Cuarcita

A cuarcita, ás veces chamada metacuarcita, é unha rocha metamórfica dura cun alto contido de cuarzo,[1][2] de textura non foliada.[3] A súa coloración pode ser branca, gris, rosada o avermellada.[1][4]

Sample of Quartzite
A cuarcita ten unha superficie granulada, como papel de lixa, que lle dá unha aparencia vidrosa.

Na súa composición, a maioría das cuarcitas chegan a ter máis do90 % de cuarzo e algunhas incluso 99 %.[1]

View of Doso Doyabi from Wheeler Peak
Cuarcita da formación da Prospect Mountain, no pico Jeff Davis, en Nevada, Estados Unidos.

O termo cuarcita a miúdo é usado erroneamente[5] para designar á cuarzoarenita ou ortocuarcita, rocha sedimentaria cementada con sílice que precipitou de augas intersticiais durante a súa diaxénese.[1][2]

Biface Stellenbosch MHNT PRE 2009.0.195.1 Global fond
Bifaces de cuarcita encontrados en Stellenbosch, Suráfrica.
Quartzite 2 jpg
Mostra de cuarcita.

Formación

A cuarcita fórmase por recristalización a altas temperaturas e presións.[1] É unha rocha carente de foliación.[3] Se presenta capas de folliñas paralelas de mica branca a rocha adquire unha estrutura xistosa e pasa a chamarse xisto de cuarzo.[1][4]

A súa meteorización é lenta e produce solos inusualmente delgados. A súa resistencia á erosión fai que formacións de cuarcita sobresaian na paisaxe, como é o caso de numerosas cristas nos montes Apalaches,[1][4] ou, a menor escala, no val do río Ulla no lugar de Gundián.

Usos

A cuarcita pura emprégase como unha fonte natural de cuarzo para procesos metalúrxicos e para fabricar ladrillos de sílice.[1][4]

Na industria úsase cuarcita de alta pureza para fabricar ferrosilicio, aliaxes de ferro e silicio nas que o contido en silicio varía entre o 15 e o 90 %, sendo as máis utilizadas as que conteñen o 75 % de silicio, xa que representan os 3/4 do uso do silicio (excluíndo o SiO 2) e o 20 % da produción de aliaxes ferrosas.[6] A este respecto cabe destacar que a fábrica da FerroAtlántica de Cee, a de maior antigüidade e cabeceira do complexo industrial Cee-Dumbría, ten unha capacidade anual de produción de 18.000 t de ferrosilicio (ademais de 37.000 de silicomanganeso, 55.000 de ferromanganeso, 6.000 de pasta de eléctrodos e 3.000 de microsílice).[7]

As cuarcitas úsanse tamén como balasto* en camiños e vías férreas.[1] Outros usos son como rocha ornamental na construción e para facer esculturas.[2][3]

Cómpre dicir tamén que, durante a Idade de pedra a cuarcita era usada como un substituto de menor cualidade para o sílex.[8]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 quartzite, Encyclopedia Britannica Academic Edition. Consultada o 2 de maio de 2015.
  2. 2,0 2,1 2,2 kvartsit Den Store Danske Encyklopædi. Consultada o 2 de maio de 2015.
  3. 3,0 3,1 3,2 Quartzite Arquivado 02 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Powell, Darryl. Mineral Information Institute. Consultadao o 2 de maio de 2015.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Kvartsitt Store norske leksikon. Consultada o 2 de maio de 2015.
  5. Ireland, H. A. (1974). "Query: Orthoquartzite????". Journal of Sedimentary Petrology 44 (1): 264–265. doi:10.1306/74D729F0-2B21-11D7-8648000102C1865D.
  6. SfC (ed.). "Description du silicium sur SFC.fr". Consultado o 6 de maio de 2015.[Ligazón morta]
  7. FerroAtlántica Arquivado 05 de maio de 2015 en Wayback Machine. (en castelán).
  8. Raw material Arquivado 29 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Stone Age Reference Collection, Institute for archeology, University of Oslo, Norway

Véxase tamén

Outros artigos

Barbadás

Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barbadés ou barbalatense.

Cabo de Peñas

O cabo Peñas (en asturiano: Cabu Peñes) é o cabo máis setentrional do Principado de Asturias, e está situado no concello de Gozón. Está composto por roca cuarcita armoricana cunha marcada resistencia á abrasión.

Cenlle

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)

Cuarcita armoricana

A cuarcita armoricana (denominada tamén como cuarcita ordovícica) é unha formación xeolóxica composta por cuarcitas e cuarzoarenitas con cemento silícico, que se formou no ordovícico inferior.

É unha formación rochosa moi típica dos macizos, como no macizo Ibérico (nas zonas Asturoccidental-Leonesa, Cantábrica, Centroibérica e Ossa-Morena) e no macizo Armoricano, que é o que lle dá o nome, xa que este procede das descricións realizadas neste macizo situado na antiga Armórica, rexión xeolóxica da Bretaña.

Estrutura Richat

A chamada estrutura Richat, unha forma circular no Deserto do Sáhara de Mauritania, atraeu a atención dende as primeiras misións espaciais debido a que conforma un marcado ollo escuro na vastedade erma e monótona do deserto. Descrita por algúns coma unha prominente amonita no deserto, a súa visibilidade (ten un diámetro de case 50 quilómetros) converteuse nunha referencia para as tripulacións espaciais. Inicialmente interpretouse coma o impacto dun meteorito debido ó seu alto grao de cirularidade, inda que agora pénsase que non é máis ca un afloramento simétrico dun anticlinal amosado pola erosión. As bases resistentes inferiores que a rodean están formadas por cuarcita do Paleozoico.

