Demografía de Galicia

Galicia conta cunha poboación de 2.707.700 de habitantes (2017), contando así cunha densidade de poboacional de 92,18 hab./km², lixeiramente superior á media española e semellante á europea. Galicia é a quinta comunidade autónoma de España por poboación.

Con 292.986 habitantes Vigo é o concello máis poboado, seguida pola Coruña con 244.099 habitantes, segundo datos de 2017. A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro (áreas metropolitanas da Coruña e Ferrol) as de maior densidade de poboación. Xunto con Vigo e A Coruña, Galicia conta con outras cinco localidades consideradas cidades: Ourense, Lugo, Santiago de Compostela (capital administrativa de Galicia), Pontevedra e Ferrol.

Así mesmo, o país conta con seis concellos con máis de 30.000 habitantes: Narón, Vilagarcía de Arousa, Oleiros, Carballo, Arteixo e Redondela, nove concellos de entre 20.000 e 30.000 habitantes, entre os que destacan Ames, Ribeira e Cangas, e trinta e seis de entre 10.000 e 20.000 habitantes entre os que destacan Monforte de Lemos e Moaña.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988, e encargado de promover o desenvolvemento do sistema estatístico de Galicia. Presta servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolve bases de datos de interese público, analiza as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegura a súa difusión.

Segundo as cifras provisionais do INE para o 2011, a poboación galega situaríase nas 2 772 928 persoas, o que supón unha diminución de 24.725 respecto da mesma data do ano anterior.[2] Canto á poboación estranxeira, esta medraría ata as 103.685 persoas, un 3,7 % da poboación galega.

Poboación2009
Concellos que gañaron ou mantiveron a súa poboación en 2009
Demografía de Galicia
Praia das Catedrais. Ribadeo
Xente paseando na praia de Augas Santas, Ribadeo
Poboación 2 707 700 (2017)
Poboación estranxeira 103.685 (2011)
Saldo vexetativo -24.725 (2010)
Saldo migratorio 8.563 (2010)
Taxa de paro 14,7 (2017)
Taxa de natalidade 8,3/1.000 (2008)
Taxa de mortalidade 10,6/1.000 (2008)
Numero medio de fillos/muller 1,1 (2008)
Esperanza de vida 83 anos (2018)[1]
Xentilicio Galego, galega
Datos do IGE

Principais cifras de poboación (2011)

Provincia da Coruña

Concellos máis poboados de Galiza (numerado)
Concellos máis poboados de Galicia (2005)
Concellos menos poboados de Galiza
Concellos menos poboados de Galicia (2005)
   

Provincia de Lugo

Provincia de Ourense

Provincia de Pontevedra

   
Concellos máis poboados
Vigo dende o monte do castro
Vigo
Vigo 297.241
A Coruña 246.028
Ourense 108.002
Lugo 98.007
Santiago de Compostela 95.207
Pontevedra 82.400
Ferrol 72.963
Narón 38.910
Vilagarcía de Arousa 37.903
Oleiros 34.133
Carballo 31.303
Arteixo 30.482
Redondela 30.006
Datos do IGE

Dispersión poboacional

Vila da Area
O territorio galaico caracterízase pola súa dispersión poboacional

O territorio galego divídese en 313 concellos, que á súa vez se dividen en entidades colectivas ou parroquias, e estas, en entidades singulares ou lugares. En Galicia hai máis de 30.000 lugares, o que fala do espallamento da poboación no territorio. Destes lugares, 1.183 atópanse deshabitados.[7] Aproximadamente a metade das entidades poboacionais do estado español concéntranse en Galicia.[8]

Demograficamente, o interior galego está pouco poboado, e continúa a experimentar a emigración ás áreas urbanas litorais, de xeito que se mantén a estrutura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación dispersa en aldeas,[9] o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.

