Cunca

Unha cunca[1] é un recipiente. Este recipiente non só se emprega para conter tanto líquidos como grans, senón que tamén para beber. Algunhas cociñas internacionais, tal é así nas cociñas asiáticas cociña xaponesa e a cociña chinesa, fan uso extensivo e intensivo da cunca como prato que pode conter unha sopa, infusión etc.

Ancient Roman clay bowl
Cunca antigo procedente de antiga Roma

Historia

Custard
Cunca con flan

Sábese polas escavacións arqueolóxicas que as cuncas foron empregadas desde tempos inmemoriais. Os materiais máis empregados nas primeiras épocas eran de pedra ou madeira, e máis tarde de cerámica e finalmente vidro. Hoxe en día existen de plástico, porcelana, cerámica e metal.

Tamén hai cuncas que teñen unha soa asa que permite collelas con máis facilidade.

Normalmente as cuncas pequenas con unha asa son chamadas pocillos, nos que se soe tomar o café ou o .

Galicia

En Galicia son típicas as cuncas para beber o viño, xeralmente feitas de barro.

Galería de imaxes

Mixing Bowl

Cunca no século XX, de plástico.

O Grove, Floreano 01-10a

Detalle do Floreano de Gogue, por Lucas Míguez.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cunca.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Anievas

Anievas é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Los Corrales de Buelna e San Felices de Buelna, polo oeste e sur con Arenas de Iguña e polo leste con Corvera de Toranzo. Este pequeno municipio, situado no centro xeográfico de Cantabria é un pequeno vale da cunca do río Besaya.

Azteca

Os aztecas -chamados así na historiografía tradicional-, ou mexicas, foron un pobo indíxena de filiación nahua que fundou Tenochtitlán e ó redor do século XV converteuse no centro dun dos estado mais extensos que coñeceu Mesoamérica asentado nun illote ó poñente do lago de Texcoco hoxe practicamente seco, sobre o que se asenta a actual Cidade de México, e que corresponde á localización xeográfica da mesma. Aliados con outros pobos da cunca lacustre do Val de México -Tlacopan e Texcoco- os mexicas someteron a varios pobos indíxenas que se asentaron no centro e no sur do territorio actual méxico agrupados territorialmente en altépetl.

Brunei

Brunei (en malaio: Negara Brunei Darussalam, en jawi: نڬارا بروني دارالسلام‎) é un país ó noroeste da illa de Borneo no sueste de Asia. Comprende dous territorios, separados en gran parte pola cunca do río Limbang e arrodeados polo territorio de Sarawak. Á parte da súa costa no Mar da China Meridional, está completamente arrodeado por Malasia.

Castañeda

Castañeda é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Piélagos e Villaescusa, polo oeste con Puente Viesgo, polo sur con Santiurde de Toranzo e polo leste con Santa María de Cayón.

O municipio está situado na cunca do río Pas, na comarca do Pas-Miera. Por Castañeda discorre o río Pisueña.

Conca fluvial

Unha conca fluvia, cunca fluvial ou bacía fluvial (ou hidrográficas) é unha porción de territorio drenada por un único sistema de carácter natural.

Hinojosa del Duque

Hinojosa del Duque é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2010 tiña 7.366 habitantes. A súa extensión superficial é de 533 km² e tiña unha densidade de 13,86 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 30' N, 5º 08' O. Atópase a unha altitude de 542 metros e a 94 quilómetros da capital de provincia, Córdoba. A súa rede hidrográfica pertence case na súa totalidade á cunca do Guadiana, mediante o seu afluente o río Zújar; só o arroio de El Caldero, afluente do río Cuzna, verte as súas augas na cunca do Guadalquivir.

Mar Báltico

O mar Báltico (do latín Mare Balticum) é un mar interior de auga salobre do norte de Europa aberto ao mar do Norte e, finalmente, ao océano Atlántico a través dos estreitos de Kattegat e Skagerrak. Os países que o rodean son (empezando pola península Escandinava e seguindo en sentido horario): Suecia, Finlandia, Rusia (óblast de Leningrado e Kaliningrado), Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Alemaña e Dinamarca.

A súa superficie é de 432 800 km² e inclúe dous grandes golfos: o golfo de Finlandia, entre o sur deste país e Estonia, e o golfo de Botnia, entre a costa oriental de Suecia e a occidental de Finlandia. Xeoloxicamente é moi novo: só existe desde o VI milenio a.C. É moi pouco profundo (a media é de 57 m; a profundidade máxima é de 459 m ao norte da illa sueca de Gotland), o que, unida á pouca apertura ao océano, fai a renovación das augas moi lenta e favorece os problemas de contaminación. As mareas son de moi pequena amplitude.

A cunca que drena ao mar Báltico abarca a totalidade dalgúns países ribeiregos como as repúblicas bálticas, Polonia e a rexión rusa de Kaliningrado. Ademais, estes ríos nacen en, ou atravesan territorios pertencentes a outros países que, malia non posuír costas, comunícanse ao mar por vía fluvial. Tal é o caso da República Checa, Eslovaquia, Ucraína e Belarús, quen acaban achegando auga (indirectamente) ao mar Báltico.

O mar Báltico é tamén, o maior depósito de ámbar do mundo e, ademais, a súa calidade é das mellores: dos vinte depósitos do mundo que hai de ámbar, dise que o do mar báltico só é superado polos de México e a República Dominicana, sendo o que máis ámbar de conífera produce e o de mellor calidade. Del extráense de 500 a 800 millóns de toneladas de ámbar.

