Cuthred de Wessex

Cuthred (ou Cuþræd) foi rei de Wessex desde 740 (739 de acordo co historiador Simeón de Durham, ou 741 segundo Xoán de Worcester) até 756.

Cuthred de Wessex
Nacementoséculo VIIxuliano
Falecemento756
EtniaSaxóns
Ocupaciónguerreiro

Traxectoria

Sucedeu a Aethelheard de Wessex, quen se cre que era o seu irmán.

Cuthred herdou o reino cando Mercia acababa de alcanzar o seu apoxeo como o reino anglosaxón máis importante da época. Ambos os reinos a miúdo estaban en guerra, Aethelbald de Mercia converteuse en protector de Wessex e convenceu a Cuthred para loitar xuntos contra os galeses en 743.

Cuthred enfrontouse durante o seu reinado a varios problemas e episodios traumáticos. En 748, o fillo de Cuthred, Cynric foi asasinado nun motín. En 750 tivo que sufocar unha rebelión.

En 752, Cuthred rebelouse contra o rei de Mercia, Aethelbald na batalla de Edge, en Burford e asegurouse a independencia de Wessex durante todo o seu reinado. O ano seguinte tamén batallou sen un resultado claro contra o reino de Cornualles. Cuthred morreu en 756.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cuthred, King of Wessex1 (M)d. 756 en thepeerage.com
Alberht de Anglia Oriental

Alberht (tamén escrito Ethælbert, Albert ou Æthelberht I), foi rei de Anglia Oriental de 749 ata o 760, xunto con Beonna, e quizais un terceiro rei chamado Hun. Non todos os expertos están de acordo coa datación do seu reinado, nin en se foi un reinado compartido ou consecutivo.

Cuthred

Cuthred é un antropónimo anglosaxón que pode referirse a:

Cuthred de Kent, rei de Kent do século IX.

Cuthred de Wessex, rei de Wessex do século VIII.

Cuthred fillo de Cwichelm de Wessex, príncipe de Wessex do século VII.

Reino de Anglia Oriental

O Reino de Anglia Oriental (Ēast Engla rīce, "Reino dos anglos orientais"), un dos sete reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, foi fundado ao redor do ano 600 e cubría o territorio actualmente ocupado polos condados de Suffolk, Norfolk e Cambridgeshire.

Reis de Wessex
século VI
século VII
século VIII
século IX

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.