Culleredo

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðʊ/)[4] é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes[5] distribuídos en 62,3[5] km². O seu xentilicio é culleredés[6] ou culleredense.

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente[7][8].

Coordenadas: 43°17′18.13″N 08°23′19.89″O / 43.2883694, -8.3888583

Culleredo
Bandeira de Culleredo
---
Escudo de Culleredo
Casa do Concello Culleredo
Casa do concello.
Situacion Culleredo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación30.221 hab. (2018)
Área62,3 km²
Densidade485,09 hab./km²
Entidades de poboación69 lugares
Capital do concelloTarrío
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Ramón Rioboo (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 12
Outros: AV 3
Eleccións municipais en Culleredo
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes23,58%
Na rede
culleredo.es
alcaldia.culleredo@fegamp.es
Twitter

Xeografía

Situación

Limita ao norte cos concellos da Coruña e de Oleiros e a ría do Burgo, ao oeste co de Arteixo, ao leste co de Cambre e ao sur co de Carral, co concello da Laracha da comarca de Bergantiños e co concello de Cerceda da comarca de Ordes.

Orografía e hidrografía

O concello está presidido polo monte Xalo (572 m.) no extremo sur do mesmo, e a partir del vanse sucedendo vales e pequenos outeiros ata o nivel do mar na ría do Burgo. Os vales están sucados polo río Valiñas e o rego de Trabe, todos eles pertencentes á conca do río Mero que desemboca na ría do Burgo.

Clima

Climáticamente atópase no mesmo clima que o resto de Galicia, de tipo oceánico europeo, con temperaturas suaves e gran cantidade de precipitacións.

Demografía

A poboación a 1 de xaneiro de 2014 era de 29.434 habitantes, 14.330 homes e 15.104 mulleres, segundo o IGE. (28.227 no 2009, 27.670 no 2008, 26.707 no 2007, 26.547 no 2006, 25.650 no 2005, 24.640 no 2004)[9].

Culleredo. Gráfica de poboación.
División menor: 1.000 habitantes.
Fontes: Instituto Nacional de Estadística[7] e Instituto Galego de Estatística[9].
Gráfica elaborada por: Wikipedia.

Na gráfica pódese apreciar claramente o forte incremento de poboación a partir de 1970 debido á súa condición de cidade dormitorio asociada á cidade da Coruña.

Xentilicio (véxase no Galizionario): cullerdense.

Censo total 2014 29.434 habitantes
Menores de 15 anos 4.977 (16.91 %)
Entre 15 e 64 anos 19.871 (67.51 %)
Maiores de 65 anos 4.586 (15.58 %)

Economía

Este é un municipio fortemente influenciado pola súa proximidade á cidade da Coruña, o que provoca que as parroquias limítrofes coa cidade estean moi urbanizadas, achegando a parroquia de Rutis 13.392 habitantes e a do Burgo 8.216 á poboación municipal no ano 2008. Estas parroquias están na súa meirande parte habitadas por xente moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade da Coruña ou nos polígonos industriais das súas aforas. En cambio, as outras parroquias son semirrurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade en proporción e, en moitos máis casos está dedicada ó sector primario. Dentro deste segundo grupo de parroquias cabe distinguir dous grupos, o formado por Almeiras e Tarrío, grandemente influenciados pola presenza do aeroporto de Alvedro e do polígono industrial do mesmo nome. Concentradas no sector secundario, a primeira, e ós servizos institucionais como capital do municipio (Tarrío), e ó sector gandeiro a segunda. Por outro lado todas as demais están orientadas cara ó sector primario, aínda que tamén sexa importante a presenza nelas de moitas segundas residencias de cidadáns da Coruña.

Infraestruturas e transporte

En canto ás comunicacións, atravesan o municipio as autoestradas AP-9 (A Coruña-Santiago-Vigo-Portugal) e A-6 (Madrid-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela, Madrid e Lugo; a N-550 A Coruña-Tui, a AC-400 Muros-Sigrás e a AC-211 San Pedro de Nós-A Pasaxe. Tamén ten o aeroporto de Alvedro no termo municipal.

Historia e cultura

Torre de Celas de Peiro
Torre de Celas de Peiro.

O Burgo de Faro, nome que recibía o concello nun principio, cobrou forza co traslado de moitos habitantes da Coruña que pretendían protexerse das incursións normandas. A prosperidade veu acompañada da instalación dos templarios e a construción de aceas por parte do mosteiro de Sobrado.

Afonso VIII ordenará repoboar a cidade da Coruña e o Burgo inicia o seu declive pasando a depender dos Andrade, conservándose unha das súas torres en Celas.

Patrimonio arqueolóxico e arquitectónico

Turisticamente este municipio ten interesantes espazos e edificios:

Conta con diversas rutas de sendeirismo organizadas polo Concello por todo o municipio, moitas veces temáticas. A destacar entre estas as dos muíños, as das fontes e as das panaderías.

Símbolos

O concello ten como motivo principal do seu escudo a imaxe da ponte do Burgo, como queda definido na súa descrición: En campo de prata unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro, mazonado e perfilado de sable sobre ondas de azur e prata superado dunha cruz patada de goles acompañada a cada lado dunha vieira de prata perfilada de azur. Ao timbre coroa real pechada.[12]

Política e goberno

Dende 1983 o seu alcalde foi Julio Sacristán, que gobernou de forma continua ata a súa retirada o 26 de outubro de 2017, día no que presentou a súa renuncia por motivos persoais.[13] Foi substituído por José Ramón Rioboo o 7 de novembro de 2017.[14]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Culleredo.
Capela de San Cosme de Sesamo - Culleredo - A Coruña

Capela de San Cosme de Sésamo.

