Darío Álvarez Basso

Darío Álvarez Basso, nado en Caracas o 12 de maio de 1966, é un pintor galego.

Darío Álvarez Basso
Nacemento12 de maio de 1966
 Caracas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
PaiDarío Álvarez Gándara

Traxectoria

Fillo de Darío Álvarez Gándara, deuse a coñecer na metade dos anos 80. A diferenza das xeracións anteriores á súa, non aspiraba á actualización das linguaxes plásticos coma pretendía o Grupo Atlántica, se non que quixo inscribirse en ambientes máis internacionais e rupturistas. É un pintor intuitivo e autodidacta. Recibiu formación tamén nos Talleres de arte no Círculo de Bellas Artes de Madrid.

Véxase tamén

Bibliografía

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Alfonso Álvarez Cáccamo

Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, é un escritor e profesor galego.

Alfonso Álvarez Gándara

Alfonso Álvarez Gándara, nado en Tui o 27 de xaneiro de 1939, é un avogado e político galego.

Amalia Álvarez Gallego

Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.

Berta Cáccamo

Berta Álvarez Cáccamo, coñecida artisticamente como Berta Cáccamo, nada en Vigo o 1 de setembro de 1963 e finada en Coruxo (Vigo) o 11 de maio de 2018, foi unha pintora abstracta galega.

Celso Álvarez Cáccamo

Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Darío Álvarez

O nome de Darío Álvarez pode referirse a:

Darío Álvarez Limeses, médico galego (1877-1936);

Darío Álvarez Blázquez, médico e escritor galego, fillo do anterior (1910-1979);

Darío Álvarez Gándara, médico e escritor galego, fillo do anterior (1936-2015);

Darío Álvarez Basso, pintor galego, fillo do anterior (n. 1966).

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Gándara

Darío Álvarez Gándara, nado en Tui o 22 de xaneiro de 1936 e finado en Nigrán o 17 de agosto de 2015, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Limeses

Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Emilio Álvarez Giménez

Emilio Álvarez Giménez, nado en Pobra de Seabra o 21 de marzo de 1830 e falecido en Pontevedra o 12 de xuño de 1911, foi un dramaturgo, rexionalista e político galego.

Emilio Álvarez Negreira

Emilio Álvarez Negreira, nado en Pontevedra o 9 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2002, foi un xornalista e poeta galego.

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC), antes coñecido como Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF) é o museo que acolle a colección de arte da compañía eléctrica Unión-Fenosa, reunida a partir das achegas das bienais de arte contemporánea que dende 1989 promove a devandita entidade. Cómpre destacar unha importante mostra do denominado "movemento renovador" de artistas galegos. Comparte edificio co Museo da Electricidade.

En outubro de 2018 a Fundación Naturgy anunciou o peche do museo para o 30 de decembro do mesmo ano.

Xerardo Álvarez Gallego

Xerardo Álvarez Gallego, nado en Ourense o 29 de novembro de 1899 e finado en Miami o 4 de abril de 1986, foi un escritor e político galego.

Xerardo Álvarez Limeses

Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.

Álvarez Blázquez

Os apelidos Álvarez Blázquez fan referencia, ademais doutras persoas, aos fillos de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester:

Darío Álvarez Blázquez (1910-1979);

Celso Álvarez Blázquez (n. 1913);

Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985);

Alfonso Álvarez Blázquez (n. 1917);

Emilio Álvarez Blázquez (1919-1988);

Álvaro Álvarez Blázquez (1921-2005).

Árbore xenealóxica

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.