O leite na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do leite na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Océano Pacífico

O océano Pacífico é a maior masa marítima do globo, situada entre América, ao leste, Asia e Australia, ao oeste, e a Antártida, ao sur. Con 180 millóns de km², o Pacífico cobre case un terzo da superficie do planeta e corresponde a case a metade da superficie e do volume do océano. Ten 707,5 km de fosas, e o 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m).

Pau, Xirona

Pau é un concello do nordés de Cataluña, pertencente á comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. Tiña en 2014 unha poboación de 569 habitantes agrupados nas entidades de Pau, els Olivars e Vilaüt.

Esténdese xunto á cunca do río Muga, pola vertente meridional da serra de Rodes. A parte máis accidentada inclúese no Parque Natural do Cap de Creus. A parte chaira pertence ao Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà.

Os cultivos principais son de oliveiras e de viña. Atópase dentro da Denominación de Orixe Empordà.

Os monumentos megalíticos que se conservan na zona dolmética da serra de Rodes demostran que a súa historia remóntase a moitos miles de anos atrás. O termo pertenceu ao mosteiro de Sant Pere de Rodes durante a Idade Media. Entre os seus monumentos destacan a igrexa románica de Sant Martí (s.XI-XII) e Cal Marqués (s.XVII-XVIII).

Ponferrada

Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 68.121 habitantes (INE 2013), é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.

Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.

A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Pétalo

En botánica, o pétalo é unha folla florar que forma parte da corola dunha flor. É a parte interior do perianto, o cal comprende as partes estériles dunha flor.

Nunha flor "típica" os pétalos son rechamantes e coloreados, e rodean as partes reprodutivas.

O número de pétalos nunha flor é indicativo da clasificación da planta: dicotiledóneas, que típicamente teñen catro ou cinco pétalos; e monocotiledóneas, que teñen tres ou algún múltiplo de tres pétalos. A función principal dos pétalos ou a corola é a de atraer aos polinizadores.

Existe unha considerable variación na forma dos pétalos entre as plantas. Os pétalos poden estar unidos na base, formando un tubo floral. Nalgunhas flores, o perianto enteiro forma unha cunca (chamada tubo de cáliz) rodeando o xineceo, con sépalos, pétalos, e estames unidos ao bordo da cunca.

As flores dalgunhas especies carecen ou reduciron moito os seus pétalos. Son chamadas apétalas. Exemplos de flores con periantios moi reducidos poden ser vistos entre as gramíneas. Isto é característico de plantas polinizadas polo vento que non necesitan atraer a polinizadores (chamadas plantas anemófilas).

Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santalla de Oscos e Samartín de Oscos en Asturias. Ten unha extensión de 1595,889 km² e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Río Amazonas

O río Amazonas é un río de América do Sur e é o máis caudaloso do mundo. Nace no Perú, pasa por Colombia, atravesa o Brasil e desemboca no océano Atlántico. Ten máis de 1100 afluentes, ten entre 6259 km e 6712 km de lonxitude (dependendo do criterio de medición), e é o segundo máis longo despois do Nilo.

O río Amazonas é un río sur-americano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú e desauga no océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil, onde entra polo estado homónimo. E ao longo do seu curso recibe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas.

Unha investigación recente revelou que o Amazonas ten un lonxitude de 6868 km e máis de 1000 afluentes, e polo tanto maior que o Nilo cos seus 6.695 km de extensión, sendo entón o máis longo río do mundo. A súa cunca hidrográfica é a maior do mundo, cunha superficie de aproximadamente 7 millóns de km². O Amazonas é de lonxe o río máis caudaloso do mundo, cun volume de auga preto de 56 veces o do río Nilo.

Río Don

O Don (en ruso: Дон), é un importante río de Rusia, cun curso de 1.950 km, que desemboca no mar de Azov. O total da súa cunca abranxe unha área de 425.600 km2.

Río Eo

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Valdeolea

Valdeolea é un concello situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Campoo-Los Valles. Limita polo norte con Hermandad de Campoo de Suso e Campoo de Enmedio, polo oeste con Valdeprado del Río e polo leste e sur con Brañosera (Palencia).

Atópase na vía natural de comunicación entre Palencia e Santander, xunto á estrada nacional N-611 e o ferrocarril. Como curiosidade cabe destacar que o seu territorio pertence case na súa totalidade á cunca do Douro.

Volva

En micoloxía, a volva é unha membrana que envolve algúns fungos na primeira etapa do seu desenvolvemento e que, ao maduraren o aparato esporífero, creba e forma unha especie de saqueta de onde sae o pé. Esta estrutura ten forma de cunca e atópase na base dos corpos frutíferos dalgúns fungos. Procede dos restos da estrutura da que provén o veo universal. Esta característica é moi importante dende o punto de vista da identificación de cogomelos bravos, por mor de que é doada de ollar.

Dende o punto de vista taxonómico tamén é relevante, xa que case sempre que aparece, significa que o fungo pertence á familia das Amanitaceae. Isto ten tamén especial importancia debido ao elevado número de especies velenosas que pertencen a esta familia.

A volva preséntase a miúdo de xeito parcial, ou completamente soterrada no chan, e por isto, cómpre comprobar a súa presenza ou ausencia co fin de identificar o cogomelo. Intentar identificar o fungo unha vez se apañe do chan, sen saber se tiña ou non volva, pode levar a un erro fatal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.