Curro, Barro

Santa María de Curro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Barro. Segundo o INE de 2016 tiña 777 habitantes (400 mulleres e 377 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 745 habitantes.

Coordenadas: 42°30′35″N 08°40′30″O / 42.50972, -8.67500

Curro
Curro
Igrexa parroquial.
ConcelloBarro
Poboación777 hab. (2016)
Entidades de poboación5

Historia

EscavaciónCurro
Escavación dunha foxa no adro da igrexa.

En outubro de 2009 levouse a cabo por parte de voluntarios da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica a escavación dunha foxa, no adro da igrexa parroquial, onde se soterrou ao xornalista de 19 anos Ramón Barreiro Rodríguez, veciño de Barro, e ao electricista de 27 anos Castor Cordal Garrido, veciño de Cambados e afiliado á CNT. Foron fusilados na madrugada do 15 de setembro de 1936 preto da estrada a Pontevedra, e soterrados á noitiña.

Patrimonio

Na igrexa de Santa María de Curro consérvanse tres pezas dun baldaquino incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Curro, Barro.
Curro, Barro, Galiza-Casa de Porto

Casa de Porto.

Lareira en desuso

Forno en desuso.

Barro 01-04

Unha das pezas do baldaquino

Lugares e parroquias

Parroquias de Barro

Véxase tamén

Outros artigos

A-57

A autovía A-57 está situada no corredor occidental sur de Galicia, que vai do Confurco, en Ponteareas conectando coa A-52, ata Curro, no concello de Barro, pasando por Pontevedra. Está previsto a conexión gratuíta da autoestrada de peaxe, AP-9, que ía ser autovía A-9, no canto de A-57. Podería relacionarse coa futura autovía A-9 que só vai dende A Coruña a Pontevedra, como proposta da Xunta de Galicia, para o futuro non tan afastado.

A autovía A-57 empezará no enlace do Confurco da A-52 pasa polos concellos de Pazos de Borbén, Soutomaior e Vilaboa para logo circunvalar Pontevedra polo Leste para chegar ao Super Nó de Curro, en Barro onde se conectará coa AP-9, a autovía AG-41 a Sanxenxo e coa futura autovía AG-XX a Vilagarcía de Arousa.

Á altura de Vilaboa (preto de San Simón) haberá unha tripla conexión, coa AP-9, a N-550 e o ramal de conexión da A-57 coa Rede Arterial Viaria de Vigo e o aeroporto de Vigo.

O ramal de Vigo non se coñece a súa denominación, pode ser A-57V, ou VG-21 ou unha nova denominación A-XX. Terá enlaces con Arcade, Redondela Norte, Redondela Sur, Aeroporto de Vigo e IFEVI/AP-9

Na actualidade, atópase en redacción do proxecto e será unha realidade no ano 2015, máis ou menos.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

Antonio Chaves del Río

Antonio Chaves del Río, nado en Cambados o 17 de setembro de 1886 e finado en Barro o 28 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Baldaquino

Chámase baldaquino ou ciborio a unha construción relixiosa de pequeno tamaño destinada a protexer un altar, formada basicamente por catro columnas que sosteñen un elemento de cubrición, habitualmente unha cúpula ou un dosel. Os catro arcos ou linteis que pechan os laterais do baldaquino adoitan estar decorados por relevos, inscricións, escudos ou outros elementos decorativos. Esta estrutura básica pode estar modificada por diversas variantes, segundo a época, o estilo ou o material de construción.

O nome procede de baldacchino, tea procedente de Baldac, nome da cidade de Bagdad durante a Idade Media, porque de alí proviñan os tapices cos que se confeccionaban as cortinaxes coas que se pechaban lateralmente. O nome de ciborio vénlle do latín ciborium, en alusión á forma de copa invertida.

Por similitude, denomínanse tamén baldaquinos os doseis de tea que cobren ou protexen tronos reais, camas etc. No escudo de Serbia ou o nos Países Baixos poden verse exemplos deste uso.

Baldaquino de Santa María de Curro

Na Igrexa de Santa María de Curro (Barro) consérvanse tres pezas dun baldaquino incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro da igrexa. Esta é de comezos do século XVI e os tres linteis semellan proceder dun antigo baldaquino sobre o altar maior, acaroado ó muro da igrexa.