O texto orixinal procede do Observatorio terrestre da NASA

Fernando Vilariño

Fernando Vilariño Gosende, nado en Cuntis en 1977, é un escultor e canteiro galego. Reside en Mondoñedo.

Freituxe, Bóveda

Santiago de Freituxe é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 28 habitantes (18 homes e 10 mulleres), distribuídos nas entidades de Covelo, Freituxe e A Vila, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 41 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 51 habitantes.

Limita coas parroquias de Laiosa ao norte, Piño ao sur, Canedo e A Ferreirúa ao leste, e Guntín e Mosteiro ao oeste.

Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2018 tiña 14 236 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés

ou gondomarense.

Grava

En xeoloxía e na construción denomínase grava ou grixo ás partículas rochosas de tamaño comprendido entre 2 e 64mm, aínda que non existe unidade de criterio para o límite superior. Poden ser producidas polo ser humano, nese caso denomínase "pedra partida". Neste caso, ademais, adoita suceder que o desgaste natural producido polo movemento nos leitos de ríos xera formas redondeadas e denomínanse seixos ou croios. Porén, existen tamén casos de grixos naturais que non son croios.

Estes áridos son partículas granulares de material pétreo de talle variable. Este material orixínase por fragmentación das distintas rochas da cortiza terrestre, xa sexa de xeito natural ou artificial. Neste último caso actúan os procesos de chancado e esnaquizado empregados nas respectivas plantas dolomita, basalto, pedra de gra, cuarzo e cuarcita.

Igrexafeita, San Sadurniño

Santa María de Igrexafeita é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 204 habitantes (99 homes e 105 mulleres) distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, cos seus datos por columnas (P: provincia; C: A Coruña; L: Lugo; O: Ourense; P: Pontevedra).

Micerinos

Menkaure, Micerinos. (2532 - 2503 a.C.) foi o penúltimo faraón da dinastía IV. Construtor da terceira pirámide do conxunto de Gizeh. Fillo de Quefrén e neto de Queops.

O que sabemos da súa vida son datos de carácter anecdótico que lle debemos a Herodoto, que o define coma un monarca moi piadoso e xusto gobernante. O seu complexo piramidal escavouno George Reisner aínda que a pirámide xa fora asiduamente visitada dende o século XIX, incluído o Coronel Howard Vyse que sacou o sartego da súa situación e tratou de levalo a Inglaterra por mar, pero o barco que o trasladaba o Beatrice naufragou en outubro de 1838 fronte ás costas españolas, preto de Cartaxena.

A pirámide, moito menor que as dos seus antecesores, sufriu varios cambios durante a súa construción dende o seu plan orixinal, e posiblemente xamais foi acabada. No complexo piramidal acháronse varias estatuas en diversas formas de representación como as Tríades, algunhas representado xunto coa súa esposa Khamerernebty II. Destaca unha Tríade atopada pola expedición de Harvard-Boston no templo do Val do rei en 1908, feita en cuarcita gris e onde aparece representado coa deusa Hathor e a personificación do nomo XVII do Alto Exipto.

Monte Errigal

O monte Errigal (en irlandés: An Earagail), é unha montaña que se atopa preto de Gaoth Dobhair, no condado de Donegal, en Irlanda. Trátase do pico máis alto das Montañas Derryveagh e tamén de todo o condado. Errigal é tamén o monte máis meridional e elevado da cadea montañosa coñecida popularmente como "Na Seacht Deirfiúracha" ("As Sete Irmás"). As Sete Irmás inclúen os montes Muckish, Crocknalaragagh, Aghla Beg, Ardloughnabrackbaddy, Aghla More, Mackoght e Errigal.

Errigal é famoso pola cor e brillos rosados que adquire a súa cuarcita durante o solpor. Tamén foi elixido como a Montaña máis Icónica de Irlanda en 2009.

O Valadouro

O Valadouro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 2.069 habitantes (2.233 no 2006, 2.268 no 2005, 2.305 no 2004, 2.328 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valadourés».

Rocha metamórfica

As rochas metamórficas son rochas que foron alteradas por procesos de presión ou temperatura, capaces de cambiar as súas propiedades físicas ou químicas. Calquera rocha, independentemente da súa orixe ígnea, sedimentaria e ata metamórfica, pode volver metamorfizarse.

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

Sarcófago

Un sarcófago ou sartego é un recipiente, xeralmente tallado en pedra, destinado a conter un cadáver. No Antigo Exipto, os sarcófagos da realeza albergaban polo menos un cadaleito, xeralmente de madeira, onde se custodiaba a momia do defunto que previamente era sometido a un proceso de embalsamamento.

Serra da Carba

A serra da Carba é unha serra galega considerada parte das serras setentrionais de Galiza e localizada no norte da comarca da Terra Chá, no suroeste do Xistral, sobre a beira esquerda no alto do curso de río Eume.

Está formada sobre todo por cuarcitas do período cámbrico, cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e mais uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas.

O punto de maior altitude é o monte Monseivane, con 929 metros sobre o nivel do mar .

Serra do Hospital

A serra do Hospital é a formación montañosa máis salientable dos denominados montes da Fonsagrada. As súas máximas alturas son o Pico do Hospital e o alto de Lagoaseca, ámbolos dous de 1.108 metros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.