Seis de cada dez concellos galegos non chegan aos 5.000 habitantes, e, deles, case a metade están por baixo dos 2.000.[10]

En Galicia hai unha clara liña que separa as provincias occidentais das orientais. Estas teñen a metade dos concellos de Galicia pero só un 25% dos seus habitantes, e, con estes ingredientes, concentran un 85% dos concellos con menos de 2.000 veciños.[10]

A maioría da poboación vive á beira das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbanos e as súas áreas de influencia.

Movemento natural

Artigo principal: Movemento natural.

No ano 2006, o nivel de fertilidade das galegas era de 1,03 fillos por muller fronte ao 1,38 estatal e menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que se produza o relevo xeracional da poboación[11]. Entre as galegas, as luguesas e as ourensás son as que menos fillos teñen, con 0,88 e 0,93 respectivamente, sendo as primeiras, as que menos fillos teñen en España.[11] En 2006 rexistráronse en Galicia un total de 21.392 nacementos[12], o que supón case 300 máis ca no 2005, segundo o IGE. A cifra implica unha notable mellora respecto de 1998, ano no que houbo 18.538 nacementos. De feito, na actualidade Galicia vive unha recuperación do número absoluto de nacementos comezado en 1999 e que está a sosterse nos últimos anos.

Malia a mellora dos nacementos, o saldo vexetativo, continúa a ser negativo en Galicia. No 2006 houbo un total de 29.389 falecementos polo que a poboación total decreceu en preto de 8.000 persoas.

A cuarta parte dos nacementos que se producen en Galicia -o 26,1%- ten como protagonistas a nais solteiras, segundo estes mesmos datos, relativos a 2006.

Desta forma, os nacementos a cargo de nais solteiras incrementáronse de xeito significativo na última década, xa que en 1996 tan só representaban o 10,6 por cento do total de nacementos.

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, a provincia de Pontevedra é a provincia galega que rexistra unha maior porcentaxe de partos fóra do matrimonio -o 27,9 por cento-, seguida de Lugo (26,8%), A Coruña (24,8%) e Ourense, onde 23 de cada 100 nacementos son de nai solteira.

Na última década vense producindo un incremento significativo da idade das nais no momento do parto. Así, en dous de cada tres nacementos -o 65,3%- a nai supera os 30 anos, e ata en 880 nacementos a nai excedía os 40 anos, unha idade a partir da cal se incrementa o risco. Vencellado á avanzada idade das nais galegas está o número de partos múltiples, que, na última década medrou un 41,6% grazas ás técnicas de fertilidade[13].

Con todo, esta circunstancia non se produce entre os colectivos inmigrantes, xa que na meirande parte dos partos protagonizados por mulleres estranxeiras -o 31,4 por cento do total-, a nai tiña entre 25 e 29 anos no intre de dar a luz.

Emprego

Os indicadores económicos e sociais de Galicia veñen mellorando sensiblemente nos últimos anos. A taxa de desemprego, despois de caer nos últimos anos, mantense actualmente estancada, pasando do 8,05% en 2006 ao 7,47% no 2007 (95.000 parados[14] e ao 8,3 no primeiro trimestre do 2008. Malia esta evolución positiva, a enquisa que elabora o INE pon de manifesto que en Galicia se manteñen outros datos máis preocupantes respecto da evolución do mercado laboral. Así, a taxa de paro feminino na comunidade galega (9,82%) case duplica á masculina (5,61%). En canto á taxa de paro a máis alta corresponde á provincia da Coruña (8,44%) fronte á de Ourense que, co 5,2% é a menor[14].

De feito, o maior continxente de parados segue estando representado por mulleres -un total de 55.900 galegas buscan emprego de xeito activo-, fronte aos 40.600 homes na mesma situación.

Crise económica 2008-2013

Artigo principal: Crise económica 2008-2013.