Muíño de Mareas de Acea da Ma

Antigo muíño de mareas na Acea de Ama.

O Burgo, Culleredo, Galicia

Antigo Conservatorio de Música.

Ría do Burgo

Ría do Burgo. En primeiro plano, paseo Marítimo.

Ría de O Burgo ca marea baixa

Ría do Burgo coa marea baixa.

Fonteculler

Vista de Fonteculler.

Cisnes no Burgo

Cisnes na ría do Burgo.

Medoña Chan do Castelo, Monte Xalo Culleredo

Medoña de Chan do Castelo en Monte Xalo.

Placa altimétrica Culleredo

Placa altimétrica da casa do concello.

Lugares de Culleredo

Para unha listaxe completa de tódolos lugares do concello de Culleredo vexa: Lugares de Culleredo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Dicionario de pronuncia da lingua galega da USC
  5. 5,0 5,1 IGE. "Información municipal de Culleredo". Consultado o 5 de novembro de 2010.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 47. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. 7,0 7,1 Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842. Municipio: 15031 Culleredo. Información do INE. (en castelán)
  8. Madoz, Pascual (1847), «Culleredo», Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, tomo VII, Madrid: Est. Tipográfico-Literario Universal, p. 283(en castelán)
  9. 9,0 9,1 Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos. 15031 Culleredo. Información do IGE.
  10. La torre de Celas de Peiro, Castillo López, Ángel del, Boletín nº75, 1913, RAG.
  11. Ponte do Burgo, páxina na web do concello
  12. Decreto 423/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba o escudo do Concello de Culleredo, A Coruña.
  13. Julio Sacristán abandona la Alcaldía tras 33 años y la dirección provincial del PSOE
  14. José Ramón Rioboo, elegido alcalde de Culleredo tras la dimisión de Sacristán 07.11.2017

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto da Coruña

O aeroporto da Coruña (IATA: LCG, OACI: LECO), antigamente coñecido como aeroporto de Alvedro, é un aeroporto galego situado en Alvedro, Almeiras, Culleredo no concello de Culleredo, a 7 quilómetros da Coruña.

Almeiras, Culleredo

San Xián de Almeiras é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo na Comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1.264 habitantes (651 mulleres e 613 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.436 habitantes.

Castelo, Culleredo

Santiago de Castelo é unha parroquia localizada no sueste do concello de Culleredo, marcadamente rural. Segundo o IGE en 2016 tiña 280 habitantes (143 mulleres e 137 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 329 habitantes.

Celas, Culleredo

Santa María de Celas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 891 habitantes (443 mulleres e 448 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 877 habitantes.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Culleredo, Culleredo

Santo Estevo de Culleredo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 1.468 habitantes (730 homes e 738 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.384 habitantes.

Estación de Bregua

Bregua é un apeadoiro de Adif, situado en Bregua, no concello de Culleredo, provincia da Coruña. Está situada na liña Zamora-A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Bregua foi primeiro estación e posteriormente apeadoiro de Renfe. O 27 de abril de 2006 deixaron de pasar trens por Bregua, pola posta en sevizo da chamada Variante de Bregua (Boedo-Uxes) da nova liña de alta velocidade (LAV).

Estación do Burgo-Santiago

O Burgo-Santiago é unha estación de tren de Adif situada no Burgo, no concello de Culleredo, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Ledoño, Culleredo

San Pedro de Ledoño é unha parroquia do sur do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 277 habitantes (131 mulleres e 146 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 259 habitantes.

Monte Xalo

O monte Xalo é un dos cumios máis altos da zona litoral coruñesa, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar, que está no leste e aliñado coa meseta de Santa Comba.

Monte da Zapateira

A Zapateira é un monte de 236 metros de altitude, no límite dos concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo.

O Burgo, Culleredo

Santiago do Burgo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 8.993 habitantes (4.694 mulleres e 4.299 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.803 habitantes.

Orro, Culleredo

San Salvador de Orro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Culleredo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 895 habitantes (443 homes e 452 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.

Rutis, Culleredo

Santa María de Rutis é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 14.291 habitantes (7.333 mulleres e 6.958 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 9.419 habitantes.

Rutis é a parroquia máis urbanizada de Culleredo, pola súa proximidade á Coruña, facendo ás veces a función de cidade dormitorio.

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

Sueiro, Culleredo

Santo Estevo de Sueiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 349 habitantes (170 mulleres e 179 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 263 habitantes.

Sésamo, Culleredo

Esta páxina trata dunha parroquia de Galicia, para a planta véxase Sésamo.San Martiño de Sésamo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Culleredo embaixo do monte de San Cosme e forma parte do Val de Veiga. Segundo o IGE en 2016 tiña 548 habitantes (290 homes e 258 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes.

Torre de Celas de Peiro

A Torre de Celas de Peiro é o que queda en pé da fortaleza medieval de Vinseira, tamén coñecida como Torre de Vinseira Pequena ou Fortaleza dos Condes de Andrade. Sitúase na parroquia de Celas, no concello coruñés de Culleredo.

A fortaleza xa existía no ano 1395. Pertenceu á casa de Andrade, e aínda conserva escudo coas súas armas.

Veiga, Culleredo

San Silvestre de Veiga é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 382 habitantes (199 mulleres e 183 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 377 habitantes.

En Veiga está situada a antiga estación de Bregua que posteriormente foi apeadoiro de Renfe. O 27 de abril de 2006 deixaron de pasar trens por Bregua.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.