Danza contemporánea

A danza contemporánea xorde coma unha reacción ás formas clásicas e probablemente coma unha necesidade de expresarse máis libremente co propio corpo. É unha clase de danza na que se pretende expresar, a través do bailarín, unha idea, un sentimento, unha emoción, ao igual que o ballet clásico, pero mesturando movementos corporais propios de século XX e XXI.

Compañía de Danza Contemporánea Danzart
Compañía de danza contemporánea Danzart.

A súa orixe remóntase ata finais do século XIX. Nos inicios buscábase unha alternativa á estrita técnica do ballet clásico, comezaron a aparecer bailaríns danzando descalzos e realizando saltos menos ríxidos que os tradicionais no escenario. Co tempo, foron aparecendo variacións nas que a técnica clásica brillaba pola súa ausencia e ata se introducían movementos doutros estilos de baile, coma movementos aflamencados, movementos tribais, acrobacias, contacto físico. Ata o final da Segunda Guerra Mundial, este renovado estilo de danza chamouse danza moderna, pero evolucionou dende finais dos anos 1940 en adiante levou a que se preferise a partir de entón empregar a expresión "danza contemporánea". Hoxe en día, as técnicas modernas deixan paso a unha chea de mesturas de estilos, chegándose incluso a non deixar claro a que estilo se asemella ou que patróns se segue. Dise[quen?] que na danza contemporánea (hoxe en día) "todo vale".[Cómpre referencia]

Pódense distinguir nos inicios dúas escolas, a americana e a europea.

Unha característica distintiva é o uso de multimedia para acompañar as coreografías, como vídeo e imaxes usados de fondo.

A danza clásica ten unha dramaturxia con principio, clímax e desenlace. A danza contemporánea pode seguir esta estrutura ou ben contar historias dunha forma non lineal.

A danza contemporánea pode falar dun concepto, propoñer un ambiente ou presentar movementos co propósito de conseguir unha estética determinada, non sempre ten que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos xa existentes e sempre codificados mentres que a danza contemporánea busca a innovación e a creación de novas formas de movemento de acordo coas necesidades do coreógrafo ou o intérprete. A danza clásica busca o preciosismo, o estruturado e perfecto, a conexión co etéreo, co celestial; máis ben está ligada ao concepto do apolíneo. A danza contemporánea busca a conexión co terreal, co humano e as súas paixóns, a non estrutura, a transgresión; está ligada ao concepto do dionisíaco.

Escola americana

Primeira xeración: os pioneiros americanos

Anna-Duncan-danse-sur-la-plage
Anna Duncan practicando danza contemporánea na praia.

Segunda xeración: os fundadores da "Modern Dance" en Estados Unidos

  • Ted Shawn
  • Ruth Saint Denis

Xeración histórica: precedentes da Denishawn

Os outros creadores de técnicas

  • José Limón
  • Lester Horton
  • Anna Sokolow

Terceira Xeración

  • Merce Cunningham
  • Paul Taylor
  • Alwin Nikolais
  • Alvin Ailey
  • Eleo Pomares
  • Donald McKayle

Escola Europea

Primeira xeración: pioneiros europeos

Filósofose pensadores

François Delsarte 1864
Músico francés e profesor de danza François Delsarte (1811-1871)

Foi o inspirador da ximnasia moderna, coñecida primeiramente co nome de «ximnasia expresiva» (Bode) ou, posteriormente, «ximnasia rítmica». Afirma que os estados espirituais se deben representar a través de actitudes e movementos do corpo como unidade, e non unicamente do rostro. A preocupación pola técnica é moito maior que no anterior. Divide o corpo en tres zonas variables:

  • Os membros inferiores, expresan forza
  • O torso e brazos, expresan o espiritual e emocional
  • E a cabeza-colo, o xesto, reflicten o estado mental

As súas ideas foron levadas a EUA por un dos seus discípulos, Steele Mackaye, que xunto con Genevieve Sebbins difundiron e introduciron estas ideas nas mellores escolas de Nova York.

En Europa é Hedwig Kallmeyer, alumna de Sebbins, quen difunde as súas ideas. En 1930, funda en Alemaña o Instituto de Cultura Expresiva e Corporal, onde ensina como forma de EF para a muller, o sistema de Delsarte, e con iso logra a súa inclusión na escola; ademais publica Beleza e saúde, que supón unha reacción contra os movementos ximnásticos tradicionais.

