Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952, é un escritor galego.

Darío Xohán Cabana
Darío Xohan Cabana 3
Nome completoDarío Xohán Cabana Yanes
Nacemento19 de abril de 1952
 Roás
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e tradutor
Xénerospoesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, tradución, ensaio
Coñecido/a porGalván en Saor, Fortunato de Trasmundi, Morte de rei, O avión de Cangas, Vidas senlleiras e A excursión

Traxectoria

Fillo de labregos partidarios da Fronte Popular, criouse na ideoloxía comunista do seu pai, e desde 1968 milita na esquerda nacionalista. Na década de 1970 colaborou con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. Despois, nos 80 pasou un tempo en Corcubión e despois entrou a traballar mediante oposición como funcionario no concello de Lugo, onde segue na actualidade, Foi, antes, liberado sindical e garda municipal. É membro do Consello de Redacción da revista A Trabe de Ouro.

Cursou o Bacharelato en Lugo, e entre 1970 e 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e entre 1978 e 1982 estivo como liberado pola Central Sindical Nacionalista. Entre 1983 e 1987 traballou en Corcubión como garda municipal, e nese ano regresou a Lugo como funcionario do concello. Vive en Romeán.

Desde o 22 de abril de 2006 é académico da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración[1], foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín.

Casou en 1974 e ten unha filla e un fillo.

Obra

Darío Xohán Cabana 2012

Nos seus comezos publicou case exclusivamente poesía, e a partir de 1989 pasou a publicar principalmente narrativa. A súa poesía erótica é valorada pola investigadora María Liñeira como unha contestación aos prexuízos androcéntricos.[2] Colabora na prensa, e desde 1987 fai a diario o encrucillado en lingua galega de La Voz de Galicia.

Poesía

  • Home e terra (Ed. Xistral, 1970).
  • Verbas a un irmao (Edición de autor, 1970).
  • Romanceiro da Terra Cha (Ed. Castrelos, 1973).
  • Elexía nunha escuridade mortal (Ed. Roi Xordo, 1974).
  • Mortos por que Galicia viva (Ed. Roi Xordo, 1974). Asinado co pseudónimo Daniel Méndez.
  • Ábrelle a porta ó día (Edicións do Castro, 1981).
  • A fraga amurallada. (Ed. Limbo, 1983).
  • VIII Fragmentos (Sotelo Blanco, 1987).
  • Amor e tempo liso (Sotelo Blanco, 1987).
  • Cantigas de amor vilao (Galaxia, 1987).
  • Patria do mar (Ir Indo, 1989).
  • Antoloxía poética (Diario 16 de Galicia, 1992).
  • Recolleita (El Correo Gallego, 1992)
  • Cinco lendas (Deputación de Lugo, 1993).
  • Canta de cerca a morte (Galaxia, 1994).
  • Vinte cadernos: Poemas 1969-2002 (Xerais, 2003).
  • Cabalgada na brétema (Galaxia, 2006).

Narrativa

  • Noticias dunha aldea (Castrelos, 1973).
  • Galván en Saor (Xerais, 1989). Traducida ao castelán.[3]
  • Fortunato de Trasmundi (Xerais, 1990)
  • Libro dos moradores (Ir Indo, 1990).
  • Cándido Branco e o Cabaleiro Negro (Xerais, 1992).
  • Vidas senlleiras (Xerais, 1992).
  • A excursión (Contos do Castromil n.º 8, 1992).
  • Cerco de ferro (Nigra, 1994).
  • O cervo na torre (Xerais, 1994).
  • Morte de rei (Xerais, 1996).
  • Mitos e memorias (Xerais, 2003).
  • A chegada a Lugo do primeiro tren (Concello de Lugo, 2005).

Literatura infanto-xuvenil

  • As aventuras de Breogán Folgueira (Xerais, 1990).
  • Chirlo merlo na figueira (Sotelo Blanco, 1990).
  • O avión de Cangas (Xerais, 1992).
  • As viaxes do principe azul (Galaxia, 1993). Traducida ao catalán.[4]
  • O milagre das estrelas (Xerais, 1993). Traducida ao castelán.[5]
  • O castrón de ouro (Edicións S. M., 1994).
  • Chucho Cacho (Xerais, 1994).
  • Inés e a cadela sabia (Edebé-Rodeira, 2000). [6]
  • Dende o Himalaia a Ceilán (Galaxia, 2004).

