Darío Villanueva

Franciaco Darío Villanueva Prieto, nado en Vilalba o 5 de xuño de 1950[1], é un crítico literario e profesor universitario galego. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1994 e 2002, e director da Real Academia Española entre 2014 e 2018.

Darío Villanueva Prieto
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Darío Villanueva Prieto
Nacemento5 de xuño de 1950
 Vilalba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncrítico literario, profesor, escritor e teórico literario
CónxuxeMª Ermitas Penas Varela
FillosBeatriz e José Francisco
PremiosMedalla Castelao, Orden Nacional al Mérito e honorary doctor of the Shanghai International Studies University
D Villanueva signature
Darío Villanueva - Seminci 2011
Darío Villanueva no Seminci 2011.

Traxectoria

Doutor de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en Don Quixote da Mancha e a relación entre literatura e cinema. Foi secretario e posteriormente decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela entre 1978 e 1990. En xuño de 1994 produciuse a súa elección como reitor, á fronte dunha coalición que agrupaba os sectores do profesorado vinculados co PSdeG e co PPdG. En maio de 1998 foi reelixido para un segundo e último mandato de catro anos.

É membro da Asociación Internacional de Hispanistas, da Sociedad Española de Literatura General y Comparada, da que é presidente, da Asociación Española de Teoría de la literatura (ASETEL), que presidiu entre 1996 e 2001, da Sociedad Española de Semiótica e da Twentieth Century Spanish Association of America. Ademais foi profesor visitante da Escuela española de Middlebury College (Vermont) en 1987; nos outonos de 1988 e 1993 da Universidade de Colorado en Boulder, a cuxo claustro pertence desde 1989 en calidade de catedrático asistente; e entre 1989 e 1991 da Universidade de Borgoña, en Dijon. Foi tamén crítico literario da revista El Cultural do diario El Mundo.

Premios e condecoracións

Darío Villanueva recibiu a Insignia de Ouro do Grupo Compostela de Universidades, a Orde Nacional ao Mérito do Ecuador, en grao de oficial (2001) e a Medalla Castelao (2005). É doutor honoris causa polas universidades Universidade Nacional de San Luis Gonzaga de Ica, Universidade Ricardo Palma de Lima, Univerisdade de Birmingham, Universidade de Ciencias Empresariales y Sociales de Bos Aires, Universidade Nacional de Cuyo, Universidade de Colorado e Universidade de Karlstad.

Logo de tres votacións, foi nomeado académico da Real Academia Española en xullo de 2007, na cadeira D maiúsculo. En 2010 preséntase ao cargo de director da Academia, pero é derrotado por José Manuel Blecua. Catro anos máis tarde, en 2014, é elixido presidente como único candidato, co que se convertía no primeiro galego en ocupar ese posto.

Está casado con María Ermitas Penas Varela, profesora de literatura castelá na Universidade de Santiago de Compostela. En 1978 naceu a súa filla Beatriz, Licenciada en Dereito e Máster en Cooperación e Acción solidaria da Unión Europea, e en 1984 o seu fillo José Francisco, estudante de Dirección e Administración de Empresas.[2]

