Cuenca, España

Cuenca[1] é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.

Coordenadas: 40°4′N 2°9′O / 40.067, -2.150

Cuenca
Bandera de Cuenca
Escudo de Cuenca
Casas Colgadas Concello
Panorámica do casco antigo
Convento de San Pablo Catredral Deputación provincial
Hoz del Huécar Casco antigo
Localización
Cuenca, Spain location
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaCuenca
ComarcaSerranía Media
Xeografía
Altitude686 msnm
Superficie911,06 km²
Demografía
Poboación56.189 hab. (2010)
Densidade61,67 hab./km²
Xentilicioconquense
Outros datos
Código postal16000
AlcaldeJuan Ávila (PSOE)
www.cuenca.es

Xeografía

A cidade divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a cidade antiga, situada sobre un cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao Norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, desembocando este último no primeiro na parte baixa da cidade antiga, pouco antes do chamado Ponte de San Antón. Ao oeste e sur da cidade antiga, e separada polo río Huécar, esténdese a cidade nova en dirección norte-sur. A altitude da cidade oscila entre os 920 metros da cidade nova e os pouco máis de 1.000 da parte máis alta da cidade antiga.

Clima

Climograma de Cuenca.

O clima de Cuenca é mediterráneo continental, con temperaturas frías no inverno e suaves no verán, cunha importante oscilación térmica diaria durante todo o ano, máis acusada nos meses de máis calor. As precipitacións son máis abundantes que na súa contorna debida á orografía montañosa da Serranía de Cuenca, polo que se superan os 500 mm. presentando un mínimo de choivas nos meses de verán.

Observatorio de Cuenca[2]
1971?2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 9,4 11,4 14,2 15,7 20,1 25,9 30,7 30,3 25,5 18,6 13,1 10,0 18,8
Temp. mínima (°C) -0,7 0,2 1,7 3,9 7,6 11,7 14,7 14,8 11,3 6,8 2,7 0,7 6,3
Precipitacións (mm) 45 41 32 56 60 44 15 17 37 53 49 58 507

As marcas de temperatura rexistrados no Observatorio de Cuenca son os 39,6° do 30 de xullo de 1981 e os -17,8° do 3 de xaneiro de 1971.

Historia

Non se coñece con precisión a orixe histórica da cidade. No século IX existía unha fortaleza árabe, denominada Conca, e dependente do emirato de Valencia, xa na época dos reinos taifas, e que, posteriormente pasou ao poder do rei sevillano Al-Maramit. Logo caeu dentro do dominio almorábide. Foi tomada por Afonso VIII en 1177. Foi Afonso X quen concedeu o título de cidade a Cuenca.

Durante a Guerra de Independencia española foi asediada e saqueada polas tropas francesas; sorte que tamén correu durante a Terceira Guerra Carlista en 1874.

Lugares de interese

Cidade histórica fortificada de Cuenca
Vista de Cuenca 076
Vista da parte alta de Cuenca
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización40°04′35.8″N 2°07′54.3″O / 40.076611, -2.131750
TipoCultural
CriteriosII, V
Inscrición1996 (20ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador781

A parte amurallada de Cuenca foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade:

  • Catedral;
  • Casas Colgadas, nunha das súas casas ten a súa sede o Museo de Arte Abstracta Española;
  • Ermida da Virxe das Angustias;
  • A ponte de San Pablo desde onde se poden ollar ben as Casas Colgadas, xunto ao Parador de Turismo de Cuenca.

Entre os varios edificios relixiosos destacan o Seminario, a igrexa de San Pedro, as ruínas da Igrexa de San Pantaleón, as ruínas do castelo co Arco de Bezudo, o convento de San Paulo -hoxe Parador nacional-, a igrexa da Santa Cruz, a igrexa de San Felipe Neri, a igrexa de San Andrés, a igrexa do Salvador, a igrexa de San Antón e a igrexa de San Nicolás.

