Daniel Fraga Aguiar

Daniel Fraga Aguiar, nado en Ourense o 30 de marzo de 1877, foi un profesor e político galego.

Daniel Fraga Aguiar
Nacemento30 de marzo de 1877
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Licenciado en Filosofía e Letras. Foi profesor do Instituto de Lugo. Catedrático de Latín do Instituto de Pontevedra e vicepresidente da Deputación de Pontevedra durante a ditadura de Primo de Rivera, foi elixido en 1927 membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das deputacións provinciais. Despois foi catedrático do Instituto de Segovia, do que foi nomeado director en decembro de 1936[1].

Vida persoal

Casou en Vigo, en 1908, con María Álvarez Gómez[2].

Notas

  1. Diario de Pontevedra, 26-12-1936, p. 3.
  2. El Norte de Galicia, 7-9-1908, p. 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.