Cullerete

O cullerete (Anas clypeata) é unha ave da familia dos anátidos (Anatidae) caracterizada polo bico espatulado en forma de culler que lle dá nome. Trátase dunha das especies de parrulo máis comúns e espalladas polo hemisferio norte.

Cullerete
Macho.

Macho.

Femia.

Femia.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Anas
Especie: A. clypeata
Nome binomial
Anas clypeata
Linnaeus, 1758
Distribución da especie

Distribución da especie
Sinonimia

Spatula clypeata

Sistemática

O cullerete é o representante europeo dos culleretes, que ten representantes noutras áreas do mundo como o cullerete arxentino (Anas platalea), o cullerete australiano (Anas rhynchotis) e o cullerete surafricano ou cullerete do Cabo (Anas smithii). Os catro forman parte do grupo zoolóxico dos Anatini. O cullerete arxentino é a especie de menor tamaño. Os culleretes son o exemplo clásico da distribución de especies moi similares ata cubrir a terra.

Os costumes de tódolos culleretes son semellantes, e diferéncianse entre eles só por pequenas variacións de tamaño e pola plumaxe. O máis característico dos culleretes é o bico ancho en forma de culler ou espátula, que lles serve de aparato para filtrar a auga.

Descrición

O cullerete pode chegar aos 50 cm e pesa entre 400 e 1.100 gramos. A amplitude das alas acada os 80 cm. O peteiro, a parte que chama máis a atención ao observalo, mide uns 7 cm. Amosa un claro dimorfismo sexual: a cabeza do macho é verde escura e o bico é de cor gris intensa. O peito é branco, as plumas do lombo son escuras con plumas brancas intercaladas. No medio da zona lateral ten plumaxe castaña avermellada. O iris dos ollos e as patas son vermellos.

A femia ten un debuxo de fondo acastañado, co bico tamén castaño e patas vermellas. Non é doado diferenciala da doutras especies de culleretes.

Non é un parrulo especialmente tímido. Voando, acada velocidades de 85 km/h. Chegan a vivir ata 20 anos. O seu son característico, unha especie de "tock", é pouco audible.

Anas clypeata dis
Distribución xeográfica en Europa. Verde claro: no verán. Azul: no inverno. Verde escuro: todo o ano

Distribución xeográfica

Vive en augas interiores con alimento abundante de Norteamérica e Eurasia. Prefire zonas acuáticas con moita vexetación e ribeiras con moitos xunqueiras mestas. Fóra da época de cría pode verse tamén á beira do mar e en lagos salgados. No inverno, os exemplares do norte e centro de Europa emigran ao sur do continente ou a África.

Alimentación

Os culleretes criban co bico a auga procurando plancto, larvas de insectos, pequenos crustáceos, cabezolos e ovos de peixes ou anfibios.

Reprodución

Anas clypeata 00864t
Macho de cullerete
Spatula clypeata MHNT.ZOO.2010.11.18.2
Spatula clypeata

Maduran sexualmente ao ano de idade. A época de cría vai de maio a xullo. A femia fai no chan, preto da auga, un niño de anacos de plantas, ben agachado na vexetación. Pon de seis a trece ovos de cor gris azulada e duns cinco centímetros de longo. A femia choca os ovos entre 22 e 28 días. Os polos nados son inmediatamente conducidos á auga, e están en condicións para voar aos 40 ou 45 días de naceren.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1 (en alemán)
  • T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-85223-650-7 (en inglés)

Ligazóns externas

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un parque natural galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.

O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo). O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha. Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.

Galería de imaxes de aves

Nota: Os paxaros están organizados, polo de agora, alfabeticamente polo seu nome común.

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Lista das aves ibéricas

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas na Península Ibérica. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.