David Fernández Diéguez

David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

David Fernández Diéguez
David Fernández Diéguez
David Fernández Diéguez.
Nacemento11 de outubro de 1875
 A Coruña
Falecemento24 de decembro de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmatemático

Traxectoria

Estudou Arquitectura e Ciencias Exactas en Madrid. Exerceu como profesor de Aritmética, Xeometría Práctica e Elementos de Construción na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña, e despois como catedrático de Matemáticas do Instituto Nacional de Ensino Medio. Ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Murguía, Florencio Vaamonde e Jaime Ozores de Prado, o 28 de marzo de 1925,[1] da que foi secretario (1926-1936), e presidente nos tres últimos meses da súa vida.

Dirixiu a revista Galicia Nueva, órgano da Xuventude Católica coruñesa, foi membro da Asociación Católica Nacional de Propagandistas e secretario do centro de propagandistas da Coruña, membro da Unión Patriótica, presidente provincial da Unión Monárquica Nacional e membro dos Caballeros de La Coruña en 1936, corpo parapolicial que axudou nas tarefas de represión e control da orde na cidade logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Obras

É autor de “Contribución al estudio de la trisección del ángulo” e un traballo sobre a construción da media proporcional de dous segmentos. Como bibliógrafo e historiador foi autor de traballos sobre a historia dos logaritmos, Juan Caramuel e Juan Jacobo Durán Loriga.

Galería de imaxes

Notas

  1. Membros da Real Academia Galega
  2. Recepción de Castelao na RAG na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

11 de outubro

O 11 de outubro é o 284º día do ano do calendario gregoriano (285º nos anos bisestos). Quedan 81 días para finalizar o ano.

20 de novembro

O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.

25 de xullo

O 25 de xullo é o 206º día do ano do calendario gregoriano e o 207º nos anos bisestos. Este día celébrase o Día Nacional de Galicia. Quedan 159 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Fernando Martínez Morás

Fernando Martínez Morás, nado na Coruña o 31 de maio de 1885 e finado na provincia de León o 11 de setembro de 1937, foi un xeógrafo e escritor galego.

Félix Estrada Catoyra

Félix Domingo Estrada Catoyra, nado en Porto Príncipe (hoxe Camagüey), Cuba, o 26 de novembro de 1853 e finado na Coruña o 14 de marzo de 1938, foi un médico militar e escritor galego en lingua castelá, tesoureiro da Real Academia Galega.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Ángel del Castillo

Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.