Década de 1910

A década de 1910 foi o período de tempo que transcorreu desde o 1 de xaneiro de 1910 ata o 31 de decembro de 1919.

Na década de 1910, os intereses das potencias mundiais empuxaron á humanidade a unha nova dimensión de conflito, a primeira guerra mundial (iniciada en 1914), que aínda que se iniciou como un conflito europeo terminou absorbendo ás principais nacións do mundo. A confrontación iniciouse tralo asasinato do archiduque Francisco Fernando en Saraxevo. Os grandes perdedores ao cabo dos catro anos en que se desenvolveu a guerra foron os imperios de Austria, que perdeu esa distinción para sempre, e o imperio ruso, cuxa monarquía foi exterminada (a familia real foi executada) para dar paso a un novo sistema de goberno, o Bolxevique, liderado por Lenin.

EE. UU. converteuse en potencia mundial de primeira orde do mesmo xeito que Xapón, cuxa primacía en Asia xa ninguén discutía. Alemaña perdeu o seu pequeno imperio colonial, pero aínda así logrou manter a súa infraestrutura nacional. Foi o caso contrario ao de Francia, que se supoñía resultara victoriosa na guerra.

Gran Bretaña, aínda que menos afectada que Francia, tamén viu retroceder o seu prestixio e de súpeto atopouse en condición de igualdade con EE. UU., país sobre o que facía menos dun século aínda tiña a pretensión de volvelo a integrar dentro das súas colonias.

Pola súa banda o piloto alemán Manfred von Richthofen foi a icona da guerra.

Ford TRMS TitanicI Guerra mundialGripe españolaFrente Occidental (Primeira guerra mundial)Frente Oriental (Primeira Guerra Mundial)Revolución de OutubroBatalla do Somme1910s montage.png
Segundo milenio
Século XX
1900
 
1910
 
1920
1910  · 1911  · 1912  · 1913  · 1914
1915  · 1916  · 1917  · 1918  · 1919

Acontecementos

1910

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Acción Gallega

Acción Gallega (ou Acción Galega) foi o nome dun dos mais importantes movementos agrarios e anticaciquís na Galiza do século XX. De carácter decididamente antiforal, redencionista, na súa primeira formulación, constituíu a variante radical do agrarismo galego na década de 1910.

Arriba e abaixo

Arriba e abaixo (en inglés: Upstairs, Downstairs) é unha serie británica drama ambientada nunha mansión da aristocracia no barrio de Belgravia de Londres durante o período eduardino, a Primeira Guerra Mundial e no período de entreguerras que emitiu a ITV entre 1971 e 1975. En Galicia emitiuno a Televisión de Galicia en 1991.

Paramount Pictures

Paramount Pictures Corporation é unha empresa de produción e distribución de cine e televisión clasificado constantemente como un dos estudos máis grandes e con maior recadación. Paramount forma parte da Viacom , e foi creado na década de 1910 co inicio da historia do cine, xunto con outros estudos importantes como 20th Century Fox, United Artists, Warner Bros, Metro-Goldwyn-Mayer, Columbia Pictures e RKO.

Durante a década de 1930 esta política de estudos consolidouse e iso significou o auxe do cine estadounidense. Paramount decidiu neste momento glorios polas super-producións históricas de Cecil B. DeMille como The Sign of the Cross (1932) e Cleopatra (1934), pola alta comedia representada por Ernst Lubitsch (Trouble in Paradise, 1932; The Merry Widow, 1934) e polo suspense e filmes de terror de Rouben Mamoulian (City Streets, 1931; Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1932). Por outra banda, os musicais non podían compararse cos de Metro.

Revolucións de 1917-1923

As revolucións de 1917-1923 foron un período de descontento político e revoltas arredor do mundo inspirado polo éxito da revolución rusa de 1917 e os desordes xurdidos como consecuencias da primeira guerra mundial. Os levantamentos foron principalmente de natureza socialista ou anticolonialista e na súa maioría tiveron pouca repercusión, non logrando un impacto duradeiro. De toda a actividade revolucionaria deste período, a vaga revolucionaria de 1917-1923 refírese principalmente ao descontento causado pola primeira guerra mundial en Europa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.