Festas

  • Festas de San Mateo, do 18 ao 21 de setembro (declarada de interese turístico rexional). Son as festas que rememoran a conquista de Cuenca por Afonso VIII de Castela. Nestes días as penas enchen as rúas de casco antigo da cidade de colorido, música e a tradicional "zurra", unha bebida feita a base de viño, froitas e outros segredos. Tamén corren vaquillas na Praza Maior.
  • Semana Santa de Cuenca[3][4], declarada de Interese Turístico Internacional.
  • Feira e festas de San Xián, a finais de agosto.

Cidades irmás

A cidade de Cuenca está irmandada cas seguintes cidades:

Galería de imaxes

Cuenca-panoramica4

Panorámica de Cuenca, ponte de San Pablo, Casas Colgadas e Catedral.

Hanging houses in Cuenca Spain

Casa do Século XV en Cuenca.

A Black and White Photo of the Cuenca Cathedral in Spain.jpeg

Catedral de Cuenca

Catedral cuenca

Catedral de Cuenca

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conquense.
  2. Rexistros históricos da estación de Cuenca (1971-2000) Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
  3. "A Semana Santa e a Xunta de Confrarías de Cuenca". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2009.
  4. Cuenca e a súa Semana Santa

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alonso

Alonso é un nome masculino e apelido castelán de orixe xermana. Provén do xermánico Adelfuns, composto por unha raíz gótica ath-, que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). No castelán deu Alonso, no francés Alphonse (e de aí se reintrodución ó castelán como Alfonso, trala entronización dos Borbóns en España) e no galego e no portugués Afonso. En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente a forma castelanizada ca a propia Ao se tratar dun patronímico moitos fidalgos colleron como apelido o nome de sei pai, polo que todos os Alonso non teñen a mesma orixe.

As orixes máis antigas fican en Burgos, Asturias e Galicia. De aí se estenderon ao resto da península na reconquista e de aí a América. As rexións con máis concentración de Alonsos son Asturias e Cantabria.

Antonio Saura

Antonio Saura, nado en Huesca o 22 de setembro de 1930 e finado en Cuenca o 22 de xullo de 1998, foi un artista español, irmán do director de cine Carlos Saura e tío do produtor cinematográfico Antonio Saura.

Casa

Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polo seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos. Pode organizarse nunha ou varias plantas: normalmente non superando as tres alturas. Pode tamén dispoñer dun rocho ou un semirocho, e dunha cuberta superior transitable, denominada azotea. Se dispón de terreo suficiente, pode contar tamén con patio e xardín. Algunhas poden ter terraza.

É o lugar no que historicamente se desenvolveron as actividades e relacións específicas da vida social ou familiar, desde o nacemento á morte de moitos dos seus compoñentes. Ademais é o lugar onde almacenar os aparellos e propiedades dos seus habitantes.

O paradigma máis estendido da casa urbana actual, corresponde á tipoloxía de casas apegadas que proliferan nas novas promocións inmobiliarias. Componse de dous ambientes: o de día, coa sala de estar como espazo ou habitación principal a cal, habitualmente fai as funcións de comedor constituíndo unha peza polifuncional chamada comedor-estar, onde se reúnen e fan varias actividades os diferentes membros da familia. O ámbito nocturno, ou de descanso fórmano as diferentes habitacións, a principal é a dos xefes de familia e as outras son as dos fillos, que poden compartir con outros inquilinos da casa como algún avó ou outros parentes ou amigos. Este paradigma ideal que forma a casa urbana de entre 70 a 100 metros cadrados de superficie co comedor-estar, cociña e dúas, tres ou ata catro dormitorios, un baño e outro baño pequeno (chamado lavabo ou aseo) etc., nunha casa apegada ou, con maior frecuencia, nun piso dentro dun edificio plurifamiliar atopámolo na base do urbanismo actual, como un índice estatístico fundamental para a planificación do crecemento urbano.

A casa ou a vivenda familiar é o principal produto e, xa que logo, a base da industria da construción e de todo o sector económico derivado que vai desde as fábricas de materiais de construción ata as axencias inmobiliarias ou as tendas de utensilios.

