Demografía de España

España tiña unha poboación de 46  934 632 ao 1 de xaneiro de 2019, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE).[1] Trátase do quinto país máis poboado da Unión Europea[2]; con todo, a súa densidade de poboación (92.7 hab/km² segundo Eurostat 2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea.[3]

Poboación por idade

Distribución por idade da poboación española (1900)[4]
Grupo de idade %
0 a 14 anos 33,52 %
15 a 29 anos 24,36 %
30 a 44 anos 19,24 %
45 a 59 anos 13,94 %
60 a 74 anos 7,51 %
75 anos e máis 1,42 %
Distribución por idade da poboación española (2018)[5]
Grupo de idade %
0 a 14 anos 14,83%
15 a 29 anos 15,19%
30 a 44 anos 22,53%
45 a 59 anos 22,59%
60 a 74 anos 15,44%
75 años e máis 9,41%

A idade media da poboación residente en España no ano 2006 era de 40,1 anos: 38,7 anos para os homes e 41,4 anos para as mulleres.[6] O 15,3 % da poboación tiña menos de 16 anos, o 69 % tiña entre 16 e 65 anos, mentres que o 15,7 % da poboación tiña máis de 65 anos. Ameazada a sociedade española dun envellecemento irreversible da poboación, a chegada de inmigrantes desde os anos 1990 freou este proceso: a idade media da poboación estranxeira residente en España era de 32,8 anos no 2004, fronte a 41,0 anos de media dos nacionais.

Distribución de la población de más de 65 años en España (2005)
Distribución da poboación de máis de 65 anos en España (2005).

As comunidades autónomas que presentaban unha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos eran, segundo INE 2006, Castela e León (22,60 %), Asturias (21,96 %), Galicia (21,48 %) e Aragón (20,47 %). Doutra banda, as rexións onde esta franxa de idade tiña un menor peso eran Melilla e Ceuta, as illas Canarias (12,35 %), a Murcia (13,80 %), Baleares (13,84 %), Madrid (14,48 %) e Andalucía (14,7 %).[7]

Segundo a Organización Mundial da Saúde, no ano 2005 a esperanza de vida en España estaba situada nos 80,3 anos de media: 76,9 os homes e 83,6 as mulleres.[8]

Poboación por sexo

Evolucion poblacion de España 1950-2064
Evolución da estrutura da poboación por idades e sexos de España, desde 1950 ata 2064 (proxeccións de población INE 2014-2064)

En total había no 2006 en España 22 608 498 mulleres (50,57 % do total da poboación) e 22 100 466 homes (49,43 %).[6] O número de mulleres supera ao de homes en todas as comunidades autónomas agás nas Illas Baleares, Illas Canarias, Murcia, Castela-A Mancha e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Os homes son maioritarios entre a poboación menor de 49 anos, mentres que a partir dos 50 anos as mulleres son máis numerosas.

Proporción homes/mulleres en España

  • Ao nacemento: 1,07 homes/muller.
  • Menos de 30 anos: 1,06 homes/muller.
  • Entre 30 e 65 anos: 1,02 homes/muller.
  • Máis de 65 anos: 0,73 homes/muller.
  • Total poboación: 0,98 homes/muller.

Natalidade e mortalidade

Segundo os datos do INE para o 2005, téñense os seguintes datos relacionados coa natalidade en España:[9]

  • Taxa bruta de natalidade: 10,75 por mil.
  • Taxa global de fecundidade: 41,95 por mil.
  • Número medio de fillos por muller: 1,346
  • Idade media ao nacemento do primeiro fillo: 29,33 anos.
  • Idade media á maternidade: 30,90 anos.
  • Porcentaxe de nados de nai non casada: 26,57 %.

Datos relacionados coa mortalidade en España para o ano 2005:[9]

  • Taxa bruta de mortalidade: 8,93 por mil.
  • Taxa de mortalidade infantil: 3,79 por mil nados vivos.

As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foron [10]

  • Para homes, os principais grupos de causas de mortalidade foron os tumores (orixe do 32,5 % do total das defuncións), enfermidades do sistema circulatorio (29,63 %), enfermidades do sistema respiratorio (11,85 %), causas externas (5,91 %) e enfermidades do sistema dixestivo (5,34 %).
  • Para homes, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron a isquemia cardíaca (11,56 %), o cancro de pulmón (8,63 %), enfermidades cerebro-vasculares (7,91 %) e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (5,99 %).
  • Para mulleres, os principais grupos de causas de mortalidade foron as enfermidades do sistema circulatorio (39,86 %), os tumores (21,47 %), enfermidades do sistema respiratorio (8,79 %) e enfermidades do sistema dixestivo (4,87 %).
  • Para mulleres, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron as enfermidades cerebro-vasculares (12,68 %), a isquemia cardíaca (9,7 %), a insuficiencia cardíaca (7,36 %) e outras enfermidades do corazón (5,05 %).

