Cuntis

Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cuntense» [5].

Coordenadas: 42°37′58.1″N 8°33′46.59″O / 42.632806, -8.5629417

Cuntis
Bandeira de Cuntis
---
Escudo de Cuntis
Casa concello Cuntis 2
Casa do concello.
Situacion Cuntis
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Caldas
Poboación4.710 hab. (2018)
Área79,8 km²
Densidade59,02 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloCuntis
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Campos Velay (PSdeG-PSOE[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Outros: Veciñanza Cuntis 2
Eleccións municipais en Cuntis
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,09%
Na rede
http://www.cuntis.gal/

Poboación

Censo total 2014 4.931 habitantes
Menores de 15 anos 514 (10.42 %)
Entre 15 e 64 anos 2.972 (60.27 %)
Maiores de 65 anos 1.445 (29.3 %)
Evolución da poboación de Cuntis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.866 6.569 7.790 6.178 5.443 5.133 5.066 4.895 4.820 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello está situado no noroeste da provincia de Pontevedra, e limita cos concellos de Valga, A Estrada, Campo Lameiro, Moraña e Caldas de Reis. Ten 79,8 km², e conta con 78 entidades de poboación repartidas entre 8 parroquias.

Historia

Megalitismo

Consérvanse varios asentamentos megalíticos, entre elas once medorras (mámoas do Alto da Crus, no límite coa Estrada; Chan do Castro, Campo das Tombas, A Moma e Pedra Moma, en Arcos de Furcos; Congostra do Río, en Ferreiros; mámoas da Eira e Lagoa dos Mouros, en Zo; Petouto dos Mouros, en Pena de Arriba Troáns; Petouto ou Monte do Sino en Hervés, Troáns; e As Piñeiras, en Vilameán, Estacas) e un menhir, a lapa do Marco Carreira, en Estacas, Santo André de Cesar, de maior tamaño cá lapa de Gargantáns (Moraña).

Castrolandín GDFL2005h
Escavacións en Castrolandín no 2005.

Idade de bronce

Consérvanse diversos petróglifos, como o Outeiro do Forno de Tella, situado no polígono industrial da Ran, que ten diversas figuras. Na laxe de maior tamaño hai cérvidos, círculos concéntricos e pías. Noutras laxes menores (ás veces tapadas pola maleza) hai outras figuras. Nunha delas hai un cérvido fusionado a un motivo circular con pía central.

No Outeiro de Vales hai círculos concéntricos e pías, aproveitando a fisionomía das laxes. Na Costa de Vales hai círculos concéntricos. No Outeiro Grande hai círculos concéntricos e un cruciforme. No Outeiro da Campá, preto do antigo campo do Barazal, case baixo unha liña de alta tensión, aparece o grupo circular máis grande do concello. Presenta varios aneis cuasicirculares, cunha pía central e tres no exterior aproveitando as vagoadas da laxe nos extremos da mesma.

En Cardecide están os petróglifos de Cartas, con arredor de 35 motivos circulares, e Cartas da Fóra, con figuras circulares, pseudolabirinto e pías. En Laxos está O Pereiriño, con pías. O Castelo (entre Laxos e Xinzo), ten motivos circulares e pía. En Cequeril está a Laxe dos Homes, con figuras antropomorfas, posibelmente medievais. O Outeiro dos Campiños ten círculos concéntricos, espiral e pías. O Outeiro do Casal ten motivos circulares. Outro petróglifo é o Outeiro do Galiñeiro.

Época castrexa

Da cultura castrexa quedan varios poboados castrexos. O máis coñecido é o castro de Castrolandín, escavado. Outros poboados son o castro de Meira, castro de Laxos, O Castreliño e O Castriño, en Xinzo; o castro da Bragaña, en Estacas; o monte do Sino, entre Novás e Hervés; o castro de Sobrada, en Troáns); o castro de Montesandeu, de Piñeiro ou de San Mamede e Entrecastros, en Sebil; o castro Sebil, o de Vilar do Mato, o de Arcos e o Castelo, no monte Xesteiras; o Monte do Castelo, en Calvos; o castro da Aurela, entre Arcos e Portela.

Época romana

Trala romanización de Galicia os romanos asentáronse preto dos mananciais de augas termais. A vila foi chamada Aqua Calidae, integrada no territorio dos cilenos, moi próxima á mansión Aquis Celenis (Caldas de Reis), situada na vía XIX do itinerario de Antonino, que unía Lugo con Braga.

Un dos vestixios máis significativos, aínda que xa desaparecido, é un baño con varios canos que abastecían de auga, que tiña na parte central unha imaxe dun soldado portando unha lanza e un escudo ou dunha Minerva, e ao cal se accedía a través dun corredor abovedado. A estatuíña está en paradoiro descoñecido, conservándose só un debuxo. Unha ara, adicada ao deus Buximus, está depositada na Casa da Cultura. Consérvanse tamén varios elementos arquitectónicos e funerarios desta época, así como gran cantidade de tégula, muíños e moedas.