Poboación estranxeira

Poboación estranxeira por nacionalidade
Portugal Portugal 18.498 (19,4%)
Flag of Brazil.svg Brasil 10.512 (11,1%)
Flag of Colombia.svg Colombia 8.241 (8,7%)
Romanía Romanía 5.177 (5,4%)
Flag of Argentina.svg Arxentina 5.113 (5,4%)
Marrocos Marrocos 4.633 (4,9%)
Flag of Uruguay.svg Uruguai 4.287 (4,5%)
Flag of Venezuela.svg Venezuela 4.002 (4,2%)
Italia Italia 3.252 (3,4%)
Flag of Peru.svg Perú 2.721 (2,9%)
Outras nacionalidades 28.686 (30,2%)
Total 95.112
Fonte: INE.
Ano 2008. Datos provisionais.
Visto en:
Datos estatísticos básicos de Galicia 2008.

A proporción de estranxeiros é do 2,67% da poboación total. As nacionalidades predominantes son a portuguesa (17,93% do total de estranxeiros), a colombiana (10,93%) e a brasileira (8,74%)[15] A administración tramitou nos últimos catro anos en Galicia unha media de 1.460 ordes de expulsión de inmigrantes por careceren de documentación ou por teren o permiso de traballo ou de residencia caducado dos que máis dun 12% (uns 180) destes procedementos se executan.[16]

Esperanza de vida

Vendedora de ovos, Santiago de Compostela
Un reflexo do avellentamento de Galicia é que por cada 100 menores de 20 anos hai 135,2 maiores de 65 (2007)

A esperanza de vida é de 76,8 anos para os homes e de 84 anos para as mulleres, 7,2 máis cos homes galegos. Dende 1981 a esperanza de vida dos galegos medrou en 5 anos, grazas á mellora da calidade de vida[17]. O avellentamento da poboación tamén se pon de manifesto no incremento de anciáns de idade avanzada que rexistra gradualmente a comunidade cada exercicio. Galicia contaba en 1991 con 300 persoas con máis de cen anos. Cinco lustros despois, a cifra medrou un 72% ao superaren o século 518 galegos. Porcentualmente, o número de mulleres centenarias medrou dende 1991 máis có dos homes. No primeiro caso, hai 25 anos eran 224 as mulleres con cen anos ou máis, subindo un 73% na actualidade, ata chegar aos 388 casos. No tocante aos homes, Galicia na primeira referencia ao número de centenarios homes, había en Galicia, 76 habitantes con máis dun século, mentres que agora son xa 130.

Malia a alta esperanza de vida dos galegos, con 292.900 (11,3%) discapacitados, Galicia é a comunidade cun maior número de persoas que sofre algún tipo de discapacidade (fronte ao 8,5 dos españois).[18]

Os concellos con maior íncide de avellentamento atópanse nas provincias de Lugo e Ourense.

Nupcialidade

En canto ao número de casamentos, na actualidade a cifra atópase estancada. No ano 2006 celebráronse en total 11.149 vodas, o que representa unha cifra 1,6 por cento superior a 2005, aínda que sinala que o número de matrimonios segue unha traxectoria descendente, alternando anos de aumento con anos de diminución.

Entre o total de novos matrimonios contraídos en 2006 en Galicia, 672 celebráronse entre home de nacionalidade española cunha muller estranxeira, 268 de muller española e home estranxeiro e 136 entre ambos os cónxuxes de cidadanía non española, indica o INE.

En base á lexislación aprobada a mediados de 2005, que permite as unións entre persoas do mesmo sexo, no ano 2007 houbo en Galicia 77 casamentos deste tipo, 48 matrimonios entre homes e 29 entre mulleres.[19]

Grupos de idade (2006)

Grupos poboacionais Fonte: Instituto Galego de Estatística. Datos dispoñibles en [20]
Idade media Porcentaxe da pob.
menor de 20 anos
Porcentaxe da pob.
entre 20 e 64 anos
Porcentaxe de pob.
de máis de 65 anos
Índice de
envellemento
Galicia 44,1 16,1% 62,4% 21,5% 133,5
A Coruña 43,8 15,9% 63,7% 20,4% 128,1
Lugo 47,6 13,8% 58,4% 27,8% 200,5
Ourense 47,9 13,8% 57,9% 28,3% 204,4
Pontevedra 41,9 18% 64,0% 18% 100,1

