Dalai Lama

Dalai Lama,[1][2] é un monxe da escola Gelug ou "Sombreiro Amarelo" do budismo tibetano,[3] a máis nova das escolas do budismo tibetano[4] fundada por Je Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama é Tenzin Gyatso.

O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña de tulkus,[1] é dicir, encarnacións de Avalokiteśvara,[2] o Bodhisattva da Compaixón.[5] O nome é unha combinación da palabara mongol dalai que significa "océano" e a palabra tibetana བླ་མ་ (bla-ma) "mestre, mentor". A palabra tibetana "lama" correspóndese coa palabra sánscrita "gurú".[6]

Dende 1642 até a década de 1950 (agás dende 1705 a 1750), o Dalai Lamas ou o seu rexente dirixiu o Goberno Tibetano ou Ganden Phodrang que domina a meseta tibetana dende Lhasa con diversos graos de autonomía. Este goberno foi, polo xeral, suxeito de patronazgo e protección dos reis mongois dos khanatos de Khoshut e Dzungar (1642-1720) e dos emperadores manchús da Dinastía Qing (1720-1912).[7]

Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.

Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.

Lista de Dalai Lama

Ao longo da historia téñense recoñecido 14 reencarnacións do Dalai Lama:

Nome Imaxe Vida[8] Recoñecido Entronizamento Tibetano/Wylie Pinyin tibetano/Chinés Escrituras alternativas Lugar de nacemento[8]
1 Gendun Drup 1st Dalai Lama 1391–1474 N/A[9] དགེ་འདུན་འགྲུབ་
dge 'dun 'grub
Gêdün Chub
根敦朱巴
Gedun Drub
Gedün Drup
Shabtod (U-tsang)
2 Gendun Gyatso Second Dalai Lama 1475–1542 N/A[9] དགེ་འདུན་རྒྱ་མཚོ་
dge 'dun rgya mtsho
Gêdün Gyaco
根敦嘉措
Gedün Gyatso
Gendün Gyatso
Tanag Segme (U-tsang)
3 Sonam Gyatso Цыбиков Далай-лама III 1543–1588 ? 1578 བསོད་ནམས་རྒྱ་མཚོ་
bsod nams rgya mtsho
Soinam Gyaco
索南嘉措
Sönam Gyatso Tolung (U-tsang)
4 Yonten Gyatso 4DalaiLama 1589–1617 ? 1603 ཡོན་ཏན་རྒྱ་མཚོ་
yon tan rgya mtsho
Yoindain Gyaco
雲丹嘉措
Yontan Gyatso, Yönden Gyatso Mongolia
5 Ngawang Lobsang Gyatso NgawangLozangGyatso 1617–1682 1618 1622 བློ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་
blo bzang rgya mtsho
Lobsang Gyaco
羅桑嘉措
Lobzang Gyatso
Lopsang Gyatso
Chingwar Taktse (U-tsang)
6 Tsangyang Gyatso 6DalaiLama 1682–1706 1688 1697 ཚངས་དབྱངས་རྒྱ་མཚོ་
tshang dbyangs rgya mtsho
Cangyang Gyaco
倉央嘉措
Tsañyang Gyatso
Mon Tawang, India
7 Kelzang Gyatso 7DalaiLama 1708–1757 ? 1720 བསྐལ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་
bskal bzang rgya mtsho
Gaisang Gyaco
格桑嘉措
Kelsang Gyatso
Kalsang Gyatso
Lithang (Kham)
8 Jamphel Gyatso Jamphel Gyatso, 8th Dalai Lama - AMNH - DSC06244 1758–1804 1760 1762 བྱམས་སྤེལ་རྒྱ་མཚོ་
byams spel rgya mtsho
Qambê Gyaco
強白嘉措
Jampel Gyatso
Jampal Gyatso
Thobgyal (U-tsang)
9 Lungtok Gyatso Lungtok Gyatso 1805–1815 1807 1808 ལུང་རྟོགས་རྒྱ་མཚོ་
lung rtogs rgya mtsho
Lungdog Gyaco
隆朵嘉措
Lungtog Gyatso Dan Chokhor (Kham)
10 Tsultrim Gyatso 1816–1837 1822 1822 ཚུལ་ཁྲིམས་རྒྱ་མཚོ་
tshul khrim rgya mtsho
Cüchim Gyaco
楚臣嘉措
Tshültrim Gyatso Lithang (Kham)
11 Khedrup Gyatso 1838–1856 1841 1842 མཁས་གྲུབ་རྒྱ་མཚོ་
mkhas grub rgya mtsho
Kaichub Gyaco
凱珠嘉措
Kedrub Gyatso Gathar (Kham)
12 Trinley Gyatso 1856–1875 1858 1860 འཕྲིན་ལས་རྒྱ་མཚོ་
'phrin las rgya mtsho
Chinlai Gyaco
成烈嘉措
Trinle Gyatso Lhoka (U-tsang)
13 Thubten Gyatso 13th Dalai Lama Thubten Gyatso 1876–1933 1878 1879 ཐུབ་བསྟན་རྒྱ་མཚོ་
thub bstan rgya mtsho
Tubdain Gyaco
土登嘉措
Thubtan Gyatso
Thupten Gyatso
Dagpo Langdun (U-tsang)
14 Tenzin Gyatso Dalai Lama at WhiteHouse (cropped) nado en 1935 1937 1950
(actualmente no exilio)
བསྟན་འཛིན་རྒྱ་མཚོ་
bstan 'dzin rgya mtsho
Dainzin Gyaco
丹增嘉措
Tenzing Gyatso Taktser, Kumbum (Amdo)

