Cuadros

Cuadros é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 2.019 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°42′37″N 5°38′20″O / 42.71028, -5.63889

Cuadros
Bandera de Cuadros
Escudo de Cuadros
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaTierra de León
Xeografía
Altitude904 msnm
Superficie109,70 km²
Demografía
Poboación2.019 hab. (2011)
Densidade18,4 hab./km²
XentilicioCuadrenses
Outros datos
Código postal24620
AlcaldeMartín Marcos Martínez Barazón (PP)
www.aytocuadros.es

Localidades

  • Cabanillas
  • Campo y Santibáñez
  • Cascantes de Alba
  • Cuadros
  • Lorenzana
  • La Seca
  • Valsemana

Véxase tamén

Ligazóns externas

Augusto González Besada

Augusto González Besada y Mein, nado en Tui o 24 de xuño de 1865 e finado en Madrid o 4 de xuño de 1919, foi un avogado e político galego. Foi ministro de Facenda, ministro de Gobernación e ministro de Fomento durante o reinado de Afonso XIII.

Catupecu Machu

Catupecu Machu é unha banda arxentina de música rock, entre outros xéneros e mesturas musicais. O grupo musical foi formado en 19 de abril de 1994 no barrio de Villa Luro na cidade de Buenos Aires.

Concepción Arenal

María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.

Eduardo Chao

Eduardo Chao Fernández, nado en Ribadavia o 6 de novembro de 1822 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1887, foi un xeólogo, naturalista, xornalista, historiador e político galego do Partido Democrático.

Emilia Calé

Emilia Calé Torres Sanjurjo (asinou Emilia Calé y Torres de Quintero despois de casada) nada na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e finada en Madrid o 18 de setembro de 1908, foi unha narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá. Empregou, en ocasións, o pseudónimo de Esperanza.

Enrique Labarta Pose

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros. Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.

Gerardo Gasset Neira

Gerardo Gasset Neira, nado na Pobra do Caramiñal en 1899 e finado no pazo de Vistalegre (A Ponte Ulla, Vedra) o 2 de maio en 1969, foi un avogado e escritor galego.

Gonzalo Torrente Ballester

Gonzalo Torrente Ballester, nado en Serantes (Ferrol) o 13 de xuño de 1910 e finado en Salamanca o 27 de xaneiro de 1999, foi un novelista galego en lingua castelá. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Literatura.

Isabel Carrasco

Isabel Carrasco Lorenzo, nada en Campo y Santibáñez (Cuadros, provincia de León) en 1955 e asasinada en León o 12 de maio de 2014, foi unha política española que desempeñou toda a súa carreira en Castela e León. Foi membro e presidenta do Partido Popular de León.

Jean Auguste Dominique Ingres

Jean Auguste Dominique Ingres, máis coñecido como Dominique Ingres (Montauban, 29 de agosto de 1780 – París; 14 de xaneiro de 1867), foi un pintor francés. O seu estilo pitórico chamouse ingrismo.

José Ogea

José Ogea Otero, as veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909, foi un político e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

Menopausa

A menopausa (do grego: mens, que significa "mensualmente", e pausi, que significa "cesamento") defínese como o remate permanente da menstruación e ten correlacións fisiolóxicas, coa declinación da secreción de estróxenos por perda da función folicular. Este termo confúndese a miúdo co climaterio, e de feito, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, unha das acepcións do termo é precisamente a do «climaterio feminino».A idade media dunha muller que está tendo o derradeiro período, a menopausa, é 51,4 anos. Este derradeiro sangrado é precedido polo climaterio, que é a fase de transición entre a etapa reprodutiva e non reprodutiva da muller. Este proceso comeza varios anos antes do último período, cando o ciclo (ou período menstrual) comeza a ser menos regular. A diminución nos niveis das hormonas estróxeno e proxesterona causa cambios na súa menstruación. Estas hormonas son importantes para manter en bo estado de saúde a vaxina e o útero, o mesmo que para os ciclos menstruais normais e para un embarazo. O estróxeno tamén axuda á boa saúde dos ósos e a que as mulleres manteñan un bo nivel de colesterol no sangue.

Algúns tipos de cirurxía ou o uso de medicamentos anticonceptivos poden producir a menopausa. Por exemplo, extirpar o útero (histerectomía) provoca o cesamento da menstruación. Cando se extirpan ámbolos ovarios (ooforectomía), os síntomas da menopausa comezan de súpeto, sen importar a idade.

Museo do Prado

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, van Dyck ou Hieronymus Bosch, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7800 que ten no seu inventario.

Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que provén das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.

Nan de Allariz

Alfredo Fernández, coñecido como Nan de Allariz, nado en Xinzo de Limia o 13 de maio de 1875 e finado en Madrid a finais de maio de 1927, foi un escritor galego.

San Andrés del Rabanedo

San Andrés del Rabanedo é un municipio de Castela e León de 30.217 habitantes (2008) situado na provincia de León. É o terceiro municipio máis poboado da provincia tras León e Ponferrada.

Solidaridad Obrera (Barcelona)

Solidaridad Obrera é un periódico e órgano de expresión da Confederación Rexional do Traballo de Catalunya i Balears

do sindicato anarquista CNT e portavoz dese sindicato en España.

O periódico toma o nome de Solidaridad Obrera da organización que, a principios do século XX, en 1907, reorganizou o movemento obreiro en España baseándose na estrutura anterior da Federación de Traballadores da Rexión Española (FTRE). Este nome foi utilizado por numerosos órganos de expresión de movementos anarquistas e sindicalistas revolucionarios de varios paíes do mundo.

O periódico Solidaridad Obrera naceu o 19 de outubro de 1907 en Barcelona, como órgano de expresión da federación Solidaridad Obrera. Permaneceu activo, con diversas vicisitudes dependentes dos momentos históricos que viviu España, ata a actualidade, onde se mantén cunha edición online que comparte cunha de papel cunha tiraxe de 5.000 exemplares repartidos gratuitamente (gratuidade establecida en 2005).

Xosé María Barreiro

José María Rodríguez Barreiro, coñecido como Xosé María Barreiro, nado en Baiona o 28 de xuño de 1871 e finado no mesmo concello o 23 de novembro de 1923, foi un xornalista e escritor galego.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.