Democracia Ourensana

Democracia Ourensana é un partido político ourensán de ámbito provincial dirixido por Gonzalo Pérez Jácome.[3]

Democracia Ourensana ten un canal de televisión, que tamén está en YouTube, Auria TV, de ámbito local, no que emite propaganda, roldas de prensa e algúns programas sobre política provincial.[4][5][6]

Democracia Ourensana
Partido político de Galicia
Dirixentes e organización
LíderGonzalo Pérez Jácome
Historia
FundaciónXuño do 2001
Representación
Concello de Ourense
7 / 27
[1]
Deputación de Ourense
2 / 25
[2]
Concello do Pereiro de Aguiar
1 / 13
[1]
Concello de Barbadás
1 / 17
[1]
Outros datos
SedePraza Maior 1, 32005 Ourense(Soto da casa do concello)
Páxina webPáxina web oficial de Democracia Ourensana
TwitterDemocracia Ourensana no Twitter
FacebookDemocracia Ourensana no Facebook

Auria TV

Artigo principal: Auria TV.

Auria TV é unha canle de ámbito local propiedade de Gonzalo Pérez Jácome líder de Democracia Ourensana.

A cadea de televisión cuxa sintonización está dispoñible na canle 51 en Ourense[5][6] ten unha audiencia dunhas 35.000 persoas diarias.

Foi a primeira cadea de televisión de España en emitir programas en bucle para telos dispoñibles a distintas horas do día.[5]

Resultados

Resultados electorais de Democracia Ourensana[1][7][8][9]:

Data Tipo Cabeza de lista Votos Escanos Lugar
Maio 2003 Municipais Gonzalo Pérez Jácome  284 0 Ourense
Xuño 2005 Autonómicas 638 0 Galicia
Maio 2007 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 1757 0 Ourense
Marzo 2009 Autonómicas 1023 0 Galicia
Maio 2011 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 4529 2 Ourense
Outubro 2012 Autonómicas Rafael Martínez Cachafeiro 4245 0 Galicia
Maio 2015 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 13.679 8 Ourense
Maio 2015 Municipais 630 2 Barbadás
Maio 2015 Municipais 437 2 O Pereiro de Aguiar
Setembro 2016 Autonómicas Miguel Caride[10] 7679 0 Galicia
Maio 2019 Municipais Gonzalo Pérez Jácome 12.009 7 Ourense
Maio 2019 Municipais 499 1 Barbadás
Maio 2019 Municipais 261 1 O Pereiro de Aguiar

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Resultados eleccións municipais 2019
  2. "Pleno da Deputación de Ourense". Deputación de Ourense. Consultado o 20-10-2017.
  3. "Historia de Democracia Ourensana". www.democraciaourensana.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15-10-2017. Consultado o 20-10-2017. Gonzalo Pérez Jácome, presidente del partido [...]
  4. Canle Auria TV en YouTube
  5. 5,0 5,1 5,2 "Auria TV – Canal 51 de la TDT de Ourense". auria.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 2018-01-07.
  6. 6,0 6,1 "CANALES TDT OURENSE - orense tv frecuencias galiza". www.tdt1.com (en castelán). Consultado o 2018-01-07.
  7. "Historia de Democracia Ourensana". www.democraciaourensana.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15-10-2017. Consultado o 20-10-2017.
  8. "Resultados Electorales en O Pereiro de Aguiar: Elecciones Municipales 2015". El País (en castelán). Consultado o 20-10-2017.
  9. "Resultados Electorales en Barbadás: Elecciones Municipales 2015". El País (en castelán). Consultado o 20-10-2017.
  10. "Jácome envía a su «ala izquierdista» a las autonómicas". La Voz de Galicia (en castelán). 30-03-2016. Consultado o 15-10-2017.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Auria TV

Auria TV é unha canle de ámbito local propiedade de Democracia Ourensana.A cadena de televisión cuxa sintonización é dispoñible na canle 51 en Ourense ten unha audiencia dunhas 35.000 persoas diarias.Foi a primeira cadea de televisión de España en emitir programas en bucle para telos dispoñibles a distintas horas do día.

Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Ourense

Corporacións democráticas en Ourense desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Luis López Iglesias — UCDAos primeiros comicios democráticos presentáronse oito forzas políticas. A vencedora foi a Unión de Centro Democrático, cun 32,22% dos votos, e 9 concelleiros. Á fronte deles estaba o enxeñeiro José Luis López Iglesias, que acabaría sendo o alcalde, e como número 5 ía Victorino Núñez. En segunda posición quedou a Coalición Democrática, cun 20,34% dos votos e 5 concelleiros. A candidatura popular estaba encabezada polo home de prol local Celso Vázquez-Gulías, e nela figuraba tamén, como número 5, Ángel Villanueva Cendón. En terceira posición figurou o Partido Socialista Obrero Español, co 17,98% dos votos e tamén 5 concelleiros. A candidatura estaba liderada polo mestre Manuel Sueiro e como número 3 figuraba Manuel Veiga Pombo..

Tamén foron elixidos concelleiros do Partido Comunista de Galicia, do BNPG e dunha candidatura de independentes, chamada Independientes Saa-Carvajales. O PCG obtivo un 9,08% dos votos e dous concelleiros, liderados polo médico Manuel Peña Rey. A candidatura nacionalista obtivo o 8,99% dos votos e 2 concelleiros, e estaba encabezada por Norberto Tabarés. O líder dos independentes (6,86% e 2 concelleiros) era Adolfo Saa, mestre, e foi a única candidatura que apoiou a investidura de López Iglesias.

Ademais, presentáronse o Partido Socialista Obrero Español (Histórico), encabezado polo líder veciñal Manuel Villar, que obtivo un 3,76% e mais o Movemento Comunista de Galicia, do profesor Enrique Pujales, que obtivo o 0,77% dos sufraxios. Ningunha destas formacións conseguiu representación.

Modelo:Ourense 1979

1983 Alcalde: Antonio Caride-Tabarés Castro — CPModelo:Ourense 1983

1987 Alcalde: Jorge Bermello Fernández — AP ; Manuel Veiga Pombo (1987-1991) PSdeG-PSOE ; José Luis Mondelo García (1991) IG.Modelo:Ourense 1987

1991 Alcalde: Manuel Veiga Pombo — PSdeG-PSOEModelo:Ourense 1991

1995 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeGModelo:Ourense 1995

1999 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeGModelo:Ourense 1999

2003 Alcalde: Manuel Jaime Cabezas Enríquez — PPdeG ; Enrique Nóvoa López (2007)

2007 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández — PSdeG-PSOE ; Marga Martín - PSdeG-PSOE (en funcións) ; Agustín Fernández Gallego PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: Xesús Vázquez Abad — PPdeGCandidatos: Xesús Vázquez Abad (PP), Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), José Ángel Vázquez Barquero (PSdeG-PSOE), Miguel Doval Garza (Ourense en Común), Susana María García Rodríguez (BNG), Aurelio Prado Rodríguez (ANOVA), José Mosquera Casero (CxG-CCTT), Alexandra González Ferreiro (PACMA), Olga María Fabello García (UPyD), Luis Fernando José Riobó Izquierdo (Movimiento RED) e Fernando Alonso Lorenzo (Coalición Galega).

2019 Alcalde: Gonzalo Pérez Jácome

Eleccións municipais no Pereiro de Aguiar

Corporacións democráticas no Pereiro de Aguiar desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Pérez Cantón — UCD

1983 Alcalde: Manuel Doval Soto — CDS

1987 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez —

1991 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez — CC

1995 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez — PPdeG

1999 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez — PPdeG

2003 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez — PPdeGModelo:O Pereiro de Aguiar 2003

2007 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez — PPdeGModelo:O Pereiro de Aguiar 2007

2011 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez — PPdeG

2015 Alcalde: Eliseo Fernández Gómez — PPCandidatos: Eliseo Fernández Gómez (PP), César Grande Gómez (PSdeG-PSOE), Ana Fernández Iglesias (Democracia Ourensana), Jorge González Lamas (Son de Pereiro de Aguiar) e Rubén García Fernández (BNG).

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gonzalo Pérez Jácome

Gonzalo Pérez Jácome, nado en Ourense en 1969, é un empresario e político galego, líder de Democracia Ourensana e dende o 15 de xuño de 2019, alcalde da cidade de Ourense, co apoio do PPdeG.

Partidos políticos de España inscritos de 2001 a 2005

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 2001 a 2005.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.