Obra publicada en castelán, galego e inglés

  • “El Jarama" de Sánchez Ferlosio. Su estructura y significado, 1973, Universidade de Santiago de Compostela, 167 páxina. Segunda edición corrixida e revisada, Edition Reichenberger/Universidade de Santiago de Compostela, Kassel/Santiago de Compostela, 1994, 252 páxinas.
  • Estructura y tiempo reducido en la novela, Editorial Bello, Valencia, 1977, 356 páxinas. Segunda edición revisada, Editorial Anthropos, Barcelona, 1994, 447 páxinas.
  • La novela lírica I. Azorín, Gabriel Miró y La novela lírica II. Pérez de Ayala, Jarnés, Ediciones Taurus, Madrid, 1983, dous volumes de 308 e 264 páxinas, respectivamente.
  • Edición y estudio de Camilo José Cela, La colmena, Ediciones Noguer, Barcelona, 1983, 400 páxinas. Nova edición, considerablemente ampliada, en Vicens-Vives, Barcelona, 1996, 297 páxinas. Primeira reimpresión, 1998; segunda, 2000 e terceira 2002. Segunda edición, correxida e aumentada, 2004. Primeira reimpresión, 2007.
  • Edición crítica y estudio de Gustavo Adolfo Bécquer, Desde mi celda, Editorial Castalia, Madrid, 1985, 218 páxinas. Nova edición, Editorial Castalia, Madrid, 1993.
  • Edición y estudio de Pío Baroja, Las inquietudes de Shanti Andía, Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 1988, 18ª edición, 346 páxinas. Triseximosegunda edición, Espasa-Calpe, Madrid, 2007.
  • El comentario de textos narrativos: La novela, Ediciones Júcar/Ediciones Aceña, Madrid/Valladolid, 1989, 206 páxinas. Segunda edición revisada, Ediciones Júcar, Gijón, 1992, 212 páxinas. Terceira edición, 1995, 212 páxinas.
  • Edición y estudio de Ramón del Valle-Inclán, Sonata de invierno, Círculo de lectores, Barcelona, 1990, 148 páxinas.
  • El polen de ideas. Teoría, Crítica, Historia y Literatura comparada, Promociones y Publicaciones Universitarias, Barcelona, 1991, 406 páxinas.
  • Selección y estudio preliminar de Camilo José Cela. Páxinas escollidas, Madrid, Espasa-Calpe, 1991, 288 páxinas.
  • Trayectoria de la novela hispanoamericana actual, Madrid, Espasa-Calpe, 1991, 453 páxinas. En colaboración con José María Viña Liste. En 1998 o Consello Superior de Cultura da República Árabe de Exipto publicou no Cairo a tradución á lingua árabe desta obra, realizada por Mohamed Abuelata Abdel Rauof, catedrático e vicedecano da Facultade de Al-Alsun na Universidade Ain Shams da capital exipcia. O libro ten 527 páxinas.
  • Teorías del realismo literario, Instituto de España/Espasa-Calpe, Madrid, 1992, 231 páxinas. Tradución inglesa de Mihai I. Spariosu e Santiago García-Castañón, Theories of Literary Realism, State University of New York Press, Albany, 1997, 190 páxinas. Segunda edición española, correxida e aumentada, Biblioteca Nueva, Madrid, 2004, 253 páxinas.
  • La poética de la lectura en Quevedo, Universidad de Manchester, 1995, vi + 46 páxinas. Segunda edición, correxida e aumentada, Siruela, Madrid, 2007, 141 páxinas.
  • Retórica de la lectura y la comunicación periodísticas, La Voz de Galicia, A Coruña, 1995, 51 páxinas.
  • Cronología de la Literatura española, IV. Siglo XX (Primera parte), Ediciones Cátedra, Madrid, 1997, 1236 páxinas. En colaboración con Margarita Santos Zas.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas I (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXXIX + 826 páxinas. Traballo realizado en colaboración con José Manuel González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas II (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXV + 905 páxinas. Con J. M. González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas III (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXVIII + 963 páxinas. Con J. M. González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas IV (Novelas), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXV + 777 páxinas. Con J. M. González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas V (Novela), Biblioteca Castro, Madrid, 1999, XXIV + 745 páxinas. Con J. M. González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas VI (Novelas Cortas), Biblioteca Castro, Madrid, 2002. XXVII + 965 páxinas. Con J. M. González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas VII (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2003, XXXIII + 410 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
  • Discurso do rectorado (1994-2002), Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, 2003, 438 páxinas.[3]
  • Valle-Inclán, novelista del modernismo, Tirant lo Blanch, Valencia, 2005, 198 páxinas.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas VIII (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2005, XXIX + 841 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas IX (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2005, XXIX + 751 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
  • Edición y prólogo de Emilia Pardo Bazán, Obras Completas X (Cuentos), Biblioteca Castro, Madrid, 2005, XXXVI + 738 páxinas. Con José Manuel González Herrán.
  • Selección y prólogo de Rafael Dieste, Obras literarias, Colección Obra Fundamental, Fundación Santander Central Hispano, Madrid, 2006, LV + 423 páxinas.
  • Da palabra no tempo. Estudos e ensaios de literatura, Espiral Maior/Auliga Ensaio, A Coruña, 2007, 319 páxinas.
  • Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca, Ensayos Literarios de la Cátedra Miguel Delibes, Universidade de Valladolid, 2008, 286 páxinas. Segunda edición correxida, 2009.
  • El Quijote antes del cinema. Discurso leído o día 8 de xuño de 2008 na súa recepción pública por Darío Villanueva e contestación de Pere Gimferrer, Real Academia Española, Madrid, 2008, 181 páxinas.
  • Las fábulas mentirosas. Lectura, realidad, ficción, Universidade Autónoma de Aguascalientes, 2008, 211 páxinas.
  • Después de la Galaxia Gutenberg y de la Galaxia McLuhan / After the Gutenberg Galaxy and the McLuhan Galaxy, edición bilingüe con tradución inglesa de Robert Dewey, Society of Spanish and Spanish-American Studies, Filadelfia, 2008, 133 páxinas.
  • Mario Vargas Llosa: La novela como literatura / Mario Vargas Llosa: The novel as literature, Edición bilingüe con tradución inglesa de Hope Doyle D'Ambrosio, Society of Spanish and Spanish-American Studies, Temple University, Filadelfia, / Adler Enterprises LLC, Cincinnati, 2011, 210 páxinas.

