David

David (en hebreo: דָּוִד Dāwîḏ; en árabe: داوُد Dāwūd; en siríaco: ܕܘܝܕ Dawid; en grego antigo: Δαυίδ; en latín: Davidus, David) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús. A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.[1]

Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que pode ter existido unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.[2]

Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.

Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.

David
Rei de Israel
David SM Maggiore
Estatua do Rei David por Nicolas Cordier na Capela Borghese da Basílica de Santa María a Maior de Roma.

Reinadoc. -1010 a -1002 (só Xudá)
c. -1002 a -970 (Israel)[1]
Nacementoc. -1040
Belén, Xudá, Israel
Falecementoc. -970 (con 69 ou 70 anos)
Xerusalén, Israel
SepulturaCidade de David
PredecesorSaúl
Ish-bosheth
SucesorSalomón
ConsorteMichal
Ahinoam
Abigail
Maachah
Haggith
Abital
Eglah
Betsabé
DescendenciaAmnón, Chileab, Abxalom, Adonías, Shephatiah, Ithream, Shammua, Shobab, Nathan, Salomón, Ibhar, Elishua, Nepheg, Japhia, Elishama, Eliada, Eliphalet, Tamar
Casa realCasa de David
ProxenitoresJesse
Nitzevet (Talmud)

Nome

Artigo principal: David (nome).

David (דָּוִד, Dāwîḏ) ten o significado de "o amado" ou "o querido", e provén da raíz דּוֹד dôwd, que ten o significado etimolóxico de "ferver" pero que sobrevive na Biblia hebrea no senso figurado de "amar" e, especificamente un termo para un tío (irmán do pai).[3]

Na tradición cristiá, o nome foi adoptado do siríaco: ܕܘܝܕ como Dawid, en grego como Δαυίδ, e en latín como Davidus ou David. No Corán escríbese داوُد, transliterado Dāwūd.

David foi adoptado como un nome cristián dende moi cedo, como David de Gales (século VI), David Saharuni (século VII) ou David I de Iberia (século IX).

Narrativa bíblica

Segundo a Biblia, foi unificador das doce tribos na etapa posterior ós xuíces. Unxido por Samuel por riba de Saúl, o primeiro e lexítimo rei. Conquistou a cidade de Xerusalén e instaurou alí a capital do reino. Tivo catro fillos: Amnón, Abxalom, Adonías e Salomón.

Galería de imaxes

David von Michelangelo

David de Miguel Anxo

Obradoiro David 02-01

Estatua de David, ante a fachada do Obradoiro

Notas

  1. 1,0 1,1 Carr, David M. & Conway, Colleen M., An Introduction to the Bible: Sacred Texts and Imperial Contexts, John Wiley & Sons (2010), p. 58
  2. Alter 2004, p. xii.
  3. Strong's Concordance H1732

Véxase tamén

Predecesor:
Xaúl
SALOMÓN
Rei de Israel

1010-970 a.E.C.
Sucesor:
Salomón
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Brian David Josephson

Brian David Josephson, nado en Cardiff, País de Gales, o o 4 de xaneiro de 1940, é un físico británico galés galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1973.

Carl David Anderson

Carl David Anderson, nado en Nova York o 3 de setembro de 1905 e finado en San Marino (California) o 11 de xaneiro de 1991, foi un físico estadounidense.

David Fernández Diéguez

David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

David Gross

David Gross é un físico norteamericano nado o 19 de febreiro de 1941 en Washington D.C..

David Morris Lee

David Morris Lee, nado o 20 de xaneiro de 1931, é un físico ao que lle outorgaron un Nobel de Física en 1996 polas súas investigacións do helio-3.

David Wineland

David Jeffrey Wineland, nado en Wisconsin o 24 de febreiro de 1944, é un físico estadounidense, laureado co premio Nobel de Física no 2012 canda Serge Haroche, «pola medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais». Traballa no Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) e no laboratorio de física da Universidade de Colorado en Boulder.

O seu traballo incluíu avances na óptica, arrefriamento láser de ións en trampas de Paul e o uso de ións atrapados en operacións de computación cuántica.

Hugh David Politzer

Hugh David Politzer, nado en Nova York o 31 de agosto de 1949, é un físico teórico norteamericano. Compartiu o Premio Nobel de Física de 2004 xunto a David J. Gross e Frank Wilczek polo descubrimento da liberdade asintótica na cromodinámica cuántica.

Lingua inglesa

A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés. O inglés é a lingua oficial ou unha das linguas oficiais de case 60 estados soberanos. É a lingua máis falada no Reino Unido, nos Estados Unidos, no Canadá, en Australia, Irlanda e Nova Zelandia e está moi estendida nalgunhas áreas do Caribe, África e sur de Asia. É a terceira lingua nativa máis falada do mundo, despois do mandarín e do castelán. É tamén a segunda lingua máis aprendida e lingua oficial da Nacións Unidas, da Unión Europea, e de moitas outras organizacións mundiais e rexionais. É a lingua xermánica máis falada, representando polo menos o 70% dos falantes desta póla da familia indoeuropea.

