Deidade

Unha deidade é un ser natural ou sobrenatural considerado divino ou sacro.[1] O Dicionario de Oxford de inglés define deidade como "un deus ou deusa (nunha relixión politeísta)", ou calquera cousa venerada como divina.[2] C. Scott Littleton define unha deidade como "un ser con poderes meirandes que aqueles de humanos normais, mais que interactúa con humanos, positivamente ou negativamente, en formas que levan os humanos a niveis novos de consciencia máis aló das súas preocupacións da vida normal".[3] Unha deidade masculina é un deus, mentres que unha deidade feminina é unha deusa.

As relixións monoteístas acepta só unha deidade (predominantemente coñecida como Deus),[4][5] As relixións politeístas aceptan múltiples deidades,[6] As relixións henoteístas aceptan unha deidade suprema sen negar outras deidades, considerándoas aspectos equivalentes do mesmo ser divino,[7][8] mentres que numerosas relixións non teístas negan calquera deidade creadora suprema pero aceptan un panteón de deidades que viven, morren e renacen como calquera outro ser.[9][10]

Musée africain Lyon 130909 02
Unha deidade yoruba, Nixeria.

Notas

  1. O'Brien, Jodi (2009). Encyclopedia of Gender and Society (en inglés). Os Ánxeles: SAGE. p. 191. ISBN 9781412909167. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  2. Stevenson, Angus (2010). Oxford Dictionary of English (en inglés) (3rd ed.). Nova York: Oxford University Press. p. 461. ISBN 9780199571123. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  3. Littleton], C. Scott (2005). Gods, Goddesses, and Mythology (en inglés). Nova York: Marshall Cavendish. p. 378. ISBN 9780761475590. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  4. Becking, Bob; Dijkstra, Meindert; Korpel, Marjo; Vriezen, Karel (2001). Only One God?: Monotheism in Ancient Israel and the Veneration of the Goddess Asherah (en inglés). Londres: New York. p. 189. ISBN 9780567232120. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  5. Korte, Anne-Marie; Haardt, Maaike De (2009). The Boundaries of Monotheism: Interdisciplinary Explorations Into the Foundations of Western Monotheism (en inglés). BRILL. p. 9. ISBN 9004173161. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  6. Brown, Jeannine K. (2007). Scripture as Communication: Introducing Biblical Hermeneutics (en inglés). Baker Academic. p. 72. ISBN 9780801027888. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  7. Taliaferro, Charles; Harrison, Victoria S.; Goetz, Stewart (2012). The Routledge Companion to Theism (en inglés). Routledge. pp. 78–79. ISBN 9781136338236. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  8. Reat, N. Ross; Perry, Edmund F. (1991). A World Theology: The Central Spiritual Reality of Humankind (en inglés). Cambridge University Press. pp. 73–75. ISBN 9780521331593. Consultado o 28 de xuño de 2017.
  9. Keown, Damien (2013). Buddhism: A Very Short Introduction (en inglés) (New ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780199663835. Consultado o 22 de xuño de 2017.
  10. Bullivant, Stephen; Ruse, Michael (2013). The Oxford Handbook of Atheism (en inglés). Oxford University Publishing. ISBN 9780199644650. Consultado o 22 de xuño de 2017.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bormánico

Bormánico, coñecido tamén como Bormo, Bormanus, Borbanus, Boruoboendua, Vabusoa, Labbonus ou Borus, foi unha deidade da relixión celta asociada coa curación e coas fontes de auga.

Bragi

Bragi é unha deidade do panteón nórdico, fillo de Odín e a xigante Gunnlod (ou de Odín e Frigg segundo outras versións). É o deus da poesía e os bardos, era o poeta persoal de Odín e tamén era un dos Ases máis sabios; foi o primeiro que soubo versificar e o que mellor o fixo. Dende entón, ás persoas que sobresaían na arte da poesía, alcumábaselles Bragi. Tamén é coñecido como o deus da barba oblicua.

Bragi é o encargado no Valhalla de entregar a copa de benvida aos recentemente chegados e de acollelos con palabras corteses, ademais el ameniza o Valhalla recitando versos.

É o esposo de Iðunn, unha das deusas máis importantes do panteón nórdico, pois posúe as mazás da mocidade, que son de grande importancia para Asgard, xa que os Ases deben tomar este froito para non envellecer.

Camulus

No antigo politeísmo celta, Camulus ou Camulos era deus que os romanos interpretaron como Marte. Foi unha deidade importante na antiga Britania e Galia, especialmente entre os remos, unha tribo gala que viviu nunha área da moderna Bélxica.