Pero por encima de todo, a casa é o lugar da vida familiar, consecuentemente, na súa organización espacial e no seu deseño reflicte as formas de vida e de organización social. A casa aglutina o conxunto de significado e significantes máis amplo da vida privada. É neste sentido que moitos autores (ver bibliografía) ven a casa como o resultado histórico dun proceso cultural, o reflexo dunha sociedade determinada, por exemplo, a Uma que ilustra este artigo, é a casa comunal tradicional do pobo mentawai de Indonesia e reflicte un esquema organizativo local propio dunha cultura moi diferente da nosa, a casa xaponesa, o Yurt dos pobos siberianos, o Tippi dos indios das pradeiras dos Estados Unidos etc., reflicten as correspondentes culturas, con matices e diferenzas ata a nivel rexional.

Tamén se denomina casa a algúns edificios destinados a servizos comunitarios, como a Casa consistorial, a casa de beneficencia, a casa de empeños, a casa de maternidade, a casa de socorro; a sedes institucionais principais, como a Casa Branca ou a Casa Rosada, ou ata ás de mala reputación, como as casas de camas, casas de citas etc.

En contraposición á casa, adóitase denominar piso (apartamento ou departamento) á vivenda unifamiliar que forma parte dunha edificación maior, normalmente de varias alturas.

Ciudad Encantada

A Ciudad Encantada é unha paraxe natural de formacións rochosas calcarias formadas ó longo de miles de anos. Localízase preto de Valdecabras, no termo municipal de Cuenca (España), nunha ampla zona de piñeirais da parte meridional da serranía conquense e a unha altitude de 1.500 metros. Está situada nunha leira privada á cal se pode acceder previo pago de 5€.

Foi declarada Sitio Natural de Interese Nacional o 11 de xuño de 1929. A acción da auga, o vento e o xeo fixo posible este fenómeno cárstico. A heteroxeneidade das rochas en canto á súa morfoloxía, composición química e grao de dureza é o que permitiu o desgaste desigual das mesmas polos elementos atmosféricos. Ás caprichosas e espectaculares formacións existentes hai que sumar lapiaces, torcas e sumidoiros.

Comparte estas características especialmente con "Los Callejones", paraxe situada no termo municipal de Las Majadas. Ambos os lugares forman parte do Parque natural Serranía de Cuenca, creado mediante a Lei da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha 5/2007.

Conan o bárbaro (filme)

Conan o bárbaro (en inglés: Conan the Barbarian) é un filme fantástico estadounidense dirixido e coescrito por John Milius que foi estreado en 1982. Está baseado nas historias de Robert E. Howard, un escritor de ficción pulp da década de 1930, que tratan das aventuras do personaxe epónimo nun mundo ficticio de maxia negra e violencia. Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger e James Earl Jones, e conta a historia dun mozo bárbaro (Schwarzenegger) que busca vinganza pola morte dos seus pais a mans de Thulsa Doom (Jones), o líder do culto da serpe. Buzz Feitshans e Raffaella De Laurentiis produciron o filme para o pai dela, Dino De Laurentiis, con Edward R. Pressman como produtor executivo. Basil Poledouris compuxo a banda sonora.

A idea dun filme de Conan propúxose a comezos da década de 1970; Pressman e o produtor asociado Edward Summer comezaron a sumar esforzos para sacar adiante o filme en 1975. Levoulles dous anos obter os dereitos do filme, despois do cal contactaron con Schwarzenegger para o papel principal e con Oliver Stone para crear o guión. Pressman carecía do capital preciso para levar a cabo o proxecto, e en 1979, logo de que as súas propostas para obter financiamento fosen rexeitadas polos grandes estudios, vendeu o proxecto a Dino De Laurentiis. Milius foi nomeado como director e reescribiu o guión de Stone. O guión definitivo integrou escenas das historias de Howard e de filmes como Kwaidan e Os sete samurais. A rodaxe fíxose en España durante cinco meses en localizacións de Madrid e Almería. Os escenarios, deseñados por Ron Cobb, estaban baseados nas culturas dos anos escuros e nos debuxos de Frank Frazetta sobre Conan. Milius evitou os efectos ópticos, preferindo realizar as súas ideas con construcións mecánicas e ilusións ópticas. Schwarzenegger realizou a maioría das súas escenas de acción, e dous tipos de espadas, cun valor de 10 000$ cada unha, foron forxadas para o seu personaxe. O proceso de montaxe demorouse máis dun ano e moitas escenas violentas foron eliminadas.

