Cuevas del Almanzora

Cuevas del Almanzora é un concello da provincia de Almería. A súa extensión é de 263 km² e ten unha densidade de 49,52 hab/km². Está situada a unha altitude de 88 metros e a 97 quilómetros da capital da provincia, Almería. Segundo o INE, no ano 2010 contaba con 12.891 habitantes.

Xeografía

O concello de Cuevas del Almanzora sitúase no noreste da provincia de Almería. Limita ao norte con Huércal-Overa e Pulpí, ao sur con Vera e Antas, ao este co Mar Mediterráneo e ao oeste con Antas e Huércal-Overa, novamente. Ten unha extensión de 263 quilómetros cadrados e uns 14 quilómetros de costa.

Algúns dos accidentes xeográficos que conforman a xeografía do concello son o río Almanzora, o delta deste mesmo río e a Serra Almagrera ou a Serra de Almagro, na cal atópase o cerro Cucharón, de 711 metros de altura (a máxima elevación do concello).

Demografía

Número de habitantes no período 2000-2010.

Ano 2000 10.792
Ano 2002 10.155
Ano 2003 10.776
Ano 2004 11.001
Ano 2005 11.484
Ano 2006 11.422
Ano 2007 11.649
Ano 2008 12.596
Ano 2009 13.025
Ano 2010 12.891

Clima

As mesmas temperaturas adoitan manterse ao longo do ano, mentres que as precipitacións se concentran entre os meses de outubro ata abril, sendo a media anual de 200 mm. En ocasións as precipitacións móstranse en forma de chuvias torrenciais, dando lugar a riadas que, a finais do século XIX e no 1973 causaron o derbordamento do río Almanzora, inundando así cultivos e núcleos de poboación. Debido a esta última riada construíuse un sistema de canalización do río e unha presa para así controlar o seu caudal en períodos de alta pluviosidade.

Autoestradas e autovías

Barrios e pedanías

  • Alhanchete: 79 habitantes.
  • Aljarilla: 145 habitantes.
  • Arnilla: 29 habitantes.
  • Barrio Bravo.
  • Burgallana.
  • Burjulú: 239 habitantes.
  • Cañada de Lorca: 2 habitantes.
  • Cala Panizo: 7 habitantes.
  • Campos.
  • Cirera: 29 habitantes.
  • Comara.
  • Cuatro Higueras: 32 habitantes.
  • El Arteal: 18 habitantes.
  • El Calguerín: 59 habitantes.
  • El Calón: 47 habitantes.
  • El Largo: 150 habitantes.
  • El Martinete: 409 habitantes.
  • El Morro: 305 habitantes.
  • El Realengo: 448 habitantes.
  • El Rulador: 199 habitantes.
  • El Molino del Tarahal: 14 habitantes.
  • El Piojo.
  • El Tomillar: 3 habitantes.
  • Era Alta: 28 habitantes.
  • Grima: 43 habitantes.
  • Guazamara: 595 habitantes.
  • Jordana: deshabitado.
  • Jucainí: 149 habitantes.
  • La Algarrobina: 97 habitantes.
  • La Ballabona: 11 habitantes.
  • La Mulería: 124 habitantes.
  • La Portilla: 337 habitantes.
  • La Rioja: 8 habitantes.
  • Las Canalejas: 48 habitantes.
  • Las Cunas: 31 habitantes.
  • Las Cupillas: 68 habitantes.
  • Las Herrerías: 275 habitantes.
  • Las Orillas: 23 habitantes.
  • Las Rozas: 32 habitantes.
  • Los Algarrobos: deshabitado.
  • Los Guiraos: 184 habitantes.
  • Los Lobos: 378 habitantes.
  • Los Perdigones: 15 haitantes.
  • Los Pocos Bollos: 35 habitantes.
  • Los Silos: 4 habitantes.
  • Palomares: 1575 habitantes.
  • Pozo del Esparto: 102 habitantes.
  • Puente Jaula: 18 habitantes.
  • Villaricos: 664 habitantes.
  • El Vizcaíno: 20 habitanes.
  • Zutijar.
  • Los Uribes (inundado polo pantano)