Tamén houbo un Dalai Lama non recoñecido, Ngawang Yeshey Gyatso, declarado o 28 de xuño de 1707, cando contaba con 25 anos de idade, por Lha-bzang Khan como o "verdadeiro" 6º Dalai Lama – porén, nunca foi aceptado como tal pola maior parte da poboación.[10][11][12]

Dalai Lama 1473 Luca Galuzzi 2007
Tenzin Gyatso, 14° Dalai Lama.

Futuro da posición

Tradicionalmente, o Dalai Lama foi o líder espiritual e temporal do Tíbet; Tenzin Gyatso, actualmente no exilio, tras a ocupación e anexión forzada por parte da China maoísta, abandonou a preeminencia política tradicional, e creou un Ministro presidente do Kashag (gabinete), elixido por sufraxio universal. Tamén indicou que a institución podería ser abolida no futuro e que o próximo Dalai Lama se podería atopar fóra do Tíbet ou ser unha muller[13]. O goberno chinés reclámase como o único autorizado para escoller o vindeiro Dalai Lama.[14]

Notas

  1. 1,0 1,1 Dictionary.com (ed.). "Define Dalai lama". Consultado o 12 de marzo de 2014.
  2. 2,0 2,1 Oxford Dictionaries (ed.). "Definition of Dalai Lama in English". Consultado o 2 de maio de 2015.
  3. Dr Alexander Berzin (novembro de 2014). Berzin Archives, ed. "Special Features of the Gelug Tradition - para. on Administration". Consultado o 8 de maio de 2015.
  4. Schaik, Sam van. Tibet: A History. Yale University Press 2011, page 129, "Gelug: the newest of the schools of Tibetan Buddhism".
  5. Peter Popham (29 de xaneiro de 2015). Newsweek magazine, ed. "Relentless: The Dalai Lama's Heart of Steel".
  6. "lama" da Encyclopædia Britannica
  7. Smith, Warren W. Jr. (1997). HarperCollins, ed. Tibetan Nation: A History of Tibetan Nationalism and Sino-Tibetan Relations. Nova Deli. pp. 107–149. ISBN 0813331552.
  8. 8,0 8,1 "The Dalai Lamas - HH The 14th Dalai Lama of Tibet". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 23 de abril de 2014.
  9. 9,0 9,1 The title "Dalai Lama" was conferred posthumously to the 1st and 2nd Dalai Lamas.
  10. Stein (1972), p. 85.
  11. Chapman, F. Spencer. (1940). Lhasa: The Holy City, p. 127. Readers Union Ltd. London.
  12. Mullin 2001, p. 276
  13. "Next Dalai Lama May Be Female", artigo en Newser (en inglés).
  14. "Chinese Government: We Will Choose Next Dalai Lama" Arquivado 31 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. from Tricycle: The Buddhist Review (en inglés)

Véxase tamén

Ligazóns externas

17 de marzo

O 17 de marzo é o 76º día do ano do calendario gregoriano e o 77º nos anos bisestos. Quedan 289 días para finalizar o ano.