Camulus aparece xunto a Marte en cinco inscricións achadas en Reims, Arlon, Rindern, Maguncia, and Bar Hill, Escocia. O nome Camulos aparece nunha inscrición votiva de Roma.En Rindern, Alemaña, Mars Camulos aparece nunha pedra cunha coroa de carballo. Noutro lugar foi representado con cabeza de carneiro. Probas da súa popularidade pódense ver nos numerosos topónimos, sendo o máis salientable Camulodunum.O asentamento de Camulodunum (hoxe Colchester) en Essex pode deber o seu nome ó deus, e é a posible base da cidade lendaria de Camelot.

Deus

O concepto teolóxico, filosófico e antropolóxico de Deus (do latín: Deus) fai referencia a unha deidade suprema. Deus é o nome que se lle dá en galego a un ser supremo omnipotente, omnipresente, omnisciente e persoal en relixións teístas e deístas (e outros sistemas de crenzas) quen é: ou ben a única deidade, no monoteísmo, ou a deidade principal, nalgunhas formas de politeísmo, coma no henoteísmo.Deus tamén pode referirse a un ser supremo non persoal coma no panteísmo, e nalgunhas concepcións é unha mera idea ou razoamento sen ningunha realidade subsistente fóra da mente, coma nos sistemas materialistas.

A miúdo, Deus é concibido como o creador sobrenatural e supervisor do universo. Os teólogos adscribiron unha variedade de atributos ás numerosas concepcións diferentes de Deus. Entre estas, as máis comúns son omnisciencia, omnipotencia, omnipresencia, omnibenevolencia (perfecta bondade), simplicidade divina, e existencia eterna e necesaria. Deus tamén foi concibido como de natureza incorpórea, un ser persoal, a fonte de toda obrigación moral, e o «maior ser concibible con existencia».

Estes atributos foron descritos en diferentes graos polos primeiros filósofos-teólogos xudeus, cristiáns e musulmáns, incluídos Maimónides, Agostiño de Hipona e Al-Ghazali, respectivamente. Moitos destacados filósofos medievais e filósofos modernos desenvolveron argumentos a prol da existencia de Deus. De xeito análogo, numerosos filósofos e intelectuais de renome desenvolveron argumentos en contra.

Dís

Na mitoloxía nórdica, unha dís ("dama" en antigo nórdico, e dísir en plural) é unha pantasma, espírito ou deidade asociada co destino que poden ser benevolentes ou malvadas coa xente mortal. As Dísir actuaban como espíritos protectores dos clans nórdicos. A súa función orixinal era posiblemente a de ser deusas da fertilidade.

As dísir, como as valquirias, norns e vættir son case sempre referidas colectivamente.

Erotismo

Erotismo é unha palabra formada a partir do grego ἔρως, érōs con que se designaba ao amor apaixonado unido co desexo. Tal sentimento foi personificado nunha deidade: Eros (a ter en conta que en grego moderno a palabra erotas alude ao amor romántico).

O termo «erotismo» connota e denota a todo o relacionado coa sexualidade e non limitándose ao acto sexual per se. Deste modo o erotismo pode observarse en combinación coa libido, termo máis usado pola psicanálise de tipo freudiano. O erotismo trata de todo aquilo que emana da nosa zona libídica e está relacionado co sexo e co amor erótico.

Grannus

No politeísmo celta, Grannus (tamén Granus Mogounus Amarcolitanus) foi unha deidade asociada coas augas termais, as fontes e o sol. Foi identificado frecuentemente con Apolo como Apollo Grannus. A súa devoción era frecuente en conxunto con outras deidades como Sirona ou Marte.

Intarabus

Intarabus é un deus celta do panteón dos tréveros e algúns pobos veciños. O seu nome é coñecido por nove inscricións dunha área relativamente compacta no que hoxe é Bélxica, Luxemburgo, oeste de Alemaña e o leste de Francia. Puido ter sido a deidade titular dunha das tres pagi (subdivisións) dos tréveros. En moitos casos, Intarabus é invocado só, sen ningunha síntese cunha deidade romana. Porén, nunha das inscricións aparece como Marte Intarabus. Noutra inscrición de Mackwiller, en Alsacia, Intarabus ten o epíteto de Narius.

Iovantucarus

Marte Iovantucarus é un deus celta asociado co deus dos tréveros Lenus Marte no santuario de Tréveris. O nome reflicte a función da deidade como protector da xuventude, e o templo era visitado por peregríns que traían con eles imaxes de nenos, a miúdo sostendo paxaros como ofrenda do deus. En Tholey, tamén en territorio trévero, ‘Iovantucarus’ era usado como epíteto de Mercurio.