Patrimonio artístico e monumental

Museos

  • Museo de Arte Contemporánea Antonio Manuel Campoy: o museo consta de diversas coleccións, entre as que destaca a de pintura, cunhas 400 obras de autores contemporáneos tan significativos como Picasso, Solana, Miró, Pedro Bueno, Tapies, Revello de Toro, Vela Zanetti, Cristóbal Toral, Matías Quetglas, César Enrique, Barceló, Benjamín Palencia, Álvaro Delgado, Lapayese, Clavé ou Redondela.
  • Sala Goya: exposición permanente de dúas carpetas de gravados de Goya, Los Proverbios o Disparates y Tauromaquia.
  • Cova-Museo: esta cova representa a forma de vida das covas de medidados do século XX, pero con todos os utensilios significativos.
  • Museo Sotomayor: Situado na Casa Figueras, está formado por catro salas de exposición permanente nas que se pode ver o ambiente de traballo do poeta, con mobiliario do seu propio despacho, comedor, dormitorio e biblioteca. Expóñense tamén máis de 200 obras literarias dos séculos XVIII y XIX, que compoñía a biblioteca persoal de Sotomayor, e unha serie de imáxenes, gravados e cadros do poeta.
  • Museo Arqueolóxico: Fuente Álamo é un sitio arqueolóxico prehistórico da Cultura de El Argar. O percorrido polas salas interpreta o territorio, o poboado e a vida e a morte dos habitantes deste lugar, que ocuparon estas terras durante máis de 600 años (desde hai 4.000 anos ata hai 3.300).

Castelo do Marqués dos Vélez

O Castelo do Marqués dos Vélez, símbolo de Cuevas del Almanzora, é un palacio fortaleza de estilo gótico mandado construír por Don Pedro Fajardo no século XVI, primeiro Marquesado dos Vélez, e restaurado posteriormente nos séculos XVIII y XX. Atópase situado no alto dunha colina, dominando a poboación, y consérvase en moi bo estado. Todo o conxunto está formado polo Palacio do Marqués, o anfiteatro, o patio empedrado e a Torre da Homenaxe, ademais de varias dependencias como o Museo Antonio Manuel Campoy e a Casa de la Tercia.

Casa da Tercia

A Casa da Tercia forma parte das dependencias do Castelo do Marqués dos Vélez. Foi levantada no século XVIII, presenta un estilo neoclásico, e na actualidade foi recentemente restaurado. No seu interior acolle o Arquivo Histórico Municipal, a Biblioteca e o Museo Arqueolóxico.

Patrimonio Artístico Relixioso

  • Igrexa de Nosa Señora da Encarnación (século XVIII): declarada Monumento Histórico Artístico Nacional en 1983
  • Capela do Carmen (século XIX): esta capela pertence á Igrexa de Nosa Señora da Encarnación.
  • Convento de San Antonio Abad (século XVII): coñecido como Hospital de San Antón por ter sido durante varios séculos hospital de beneficencia.
  • Convento de San Francisco (século XVII): foi fundado polo patrocinio do marqués don Fernando Fajardo e de súa nai, dona Mariana de Toledo. O comezo da súa construción foi en 1651, aínda que a primeira comunidade de frailes franciscanos estivo vivindo durante un ano na ermida de San Diego.
  • Igrexa de San Sebastián (século XVIII)
  • Ermida de San Diego (século XVI-XVII)

Sitios arqueolóxicos

  • Sitio arqueolóxico fenicio de Baria (Villaricos): ocupado desde o século VIII a.C. polos fenicios, gregos, cartaxineses, romanos (nesta época crese que en realidade se localizaba en Urci), visigodos, bizantinos, pobos islámicos...
  • Sitio de Fuente Álamo: da Cultura del Argar.
  • O poboado de Almizaraque de Las Herrerías: sitio arqueolóxico da Cultura del Argar.
  • Cova da Zájara I y II: nelas descubríronse importantes restos pertencentes aos períodos Musteriense do Paleolítico y ao Paleolítico Superior, que confirman o paso de numerosas civilizacións xa desde a prehistoria. Son dous, a Zájara I e a Zájara II, e foron descubertas por Luis Siret a principios do século XX.
  • Los Algares: conxunto de covas prehistóricas.

