David Cal

David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións.

Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.[1]

David Cal
Medalla de Galiza.svg
David Cal
Información persoal
NacionalidadeEspaña
Nacemento10 de outubro de 1982 (36 anos)
Cangas, Galicia Galicia
Altura1,83 m
Peso91 kg
Deporte
PaísEspaña España
DeportePiragüísmo en augas tranquilas
ClubC.M. Ría de Aldán
AdestradorXesús Morlán
Cadro de medallas
Competindo para España España:
Xogos Olímpicos
Ouro Atenas 2004 C-1000
Prata Atenas 2004 C-500
Prata Beijing 2008 C-1000
Prata Beijing 2008 C-500
Prata Londres 2012 C-1000

Características

David Cal ten unha estatura media (1,83) e unha gran fortaleza (91 kgs), e pode erguer ata 160 quilos. É psicoloxicamente moi resistente, calado e coñecido pola súa timidez.

As especialidades de David Cal son o C1-500 metros e o C1-1000 metros.

Traxectoria deportiva

Formación

Aos 8 anos iniciouse no mundo do piragüismo, competindo durante os veráns no club local, onde coñeceu a Xesús Morlán, o seu adestrador actual.

DavidCal

David Cal é unha das máximas figuras mundiais do deporte do piragüismo. Ademais, é o único galego medallista olímpico de ouro nun deporte individual, e o único deportista galego que conseguiu dúas medallas olímpicas, un ouro e unha prata, nos mesmos xogos, neste caso os de Atenas 2004.

Como júnior, con só 18 anos, Cal foi bronce no campionato mundial do seu tempo disputado en Zagreb en 1999. Xa daquela competía en C1. Ao ano seguinte proclamouse campión europeo júnior en Boulogne (Francia) na categoría curta dos C1-500 así como a medalla de bronce na proba longa do C1-1000. Ademais, acudiu como reserva, pero sen participar, aos Xogos de Sydney dese 2000. En 2002, xa como sub-23, Cal conseguiu o bronce nos europeos de Zagreb sobre os 500 metros.

A súa primeira medalla internacional na categoría absoluta conseguiuna en 2003, nos mundiais de Gainesville, onde obtivo a prata nos 1000m.

Atenas 2004

Nos Xogos de Atenas Cal gañou a primeira serie dos 1000 metros cun tempo de 3'50"091, e cualificouse directamente para as finais. Na final, superou a todos os seus rivais, e en especial o favorito alemán Andreas Dittmer dende o comezo ata o final da proba. Ademais conseguiu o récord do mundo na distancia, cun tempo de 3'46"201, 0.52 segundos por diante de Dittmer.

Na proba curta dos 500 metros, Cal tamén gañou a clasificación directa para a final impoñéndose na primeira serie, cun tempo de 1'48"397. Pero na final Dittmer rematou con 0'34 segundos por diante de Cal, que foi prata.

Cara a Beixín 2008

Nos mundiais de 2005, en Zagreb, Cal conseguiu a prata na proba longa do quilómetro (3'58"421), por detrás de Dittmer., mentres que na proba curta dos 500m non podía pasar da sétima praza, cun tempo de 1'50"361. Nesta proba o ouro tamén foi para Andreas Dittmer.

Nos europeos de 2006, en Račice, República Checa, obtivo a sexta e a quinta praza nas finais de 1000 e 500 metros, respectivamente.

Nos mundiais de 2007, en Duisburgo (Alemaña), obtivo o ouro en 500 metros e o bronce en 1000 m, co que obtivo a clasificación directa para a disputa dos Xogos Olímpicos nas dúas especialidades.

Nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 participou en C1 500 e C1 1000 m, gañando nas dúas probas a prata. Ademais foi o abandeirado do equipo español na cerimonia de apertura.

Predecesor:
Maxim Opalev
 Med 1.png Campión do mundo de piragüismo
C1 500m
 
2007 en Duisburgo
Sucesor:
Dzianis Harazha

Cara a Londres 2012

David Cal Figueroa

Nos mundiais de 2011, en Szeged (Hungría), obtivo a prata en 1000 metros.

Nos europeos de 2012, en Zagreb, Croacia, quedou na quinta praza na final de 1000 e na de 500 metros foi terceiro, tan só por detrás do francés Mathieu Goubel e o checo Martin Fuksa.

Nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 participou só na modalidade de C1 1000 m xa que a de C1 500 foi eliminada e substituída pola de C1 200m. Cunha espectacular remontada a partir dos 750 metros acadaría a súa cuarta prata converténdose no mellor deportista español da historia dos XXOO. Nesta ocasión o ouro conseguiuno o alemán Sebastian Brendel cun tempo de 3:47.176 e o bronce para Mark Oldershaw con 3:48.502, o tempo do galego foi de 3:48.053.