Entre as construcións sobresae a Ponte Taboada, de dous arcos, na que se conserva a orixinal de fábrica romana e unha ampliación posibelmente medieval ou moderna, baixo unha contemporánea. Até 1905 existía unha ponte de orixe romana no centro da vila, que foi demolida para construír unha máis ancha dun só arco. En canto ás vías de comunicación, había dúas principais que atravesaban o val de Cuntis, unha procedente de Caldas e outra da Terra de Moraña. No entanto, existen posíbeis restos dunha calzada no lugar de Vilar do Mato en dirección a Montillón, e outra nas inmediacións da Ponte Taboada e que confirmaría a vía de conexión Cuntis-Moraña. Ambas as dúas vías uniríanse na vila de Aqua Calidae e encamiñaríanse cara á parroquia de Arcos de Furcos.

Idade moderna

Até a división territorial do século XIX, esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago. As súas parroquias dependían da xurisdición de Baños, baixo señorío do arcebispo de Santiago. Tamén pertencían a esa xurisdición as parroquias de Carracedo (no concello de Caldas de Reis), e O Couso, Morillas e Muimenta (do concello de Campo Lameiro).

Cuntis coñécese dende antigo polos seus mananciais de augas mineiro-medicinais. Por iso a capital se chamaba, até antes da guerra civil, Caldas de Cuntis.

Lugares de interese turístico

Teaño GDFL2005a
Reitoral e igrexa de Teaño.

Mananciais de auga termal

As augas dos mananciais do concello de Cuntis son sulfuro-sódicas e hipertermais, acadando até os 64 °C. O seu uso terapéutico está recomendado contra a reuma, a gota ou a psoríase. Antigamente tamén era recomendado para curar a sífilis. Algúns dos mananciais están explotados por empresas privadas, a pesar das protestas veciñais que defenden o seu carácter público. Destacan os mananciais de Fogo de Deus (ou do Foxo, ou A Burga), de uso público; o da Carreira do Conde, de uso privado; o da Rúa Real; As Eiras (Eira Vella e Eira Nova); Os Forniños (Forno Novo e Vello); a Burga do Castro e A Barreira.

Parques

  • Parque da Feira: ampla zona de recreo, antigamente coñecida como As Codeseiras. Nel celébranse festas e romarías e sitúase o pombal e o hórreo da casa reitoral, o monumento homenaxe aos Canteiros, esculpido polo artista local Maxín Picallo Durán e un busto de Roberto Blanco Torres.
  • Parque de Maráns: nel está o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, esculpido por Francisco Asorey. Desde el contémplase a vila de Cuntis desde un miradoiro.
  • Parque do Castro: situado á beira do río Gallo, é privado.

Outros lugares

  • O Penedo: unha poza do río Umia próxima á Ponte Taboada e ó lugar de Fontecova. Na zona consérvanse muíños. Era lugar de baño nos meses do verán e podíase atopar o denominado mexillón de río (Margaritifera margaritifera), en perigo de extinción e protexido. Entre as aldeas de Vilameán e O Casal pódese ver unha casona de cantaría cun gran hórreo, a igrexa parroquial e o calvario, rodeados dunha carballeira onde se celebran as romarías.
  • Lagoas de Zo: situadas entre os lugares de Zo e Mesego, son interesantes por estaren localizadas nunha paraxe natural con amplas vistas do val de Cuntis, Salnés e terras de Montes e A Estrada.
  • Senda Peonil da Ponte do Ramo (PR-G 123):[6] Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido que ten inicio e fin na Ponte do Ramo. Enlaza nun tramo coa PR-G 20 (Circular de Cuntis) e noutro coa GR-94 (Rural de Galicia). No seu comezo discorre pola beira do Umia e máis adiante segue a vía romana que atravesa o Regato do Foxo en dirección aos petróglifos de Cequeril.

O escudo do concello

O escudo oficial de Cuntis é,[7] de azur e sobre ondas de prata, unha ponte de ouro surmontada dunha torre e dunha estrela tamén de ouro e, nos flancos, de dúas serpes do mesmo, linguadas de goles e enfrontadas. Ao timbre, a coroa real pechada. Recórdase a ponte romana que existiu no centro da vila e a case desaparecida fortaleza de Sebil. A estrela alude á vinculación destas terras cos arcebispos de Santiago.

Festas e feiras

Festas

Feiras

Aínda que antigamente se celebraban tres (a do Baño, a de Santo Isidro en Meira e a da carballeira do 18 en Troáns), arestora só se celebran o día 22 de cada mes e os sábados pola mañá na Praza da Constitución. A feira do dezaoito recuperouse como feira sustentábel artesanal, gastronómica e lúdica con carácter anual a partir de 2009. Celébrase o sábado máis próximo ao día 18 do mes de xuño.

