Día Nacional de Galicia

O Día Nacional de Galicia,[1] coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega[2], é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

25julho05
Manifestación a prol da autodeterminación no día de Galicia de 2005.

Historia e características

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.[3], impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte [4] para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.[5] En 1924 o ditador Miguel Primo de Rivera foi designado delegado rexio na ofrenda ao apóstolo, ao que levou a algúns grupos a propor o cambio de día de Galicia ao 17 de decembro, data do axustizamento do mariscal Pardo de Cela.[6][7] A discusión aínda perduraba en 1930 cando a fin da ditadura permitiu de novo a celebración de actos galeguistas, como o mitin no teatro García Barbón o 25 de xullo dese mesmo ano.[6]

Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso Alba de Groria de Castelao en 1948.[6]

Período democrático

En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega.

Actos

O Día Nacional de Galicia entréganse as medallas de Galicia, creadas en 1984,[8][9] e realízase unha ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres.[10]

Os diferentes partidos nacionalistas da Galiza convocan manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega. O PSdeG realiza unha ofrenda floral no monumento a Castelao en Rianxo.[11]

Notas

  1. "35 anos de 'Día Nacional de Galicia'", Praza Pública, 20-7-2013.
  2. A orixe da denominación 'Día da Patria Galega' contada por Bautista Álvarez, Sermos Galiza, 15 de xullo de 2018.
  3. Dobarro, Xosé María (24-7-2016). "As Irmandades botan a andar o Día de Galicia (IX)". Diario de Ferrol. Consultado o 18-12-2016.
  4. Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 210. ISBN 978-84-9121-304-8.
  5. Beramendi, Xusto. "Non pode haber nación sen día nacional". sermosgaliza.gal. Consultado o 20/07/2018.
  6. 6,0 6,1 6,2 Día Nacional de Galicia: 96 anos dunha festa en construción
  7. As Irmandades da Fala institucionalizaron o Día de Galicia en 1920
  8. Las imágnes del acto de entrega de las Medallas de Ouro de Galicia
  9. Medallas de Galicia
  10. "Ofrenda floral a Rosalía de Castro no Panteón dos Galegos Ilustres". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2016.
  11. Axenda do 25 de xullo: Múltiplas reivindicacións políticas, festa e ningunha celebración da Xunta

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas

.gal

O dominio .gal é un dominio de internet de primeiro nivel que forma parte do sistema de dominios de internet patrocinados (sponsored TLD en inglés) para a lingua galega e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente pola ICANN o 14 de xuño de 2013. O novo dominio é utilizado para webs en galego fundamentalmente, tal e como está determinado nas normas da ICANN. Entrou en funcionamento o 16 de maio de 2014 coa páxina www.dominio.gal.

25 de xullo

O 25 de xullo é o 206º día do ano do calendario gregoriano e o 207º nos anos bisestos. Este día celébrase o Día Nacional de Galicia. Quedan 159 días para finalizar o ano.

Accidente de Angrois

O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España. Das 224 persoas que viaxaban no tren, 144 resultaron feridas e 80 morreron.

Antonio Rosón

Antonio Rosón Pérez, nado en Becerreá o 8 de xuño de 1911 e finado na cidade de Lugo o 19 de agosto de 1986, foi un avogado galego, primeiro presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. Tamén foi o primeiro presidente da Caixa Rural de Lugo ata o seu falecemento.

Festas do Apóstolo Santiago

As festas do Apóstolo Santiago teñen lugar en Santiago de Compostela durante a segunda quincena do mes de xullo. Xiran arredor do 25 de xullo, festividade católica de Santiago o Maior, e Día Nacional de Galicia. Nelas celébranse actos relixiosos e o 24 de xullo pola noite lánzanse fogos artificiais desde a catedral. Están declaradas festas de interese turístico internacional.

Festigal

Festigal é un festival de música que se celebra dende 2002 en Santiago de Compostela durante os días 24 e 25 de xullo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia. Está organizado polas asociacións de Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, e nel adóitanse combinar os concertos con actividades culturais, lúdicas e deportivas, como presentacións de libros, debates ou obradoiros. O festival pon especial interese na potenciación de novas agrupacións musicais que se caracterizan por levar na súa identidade a música e a cultura galegas. En 2014 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría de festivais.

Illán, Begonte

Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 133 habitantes (67 mulleres e 66 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 114 habitantes, sendo 56 homes e 58 mulleres.

Lista de días oficiais

A seguinte lista, inevitablemente incompleta, tenta recolle-las datas nas que se celebran diferentes efemérides convocadas por distintos organismos, oficiais ou privados, de ámbito social e xeográfico moi variable, co obxectivo de promover actividades reivindicativas, de información ou concienciación social sobre o tema que se celebre en cada caso.

Por razóns prácticas e a pesar do título do artigo, inclúense non só as celebracións de ámbito internacional, senón tamén algunhas de ámbito local.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Santiago o Maior

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Vieiros (xornal)

Vieiros foi un portal galego de internet que apareceu o 24 de febreiro de 1996 e pechou o 24 de xullo de 2010. Foi o primeiro sitio privado en empregar a lingua galega na rede.[Cómpre referencia]

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.