Evolución demográfica

A historia demográfica de Galicia foi a dunha continua perda de peso respecto ao resto do país, froito da emigración cara a Iberoamérica ou outras partes de España. Así, en 1857 a densidade de poboación en Galicia era a maior de todas as rexións do país, e Galicia representaba o 11,49% da poboación española. Con todo, no 2006, só o 6,19% dos españois residía nesta comunidade autónoma.

Evolución demográfica de Galicia e
porcentaxe con respecto ao total nacional[21]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950
Poboación 1 776 879 1 894 558 1 980 515 2 063 589 2 124 244 2 230 281 2 495 860 2 604 200
Porcentaxe 11,49% 10,79% 10,64% 10,32% 9,93% 9,42% 9,59% 9,26%
1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006 2010
Poboación 2 602 962 2 583 674 2 753 836 2 720 445 2 742 622 2 732 926 2 767 524 2 797 653
Porcentaxe 8,51% 7,61% 7,30% 6,90% 6,91% 6,65% 6,19% 5,95%

Notas

  1. "Los gallegos han ganado 3 años y 3 meses en esperanza de vida desde el 2000". La Voz de Galicia (en castelán).
  2. Censos de Población y Viviendas 2011
  3. Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2011 A Coruña.
  4. Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2011 Lugo.
  5. Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2011 Ourense.
  6. Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2011 Pontevedra.
  7. Datos estatísticos básicos Galicia 2008. Páxina 4.
  8. La población dispersa en Galicia cuadriplica la media española Arquivado 22 de maio de 2009 en Wayback Machine.. La Voz de Galicia.
  9. La población dispersa en Galicia cuadriplica la media española Arquivado 22 de maio de 2009 en Wayback Machine.. La Voz de Galicia (en castelán).
  10. 10,0 10,1 O despoboamento triplicou en dúas décadas o número de municipios galegos con menos de 2.000 habitantes Arquivado 12 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Galiciaé, 01/06/2009
  11. 11,0 11,1 As lucenses son as que menos fillos teñen en España.
  12. Aumentan os nacementos en Galicia, pero o saldo vexetativo segue en negativo Arquivado 28 de febreiro de 2009 en Wayback Machine..
  13. Os partos múltiples aumentaron un 41,6% en Galicia na última década[Ligazón morta].
  14. 14,0 14,1 Galicia termina 2007 con 6.000 parados menos que en 2006, pese á suba do último trimestre[Ligazón morta].
  15. Galicia 08. Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Deporte.
  16. Galicia rexistra unhas 1.400 ordes de expulsión de inmigrantes 'sen papeis' ao ano[Ligazón morta]
  17. A esperanza de vida incrementouse en Galicia en cinco anos desde 1981.
  18. Galicia, a comunidade con maior número de discapacitados 5/11/2008
  19. "Galicia está entre as comunidades coa taxa máis baixa de matrimonios de homosexuais". Arquivado dende o orixinal o 07/07/2008. Consultado o 04/07/2008.
  20. "Censo de 2007". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 20 de xuño de 2019.
  21. Fonte: Poboación segundo o Instituto Nacional de Estadística de España. Datos dispoñibles en INE. Censo de 1857, Poboación de España por provincias dende 1787 a 1900, Series de poboación de feito en España dende 1900 a 1991, e Series de poboación de España dende 1996.