6 de xullo

O 6 de xullo é o 187º día do ano do calendario gregoriano e o 188º nos anos bisestos. Quedan 178 días para finalizar o ano.

Budismo tibetano

O budismo tibetano é unha forma de budismo da tradición Vajrayana que se orixinou no Tíbet, pero que tamén se practica nas rexións veciñas do Himalaia e en Asia Central. Deriva das fases finais do budismo na India e conserva o "status quo tántrico da India do século VIII". Estendeuse fóra do Tíbet por mor do poder mongol da dinastía Yuan (1271–1368), fundada por Kublai Khan, que tamén gobernou a China.

O budismo tibetano emprega prácticas tántricas, especialmente o ioga, e aspiran á iluminación ou corpo arco da vella. O budismo tibetano no Tíbet ten catro grandes escolas, chamadas Nyingma, Kagyu, Sakya e Gelug (desenvolvida a partir da Sakya). A Jonang é unha escola menor, e a Rimé é un movemento ecléctico arredor das escolas Sakya, Kagyu e Nyingma. Entre os expoñenetes máis importantes do budismo tibetano están o Dalai Lama e o Panchen Lama, os líderes da escola Gelug do Tíbet.

Khedrup Gyatso

Khedrup Gyatso (en tibetano མཁས་གྲུབ་རྒྱ་མཚོ་་, Wylie : mkhas grub rgya mtsho), nado o 1 de novembro de 1838 en Gathar e finado o 31 de xaneiro de 1856 en Lhasa, foi o 11º Dalai Lama. Foi entronizado en 1842.

Panchen Lama

O Panchen Lama ((en tibetano), chinés simplificado: 班禪喇嘛 chinés tradicional: 班禅喇嘛), ou Panchen Erdeni ((en tibetano); chinés simplificado: 班禪額爾德尼; chinés tradicional: 班禅额尔德尼), é o maior título Lama por detrás do Dalai Lama na liñaxe Gelugpa (Dge-lugs-pa) do budismo tibetano (esta liñaxe controlou o oeste do Tibet dende o século XVI ata a Rebelión Tibetana de 1959). A presente encarnación do Panchen Lama (o 11º) é motivo de controversia: a República Popular de China afirma que é Gyancain Norbu, mentres que o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, afirmou o 14 de maio de 1995 que o auténtico 11º Panchen Lama era Gedhun Choekyi Nyima. Este último está permanece desaparecido dende pouco despois do seu nomeamento aos seis anos de idade. As autoridades chinesas declararon que Gendhun fora posto baixo custodia de aqueles que o querían levar ao exilio, e actualmente se atopa en cauteverio en contra dos desexos do tibetano. Os tibetanos e grupos a favor dos dereitos humanos continúan a facer campaña pola súa liberación.

Potala

O Palacio de Potala é a máxima expresión da arquitectura tibetana e residencia dos Dalai Lama desde que Lozang Gyatso o fundara no século VII (ano 631) en Lhasa, a capital do Tíbet, actualmente ocupado pola China, país que o converteu en museo tras derribar os edificios administrativos que se encontraban no seu basamento co fin de instalar no seu lugar unha praza que recorda a de Tian'anmen en Pequín.

O monumento, clasificado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1994, sitúase sobre a montaña chamada Hongshan, a unha altura de 3.700 metros sobre o nivel do mar. Abrangue unha área de 410.000 metros cadrados e ten unha superficie edificada de 130.000 metros cadrados.

Premio Nobel da Paz

O Premio Nobel da Paz é un dos cinco premios Nobel instituído polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Mentres que os de Física, Química, Medicina e Literatura son entregados en Estocolmo, o Premio Nobel da Paz é entregado en Oslo, a capital de Noruega.

Qinghai

Qinghai (en chinés: 青海; pinyin: Qīnghǎi; Wade–Giles: Ch'ing-Hai) é unha provincia interior da República Popular da China, situada entre o centro e o oeste do país. O seu nome provén do lago Qinghai, o máis extenso do país, con 4.635 km², cuxo nome significa mar azul en lingua chinesa.

Trátase dunha das provincias chinesas cunha menor densidade de poboación, pois cunha extensión 1'4 veces superior á de España, nela viven pouco máis de 5 millóns de persoas, a maioría na capital Xining ou nos seus arredores. Esta baixa poboación da provincia explícase polo clima extremo, con invernos moi fríos e veráns moi quentes, xa que xeográficamente a provincia é unha prolongación natural da meseta do Tibet.