Ensaio

  • Guía da provincia de Lugo (1998).
  • Monterroso na Ulloa (2001).
  • Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (Xerais, 2008).

Tradución

A partir de 1984 adicouse á tradución de poesía da lingua italiana, respectando a métrica e a rima orixinal. Recibiu o Premio Otero Pedrayo e a Medalla de Ouro do Concello de Florencia pola tradución da obra A Divina Comedia de Dante. A tradución da Vida Nova recibiu o Premio Ramón Cabanillas.

Obras colectivas

Texto de Darío X. Cabana nunha xardineira en Vilalba. Galiza-17
Texto de Darío X. Cabana nunha xardieira en Vilalba.
  • Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973).
  • I Festival de Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1981).
  • II Festival da Poesía do Condado (S. C. D. Condado, 1982).
  • III Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1983).
  • O quiquiriquí e outras narracións (Edicións do Castro, 1983).
  • IV Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1984).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (Concello de Lugo, 1986).
  • VI Festival da Poesía no Condado (S. C. D. Condado, 1986).
  • VII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1987).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1988).
  • Sede central. 1 (Clube Cultural Adiante, 1988).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (S. C. D. Condado, 1990).
  • XI Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1991).
  • Contos da xustiza (Ir Indo, 1991).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (S. C. D. Condado, 1993).
  • Aí está o conto (Xunta de Galicia, 1993).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (Edicións do Castro, 1995).
  • O Mundo de Fiz: Escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño, (Citania de Publicacións, 1995). Coeditor con Xavier Rodríguez Barrio.
  • Relato contemporáneo (Xerais, 1995).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (Xerais, 1996).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia, 2001).
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (Consello da Cultura Galega, 2001).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (Difusora, 2003).
  • 23 poetas cantan a don Antonio Machado (Hipocampo, 2004).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006).
  • De Manuel María a Ferrín: a grande xeración (Real Academia Galega, 2006). Con Xosé Luís Méndez Ferrín.
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (Xunta de Galicia, 2006).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (Espiral Maior, 2008).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010).
  • Tamén navegar (Toxosoutos, 2011).
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011).
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
  • Dez anos de poesía nas Pontes (Galebook, 2013).
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (Toxosoutos, 2013).
  • 1975-2015 Moncho Reboiras Vive! (Arredista Edicións, 2015).
  • Arredor das Irmandades da Fala (Xerais, 2016).

Premios

  • Premio de Poesía Cidade de Ourense en 1982, por A fraga amurallada.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1983, por Patria do mar.
  • Premio de Poesía Cidade de Ourense en 1986, por VIII fragmentos.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro no 1986, por Amor e tempo liso.
  • Premio Xerais de novela en 1989, por Galván en Saor.
  • Medalla de ouro do concello de Florencia (Italia) en 1991, pola súa tradución do Cancioneiro e a Divina Comedia.
  • Premio Cidade de Lugo en 1992, por Vidas senlleiras.
  • Premio Barco de Vapor en 1993, por O castrón de ouro.
  • Premio de poesía Martín Codax en 1994, por Canta de cerca a morte.
  • Premio Xerais de novela en 1994, por O cervo na torre.
  • Premio da AELG á mellor obra traducida no 2012, por Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Francesco Petrarca.
  • Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido de 2014, por As floriñas de San Francisco.
  • Premio da AELG á mellor obra traducida no 2014, por A Divina Comedia.

Notas

  1. De Manuel María a Ferrín: a grande xeración Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  2. González, Montse. El País, ed. "A pexa do sexismo". Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
  3. "Galván en Saor". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-15.
  4. "Els viatges del Príncep Blau". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-15.
  5. "El milagro de las estrellas: aventuras del mago Antón en el Camino de Santiago". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-15.
  6. "Inés y la perrita sabia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-15.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

30 anos con A Quella. De amor, dor e loita

30 anos con A Quella. De amor, dor e loita é o undécimo álbum de estudio do grupo galego de folk A Quenlla. Foi publicado o 4 de marzo de 2014, polo selo 2001 Producciones.

Trátase dun dobre CD que conta con letras de Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquez, Darío Xohán Cabana, Xesús Rábade, Manuel María, Xosé María Díaz Castro ("Penélope") e os propios Mini e Mero. A produción musical foi realizada por Alfredo Garrido.

O disco gravouse no estudio do Concello de Arzúa entre outubro e decembro de 2013. Foi presentado o 28 de marzo de 2014 cun concerto na Casa do Saber, en Lugo.

