Damián Villalaín

Damián Álvarez Villalaín, nado en Vigo o 18 de abril de 1958, é un escritor galego.

Damián Villalaín
Nacemento18 de abril de 1958
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e xornalista

Traxectoria

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor-xefe da revista Tintimán, redactor de La Voz de Galicia (1985-1986), xefe de Cultura de Atlántico Diario e xefe de prensa do concello de Santiago de Compostela (1988). Foi director do Centro Dramático Galego (1989-1991), subdirector de Editorial Galaxia (1991-2002), co-director da Biblioteca Básica de Teatro, director da Fundación Carlos Casares (2003-). Foi asesor de Emilio Pérez Touriño para asuntos culturais (2005-2009). É profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

18 de abril

O 18 de abril é o 108º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 257 días para finalizar o ano.

Anuario de Estudos Literarios Galegos

O Anuario de Estudos Literarios Galegos foi unha revista científica de carácter crítico literario publicada anualmente en galego co respaldo da Editorial Galaxia. Comezou a súa actividade en 1992 baixo a dirección de Xoán González Millán manténdose activa até o ano 2007. En 2003, co pasamento de Xoán González Millán a finais do ano anterior, a revista iniciou unha nova liña editorial baixo a dirección de Dolores Vilavedra. A revista naceu como xustificación aos estudos sobre sistemas e protosistemas literarios iniciados por Xoán González Millán e Arturo Casas en base a Teoría dos polisistemas de Itamar Even-Zohar. A partir de 2003, debido ás NOMIG, o Anuario deixou de chamarse Anuario de Estudios Literarios Galegos para chamarse Anuario de Estudos Literarios Galegos.

Fundación Carlos Casares

A Fundación Carlos Casares é unha entidade con obxectivos culturais de promover a cultura galega e a obra de Carlos Casares.

O sol do verán

O sol do verán é unha novela en lingua galega do ourensán Carlos Casares Mouriño, conformada por nove capítulos e publicada por vez primeira pola Editorial Galaxia en 2002, algo máis dun mes despois do pasamento do escritor.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.