Principais clasificacións

Campionato Proba Posición Data Título Tempo
Xogos Olímpicos, (Londres) C1-1000 2 8 de agosto de 2012 Prata 3'48"053
Campionato de Europa, (Zagreb, Croacia) C1-500 3 24 de xuño de 2012 Bronce 1'48"567
Campionato do Mundo, (Szeged, Hungría) C1-1000 2 19 de agosto de 2011 Prata
Xogos Olímpicos, (Pequín) C1-500 2 19 de agosto de 2008 Prata 1'48"397
Xogos Olímpicos, (Pequín) C1-1000 2 18 de agosto de 2008 Prata 3'52"751
Campionato do mundo, (Duisburgo, Alemaña) C1-500 1 12 de agosto de 2007 Ouro 1'47"187
Campionato do mundo, (Duisburgo, Alemaña) C1-1000 3 11 de agosto de 2007 Bronce 4'11"057
Campionato do mundo, (Zagreb, Croacia) C1-1000 2 27 de agosto de 2005 Subcampión 3'58"421
Xogos Olímpicos, (Atenas) C1-500 2 28 de agosto de 2004 Prata 1'46"723
Xogos Olímpicos, (Atenas) C1-1000 1 27 de agosto de 2004 Ouro 3'46"201
Campionato de Europa, (Poznan, Polonia) C1-1000 2 2004 Subcampión
Campionato do mundo, (Gainesville, Estados Unidos) C1-1000 2 2003 Subcampión

Carreira política

David Cal tivo entre 2005 e 2009 diversos enfrontamentos coa Consellería de Cultura e Deportes mentres a dirixía Ánxela Bugallo (BNG), mentres recibía o apoio explícito da Deputación de Pontevedra, daquela gobernada polo PPdG. Concorreu na lista desta última formación ás municipais de 2011 no concello de Pontevedra, liderada por Telmo Martín[2]. Malia resultar elixido como concelleiro, renunciou ao cargo ao non acadar Martín a alcaldía.

Outros galardóns

  • Medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo 2006.[3]
  • Medalla de Ouro de Galicia, en 2015.[4]
  • Medalla de Galicia, na categoría de prata, en 2005.
  • Abandeirado do equipo olímpico español na cerimonia de clausura dos Xogos de Atenas 2004.
  • Abandeirado do equipo olímpico español na cerimonia de apertura dos Xogos de Beijing 2008.
  • Premio Percebe de Ouro
  • Vieira de Prata ao Mellor Deportista do Ano
  • Comendador da Orde do Cocido.
  • Galego do mes por El Correo Gallego, en agosto de 2004.

Notas

  1. El País (ed.). "Cal hace historia" (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2012.
  2. David Cal, número 5 de Telmo Martín para as municipais Arquivado 31 de outubro de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 29/10/2010.
  3. Persoas e equipos galardoadas coas diferentes medallas da Real Orden do Mérito Deportivo durante o ano 2006 Arquivado 20 de xullo de 2012 en Wayback Machine., Consello Superior de Deportes.
  4. Decreto 100/2015, do 15 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro DOG.
Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Campionato do mundo de piragüismo 2007

Os campionatos do mundo de piragüismo en augas tranquilas celebráronse do 8 ao 12 de agosto de 2007 na vila alemá de Duisburgo.

Celébranse nos campionatos dezaoito probas masculinas e nove femininas. As masculinas son en canoa canadense e en caiac, mentres que as femininas só son en caiac. As distancias cubertas, tanto para homes como para mulleres son 200 m, 500 m e 1.000 m, en categoría individual, por parellas e de a catro.

Nestes campionatos David Cal obtivo unha medalla de ouro (C1 500m) e unha de bronce (C1 1000m). Os grandes triunfadores foron a selección anfitrioa (Alemaña) e mais a húngara, con nove ouros cada unha delas.

Cangas

Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2017 tiña 26.490 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.

Centro Gallego de Buenos Aires

Co nome Centro Gallego de Buenos Aires denomínanse dous centros galegos da capital da Arxentina. Primeiramente o fundado en 1879, desaparecido en 1892, e posteriormente o fundado en 1907.

O centro é a única institución correspondente da Real Academia Galega.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Fundación Penzol

A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Manuel Gallego Jorreto

Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.

Manuel Sánchez Salorio

Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930 é un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía. É académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

ONCE

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) é unha entidade de Dereito Público de carácter social e democrático sen ánimo de lucro que ten o propósito fundamental de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais de toda España.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Real Coro Toxos e Froles

O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.

Vilariño, O Hío, Cangas

Vilariño é un lugar da parroquia do Hío no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 564 habitantes (274 homes e 290 mulleres).

Nela celébrase tódolos anos un concerto de música folk-rock bastante coñecido. Neste lugar naceu o gran piragüista David Cal.

1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.