Notas

  1. Barrera, F., ed. (2002). "Villanieva Prieto, Francisco Darío". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 599. ISBN 84-8064-113-4.
  2. Universitat Pompeu Fabra. "Curriculum vitae de Darío Villanueva". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015.
  3. Discurso do Rectorado: (1994-2002). ISBN 84-9750-133-0.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Ramón Villares
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1994 - 2002
Sucesor:
Senén Barro Ameneiro
Predecesor:
José Manuel Blecua Perdices
 Coat of Arms of the Royal Spanish Academy.svg
Director da Real Academia Española
 
2014 -
Sucesor:
'
5 de xuño

O 5 de xuño é o 156º día do ano do calendario gregoriano e o 157º nos anos bisestos. Quedan 209 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha biblioteca española que reúne obras hispánicas en internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica.

Foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacant e co patrocinio do Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín. Está xestionada por unha fundación que preside Mario Vargas Llosa. A idea orixinal do proxecto concibiuna Andrés Pedreño Muñoz, reitor da Universidade de Alacant nese momento, inspirada no concepto de biblioteca dixital dalgunhas universidades estadounidenses. El foi quen presentou a Emilio Botín, Presidente do Banco Santander un proxecto pioneiro en dixitalización de obras de referencia hispanas, algo que dende primeiro momento entusiasmou ó máximo responsable do Santander e deulle o seu respaldo.

Un consello científico, dirixido por Darío Villanueva, avala o rigor da biblioteca.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Fundación Carlos Casares

A Fundación Carlos Casares é unha entidade con obxectivos culturais de promover a cultura galega e a obra de Carlos Casares.

Hércules de Ediciones

Hércules de Ediciones é unha editorial galega creada en 1985 por Francisco Rodríguez Iglesias coa pretensión de impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. A súa sede está na cidade da Coruña, na rúa Cordelería, 32 (Edificio Hércules).

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Proxecto Galicia

O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Real Academia Española

A Real Academia Española (RAE) é o organismo responsable de resgardar o bo uso da lingua española. A súa sede está en Madrid (España), pero ten afiliacións coas academias nacionais de 21 países hispanofalantes. O seu director é Santiago Muñoz Machado.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.