O crecemento vexetativo da poboación española no 2005 foi do 1,82?.[9]

Distribución da poboación

Comunidades autónomas
Pob.
(2015)
%
(2015)
Andalucía 8.399.043 18,05%
Cataluña 7.504.008 16,13%
Comunidade de Madrid 6.377.364 13,71%
Comunidade Valenciana 4.939.550 10,62%
Galicia 2.732.347 5,87%
Castela e León 2.478.376 5,33%
País Vasco 2.164.311 4,65%
Canarias 2.128.647 4,58%
Castela-A Mancha 2.078.611 4,45%
Rexión de Murcia 1.463.249 3,15%
Aragón 1.325.385 2,85%
Illas Baleares 1.124.744 2,42%
Extremadura 1.092.997 2,35%
Principado de Asturias 1.044.481 2,24%
Navarra 636.142 1,37%
Cantabria 588.656 1,27%
A Rioxa 317.053 0,68%
Cidades autónomas
Melilla 84.621 0,18%
Ceuta 84.263 0,18%

A densidade de poboación en España (92.7 hab/km² segundo Eurostat 2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea.[3] e a súa distribución ao longo do territorio é moi irregular.

Así, a poboación española concéntrase predominantemente en dúas zonas:

Con todo, todo o interior sofre problemas de despoboamento; nesta parte do territorio, soamente pódense destacar Zaragoza e Valladolid.

Dez principais provincias por poboación

Absoluta (INE 2014[11]) Relativa (densidade) (en hab./km²)[12]
  1. Madrid
  2. Barcelona
  3. Valencia
  4. Sevilla
  5. Alacant
  6. Málaga
  7. Rexión de Murcia
  8. Cádiz
  9. Biscaia
  10. A Coruña
  • 6.454.440
  • 5.523.784
  • 2.548.898
  • 1.941.355
  • 1.868.438
  • 1.621.968
  • 1.466.818
  • 1.240.175
  • 1.151.905
  • 1.132.735
  1. Madrid
  2. Barcelona
  3. Biscaia
  4. Guipúscoa
  5. Alacant
  6. Santa Cruz de Tenerife
  7. As Palmas
  8. Valencia
  9. Málaga
  10. Illas Baleares
  • 804,0
  • 714,8
  • 519,6
  • 361,2
  • 321,2
  • 297,2
  • 270,5
  • 236,5
  • 222,0
  • 221,0

As sete provincias máis poboadas concentran ao 45% da poboación española, mentres que nas quince con menor número de habitantes (sen contar a Ceuta e Melilla) só vive o 8% do total. Só dúas (Lugo e Huelva) das vinte e dúas provincias menos poboadas teñen costa, mentres que, salvo Madrid, Sevilla e Zaragoza as quince provincias máis poboadas teñen todas acceso ao mar.

Demografía urbana de España
Principais áreas metropolitanas de España.

Áreas metropolitanas

As áreas metropolitanas que excedían en 2005 os 300.000 habitantes son as seguintes:[13]

Densidades de población en España (2007)
Densidade de poboación por provincias (2007)
Demografía urbana de España
Principais áreas metropolitanas de España.

Ademais, para as dúas maiores áreas metropolitanas, pódese falar dun territorio máis extenso que as engloba: trátase da Rexión urbana de Madrid (con 6 380 229 habitantes) e da Rexión urbana de Cataluña (con 5 239 927 habitantes).

Municipios por número de habitantes

Artigo principal: Lista de concellos de España por poboación.

Os municipios de máis de 100.000 habitantes en 2016 (segundo o INE) son os seguintes:

           

Municipios por densidade demográfica

Barcelona é un dos municipios máis densamente poboados de España. Xunto a ela, outros dos municipios da súa área metropolitana encabezan esa lista.
Barcelona é un dos municipios máis densamente poboados de España. Xunto a ela, outros dos municipios da súa área metropolitana encabezan esa lista.


Clasificación dos municipios españois segundo a densidade demográfica de habitantes por quilómetro cadrado no territorio do municipio en 2013:[14]

Clasificación dos municipios de máis de 200.000 habitantes en 2016 segundo a densidade demográfica de habitantes por quilómetro cadrado no territorio do municipio:

Distribución da poboación por illas

Illas de España por poboación (INE 2014):

Véxase tamén: Illas de España.

Evolución demográfica

Artigo principal: Evolución da poboación española na época precensal.
Evolución da poboación española[15]
Ano Poboación
1594 8 206 791
1769 9 159 999
1787 10 268 150
1797 10 541 221
1833 12 286 941
1846 12 162 872
1857 15 464 340
1877 16 622 175
1887 17 549 608
1900 18 616 630
1910 19 990 669
1920 21 388 551
1930 23 677 095
1940 26 014 278
1950 28 117 873
1960 30 582 936
1970 33 956 047
1981 37 742 561
1991 39 433 942
2001 40 499 791
2006 44 708 964

Desde 1976, o afundimento da taxa de fertilidade provocou un enlentecimiento no crecemento da poboación española, chegándose a prever a ameaza dun crecemento negativo para o 2030. Con todo, a chegada masiva de inmigrantes desde finais dos noventa permitiu un novo aumento no número de habitantes do país: de feito, este fenómeno provocou unha taxa de crecemento, en torno ao 1,7% anual desde o 2001, máis ben propia de países africanos ou asiáticos. O crecemento vexetativo, aínda baixo, empezou a crecer grazas á maior taxa de fertilidade dos novos residentes.