Conan o bárbaro foi un éxito comercial para os seus impulsores, recadando máis de 100$ millóns en todo o mundo, aínda que os ingresos estiveron por debaixo do nivel que cualificaría o filme como blockbuster. O filme supuxo o recoñecemento internacional de Schwarzenegger. Conan foi estreado tamén en formato de vídeo, cuxas vendas incrementaron a súa recadación total até máis de 300$ millóns no ano 2007. O éxito permitiu a creación dunha secuela en 1984, Conan o destrutor.

Estreouse en galego o 18 de febreiro de 1989 a través da TVG.

Edificio sen rematar

Un edificio sen rematar é unha construción ou calquera estrutura arquitectónica (como unha casa, unha ponte, unha estrada ou unha torre) que foi abandonada, suspendida por un período de tempo ou que unicamente existe en planos.

Tamén pode referirse a un edificio no comezo da súa construción, en especial aqueles nos que esta foi atrasada ou o traballo na obra progresou a un ritmo moi vagaroso.

Moitos proxectos de construción ou de enxeñería quedaron sen terminar en diversas etapas do seu desenvolvemento. O traballo puido quedar nun plano e nunca ser realizado ou abandonado durante a súa construción.

Un dos edificios máis coñecidos aínda sen rematar é a Basílica da Sagrada Familia de Antoni Gaudí, que está situada na cidade de Barcelona. A súa construción comezou en 1882 e prevese que a data da súa finalización, tendo en conta o ritmo actual, sexa no ano 2026.

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Estadio La Fuensanta

O Estadio La Fuensanta é un estadio de fútbol da cidade de Cuenca, España, onde xoga os seus partidos como local a Unión Balompédica Conquense.

Foi construída sobre uns terreos cedidos por Federico Muelas ao Concello para uso deportivo. O estadio conta, ademais do terreo de xogo, cunha pista de atletismo de arxila, unha tribuna e unha bancada no outro costado do campo e non ten fondos. Como instalacións anexas conta cun polideportivo construído en 2007 pola doazón capital da familia Yufera Recuenco sobre un antigo campo de terra. Tamén se construíron este mesmo ano un campo de fútbol 7 de herba artificial no que antes era unha pista de tenis, un campo de fútbol sala e unha piscina. Estas instalacións están preparadas para ser usadas pola Universidade que se atopa a escasos metros do estadio.

Fermina Oliva

Fermina Oliva y Ocaña, nada en Uclés, Cuenca o 12 de outubro de 1872 e finada en Madrid o 28 de marzo de 1969, foi unha dos dez pasaxeiros españois que embarcaron no famoso transatlántico RMS Titanic en abril de 1912. Fermina Oliva era a dama de compañía do millonario matrimonio español conformado por Víctor Peñasco y Castellana (finado a bordo do barco) e a súa dona María Josefa Pérez de Soto y Vallejo Peñasco (que sobreviviu ao afundimento, e finou en 1972 aos 83 anos).

Juan Bautista Martínez del Mazo

Juan Bautista Martínez del Mazo, nado posiblemente en Beteta (Cuenca) cara ao 1605 e finado en Madrid en 1667, foi un pintor español, discípulo de Velázquez, que formou parte da chamada Escola de Madrid.

Juan Ávila

Juan Manuel Ávila Francés, nado en Cuenca o 24 de maio de 1967, é un político español, membro do PSOE e alcalde de Cuenca desde 2011.

Nacido en Cuenca, pasou parte da súa infancia en Huete, o pobo dos seus pais, onde cursou estudos de Educación Básica. Máis tarde trasladouse a Cidade Real, onde realizou os seus estudos de Bacharelato e con 17 anos mudouse coa súa familia a Cuenca, onde fixo COU. En Madrid licenciouse en Ciencias Económicas e Empresaiais na Universidade Autónoma de Madrid. Entre 1993 e 2001 traballou como asesor do Defensor do Pobo, até que foi nomeado Delegado da Consellaría de Benestar Social da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha en Cuenca baixo o goberno de José Bono.