Jörð

Na mitoloxía nórdica, Jörð (islandés "terra", antigo nórdico jǫrð, anglicizado como Jord ou Jorth; tamén chamado Jarð no antigo nórdico do leste), é unha deidade feminina. É a nai de Thor e a personificación da Terra. Fjörgyn e Hlóðyn son considerados outros nomes para chamar a Jörð.

Lugh

Lugh ou Lug é samildanach ou o múltiple artesán da mitoloxía celta. Tal denominación non é a dun deus supremo senón a dun deus "sen función", porque ten todas as funcións. Xaora, trátase dunha divindade dos pobos celtas que se pode atopar en boa parte dos panteóns desta cultura. O seu atributo é a lanza.

O seu nome é raramente atopado en inscricións, pero a súa importancia estriba nos etónimos e nomes de lugares. A súa natureza e atributos dedúcense da iconografía das inscricións romano-celtas adicadas a Mercurio, que é considerado como unha identificación de Lugh. Ademais, coñécese máis información a través das narrativas cuasi-mitolóxicas de conatos posteriores, o irlandés Lugh Lámhfhada (Lugh do longo brazo) e o galés Lleu Llaw Gyffes (Lleu da man hábil).

É posible que Lugh fose unha deidade tripla, incluíndo a Esus, Teutates e Taranis, as tres grandes deidades mencionadas por Lucano.

A "morte tripla" nos sacrificios humanos dos celtas é posible que reflectisen a tríade divina.

Mogons

Mogons ou Moguns foi un deus adorado en Britania e na Galia. As principais evidencias do seu culto son altares dedicados a este deus feitos polos soldados romanos, pero esta deidade non é nativa dos pobos itálicos senón que é celta. Nas inscricións aparece escrito como Mogetios, Mogounos, Mogti, Mounti, Mogont, Mogunt. Non todas estas palabras están necesariamente no caso nominativo. Por exemplo, Mounti é un dativo, probablemente *Mogunti, dun hipotético nominativo, *Moguns.

Etimoloxicamante, o nome pode parecer a palabra Forza ou poder personificada. Foi traducido tamén como grandeza ou o grande. O feito de que soldados comúns o adoptasen tende a apoiar a interpretación de "forte" ou "eficaz" no canto da auto-glorificación.

Nemetona

Nemetona é unha deusa celta adorada no leste da Galia. Pénsase que foi a deidade epónima do pobo xermano celta dos németes; evidencias da súa veneración foron atopadas no seu antigo territorio preto do que hoxe é Tréveris, Alemaña. Tamén é atestada en Bath, Inglaterra, onde se atopou un altar dedicado a ela producido por un home do pobo galo dos tréveros. O seu nome é un derivado da raíz celta nemeto-, que se refire ás áreas ou lugares sagrados.

Ogmios

Ogmios (Ὄγμιος) foi unha deidade gala, só coñecido pola descrición do filósofo grego do século II Luciano e pola súa aparición en moedas e en taboíñas.

Sirona

No politeísmo celta, Sirona foi unha deusa louvada principalmente na zona leste e central da Galia, e ó longo do Danubio. Unha deidade da curación, está asociada coas fontes termais. Os seus atributos son as cobras e os ovos. Ás veces era representada con Apolo Grannus ou Apolo Bormánico. Era particularmente adorada polos tréveros no Val do Mosela.

Smertrios

Smertrios ou Smertrius era un deus da guerra na Galia céltica e en Nórico. No Imperio Romano foi comparado co deus Marte. O seu nome posúe a mesma raíz ca a da deusa Rosmerta e puido significar O provedor, máis ca un nome propio.

Posiblemente foi a deidade tutelar do pobo Smertae, deus da abundancia e a fecundidade, segundo a única mención histórica do xeógrafo Claudio Tolomeo.Represéntaselle coma un home musculado e barbudo enfrontado a unha serpe.

Souconna

Souconna é unha deusa celta, a deidade do río Saona en Chalon-sur-Saône, á cal foron feitas invocacións epigráficas.

Telo (deus)

Telo é un deus celta, o espírito epónimo de Toulon, no departamento francés de Dordoña. Era a deidade dunha fonte sagrada en torno á cal medrou o asentamento antigo da cidade.

Tamén se teñen atopado unha serie de dedicatorias a Telo preto da cidade de Périgueux. En tres delas, Telo é invocado xunto coa deusa Stanna.

Ábsida

A ábsida é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da cabeceira dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e na ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.

As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral ou que se abren no deambulatorio ou, por veces, no transepto, denomínanse absidiolas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.