Variación de la población española entre 1857 y 2005

Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1857 e 2005

Spain demography

Evolución demográfica de España entre 1900 e 2005

Variación de la población española entre 1787 y 1857

Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1787 e 1857

Variación de la población española entre 1857 y 1887

Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1857 e 1887

Variación de la población española entre 1887 y 1920

Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1887 e 1920

Variación de la población española entre 1920 y 1950

Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1920 e 1950

Variación de la población española entre 1950 y 1981

Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1950 e 1981

Variación de la población española entre 1981 y 2005

Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1981 e 2005

Poboación estranxeira

Artigo principal: Inmigración en España.

Segundo o censo INE 2006, o 9,27% da poboación de España é de nacionalidade estranxeira. A inmigración a gran escala empezou a mediados da década dos noventa; desde o 2000, España recibiu o segundo maior número de inmigrantes de todo o mundo en termos absolutos (tras Estados Unidos) e a taxa de inmigración máis elevada do planeta. A maioría dos inmigrantes que chegan a España proveñen de Iberoamérica (nun 36,21%), seguido de Europa Occidental (21,06%), Europa do Leste (17,75%) e o Magreb (14,76%). A distribución xeográfica dos estranxeiros é moi irregular, concentrándose ao longo das costas mediterránea e canaria e en Madrid e arredores, en xeral acentuando aínda máis as xa profundas diferenzas rexionais de poboación do país.

Relixión

Artigo principal: Relixión en España.

O 79,6% da poboación declárase católica, o 18,7% declárase non crente ou atea, e o 1,7% restante declárase crente doutra relixión (musulmáns, ortodoxos, protestantes, xudeus etc.), segundo unha enquisa do CIS realizada no 2005.Estudo do CIS, 2005, pregunta 35[Ligazón morta] É importante recalcar, con todo, que moitos españois fanse chamar católicos aínda que realmente non sexan practicantes: o 53,3% dos españois que se definen como crentes dalgunha relixión di non ir a misa ou a outros oficios relixiosos case nunca, mentres que o 17,5% di ir a estes case todos os domingos e festivos ou varias veces por semana.

Notas

  1. "Cifras de Población (CP) a 1 de enero de 2019Estadística de Migraciones (EM). Año2018 Datos Provisionales" (PDF). Instituto Nacional de Estadística. Notas de Prensa. 25 de xuño de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019.
  2. "Population on 1 January by age and sex". Eurostat (en inglés). 6 de xuño de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019.
  3. 3,0 3,1 "Population density by NUTS 3 region". Eurostat (en inglés). 10-05-2019. Consultado o 2 de xullo de 2019.
  4. INE, Instituto Nacional de Estadística. Series históricas de datos censales. [1]
  5. Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión del Padrón municipal 2018. Población por edad (año a año) y sexo [2][Ligazón morta]
  6. 6,0 6,1 INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por idade (ano a ano) e sexo [3][Ligazón morta]
  7. INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por sexo, comunidades e provincias e idade (ata 85 e máis) [4][Ligazón morta]
  8. OMS, Organización Mundial da Saúde. Life Tables for WHO Members States [5], World Health Statistics 2007 Highlights and Tables[6]
  9. 9,0 9,1 9,2 INE, Instituto Nacional de Estadística. Indicadores demográficos básicos [7][Ligazón morta]
  10. CNE, Centro Nacional de Epidemiología.[Ligazón morta]
  11. "Población por provincias y sexo.(2852)". www.ine.es. Consultado o 2019-07-30.
  12. [8]
  13. Proyecto Audes Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. Datos de población oficiales del INE (01-01-2005). Real Decreto 1358/2005, de 18 de noviembre. (Datos de conurbación para Madrid, Barcelona, Valencia y Sevilla. Datos de área metropolitana para el resto)
  14. "Ranking de los municipios con mayor densidad de población de España (2013) - Classora Knowledge Base". es.classora.com. Consultado o 2019-07-30.
  15. Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Estimaciones de población, censos y cifras oficiales de población.
    El censo de 1594 es un Vecindario realizado por la Corona, de tipo aproximativo. El censo de 1769, realizado por el Conde de Aranda, y el de 1833 (censo de la Policía), son considerados por el INE de escasa fiabilidad. El censo de 1787 corresponde al censo del conde de Floridablanca, y el de 1791 (publicado en 1801) fue realizado por Godoy. Los primeros censos oficiales modernos y más fiables son los realizados a partir de 1857 [9]. Los censos posteriores a 1900 se pueden consultar en Inebase. Series históricas de población Arquivado 27 de abril de 2006 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Outros artigos

  • España
  • Etnografía de España
  • Evolución demográfica de España

Ligazóns externas

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.