Cuadernos de Estudios Gallegos

Cuadernos de Estudios Gallegos é unha publicación científica, de periodicidade irregular, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), con sede en Santiago de Compostela.

O primeiro número é de 1944. A temática da revista abrangue áreas como a prehistoria, a arte, a crítica literaria, a filoloxía ou a etnografía e refírese principalmente a Galicia. O idioma empregado é fundamentalmente o castelán. Está dirixida por Eduardo Pardo de Guevara, director do propio IEGPS, cargo que ocuparon anteriormente Francisco Javier Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde sucesivamente.

Cuadernos de Estudios Gallegos
PaísEspaña
Circulación
ISSN0210-847X
OCLC2067860
http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/

Autores

Publicou artigos de, entre outros autores: Fermín Bouza-Brey, Isidro García Tato, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret, Vicente Risco, Francisco Javier Sánchez Cantón e Xesús Taboada Chivite.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Aníbal Otero

Aníbal Otero Álvarez, nado en Barcia (Ribeira de Piquín), o 21 de xaneiro de 1911, e finado na mesma aldea o 11 de marzo de 1974, foi un lingüista e escritor galego.

Banga, O Carballiño

Santa Baia de Banga é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 81 habitantes (37 homes e 44 mulleres), dous menos ca no ano anterior.

Beatriz de Portugal

Beatriz de Portugal, tamén chamada Dona Brites de Portugal, nada en Coimbra en 1372 e finada en Madrigal en 1410, foi unha raíña portuguesa, filla do rei Fernando I de Portugal e da súa muller, a raíña Leonor Teles de Meneses.

Bibliografía de Martín Sarmiento

Esta é a bibliografía referida a Martín Sarmiento. As obras aparecen listadas por orde alfabética segundo o apelido do estudoso da obra do propio Sarmiento.

Dionisio Pereira

Dionisio Pereira González, nado na Coruña en 1953, é un economista e historiador galego.

Facultade de Dereito de Santiago de Compostela

A Facultade de Dereito de Santiago de Compostela é o edificio da Universidade de Santiago de Compostela no que se imparten os estudos de Dereito. Desde mediados do século XX está situada no Campus Sur, na avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri. Anteriormente ocupaba o andar inferior da actual Facultade de Xeografía e Historia.

Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela

A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, onde se imparte o grao en Filosofía e máis varios másteres, é unha das últimas pólas segregadas da antiga Facultade de Filosofía e Letras, na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.

Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela foi fundada no ano 1974, a partir da antiga Facultade de Filosofía e Letras na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.

Forno dos Mouros (Toques)

O Forno dos Mouros é un dolmen datado no 3.000 antes da era actual. Está situado no lugar da Muruxosa (Paradela, Toques), na serra do Bocelo, preto do Camiño Real.

Laíño, Dodro

San Xián de Laíño é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 735 habitantes (352 homes e 383 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 801 habitantes.

Lope Gómez de Marzoa

Lope Gómez de Marzoa natural de San Martiño de Marzoa, no actual concello de Oroso, foi o principal precursor do que na actualidade é a Universidade de Santiago de Compostela.

María do Socorro Ortega Romero

María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.

Maside, Maside

San Tomé de Maside Vello é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 884 habitantes, deles 432 eran homes e 452 eran mulleres, o que supón un incremento de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Miguel Ferro Caaveiro

Miguel Ferro Caaveiro, nado contra 1740 en Santiago de Compostela, e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1807, segundo declaración feita polo seu sobriño o avogado Franciso Ferro Caaveiro de Pazos, foi un arquitecto galego.

Home da Ilustración, con amplos coñecemectos en varias ramas do saber (arquitectura, debuxo, matemáticas, mecánica) e de gran capacidade de traballo, estaba preocupado, como todos os ilustrados, polo atraso económico e social de España.

O seu labor arquitectónico iniciouse, da man do seu pai, no estilo barroco, pero pronto entrou no mundo do neoclasicismo, seguindo as propostas da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (pese á disputa que mantivo, non sendo el académico, con Melchor de Prado, que o era).

Deseñou e dirixiu numerosas obras nas cidades de Santiago, Lugo e A Coruña, e en numerosas vilas de toda Galicia, e foi benefactor da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Moneixas, Lalín

Santo Adrao de Moneixas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2008 tiña 257 habitantes (138 mulleres e 119 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2000 cando tiña 256 habitantes. Atópase a uns 2 quilómetros da capital do concello.

Oleiros, Carballedo

San Miguel de Oleiros é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. No 2018, segundo o INE, tiña 114 habitantes, 56 mulleres e 58 homes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 128 habitantes, sendo 65 homes e 63 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 150 habitantes (80 mulleres e 70 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 175 habitantes.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.