David Ricardo

David Ricardo, nado en Londres o 18 de abril de 1772 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1823, foi un economista inglés, membro da corrente de pensamento clásico, que chegou a amasar unha considerable fortuna.

David Ricardo
Portrait of David Ricardo by Thomas Phillips
Nacemento18 de abril de 1772 e 19 de abril de 1772
 Londres
Falecemento11 de setembro de 1823 e 1823
 Londres
Causasepse
SoterradoWiltshire
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, Reino de Gran Bretaña e Reino Unido
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterTalmud Torá
Ocupacióneconomista, corretor de bolsa, filósofo e político
CónxuxePriscilla Ann Wilkinson
FillosDavid Ricardo
IrmánsJacob Ricardo
David ricardo
David Ricardo

Traxectoria

Ricardo - Opere, 1852 - 5181784
Works, 1852

Ricardo foi o terceiro de dezasete fillos dunha familia sefardí xudía (de Portugal) que emigrou dos Países Baixos a Inglaterra antes do seu nacemento. Cando cumpriu catorce anos, Ricardo seguiu os pasos do seu pai o traballar no London Stock Exchange, onde aprendeu o básico sobre finanzas. Este comezo axudouno no seu futuro éxito no mercado de valores e bens inmobles. Tivo unha formación científica deficiente e foi, coma seu pai, axente de bolsa. A lectura das obras de Adam Smith impulsou, dende 1799, a dedicar a meirande parte do seu tempo na Banca de Londres, converteuse en terratenente. En 1819 foi elixido membro do Parlamento por Portarlington; retivo o cargo ata súa morte, aínda que nunca visitou Irlanda. O seu retiro dos negocios permitiulle dedicarse a traballos intelectuais dende moi novo.

A súa obra máis importante, On the Principles of Political Economy and Taxation (Principios de economía política e tributación, 1817), constitúe a exposición máis madura e precisa da economía clásica; no prefacio afirma que "o principal problema da economía política é determinar as leis que regulan a distribución". Con esa finalidade desenvolveu unha teoría do valor e unha teoría da distribución. Escribiu tamén un grande número de ensaios, cartas e notas que conteñen achegas de grande importancia. Porén, os seus escritos resultan tan condensados e complexos que moitos lectores atopan mellor expostas as súas ideas nos traballos de J. B. Say, Malthus e McCulloch.

Este economista, cuxa labor é particularmente importante polo lugar destacado onde colocou o problema do valor, especialmente o pór de manifesto con claridade que os problemas da distribución dependen da teoría do valor.

Ideas

Entre as súas achegas destaca especialmente a teoría da vantaxe comparativa, que defende as vantaxes do comercio internacional e en esencia é unha ampliación da división do traballo proposta por Adam Smith.

Tamén se lle atribúe a Lei do ferro dos salarios que afirma que o salario real dos traballadores permanecerá ó redor do nivel de subsistencia, aínda que existan intentos de incrementalos. Ademais propuxo a que actualmente se coñece coma equivalencia ricardiana, unha idea que suxire que nalgunhas circunstancias a decisión dun goberno de como financiarse (mediante impostos ou emitindo débeda) pode non ter efecto na economía. Ironicamente, aínda que esta equivalencia leva seu nome, Ricardo nunca estivo totalmente convencido. Robert Barro fixo unhas variacións da mesma idea utilizando a teoría das expectativas racionais.

11 de setembro

O 11 de setembro é o 254º día do ano do Calendario gregoriano e o 255º nos anos bisestos. Quedan 111 días para finalizar o ano.

18 de abril

O 18 de abril é o 108º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 257 días para finalizar o ano.

Adam Smith

Adam Smith, nado en Kirkcaldy en 1723 e finado o 17 de xullo de 1790, foi un economista e filósofo escocés, considerado un dos maiores expoñentes da economía clásica.

Adam Smith baseaba o seu ideario no sentido común. Fronte ao escepticismo, defendía o acceso cotián e inmediato a un mundo exterior independente da conciencia. Este pensador escocés cría que o fundamento da acción moral non se basea en normas nin en ideas nacionais, senón en sentimentos universais, comúns e propios de todos os seres humanos.

Capital (economía)

En economía o capital é o conxunto de recursos económicos móbiles dunha entidade (empresa, individuo, estado), que debe administrarse segundo unha contabilidade específica e xestionarse segundo os obxectivos desta entidade. Nas finanzas e a contabilidade, o capital refírese, xeralmente, á riqueza financeira, especialmente aquela que se utiliza para comezar ou manter un negocio. Inicialmente, suponse que existen outros tipos de capital, por exemplo o capital físico, que son adquiridos, con todo, por medio de diñeiro ou de capital financeiro.Na economía clásica, o capital é un dos tres factores de produción, os outros son terra (materias primas) e man de obra (traballo). Os bens son capital se cumpren as seguintes características:

Poden ser utilizados na produción doutros bens.