Outros artigos

Avellentamento da poboación galega

O avellentamento da poboación galega é un proceso demográfico que afecta ao territorio galego desde finais do século XX. Consiste no paseniño e progresivo envellecemento da poboación, de xeito que aumentan os individuos comprendidos entre idades maduras e anciás, e minguan os suxeitos en idade infantil e xuvenil. A partir de 1975 a poboación galega comezou a presentar un declive demográfico, de xeito que en 1986 o saldo de poboación tornouse negativo, isto é, foi o primeiro ano no que morreron más galegos dos que naceron. En 2014 o 23,1% dos galegos superaba os 65 anos de idade, e as previsións do Instituto Nacional de Estadística debullan que hanse perder 300.000 habitantes até o 2044.O avellentamento da poboación en Galicia supón non só un problema demográfico, senón tamén un problema económico. En 2014, a Xunta de Galicia calculou en 500 millóns de euros máis de media o sobrecusto sanitario que implicaría o envellecemento da poboación galega.Ademais do avellentamento característico das sociedades occidentais, producido por un aumento da calidade e da esperanza de vida, así coma na mellora e potenciación de programas de saúde pública, en Galicia existen outros factores endémicos que agravan a situación de envellecemento. O éxodo rural ou a emigración son algúns dos problemas cos que a sociedade galega veu combatendo nas últimas décadas.

Demografía de Cangas

A demografía de Cangas é similar á de Galiza, estando moi avellentada.

A poboación moza é reducida, aumentando a partir dos 15 anos ata acadar un número de poboación entre os 25 e 29 anos, a partir de aí empeza a decrecer progresivamente. A poboación anciá é maior en número de mulleres que de homes.

En 1996 había unha poboación activa de 8.847 (46,26 %), sendo o groso da pirámide de poboación.

Nos últimos anos vese que en Cangas está evolucionando moito a industria e a construción. O sector terciario vai medrando cada vez máis.

Mais da metade da poboación é activa e o numero de parados (2.468) representaba un 28% desa poboación.[cando?]Case a metade da poboación que traballa son homes presentando un 49,3% pero pouco a pouco vai medrando o número de mulleres que se van incorporando.

Nos últimos anos, grazas ao crecemento do sector da industria, moitas mulleres incorpóranse ao mundo laboral, sobre todo en fábricas de conservación de peixe etc.

En Cangas hai que ter en conta os movementos migratorios. O número de inmigrantes é cada vez maior, sobre todo a poboación procedente de países desmellorados.[Cómpre referencia]En Cangas hai sobre 357 inmigrantes.[cando?] Tamén hai que ter en conta que o número de persoas que marchan a outros países para adicarse ao traballo no mar.

A economía baséase na agricultura (patacas, legumes e vides), gandería (vacún, avícola e porcino), pesca (polbo, ollomol, xurelo e sardiña), industria (conservas) e comercio.

A repartición da poboación entre as parroquias no 2002 é o seguinte:

Parroquias Homes Mulleres Total

Aldán 1.316 1.335 2.651

Cangas 3.231 3.349 6.580

Coiro 3.009 3.064 6.073

Darbo 3.304 3.338 6.642

Hío 1.465 1.446 2.911

A poboación total de Cangas é de 24.857.

Localidade Pob. total Nacementos Defuncións

Cangas 2.485 248 216

Taxa de natalidade: 10,02

Taxa de mortalidade: 11,5

Crecemento natural: 32Tres parroquias aparecen moi igualadas (Cangas, Coiro e Darbo), cunha media de 6431 habitantes e as outras dúas mostran unha situación inferior, o redor de 2.781 habitantes.

Cangas, en extensión territorial é máis pequena con só 0,87 km² pero ten un número de poboación elevada e Hío é a máis extensa con 18 km² que conta con 2.911 habitantes.

A estrutura de poboación por sexo e idade de Cangas pódese analizar na pirámide de idades. Trátase dunha poboación en proceso de avellentamento; onde a esperanza de vida é alta, xa que o 3,66% da poboación supera os 80 anos.

A pirámide tamén se mostra como o índice de natalidade é dun 9,97%, un índice baixo pero preto de ser moderado.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Temas relacionados con Galicia

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.