Membro do PSOE, en 2003 foi elixido concelleiro polo PSOE no Concello de Cuenca, sendo nomeado tenente de alcalde en 2005 polo entón alcalde José Manuel Martínez Cenzano, até a vitoria do PP nas eleccións municipais de 2007. Entre 2007 e 2011 desempeñou o cargo de Presidente da Deputación Provincial de Cuenca.

En outono de 2010 presentou a súa candidatura ás eleccións municipais do 22 de maio de 2011, gañando os comicios por maioría absoluta, obtento 13 concelleiros fronte a 12 do candidato do PP e daquelas alcalde, Francisco Javier Pulido. Desde o 11 de xuño de 2011 ostenta o cargo de alcalde do concello de Cuenca.

Julián Elvira

Julián Elvira é un frautista español, coñecido pola invención da frauta prónomo. É considerado por algúns críticos como o nome de referencia no que respecta á música contemporánea e de vangarda no Estado español, realizando estreas de numerosas composicións, entre as que destaca a estrea española do ciclo Carceri d’Invenzione de Brian Ferneyhough, e facéndoo adicatario de numerosas obras para frauta.

Julián Zarco-Bacas

Eusebio Julián Zarco-Bacas y Cuevas, nado en Cuenca o 27 de xullo de 1887 e finado en Paracuellos de Jarama o 30 de novembro de 1936, foi un sacerdote católico e historiador español, membro da Orde de Santo Agostiño, bibliotecario do Mosteiro do Escorial e membro da Real Academia da Historia. Foi asasinado ao comezo da Guerra Civil Española xunto con outros 50 presos, e é considerado mártir pola Igrexa Católica, sendo beatificado xunto a outros 497 mártires polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007.

Premio da Crítica de poesía castelá

O Premio da Crítica Española foi creado no ano 1956 e concédese ós mellores libros de narrativa e poesía publicados en España ó longo do ano anterior nas catro linguas do Estado (castelán, catalán, éuscaro e galego). O xurado está formado normalmente por 22 membros da Asociación Española de Críticos Literarios. É un galardón sen dotación económica.

Sedimentación

Para a sedimentación en xeoloxía, véxase Rocha e Rocha sedimentaria.

A sedimentación é o proceso polo cal o sedimento en movemento se deposita.

Un tipo común de sedimentación ocorre cando o material sólido, transportado por unha corrente de auga, deposítase no fondo dun río, un encoro, un canal artificial ou nun dispositivo construído especialmente para tal fin (por exemplo, nunha estación depuradora de augas residuais).

Toda corrente de auga, caracterizada polo seu caudal, velocidade e forma da sección, ten unha capacidade de transportar material sólido en suspensión e outras substancias en disolución. O cambio dalgunha destas características da corrente pode facer que o material transportado se deposite ou precipite; ou que o material existente no fondo ou nas marxes do leito sexa erosionado.

Posto que a maior parte dos procesos de sedimentación prodúcense baixo a acción da gravidade, as áreas elevadas da litosfera terrestre tenden a seren suxeitas predominantemente de fenómenos erosivos, mentres que as zonas deprimidas están suxeitas predominantemente á sedimentación. As depresións da litosfera na que se acumulan sedimentos, denomínanse concas sedimentarias.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Unión Balompédica Conquense

A Unión Balompédica Conquense, habitualmente coñecida como Conquense, é un club de fútbol de España, da cidade de Cuenca, en Castela-A Mancha. Foi fundado en 1946 e xoga na Terceira División Española.

Uña

Uña pódese referir a:

Unlla ou uña, placa córnea na que remata o extremo dos dedos dos vertebrados terrestres.

Pezuño, por extensión, o pé de certos animais criados pola súa carne.

Por extensión, punta saínte na que rematan algunhas cousas e que pode recordar as uñas dos dedos.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.