Son creados por humanos, en contraste coa "terra" que se refire aos recursos naturais como os mineral e os lugares xeográficos.

Non se utiliza inmediatamente no proceso de produción, a diferenza da materia prima ou dos bens intermedios.A terceira característica non sempre a utilizan os economistas. O economista clásico David Ricardo utilizaba esta definición para referirse ao término de capital fixo, mentres que incluía a materia prima e os produtos intermedios como parte do que chamou o capital en circulación.

Karl Marx engade unha diferenza, na súa teoría o capital variable refírese ao investimento dun capitalista no poder do traballo, que se considera a única fonte de valor excedente. É "variable" dado que a cantidade do valor que pode producir difire da cantidade que consome (é dicir, crea novo valor). Por outra banda, o capital constante refírese ao investimento en factores non humanos da produción, en plantas e maquinaria, que para Marx só contribuía co seu valor de substitución no que produce. É "constante" dado que a cantidade de valor que se utiliza no investimento orixinal, e a cantidade de valor que se recupera nos produtos finais, permanece constante.

O seu movemento foi estudado por teóricos coma Adam Smith (v. lei do mercado e da acumulación de capitais).

Comercio internacional

Defínese comercio internacional ou mundial, ao intercambio de bens, produtos e servizos entre dous ou máis países ou rexións económicas.

As economías que participan do comercio exterior denomínanse economías abertas. Este proceso de apertura externa iniciouse fundamentalmente na segunda metade do século XX, e de xeito espectacular na década de 1990, ao se incorporar as economías latinoamericanas, de Europa do Leste e o oriente asiático. Cada vez existe maior relación entre o que ocorre nos mercados internacionais e o que sucede na economía dun país determinado.

Galiza exporta o 8,2% do total estatal, principalmente a outros países da Unión Europea.

Economía

Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía dise normativa cando recomenda unha opción sobre outra, ou cando fai un xuízo subxectivo de valor. Pola contra, a economía dise positiva cando intenta predicir e explicar obxectivamente as consecuencias de eleccións, dadas unha serie de premisas e/ou un conxunto de observacións. A elección de que premisas facer na construción dun modelo así como que observacións destacar son, non obstante, normativas.

A economía, que se centra en variables mensurables, divídese en dúas ramas principais: microeconomía, que trata dos axentes individuais, tales como fogares e empresas, e macroeconomía, que considera a economía na súa totalidade, e trata da oferta e demanda agregadas de diñeiro, capital e mercancías. Os aspectos que reciben a particular atención en economía son: asignación de recursos, produción, distribución, comercio, e competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique a elección en situación de escaseza ou determinar un valor económico .

O paradigma económico preponderante é unha combinación da economía neoclásica e da macroeconomía chamada a síntese neoclásica. Varias escolas de economía heterodoxa intentan explicar os fenómenos económicos utilizando premisas, formalismos ou paradigmas diferentes.

Chámase economista ó profesional que traballe nun dos moitos campos da economía ou teña un grao académico nesta materia.

François Quesnay

Quesnay, nado en Méré (anteriormente denominada Merey) o 4 de xuño de 1694 e morto en Versalles o 16 de decembro de 1774, foi un médico e economista francés pensador do rei Luís XV e fundador da primeira escola de economía, a escola do fisiócratas . Foi autor de Tableau économique (en galego, Cadro económico), publicada en 1758, que foi a primeira representación esquemática da economía.

John Maynard Keynes

John Maynard Keynes, primeiro barón Keynes, nado en Cambridge o 5 de xuño de 1883 e finado en Firle o 21 de abril de 1946, foi un economista e profesor inglés, que se constituíu como unha das figuras esenciais no pensamento e na política económica do século XX, especialmente a partir da Gran Depresión dos anos trinta. Propugnaba o intervencionismo do estado na economía mediante medidas fiscais e monetarias que mitigaran o efecto tanto das etapas de recesión coma das etapas de crecemento descontrolado (booms). Para moitos Keynes é o fundador da macroeconomía moderna e o economista máis influente do século XX.

Karl Marx

Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e falecido en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario prusiano. Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 O manifesto comunista. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.

As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como marxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da loita de clases; no capitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como burguesía) que controla os medios de produción e a clase obreira (coñecida como proletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario. Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx prediciu que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores. Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado. A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co capital, e o pensamento económico posterior. Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citada como un dos principais arquitectos da ciencia social moderna.

Lei de rendementos decrecentes

A lei de rendementos decrecentes é un principio económico que estipula que se se produce con cantidades fixas dun factor e se van progresivamente engadindo unidades doutro factor chegará un momento no que os rendementos de esa actividade serán cada vez menores.