A Divina Comedia

A Divina Comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina Comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina Commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos.

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada u ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014.

A Quenlla (grupo musical)

A Quenlla é un grupo galego fundado no ano 1984 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan os Ventos. O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, até acadar a decena.

As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.

Outra característica do grupo é unha certa tendencia a facer discos temáticos, como xeito de incidir nunha determinada mensaxe. Así Európolis '88 é unha crítica feroz á Unión Europea; A casa que nunca tivemos, unha reflexión metafórica sobre Galiza e o amor á terra; e Namórate da vida, un canto contra os perigos da droga (este disco foi feito en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente).

En 2010 publicaron Os Irmandiños.O grupo tamén ten colaborado numerosas veces poñendo banda sonora a distintos documentais e outras obras videográficas.

Bule, berra, chora

Bule, berra, chora é o primeiro traballo musical de Xosé Manuel Conde. Neste disco, o autor ponlle música a obras de poetas diversos, como o estremeño Luis Álvarez Lencero, e os galegos Darío Xohán Cabana, Manuel Antonio ou Luís Pimentel. Precisamente un verso do poema Canzón pra que un neno non durma de Luís Pimentel, é o que dá título á obra.

O disco foi publicado no 1978 por Movieplay dentro da súa serie Xeira

Festas de San Froilán de Lugo

As festas de San Froilán teñen lugar en Lugo entre o 4 e o 12 de outubro. Xiran arredor do 5 de outubro, día en que o santoral católico conmemora o día de San Froilán. Foron proclamadas de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria e Turismo en 2006. Na actualidade son organizadas exclusivamente polo Concello de Lugo. O pregoeiro das festas de 2015 foi o escritor Darío Xohán Cabana.

Fortunato de Trasmundi

Fortunato de Trasmundi é unha novela en lingua galega de literatura xuvenil, escrita por Darío Xohán Cabana e publicada en 1990.

Galván en Saor

Galván en Saor é unha novela en lingua galega escrita por Darío Xohán Cabana e publicada en 1989, ano en que gañou o Premio Xerais. A novela foi traducida ao castelán por Vicente Araguas, sendo publicada por Huerga y Fierro en 1996.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Libro aberto

Libro aberto é un programa literario emitido na TVG. A súa primeira emisión tivo lugar o 26 de setembro de 2006.

Manolo Romón é o presentador do espazo, que nos seus case dous anos de emisión ten recibido a moitas das principais figuras do mundo das letras galegas, como é o caso de Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Darío Xohán Cabana, Paco Martín, Carlos G. Reigosa, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto ou Agustín Fernández Paz entre outros.

Dirixido por Luís Rei Núñez, Libro aberto conta cun equipo de colaboradores especializados en distintas áreas: Armando Requeixo (literatura insólita), Ramón Nicolás (andel de novidades), Xesús Fraga (letras inglesas), Miguel Anxo Fernández (libros de cine), Susana Cendán (libros de arte) e Mercedes Queixas (historia das nosas letras).

Lusco e Fusco

Lusco e Fusco é o primeiro disco do grupo Fanny + Alexander, publicado no 2006. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo, e en formato CD. Está editado baixo licenza Creative Commons 2.0.

Consta de 8 temas. Os catro primeiros son Lusco EP, e os catro últimos Fusco EP. Sete deles están cantados en galego, incluíndo textos de Manuel Antonio, Mon G. Buhigas, Bernardino Graña e Darío Xohán Cabana, e un deles en inglés. Tamén usan un sampler con texto da película Sempre Xonxa.

Desde a base da música electrónica, experimenta mesturando campos diversos como melodías pop con ritmos tradicionais galegos, e introducindo desde orquestracións barrocas a rimas hip-hopeiras ou guitarras espaciais.

Morte de rei

Morte de rei é unha novela de Darío Xohán Cabana, publicada en 1996. Nela o autor fai unha aproximación novelada a un dos episodios máis descoñecidos da historia de Galiza. A obra trata do reinado de D. García e do século XI nos reinos cristiáns.

O avión de Cangas

O avión de Cangas é un conto de literatura infantil de Darío Xohán Cabana, publicado en 1992 por Edicións Xerais de Galicia. Foi finalista do Premio Merlín de 1991.