Delsarte desenvolve as «leis do movemento harmonioso», que son:

  1. Lei da postura harmónica: posición equilibrada e natural como a posición de repouso perfecta das estatuas gregas.
  2. Lei do movemento oposto: todo movemento esixe por principios de equilibrio un movemento oposto dos outros segmentos.
  3. Lei da función muscular harmónica: a forza muscular debe estar en relación directa co tamaño dos músculos.
Bienal de Venecia

A Bienal de Venecia (en italiano, Biennale di Venezia ) é unha institución sen ánimo de lucro subvencionada polo Estado italiano. É unha das institucións culturais máis importantes do mundo.

O seu nome utilizouse sempre como sinónimo da Exposición Internacional de Arte de Venecia, entre as exposicións internacionais de arte contemporánea do mundo máis antigas, importantes e prestixiosas.

O nome "Biennale" deriva da frecuencia bienal dos seus eventos (coa excepción do Festival Internacional de Cinema de Venecia, nado o ano 1932, con frecuencia anual).

Tanto a Bienal internacional de Arte de Venecia como o Festival Internacional de Cine de Venecia son os eventos máis antigos e os primeiros do seu xénero.

Outros eventos celebrados pola Bienal son: a Exposición Internacional de Arquitectura de Venecia; o Festival de Teatro de Venecia; o Festival de Danza Contemporánea de Venecia e o Festival de Música Contemporánea de Venecia.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Coral Troncoso

Coral Troncoso, en Mondariz-Balneario en 1972 e finada entre El Escorial e Colmenarejo (Madrid) o 16 de xullo de 2016, foi unha actriz, coreógrafa e bailarina galega.

Diego Anido

Diego Anido, nado na Coruña o 8 de maio de 1976, é un actor e autor teatral.

Feira

Unha feira é un acontecemento social, económico e cultural -establecido, temporáneo ou ambulante, periódico ou anual- que leva a cabo nunha sede e que chega a abarcar xeralmente un tema ou propósito común.

Pode ter por obxectivo primordial a promoción da cultura, algunha causa ou estilo de vida, xeralmente nunha forma divertida e variada; máis comunmente o obxectivo é a estimulación comercial, pois ten a finalidade de lucro ou de xerar ganancias para as localidades anfitrioas, persoas ou organizacións patrocinadoras, e participantes hospitalarios, a cambio dun tempo grato que inclúe diversión e entretemento, participación en xogos de azar e de destreza, alimentos, manxares e lambetadas, obxectos, ou xoguetes etc., para os participantes visitantes e negociantes, xa sexan estes menores ou maiores de idade, dependendo do acontecemento, consignas, características, costumes locais e leis que rexen o lugar.

Israel

O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo.Despois dunha resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 29 de novembro de 1947, recomendando a adhesión e introdución do Plan de Partición de Palestina para substituír o Mandato Británico, o 14 maio de 1948, David Ben-Gurion, o xefe-executivo da Organización Sionista Mundial e presidente da Axencia Xudaica para Palestina, declarou o estabelecemento dun Estado Xudeu en Eretz Israel, a ser coñecido como o Estado de Israel, unha entidade independente do control británico. As nacións árabes veciñas invadiron o recentemente creado país ao día seguinte, en apoio aos árabes palestinos. Israel, dende aquela, levou a cabo varias guerras cos Estados árabes circundantes, no transcurso das cales ocupou os territorios de Cisxordania, península do Sinaí, faixa de Gaza e altos do Golán. Partes desas áreas ocupadas, incluíndo Xerusalén Oriental, foron anexionadas por Israel, mais a fronteira coa veciña Cisxordania aínda non foi definida de forma permanente. Israel asinou tratados de paz con Exipto e Xordania, porén os esforzos para solucionar o conflito israelí-palestino ata agora non deron como resultado a paz.

O centro financeiro de Israel é Tel Aviv, mentres que Xerusalén é a cidade máis populosa do país e súa capital (aínda que non sexa recoñecida como tal pola comunidade internacional). A poboación israelí, conforme o definido pola Oficina Central de Estatísticas de Israel, foi estimada en 2017 en 8.758.600 habitantes, dos cales un 74.8% eran xudeus. Os árabes constitúen a segunda maior etnia do país, cun 20.8% de habitantes, incluíndo aos árabes de Xerusalén Leste. A gran maioría dos árabes israelís son musulmáns sunnitas, incluíndo un número significativo de beduínos do Negev semi-sedentarios, o resto son cristiáns e drusos. Outras minorías inclúen varias denominacións étnicas e etno-relixiosas, como os circasianos, samaritanos e maronitas, entre outros.