O inglés desenvolveuse ó longo de máis de 1 400 anos. As formas máis antigas do inglés, unha serie de dialectos anglofrisios, chegaron a Gran Bretaña polos colonos anglosaxóns no século V, son chamadas inglés antigo. O inglés medio desenvolveuse no século XI coa conquista normanda de Inglaterra, nun período no que a lingua foi influída polo francés. O inglés moderno comezou a finais do século XV coa introdución da imprenta en Londres, a Biblia do Rei Xacobe e o comezo da Gran mudanza vocálica. A través da influencia mundial do Imperio Británico, o inglés moderno espallouse por todo o globo dende o século XVII até a metade do século XX. A través dos diversos medios impresos e electrónicos, así como o xurdimento dos Estados Unidos como superpotencia mundial, o inglés converteuse na lingua principal das relacións internacionais e a lingua franca en moitas rexións e en contextos profesionais como a ciencia, a navegación e a lei.O inglés moderno ten pouca flexión en comparanza con outras linguas, e susténtase moito en verbos auxiliares e na orde de palabras para a expresión de tempos complexos, aspectos e modo, así como de construcións pasivas, interrogativas e algunhas negacións. Malia as notables variacións dos acentos e dialectos do inglés empregados en diferentes rexións e países – en termos de fonética e fonoloxía, e ás veces en vocabulario, gramática e deletreo – os falantes de inglés en todo o mundo son quen de comunicarse cos outros con relativa facilidade.

McLaren

McLaren, fundado en 1963 por Bruce McLaren (1937-1970), é un equipo de carreiras automobilísticas con sede en Woking, Surrey, Reino Unido, que é sobre todo coñecido como equipo de Fórmula 1, pero que competiu tamén nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 horas de Le Mans. O seu nome completo é actualmente Team McLaren Mercedes; o equipo é dirixido por Ron Dennis e é supervisado por McLaren Racing, membro a súa vez de McLaren Group.

McLaren é un dos equipos con máis éxitos da Fórmula 1, gañou máis grandes premios que calquera outro equipo, á parte de Ferrari e Ford nos seus diferentes equipos, e moitos campionatos de pilotos e construtores.

National Center for Biotechnology Information

O National Center for Biotechnology Information (NCBI), en galego Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica, forma parte da Biblioteca Nacional de Medicina de Estados Unidos (National Library of Medicine), unha rama dos Institutos Nacionais de Saúde (National Institutes of Health ou NIH). Está localizado en Bethesda, Maryland e foi fundado o 4 de novembro de 1988 coa misión de ser unha importante fonte de información de bioloxía molecular.

Rotten Tomatoes

Rotten Tomatoes (en galego, Tomates podres) é unha páxina web dedicada a achegar información, críticas e noticias sobre filmes. O nome deriva do costume de lanzar tomates e outras verduras aos actores que facían malas actuacións.

O sitio foi lanzado o 19 de agosto de 1999 por Senh Duong. Desde 2010, o editor executivo da páxina web é Matt Atchity.

Selección de fútbol de España

A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica. España gañou na final a Países Baixos cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da segunda parte da prórroga.

Os recoñecementos máis destacados pola conquista mundialista foron o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes e o Premio Laureus, considerado o Oscar do deporte, ao mellor equipo internacional do ano. Ademais foi nomeada en 2010 por terceira vez consecutiva, Mellor Equipo do Ano pola FIFA.Tamén participou en oito fases finais da Eurocopa, proclamándose campioa en tres ocasións, sendo a selección con máis títulos xunto con Alemaña. Destacou por primeira vez na edición de 1964, celebrada en España, onde se proclamou campioa como local ao derrotar na final á Unión Soviética por 2-1. Na Eurocopa de 1984, celebrada en Francia, alcanzou o subcampionato, perdendo a final por 2-0 ante o país anfitrión. Na Eurocopa 2008, España logrou o segundo título gañando na final ante Alemaña por 1-0. Esta vitoria en 2008 supúxolle encabezar por vez primeira a clasificación mundial da FIFA, sendo o sexto equipo que lograba liderar devandito ranking, e o primeiro que non gañara ningunha Copa do Mundo en facelo. En 2012 converteuse na única selección de fútbol en gañar dúas Eurocopas consecutivas, despois de vencer a Italia por 4-0, a máxima goleada nunha final desta competición, con goles de David Silva, Jordi Alba, Fernando Torres e Juan Mata. Con esta vitoria converteuse tamén na primeira selección nacional que consegue o triplete, con Eurocopa (2008), Mundial (2010) e Eurocopa (2012) consecutivos.

O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos foi en 1992, en Barcelona, cando gañou a medalla de ouro ao derrotar a Polonia por 3 a 2 na final disputada no Estadio do Camp Nou de Barcelona.

Nos Xogos Olímpicos de 2000, en Sidney, logrou a medalla de prata ao chegar á final, que perdeu ante Camerún. Tamén conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1920 en Antuerpen.

Noutras categorías, España conseguiu gañar a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 en 1999 xogado en Nixeria, ao derrotar por 4-0 a Xapón.

Xerusalén

Xerusalén (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá. En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX. A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo. Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional, e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.