
de Dame Gruev, Sandanski!

Os bosques macedonios cantan
novas cancións e novas,
Macedonia é ceibe.
Vive en liberdade!
Macedonia é ceibe.
Vive en liberdade!

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bandeira de Macedonia do Norte

A bandeira de Macedonia do Norte é un pano de color vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos.

O amarelo e o vermello son as cores nacionais do estado macedónico, a figura do sol evoca o desexo de liberdade no himno nacional Denes nad Makedonija (Hoxe sobre Macedonia). A relación entre o ancho e o longo da bandeira é de 1:2.

Emblema de Macedonia do Norte

No escudo de Macedonia do Norte aparece representado o sol nacente sobre o país como símbolo da liberdade que se estende por todo o territorio. As figuras centrais representan a montaña de Shar e o lago Ohrid, rodeados polas plantas do trigo na parte superior e da papoula na parte inferior. Na base aparece unha cinta cun bordado tradicional que é usado como adorno nacional macedónico.

O escudo de Macedonia foi aprobado o 27 de xullo de 1946 pola Asemblea do Pobo da República Popular de Macedonia. Tras producirse a independencia de República Federal Socialista de Iugoslavia en 1991, estudouse recuperar o antigo escudo, un león heráldico de ouro nun campo de goles, mais esta iniciativa non prosperou porque o antigo escudo actualmente se usa como símbolo dalgúns partidos políticos nacionalistas, a etnia albanesa de Macedonia rexéitao como emblema nacional e os compoñentes do antigo brasón figuran na heráldica búlgara.

Macedonia do Norte

Macedonia do Norte (en macedonio: Северна Македонија; en albanés: Maqedonia e Veriut), oficialmente República de Macedonia do Norte (en macedonio: Република Северна Македонија), é un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. Limita ao norte con Serbia, ao leste con Bulgaria, ao sur con Grecia e ao oeste con Albania. A súa capital é Skopje.

En 1991, a antiga República Socialista de Macedonia proclamou a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia baixo o nome oficial de República de Macedonia. Este uso do término foi rexeitado por Grecia, debido á coincidencia do nome do país coa histórica rexión grega de Macedonia. O país converteuse en membro da Organización das Nacións Unidas, mais como consecuencia da disputa con Grecia foi admitido co nome provisorio de Antiga República Iugoslava de Macedonia (en macedonio: Поранешна Југословенска Република Македонија), expresión que foi empregada por outras organizacións internacionais. En xuño de 2018, Macedonia e Grecia asinaron o acordo de Prespa, que estipulaba que o país debía cambiar o seu nome a República de Macedonia do Norte erga omnes. Este cambio entrou en vigor o 12 de febreiro de 2019 cunha transición de varios meses para os pasaportes, matrículas, moedas, aduanas, sinais de fronteira e páxinas webs gobernamentais inter alia.O país é ademais membro do Consello de Europa e candidato a ingresar na Unión Europea e na OTAN.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.