Cultural y Deportiva Leonesa

A Cultural y Deportiva Leonesa é un club de fútbol español, establecido na cidade de León, comunidade autónoma de Castela e León. Foi fundado en 1923 e compite no Grupo II da Segunda División B.

Cultural Leonesa
NomeCultural y Deportiva Leonesa, S.A.D.
Alcume(s)La cultu,
La leonesa
Fundación5 de agosto de 1923 (96 anos)
EstadioReino de León,
León, España
Inauguración2001
Capacidade13.451
PresidenteFlag of Qatar.svg Tariq Abdulaziz Al Naama
AdestradorEspaña José Manuel Aira
Liga2ª B – Grupo 2
2017–1819.º (Segunda División)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta gris, pantalón negro e medias brancas.
  • Terceiro Uniforme: Camiseta verde escuro, pantalón negro e medias negras.

Himno

A letra e música do himno oficial da Cultural Leonesa foi creado e composto por Ángel Arredondo Giraldo. O grupo de música folclórica leonesa La Braña é o que o interpreta.

O 29 de abril de 2007, presentouse a todos os afeccionados o novo himno composto por Manuel Quijano (pai dos compoñentes de Café Quijano). Este novo himno foi rexeitado polos afeccionados con apupos cada vez que se escoitaba nas bancadas do entón Antonio Amilivia e finalmente a directiva deciciu que deixase de soar en beneficio do primeiro.

Escudo

O escudo da Cultural Leonesa baséase nun León rampante coroado e linguado (símbolo da cidade de León) de cor vermella, rodeado por unha circunferencia tamén vermella na que se insire en nome do club: "Cultural y Deportiva Leonesa" con letras brancas, rematado na parte superior da circunferencia cunha coroa vermella, con adornos brancos e laranxas.

Estadio

Artigo principal: Estadio Municipal Reino de León.
EstadioReinodeLeón
A Cultural Leonesa disputando un partido no Estadio Municipal Reino de León fronte ao CE Sabadell.

A Cultural Leonesa disputa os seus partidos no Estadio Municipal Reino de León (Cambiado na tempada 08-09, antes coñecido como "Novo Estadio Antonio Amilivia") construído en 2001 e con capacidade para 13.451 persoas. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 105 x 68 metros. Está situado na avenida Saenz de Miera, á beira do Pavillón municipal de deportes da cidade de León. O primeiro partido disputado foi o 20 de maio de 2001 fronte ao Xerez Club Deportivo, con resultado favorable á Cultural Leonesa por 1 a 0.

O equipo empezou a disputar os seus partidos no campo de La Corredera. Posteriormente pasou a xogar ao campo de El Ejido, que pertencía á Maestranza de Aviación. Co ascenso a Primeira construíuse o estadio Antonio Amilivia, antes coñecido co nome de La Puentecilla. Tamén xogou no Área Deportiva de Puente Castro.

Datos do club

Xogadores

Categoría principal: Xogadores da Cultural Leonesa.

Cadro actual

Datos do 20 de xullo de 2011.
Posto País Xogador
POR España Diego Calzado
MED España Galán
DEF España Edgar Gil
DIA España Murci
DIA España Joshua

Palmarés

Torneos rexionais

Torneos nacionais

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alondras Club de Fútbol

O Alondras Club de Fútbol é un club de fútbol do concello de Cangas, na provincia de Pontevedra. Foi fundado en 1951 e xoga no grupo I da Terceira División.

Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol

A clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol está elaborada pola RFEF e baséase nos puntos conseguidos por cada equipo en primeira división, independentemente de se nunha tempada a vitoria outorgaba 2 ou 3 puntos ao vencedor ou do número de puntos en xogo. Debido a isto, os equipos que recentemente realizaron boas campañas a miúdo están en postos máis altos que os que realizaron boas campañas fai máis de dez anos. A clasificación non inclúe datos tales como puntos en divisións inferiores ou en Copa do Rei. Para emendar estas carencias xurdiron clasificacións alternativas (ver epígrafe "Clasificacións históricas alternativas").

Estadio Municipal Reino de León

O Estadio Municipal Reino de León (chamado ata 2008 Nuevo Estadio Antonio Amilivia) é un estadio de fútbol, situado na cidade de León, en España. O estadio é de propiedade municipal e o seu equipo titular é a Cultural y Deportiva Leonesa, que milita actualmente en Segunda División B.

Francisco Bao Rodríguez

Francisco Bao Rodríguez máis coñecido como Sansón, nado en Lavadores (Vigo) o 20 de abril de 1924 e finado en Vigo o 13 de febreiro de 2012, foi un futbolista galego moi polivalente que xogaba na demarcación de defensa. Aínda ostenta na actualidade o récord de ser o xogador máis novo en debutar en Primeira División.

José Manuel Aira Lindoso

José Manuel Aira Lindoso, nado en Ponferrada o 14 de marzo de 1976, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e actualmente adestra a Cultural y Deportiva Leonesa.

Primeira Nacional Feminina de España

A Primera Nacional Feminina de España é a terceira categoría del sistema femenino de Ligas de fútbol de España, sendo inmediatamente inferior á Segunda División.

Foi creada en 2001 e a súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. Inicialmente tiña o nome de Primeira Nacional, na temporada 2012-13 cambiou a súa denominación a Segunda División. Ao finalizar a tempada 2018/19 pasou de sela segunda a sela terceira categoría, pola creación da Segunda División Pro recuperando o seu nome orixinal. Nela compiten nela 98 equipos repartidos en sete grupos diferentes. A competición arrancará o 15 de setembro e rematará o 3 de mazo de 2020.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.