Galería de Imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cuntis.
Teaño GDFL2005a

Hórreo e reitoral da freguesía de Estacas

Cuntis GDFL2005a

Fachada da Igrexa parroquial de Santa Mª dos Baños de Cuntis

Castrolandín GDFL2005g

Castro de Castrolandín.[8]

Cequeril

igrexa parroquial de Santa María de Cequeril

RCequeril

retablo maior da igrexa de Santa María de Cequeril

Lugares de Cuntis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cuntis vexa: Lugares de Cuntis.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Cuntis". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 49. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2018.
  7. Decreto 81/2008, do 10 de abril, DOG núm. 83 (30 de abril de 2008)
  8. Pódense ver máis fotos de Castrolandín en Wikimedia Commons

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arcos, Cuntis

San Breixo de Arcos de Furcos é unha parroquia que se localiza no concello de Cuntis. Limita coas parroquias de Cuntis, Couselo, Piñeiro e Portela, e co concello da Estrada no nordeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas.

En 1836 tiña unha poboación de feito de 725 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 799 a 662, o cal significou unha perda do 17,1 %. Segundo o IGE en 2011 tiña 642 habitantes (336 mulleres e 306 homes).

Está formado polos seguintes lugares ou aldeas: A Casiña, Anllada, Arcos de Arriba, Casa da Cruz, Cornado, Ducío, Ferreiros, Furco, O Caeiro, Piñeiro e Piso.

Calvos, Cuntis, Cuntis

Calvos é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis. Segundo o IGE do 2008 tiña 71 habitantes deles 33 eran homes e 38 mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.

Campo Lameiro

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán.

Castrolandín, Cuntis, Cuntis

Castrolandín é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis. Segundo o IGE do 2008 tiña 90 habitantes deles 45 homes e 45 eran mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.

Dálle nome ao lugar o castro de Castrolandín, onde a veciñanza celebra a noite de San Xoán.

Cequeril, Cuntis

Santa María Cequeril é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis. Segundo o IGE en 2011 tiña 195 habitantes (115 mulleres e 80 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Comarca de Caldas

A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Couselo, Cuntis

San Miguel de Couselo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 189 habitantes (102 mulleres e 87 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.

Cuntis, Cuntis

Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cuntis. Limita coas parroquias de Arcos, Piñeiro, Estacas, Troáns e Cequeril, e cos concellos de Caldas de Reis e A Estrada. No ano 2009 tiña 2.390 habitantes, 245 menos que en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 1.316 persoas.

Cuntis, Cuntis, Cuntis

Cuntis é unha vila da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis. Segundo o IGE en 2008 tiña 911 habitantes (447 homes e 464 mulleres), o que supón que aumentou a poboación desde 2007.

É a capital do concello ao que dá nome.

Estacas, Cuntis

San Fiz de Estacas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cuntis. Segundo o IGE en 2011 tiña 352 habitantes (191 mulleres e 161 homes), 154 menos ca en 1986. Limita cos concellos de Caldas de Reis e Valga.

Folgoso, Cuntis, Cuntis

Folgoso é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis.

Meira, Cuntis, Cuntis

Meira é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis. Segundo o IGE do 2008 tiña 154 habitantes deles 79 eran homes e 75 mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.

Mesego, Cuntis, Cuntis

Mesego é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis. Segundo o IGE do 2009 tiña 85 habitantes deles 34 eran homes e 51 mulleres, o que supón que aumentou 4 persoas a poboación desde 2008.

Piñeiro, Cuntis

San Mamede de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Cuntis na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 370 habitantes (195 mulleres e 175 homes), 84 menos ca en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 480 persoas.

Limita coas parroquias de Estacas, Cuntis, Couselo e Arcos e co concello da Estrada .

Portela, Cuntis

Santa Eulalia de Portela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 210 habitantes (117 mulleres e 93 homes), 101 menos ca en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 327 persoas.

Roberto Blanco Torres

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Troáns, Cuntis

Santa María de Troáns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Limita coas parroquias de Estacas e Cuntis, e cos concellos de Moraña e Caldas de Reis.

En 1836 tiña unha poboación de feito de 574 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 1008 a 732 persoas, o cal significou unha perda do 35,1%. Segundo o IGE en 2011 tiña 720 habitantes (375 mulleres e 345 homes).

Xinzo, Cuntis, Cuntis

Xinzo é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis. Segundo o IGE do 2008 tiña 111 habitantes deles 54 homes e 57 eran mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.

Xoán Xesús González

Xoán Xesús González Fernández, tamén referido como Xohán Xesús González, nado en Sebil, parroquia de Cequeril (Cuntis), o 9 de novembro de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un mestre, xornalista, avogado, escritor e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.