Arquitectura mineira

  • Ruínas mineiras do Barranco do Jaroso: foi o maior distrito mineiro de prata nativa e arxentífera de toda Europa no século XIX.
  • Máquina de Vapor Fixa de Extracción de mineral: é a máis antiga de España e declarada Ben de Interés Cultural.
  • Poboado mineiro de El Arteal
  • Torre La Atalaya
  • Cargadeiro de Cala de las Conchas
  • Fundición San Francisco Javier ou Huelín (Palomares)
  • Fundición Fábrica Nueva
  • Fundición La Invencible
  • Pozo Alianza (Las Herrerias)
Abla

Abla é unha localidade e concello da provincia de Almería, na comunidade autónoma de Andalucía, situado na comarca de Filabres-Tabernas, a 65 km da capital de provincia, Almería.

En 2013 tiña 1 422 habitantes, a súa extensión superficial é de 45,24 km² e tiña unha densidade de 31,43 hab/km².

Almería

Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.

A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o Mar Mediterráneo. Con arredor de 190.000 habitantes segundo o censo de 2008, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ao seu porto e aeroporto internacionais.

Berja

Berja é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. No ano 2010 contaba con 15.325 habitantes. A súa extensión superficial é de 218 km² e ten unha densidade de 66,3 hab/km². Os seus coordenadas xeográficas son 36º 51' N, 2º 57' O. Atópase situada a unha altitude de 335 metros e a 52 quilómetros da capital de provincia, Almería.

O termo municipal de Berja, linda ao leste limita cos municipios de Dalías e El Ejido, ao sur co de Adra, ao oeste coa provincia de Granada, e ao norte cos municipios de Alcolea, Laujar de Andarax e Fondón.

Destaca a presenza de numerosos mananciais, ao redor dos cales articúlanse os distintos barrios e centros. O insigne Manuel Gómez Moreno destacou este feito: alí onde había auga, e a terra era propicia, o home tomaba asento. Desde os poetas árabes, ata os viaxeiros románticos do século XIX (Richard Ford, Pedro Antonio de Alarcón), sempre se fai mención á auga en Berja.

Os seus barrios son entre outros: Castala, Benejí, Alcaudique, Río Grande, Río Chico, Hirmes, San Roque, Balanegra y La Peñarrodada.

Enix

Enix é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. En 2014 contaba cunha poboación de 440 habitantes.

A localidade atópase situada a unha altitude de 716 msnm e a unha distancia de 26,7 km da capital de provincia, Almería. Ademais da capital hai outra localidade dentro do municipio, El Marchal de Antón López, situada a 6 km de Enix e a unha altitude de 900 msnm.

Garrucha

Garrucha é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. En 2014 contaba cunha poboación de 8.632 habitantes.

Atópase situada na Costa de Almería, a unha altitude de 24 msnm e a 83 km da capital de provincia, Almería. Limita ao norte e oeste co municipio de Vera, ao sur con Mojácar e ao leste co mar Mediterráneo.

Huércal-Overa

Huércal-Overa é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. Tiña unha poboación de 18.530 habitantes en 2015.

Situada na conca do río Almanzora, é a capital da comarca do Levante Almeriense, próxima xa ao límite coa Rexión de Murcia.

As súas principais actividades produtivas son a gandería porcina, a améndoa, os cítricos, construción, distribución e tradicionalmente tamén o foi a produción dos encaixes de artesanía.

La Bella Dorita

María Yáñez García, coñecida como La Bella Dorita, nado en Cuevas del Almanzora (Almería) o 23 de febreiro de 1901 e finada en Barcelona o 27 de xuño de 2001, foi unha cantante e bailarina de cabaré española.

Levante Almeriense

O Levante Almeriense é unha comarca española situada na provincia de Almería, en Andalucía. Sitúase na zona oriental da provincia, no límite coa Rexión de Murcia, na costa mediterránea.

Luis Siret

Luis Siret y Cels nado en Sint-Niklaas, o 26 de agosto de 1860 e falecido en Las Herrerías, o 7 de xuño de 1934 foi un enxeñeiro e arqueólogo de orixe belga.

Mojácar

Mojácar é un concello andaluz, na costa leste da provincia de Almería. Cunha extensión de 72 km² e con 6.092 habitantes, é un concello eminentemente turístico, cun núcleo tradicional no interior e un gran conxunto de instalacións hoteleiras ao longo da praia.

