David Ortiz

David Ortiz Borrás, nado na Coruña o 19 de maio de 1975, é un camareiro e cocteleiro galego. É coñecido pola súa achega á coctelería innovando na súa creación con produtos locais nunca antes usados como o grelo ou o pemento de Padrón ou pola publicación, no ano 2016, do seu primeiro libro O libro dos cócteles[1] (Edición Xerais) que pretende encher o baleiro que había en Galicia de literatura e documentación respecto o mundo da coctelería.

David Ortiz Borrás
David Ortiz Borrás
David Ortiz no Baobab Cocktail Bar
Nacemento19 de maio de 1975
 A Coruña
NacionalidadeEspañola
OcupaciónBartender e escritor
Coñecido/a porDono do Baobab Cocktail Bar Autor do libro "O libro dos cocteles"

Traxectoria

A comezos do 2000 David Ortiz inicia a súa actividade na hostalería ata que no 2005 decide crear o Baobab Cocktail Bar[2], lugar que de seguido se torna nun referente da cocteleria na cidade da Coruña. Comeza así un proceso de aprendizaxe persoal e de profundizar no coñecemento da coctelería clásica que servirían como base para, posteriormente, permitirlle innovar e experimentar con cócteles propios de autor.

Asentado o Baobab, co paso dos anos, como un local referente na coctelería galega e europea, David comeza unha etapa na que procura incorporar elementos propios da terra á coctelería. É o caso, por exemplo, do Grelo soul[3], un cóctel creado a partir do grelo. É unha etapa na procura de novos sabores e de innovación aportando ingredientes locais que fan que transgreda as fronteiras da coctelería clásica cara a unha coctelería de autor onde os produtos da terra, como o grelo ou o pemento de Padrón, e os traballos de cociña a base de maceracións, siropes e shrubs aporten o toque de distinción e selo propio que David procura.

No 2016, adquirida a experiencia precisa e cun nome recoñecido no mundo da coctelería, publica da man de Edición Xerais O libro dos cocteles, o seu primeiro libro en galego no que recopila as receitas de tragos clásicos. Cumpre con este libro con dúas metas: volcar os coñecementos adquiridos ao longo destes anos nun recompilatorio e guía para vindeiros bartenders ou afeccionados á coctelería e encher un baleiro editorial en Galicia respecto á literatura relacionada coa coctelería.

Na actualidade David Ortiz compaxina a procura de novos sabores[4] con produtos típicos galegos coa divulgación da cultura do cóctel a través da prensa, televisión e da radio.

Obra

  • O libro dos cócteles[5]

Notas

  1. Entrevista na TVG sobre o libro "O libro dos cócteles"
  2. Artigo en La Voz de Galicia "8 luces para el Baobab"
  3. Artigo en La Voz De Galicia "¿Cóctel de pimiento, o andas con el grelo?"
  4. Artigo en La Voz de Galicia "Hacemos gastronomía bebible"
  5. Ficha do libro na web de Xerais.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Durante la tormenta

Durante la tormenta é un filme español de misterio e drama de 2018 dirixido e coescrito por Oriol Paulo e protagonizada por Adriana Ugarte e Chino Darín. A súa duración é de 128 minutos e o súa lingua orixinal é a castelá. A súa data de estrea foi o 13 de novembro do 2018 en España, e internacionalmente a través de Netflix o 22 de marzo de 2019. Este filme está presente nos Premios Goya de 2019.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.