Os tres mosqueteiros

Os tres mosqueteiros (en francés Les Trois Mousquetaires) é unha novela de Alexandre Dumas , escrita en francés no ano 1844 e publicada orixinalmente en forma de serie na revista Le Siècle entre marzo e xullo dese ano e uns meses despois editou nun volume a editorial Baudry e reeditado en 1846 J. B. Fellens e L. P. Dufour con ilustracións de Vivant Beaucé. Foi a primeira parte dunha triloxía coñecida como «dos mosqueteiros», que abrangue tamén Vingt ans après (1845) e Le Vicomte de Bragelonne (1847). Na orixe da novela está Les Mémoires de d’Artagnan (1700) de Gatien de Courtilz de Sandras que narra ficcionalmente a historia dun personaxe real, Charles de Batz-Castelmore, conde d'Artagnan. En galego apareceu por vez primeira no ano 2000 nunha tradución de Darío Xohán Cabana en dous volumes.

Premio Biblos-Pazos de Galicia

O premio Biblos-Pazos de Galicia é un premio de creación literario destinado á mocidade (os candidatos non deben superar os 25 anos de idade no momento de presentarse). A primeira edición foi en 2004. Está organizado por Biblos Clube de Lectores, co patrocinio de Pazos de Galicia. En pasadas edicións fíxose en colaboración con outras asociacións, tal que a AELG. A diferenza doutros premios, este premio non busca unha obra rematada senón un proxecto de obra, que será acabada polo gañador coa axuda dun titor experimentado (en diversas edicións o papel de titor recaeu respectivamente sobre Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Xabier P. DoCampo ou Darío Xohán Cabana, entre outros).

Algúns gañadores deste premio foron Elena Veiga Rilo, Iria López Teixeiro ou o xornalista Alberto Ramos.

Na edición de 2012 o premio foi declarado deserto.

Premio Lois Tobío ao Libro Traducido

Premio Lois Tobío ao Libro traducido foi un galardón que entregaba a Asociación Galega de Editores á mellor obra traducida de cada ano cara á lingua galega, e que formaba parte á súa vez dos Premios da Edición. O premio deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da AGE, a AELG e mais a Federación de Librarías de Galicia, que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016. O galardón era así mesmo un recoñecemento ao labor de tradución dun persoeiro das letras galegas, Lois Tobío Fernández.

Con este premio foron distinguidos, entre outros, María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle pola tradución conxunta do Ulises, Ramón Gutiérrez Izquierdo por Sonetos de Shakespeare, Isabel Soto e Xavier Senín por A odisea contada para ou Darío Xohán Cabana por As floriñas de San Francisco.

Trasluz (revista)

Trasluz, co subtítulo Lukus, é o nome dunha revista bilingüe en galego e castelán fundada na cidade de Lugo no ano 2008, coa vocación de pór en valor as riquezas da provincia luguesa a nivel paisaxístico, empresarial ou gastronómico, en palabras tanto de literatos como de políticos ou xornalistas. Até o momento teñen escrito nela persoeiros que van dende Ricardo Varela ou Fernando Blanco Álvarez até Darío Xohán Cabana ou Claudio Rodríguez Fer. Así, a editorial do primeiro número di o seguinte:

A edición da revista corre a cargo de Ernesto Sánchez Pombo e os números da mesma correpóndense coas estacións do ano, sendo o primeiro deles o do inverno de 2008.

Vida e morte

Vida e morte é o primeiro álbum de estudio do cantante e compositor español Amancio Prada. Foi publicado en 1974, baixo o selo Disques Alvarès.

O disco gravouse nos estudios Sofreson (París) en novembro de 1973. No álbum, Amancio musica poemas de distintos autores, tanto en galego (Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana) como en castelán (Nicolás Guillén, Miguel Hernández, Luis López Álvarez), así como poemas propios (os temas "Labregos" e "Canción de amor Nº 2").

Vida nova

Vida nova, ou Vita nuova no orixinal en italiano, é o primeiro libro de Dante Alighieri, escrito entre 1292 e 1293 e composto de 31 poemas comentados onde narra a historia do seu amor por Beatriz.

A tradución ao galego foi obra de Darío Xohán Cabana e foi publicada en 1994 pola editorial Espiral Maior. No ano 1995, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.

Xavier Rodríguez Barrio

Xavier Rodríguez Barrio, nado en Lugo en 1954, é un poeta, tradutor, narrador e ensaísta galego, pertencente á Xeración Poética dos 80.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.