Cuprita

A cuprita é un mineral do grupo dos óxidos. Quimicamente é un óxido cuproso de cor vermella que adoita estar alterado superficialmente en malaquita verdosa. A variedade calcotriquita toma aspecto de agregado de cristais capilares alongados, semellante a unha cabeleira.

Foi descrita por primeira vez en 1845 e o seu nome provén do latín cuprum, polo seu alto contido en cobre, e calcotriquita do grego chalcotrichite, significando cobre melenudo.

Cuprita
Cuprite
Fórmula químicaCu2O
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoCúbico
CorMarrón arrubiado, púrpura arrubiado, negro arrubiado
BrilloAdamantino de submetálico a brillante
Dureza3,5 a 4 (escala de Mohs)
FracturaConcoidal en fragmentos pequenos
RaiaVermella pardusca
Densidade6,1 g/cm3

Ambiente de formación

A cuprita é un mineral secundario, que se forma na zona de oxidación dos depósitos de outros minerais de cobre, polo que frecuentemente aparece asociado ao cobre nativo, azurita, crisocola, malaquita, tenorita e a unha gran variedade de minerais de óxido de ferro.

Localización

É un importante mineral extraído nas minas como mena do cobre. Áchase en moitas minas importantes por todo o mundo, xa que abunda en calquera sitio onde haxa minerais de cobre.

Usos

A pesar da súa bela cor, non se emprega na xoiería debido á súa baixa dureza e ao seu escaso tamaño. Aínda que en 1970 descubriuse un depósito en Suráfrica que sacudiu ao mundo xemolóxico ao producir cristais de gran tamaño e tallables, producindo pedras de máis dun quilate.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7

Outros artigos

Ligazóns externas

Azurita

A azurita (tamén chamada chesilita ou malaquita azul) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu3(CO3)2(OH)2 (contén un 69,2% de cobre, un 25,6% de CO2 e un 5,2% de auga).

Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Crisocola

A crisocola é un mineral da clase dos silicatos de fórmula química CuSiO3·2H2O (fórmula química variable segundo as condicións de crecemento; en ocasións pode presentar aluminio na súa composición) e que cristaliza no sistema monoclínico.

Lista de minerais

O que a continuación segue é unha lista de minerais, mineraloides e exemplares de orixe natural en orde alfabética.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.