Níjar

Níjar é un municipio español pertencente á provincia de Almería, en Andalucía. No ano 2006 o municipio tiña 26.070 habitantes. A súa superficie é de 601 km² e a súa densidade, de 43,4 hab/km². A localidade de Níjar atópase situada a unha altitude de 356 metros e a 32 quilómetros da capital de provincia, Almería.

Palomares

O topónimo castelán Palomares (pombais) pode referirse a:

a localidade andaluza de Palomares, do municipio de Cuevas del Almanzora (provincia de Almería);

a localidade andaluza de Palomares, do municipio de Rute (provincia de Córdoba);

a localidade castelá de Palomares, do municipio de Béjar (provincia de Salamanca);

a localidade castelá de Palomares de Alba, do municipio de Alba de Tormes (provincia de Salamanca);

o concello de manchego de Palomares del Campo (provincia de Cuenca);

o concello andaluz de Palomares del Río (provincia de Sevilla);

a localidade canaria de Los Palomares, do municipio de Los Llanos de Aridane (Tenerife);

a localidade de Sobradillo de Palomares, do municipio de Pereruela, (provincia de Zamora);O apelido Palomares é levado por:

o ciclista valenciano Adrián Palomares;

o cantante e compositor mexicano Gabino Palomares;

o indíxena mexicano Fernando Palomares;

o sacerdote protestante valenciano Francisco Palomares;

a independentista cubana Luz Palomares;

o escritor venezolano Ramón Palomares.

Palomares, Almería

Palomares é unha pedanía do municipio de Cuevas del Almanzora pertencente á provincia de Almería, en Andalucía.

Pulpí

Pulpí é un concello da provincia de Almería, Andalucía, en España. No ano 2006 contaba con 7.537 habitantes. A súa extensión é de 96 km² e contaba cunha densidade de poboación de 79.2 hab/km², situada a unha altitude de 197 metros e a 121 quilómetros da capital da provincia, Almería. As súas principais actividades económicas son a agricultura, a construción, a gandería e o turismo. Experimentou un gran desenvolvemento urbanístico nos últimos anos, mesmo na costa, ata tal punto que os baixos quedan alagados pola auga cando hai temporalTradicionalmente o comercio do esparto foi unha actividade importante para parte dos habitantes do concello, denominados peregrines, actuaban de intermediarios entre os cultivadores e os mercadores de Murcia e Águilas

Roquetas de Mar

Roquetas de Mar é un concello español, situado na provincia de Almería, en Andalucía. No ano 2010, contaba con 85.808 habitantes, formando parte da área metropolitana de Almería-Poñente. A súa extensión superficial é de 60 km² e ten unha densidade de 1.430,13 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 10 metros e a 19 quilómetros da capital de provincia, Almería.

Río Almanzora

O Almanzora é un río de 105 km de lonxitude que corre pola provincia de Almería, na comunidade andaluza, no sueste de España. Desauga directamente no Mar Mediterráneo.

Vera, Almería

Vera é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. Atópase a 92 km de Almería, no leste da provincia. En 2014 tiña 15.018 habitantes.

O termo municipal limita ao norte con Cuevas del Almanzora, ao sur con Garrucha, Mojácar, Turre e Los Gallardos, e ao oeste con Antas. O concello ten sete quilómetros de praia (a de Puerto Rey e a de El Playazo). Preto da costa atópase a lagoa de Puerto Rey, declarada recentemente reserva natural.

Entre os seus monumentos destacan a igrexa fortaleza da Nosa Señora da Encarnación, o Convento dos Pais Mínimos, a Capela de San Agustín, as ermidas da Nosa Señora das Angustias, San Ramón e a Virxe das Hortas, a praza de touros, a Fonte dos Catro Caños, o Cerro do Espírito Santo e a Glorieta. Ademais, en Vera hai un museo etnográfico e arqueolóxico.

Zurgena

Zurgena é un concello da provincia de Almería, España que se encontra situado na conca baixa do río Almanzora. No ano 2005 contaba con 2.288 habitantes distribuídos en 72 km² o que da unha densidade de 31.8 hab/km². Está situada a unha altitude de 248 metros e a 95 quilómetros da capital da provincia, Almería. Crúzao o río Almanzora

A poboación divídese entre a capital do concello e os casaríos La Alfoquía, Los Carasoles, El Cucador, Los Llanos del Peral, Los Puntales, Los Menchones, Las Cabreras e Palacés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.