Bretoña, Curro, Barro

Bretoña é un lugar da parroquia de Curro no concello pontevedrés de Barro na comarca de Pontevedra. Tiña 311 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 151 eran homes e 160 eran mulleres.

Couso, Curro, Barro

Couso é un lugar da parroquia de Curro no concello pontevedrés de Barro na comarca de Pontevedra. Tiña 15 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 7 eran homes e 8 eran mulleres.

Fosa común

Fosa ou foxa común é o lugar onde se enterran os cadáveres que por diversas razóns non teñen sepultura propia. As fosas comúns foron, ao longo da humanidade, un método moi usado para dispor dos cadáveres de dúas ou máis persoas.

As fosas comúns utilízanse en caso de catástrofes naturais e epidemias cando existe risco de contaxios masivos. Durante a época da peste negra, por exemplo, abríronse fosas comúns para conter os cadáveres dos infectados con este mal.

Máis comunmente, as fosas comúns son propias de guerras. Durante a Segunda Guerra Mundial, por exemplo, os nazis utilizáronas como cemiterio de xudeus asasinados, nalgunhas ocasións mesmo lanzaban corpos aínda con vida.

Tamén as guerrillas fixeron uso das fosas comúns, a miúdo nas súas accións contra a poboación civil. En réximes totalitarios, é ás veces o propio exército o que enterra os seus represaliados por razóns ideolóxicas en fosas anónimas. As fosas sen sinalizar conseguen deste xeito ocultar o resultado das súas atrocidades pasando inadvertidas durante décadas e impedindo aos familiares honrar os seus defuntos. Moitas das que se atoparon fórono grazas ao testemuño de testemuñas ou de arrepentidos.

Nalgúns pobos, aínda persiste a tradición de contar cunha fosa común nos cemiterios para enterrar os cadáveres das persoas non identificadas e/ou non reclamadas. Este tipo de fosas comúns recibe en castelán o nome de hoyanca.

Galería de imaxes de baldaquinos de Galicia

Baldaquinos de Galicia

Inspección Técnica de Vehículos

A Inspección Técnica de Vehículos (ITV) é un tipo de mantemento legal preventivo en que un vehículo é inspeccionado de forma periódica por un ente certificador, o cal verifica o cumprimento das normas de seguridade e emisións contaminantes que lle sexan aplicables. Nalgunhas lexislacións cómpre que un vehículo aprobe a ITV para poder ser matriculado ou para renovar a licenza ou patente. Dita aprobación acredítase mediante un certificado emitido pola entidade a cargo da inspección, e nalgúns casos adicionalmente adhírese un distintivo no parabrisas, na placa patente ou noutro lugar do vehículo onde resulte visible, a fin de facilitar a fiscalización. Nalgúns países a inspección realízase en talleres ambulantes en diferentes puntos das cidades.

Isidoro Millán González-Pardo

Isidoro Millán González-Pardo, II conde de Quirós, nado en Pontevedra o 11 de xuño de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 2002, foi un erudito galego, catedrático de lingua grega e autor de estudos especializados sobre epigrafía, toponimia e paleolingüística galaica e hispana. Foi membro numerario da Real Academia Galega.

O Vinquiño, Adina, Sanxenxo

O Vinquiño é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 103 habitantes en 2016 (51 mulleres e 52 homes), o que representa un aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 90 veciños, e 2008, cando eran 92.

No Vinquiño remata a autovía AG-41 (que vén de Curro, Barro) e nace o corredor VG-4.1 (que vai ata o istmo da Lanzada). Ó redor da rotonda que conecta a saída da autovía coas estradas locais instaláronse dúas grandes superficies.

Xosé Arcos Moldes

Xosé Arcos Moldes, nado en Outeda (Curro, Barro) o 28 de maio de 1863 e finado en Rianxo o 29 de outubro de 1945, foi un perito mercantil coñecido principalmente pola súa actividade como xornalista republicano e director do semanario El Barbero Municipal de Rianxo, no que se produciron os primeiros textos e caricaturas de Castelao.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.