En Qinghai nacen tres dos ríos máis caudalosos e longos do planeta: os ríos Mekong, Yangtzé e Huang He. Tamén é o lugar de nacemento de Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, que recibiu en 1989 o Premio Nobel da Paz.

Riverhead Books

Riverhead Books é unha editorial estadounidense fundada en 1993 por Susan Petersen Kennedy. É unha división de Penguin Group.

Entre os escritores publicados por Riverhead están Marlon James, Junot Díaz, George Saunders, Khaled Hosseini, Nick Hornby, Anne Lamott, Patricia Lockwood, Sarah Vowell, o Dalai Lama, Chang-rae Lee, Meg Wolitzer, Dinaw Mengestu, Daniel Alarcón, Daniel H. Pink, Steven Johnson, Jon Ronson e James McBride.

Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama

Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama é un libro autobiográfico escrito polo montañeiro austríaco Heinrich Harrer. Está baseado na súa vida e experiencias no Tíbet entre 1944 e 1951, durante a Segunda Guerra Mundial e a posterior invasión chinesa do Tibet en 1950 polo Exército Popular de Liberación.

O libro conta a fuxida de Harrer e o seu compañeiro Peter Aufschnaiter dun campo de prisioneiros británico na India. Harrer e Aufschnaiter viaxaron a través do Tíbet ata Lhasa, a capital. Alí permanecen durante varios anos, polo que Harrer describe con detalle a cultura tibetana da época. Harrer tamén se converteu en titor e amigo do décimo cuarto Dalai Lama, Tenzin Gyatso.

O libro foi traducido a 53 linguas, e converteuse en best-séller nos Estados Unidos en 1954, onde vendeu 3 millóns de copias.

Taktser

Taktser (en tibetano:སྟག་འཚེར། -Dagcêr, Lugar nas alturas; en chinés 红崖) é unha aldea situada na provincia chinesa de Qinghai no Tibet. É a aldea na que naceu o Dalai Lama Tenzin Gyatso.

Tenzin Gyatso

Jetsun Jamphel Ngawang Lobsang Yeshe Tenzin Gyatso ou Tenzin Gyatso (nomes relixiosos), Lhamo Dondrub (nome de nacemento), nado o 6 de xullo de 1935 na localidade tibetana de Taktser, rexión de Amdo, é o 14º e actual Dalai Lama, así como o titular máis lonxevo que ocupou o cargo ata o momento. Foi o líder político do Tíbet ata 2012. Foi recoñecido en 1937 e entronizado o 17 de novembro de 1950 en Lhasa, sendo proclamado dirixente político do Tíbet e líder espiritual do lamaísmo, ou budismo tibetano, mudando o seu nome de nacemento polo actual.

En 1959 tivo que fuxir do Tíbet cruzando a pé o Himalaia para entrar na India, acompañado doutros 80.000 tibetanos, e declarou o goberno no exilio. En 1963 publicou unha constitución baseada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e creou na localidade india de Dharamsala unha "capital no exilio".

En 1989 recibsu o Premio Nobel da Paz pola súa resistencia constante ó uso da violencia na loita da súa xente para recuperar a liberdade. En marzo de 2011 anunciou a súa renuncia a tódolos cargos políticos do goberno no exilio.

Trinley Gyatso

Trinley Gyatso, tamén escrito Trinle Gyatso e Thinle Gyatso (en tibetano འཕྲིན་ལས་རྒྱ་མཚོ་་་, Wylie : 'phrin las rgya mtsho), nado o 26 de xaneiro de 1857 en Lhoka e finado o 25 de abril de 1875 en Lhasa, foi o 12º Dalai Lama. Foi entronizado en 1860.

Tsultrim Gyatso

Tsultrim Gyatso (en tibetano ཚུལ་ཁྲིམས་རྒྱ་མཚོ་, Wylie : tshul khrim rgya mtsho), nado o 29 de marzo de 1816 en Lithang e finado o 1837 en Lhasa, foi o 10º Dalai Lama. Foi entronizado en 1822.

Tíbet

O Tíbet (བོད་ Bodo tibetano e Xizang 西藏 en chinés) é unha rexión xeográfica de Asia, que designa tres entidades distintas:

Rexión Autónoma do Tíbet (西藏自治区 Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinjiang ou a Mongolia Interior;

a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, coñecida como «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia);

a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet e Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.