Foi formulada por Thomas Malthus nos seus Ensaios sobre o Principio da Poboación e posteriormente desenrrolada por David Ricardo para explicar os rendementos dunha explotación agraria.

Libre comercio

O libre comercio é un concepto económico, referente á venda de produtos entre países, libre de aranceis e de calquera forma de barreira comercial.

O libre comercio supón a eliminación de barreiras artificiais (regulamentos gobernamentais) ao comercio entre individuos e empresas de diferentes países.

O comercio internacional é a miúdo restrinxido por diferentes impostos nacionais, aranceis, impostos aos bens exportados e importados, así como outras regulacións non monetarias sobre bens importados. O libre comercio oponse a todas estas restricións.

Manuscritos de economía e filosofía

Os Manuscritos de economía e filosofía, tamén denominados Cadernos de París ou Manuscritos de Marx de 1844, son unha serie das notas escritas entre abril e agosto de 1844 por Karl Marx. Non foron publicadas en vida do propio Marx, senón polos investigadores soviéticos Riazanov e Lukács en 1932. A obra está estruturada en tres manuscritos que son anteriores ao encontro do autor con Engels. Nestes textos, Marx presenta a xénese da súa obra futura, presentando influencias de Adam Smith, J. B. Say e David Ricardo.

Marxismo

O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.

Porén, o marxismo traspasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas.

O marxismo aséntase sobre 3 grandes eixes: a análise do pasado, a crítica do presente e o proxecto de futuro.[Cómpre referencia]

Naucalpan de Juárez

Naucalpan de Juárez é un concello do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Tlalnepantla de Baz, Huixquilucan, Jilotzingo, Lerma, Xonacatlán, Atizapán de Zaragoza e coas delegacións Azcapotzalco e Miguel Hidalgo da Cidade de México. A súa área é de 155,70 km², e a súa poboación era de 872.320 habitantes no ano 2011. A cabeceira municipal é Naucalpan de Juárez, a segunda poboación é Cidade Satélite.

Pobreza

A pobreza á unha situación ou forma de vida que xorde como produto da imposibilidade de acceso ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humanas que inciden na deterioración do nivel e calidade de vida das persoas, tales como a comida, a vivenda, a educación, a asistencia sanitaria ou o acceso á auga potable. Tamén se adoita considerar a falta de medios para poder acceder a tales recursos, como o desemprego, a falta de ingresos ou un nivel baixo dos mesmos. Tamén pode ser o resultado de procesos de segregación social.

O Día Mundial para a Erradicación da Pobreza celébrase o 17 de outubro.

Teoría do valor-traballo

A Teoría do valor-traballo (TVL, tamén teoría laboral do valor ou TLV) é unha teoría que considera que o valor dun ben ou servizo depende directamente da cantidade de traballo que leva incorporado.

Thomas Malthus

Thomas Robert Malthus, nado en Surrey o 14 de febreiro de 1766 e finado en Bath o 23 de decembro de 1834, foi un economista inglés, pertencente á corrente de pensamento clásica, considerado o pai da demografía. É coñecido principalmente polo seu An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) (1798), no que se expón o principio segundo o cal a poboación humana crece en progresión xeométrica, mentres que os medios de subsistencia fano en progresión aritmética. Así, chegará un punto no que a poboación non atopará recursos suficientes para a súa subsistencia (catástrofe maltusiana). Aínda que el non o deixou escrito e non hai constancia de que o pensase, comunmente achácaselle o corolario a esta teoría de que os recursos son limitados e o ser humano está condenado á extinción.

En realidade, o que Malthus rexistrou na súa obra era que a loita entre a capacidade humana de reprodución e a produción de alimentos sería perpetua. A pesar de que a progresión de crecemento da poboación era maior que a dos alimentos (medios de subsistencia), a longo prazo entrarían en xogo poderosos freos. O freo positivo (a poboación podería frearse pola guerra, a fame, as pragas ou as enfermidades), o freo preventivo (a restrición ó crecemento da poboación por "a prudencia e a prevención", isto é, pola abstinencia ou o atraso da idade do matrimonio) ou, en última instancia, o freo final (o crecemento das taxas de mortalidade).

A teoría da poboación de Malthus contribuíu a que a Economía sexa coñecida tamén como a ciencia lúgubre.

Malthus realizou tamén importantes achegas á teoría do valor e a súa medida, e á teoría das crises e o subconsumo, polo que John Maynard Keynes considerábao o seu precursor.

Malthus foi descrito polo seu biógrafo principal como "o home mellor ultraxado do seu tempo": efectivamente, e a pesar da lenda popular tanto da súa época como posterior (dado o pesimismo das súas proposicións), foi un home de temperamento agarimoso, xeneroso e xentil. Das súas moitas amizades, a máis significativa para a historia das ideas foi a que mantivo con David Ricardo, o seu adversario intelectual en moitas ocasións, pero o seu aliado na procura da verdade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.