Israel é unha democracia representativa cun sistema parlamentario, representación proporcional e sufraxio universal. O primeiro ministro serve como xefe de goberno e o Knesset como o corpo lexislativo unicameral do país. Israel ten unha das máis altas expectativas de vida do mundo e é considerado un país desenvolvido, sendo membro da OCDE e da ONU. O seu produto interno bruto (PIB) nominal foi o 37º maior do mundo en 2014, mentres que o país ten o nivel de vida máis alto de Oriente Medio. No entanto, organizacións como Amnistía Internacional e Human Rights Watch teñen sido críticas coas políticas de Israel en relación aos palestinos, mentres que o goberno dos Estados Unidos e algúns países de Europa, como o Reino Unido e Alemaña, xeralmente apoian a Israel bélica e financeiramente.

Jaime Lorente

Jaime Lorente López (Murcia, 12 de decembro de 1991) é un actor español coñecido polos seus papeis de "Denver" na serie La casa de papel e "Nano" en Elite.

Loie Fuller

Marie Louise Fuller, coñecida como Loie Fuller ou Loïe Fuller, nada en Chicago o 15 de xaneiro de 1862 e finada en París o 1 de xaneiro de 1928 foi unha actriz e bailarina estadounidense, pioneira da danza contemporánea e das técnicas de iluminación teatral.

Marie Rambert

Marie Rambert, nada o 20 de febreiro de 1888 en Varsovia (actualmente en Polonia e daquela no Reino do Congreso, pertencente ao Imperio Ruso) e finada o 12 de xuño de 1982 en Londres (Reino Unido), foi unha bailarina e pedagoga de orixe polonesa naturalizada británica. Rambert exerceu unha forte influencia no ballet británico, tanto como bailarina como como pedagoga.

Martha Graham

Martha Graham, nada en (Pittsburgh, Pensilvania, o 11 de maio de 1894 e finada en Manhattan, Nova York, o 1 de abril de 1991), foi unha bailarina e coreógrafa estadounidense considerada como unha das grandes pioneiras da danza contemporánea.A súa influencia na danza é equiparada á que tivo Picasso nas artes plásticas, Stravinskii na música ou Frank Lloyd Wright na arquitectura.A súa carreira prolóngase durante setenta anos e foi a primeira bailarina en actuar na Casa Branca dos Estados Unidos, a primeira tamén en ser embaixadora cultural e en recibir o recoñecemento civil máis importante dos Estados Unidos, a Medalla da Liberdade.

Mauro Pawlowski

Mauro Antonio Pawlowski, nado en Koersel o 24 de abril de 1971, é un músico belga, vocalista e guitarrista das bandas dEUS e Evil Superstars.

MounQup

MounQup é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. Etiquetouse o seu estilo musical entre o jazz, a canción de autor e a música electrónica, se ben ela defínese como electrónica vocal rural.

Natalia Verbeke

Natalia Verbeke Leiva, nada o 23 de febreiro de 1975, é unha actriz arxentina, residente en España.

Pina Bausch

Philippina Bausch coñecida como Pina Bausch, (Solingen, 27 de xullo de 1940-Wuppertal, 30 de xuño de 2009) foi unha bailarina, coreógrafa e directora alemá pioneira na danza contemporánea. Co seu estilo vangardista, mestura de distintos movementos, Bausch propón pezas de danza que se compoñen en cooperación entre distintas expresións: movementos corporais, emocións, sons e escenografía que configuran pezas enmarcadas na corrente da danza teatro, da cal Bausch é pioneira e influencia constante de xeracións posteriores.

Serxio Cobos

Serxio Cobos, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1973, é un músico, coreógrafo e bailador de danza tradicional galega.

Suzanne Vega

Suzanne Vega, nada en Santa Monica (California) o 11 de xullo de 1959, é unha cantante e compositora estadounidense.

The Futurist

The Futurist é un álbum da banda estadounidense de noise rock Shellac, publicado en 1997 pola propia banda só para os seus amigos. O álbum foi orixinalmente usado como música para unha actuación do grupo de danza contemporánea La La La Human Steps.A portada contén 779 nomes, un por cada copia do álbum. Na parte de abaixo hai un espazo en branco para que calquera non mencionado escriba o seu nome. Cada persoa que recibiu o álbum tiña o seu nome marcado na portada cun círculo; isto fíxose para identificar a un "culpable" se o disco remataba á venda.Por razóns descoñecidas, The Futurist nunca foi publicado comercialmente. Especulouse que puido ser debido a que Shellac non estaba satisfeito co produto final. Un ano despois a banda editaría o seu segundo álbum, Terraform.

Ugia Pedreira

Maria Eugénia Pedreira Sanches, máis coñecida como Ugia Pedreira, nada en Vilaronte, Foz, o 10 de febreiro de 1970 é unha cantante galega. O seu repertorio abarca folk, ska, música electrónica, música latina e boleros.

Xoán Anleo

Xoán Anleo, nado en Marín en 1960, é un escultor e artista audiovisual galego. É profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, vive e traballa en Vigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.