Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía e na Bretaña principalmente) ou Galicia.

Celtic cross 2
Cruz celta

Historia

As súas orixes son precristiás e cando o cristianismo se introduciu en Escocia, Gales, Irlanda, Cornualles o símbolo adaptouse á cruz latina e recargouse con gravados de tradición celta. As máis coñecidas son as representadas coma cruces monumentais semellantes aos cruceiros galegos, chamados cruces maiores (high crosses), como as de Kells (condado de Meath) e a de Monasterboice (condado de Louth). A cruz celta é un símbolo do cristianismo occidental. A partir de 1949, cando Jeune Nation a elixiu como símbolo tamén a utilizan algúns grupos de extrema-dereita, primeiro en Francia e logo noutros países europeos.

Galicia

En Galicia atopamos un tipo de cruces con anel, semellantes ás británicas, coroando hórreos[1] Tamén aparecen en igrexas e cemiterios, porén non son comúns as cruces celtas en cruceiros (que sería a forma máis común nas Illas británicas, nas súas high crosses). Cómpre salientar que existe un estilo de cruz celta especificamente galega da época románica[2] que combinan unha cruz celta con un nó celta simple. Unha cruz semellante é a cruz de San Mauro na Abadía de Glanfeuil, en Maine e Loira (Francia)[3][4] labrada entre o séculos IX e XI.

Agnus Dei Tallara

Copia moderna do Agnus Dei orixinal románico no bico da igrexa de Santa María Salomé, en Santiago de Compostela

Cruz de Santa Susana

Cruz gótica no cume da igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela, con nós celtas

As cruces do hórreo

Unha cruz latina e unha cruz celta no cumial dun hórreo

Virxe da Barca

Cruces celtas coroando o Santuario da Virxe da Barca, Muxía

Cruz de San Lázaro

Cruz da Igrexa de San Lázaro, Santiago de Compostela

Santa Tecla - Pontevedra 10

Cruz celta moderna e cruceiro no calvario do Monte de Santa Trega, na Guarda.

DSCN0173

Cruz celta na igrexa de Santa María de Bemil, Caldas de Reis.

Cruz e cataventos da rectoral de Merín

Merín, Vedra.

Galería de imaxes

Ccross

Cruz celta decorada tipica irlandesa.

Veules

Cruz celta en Veules-les-Roses, Normandía (Francia).

Celtic cross on Gibbet Hill

Cruz maior de pedra high cross de tipo celta en Gibbet Hill, Hindhead, Surrey, Inglaterra.

Ahenny High Cross - geograph.org.uk - 475968

Cruz maior de pedra high cross de tipo celta (Ahenny High Cross), nun cemiterio inglés, data o ano 700 ou 800.

Muiredach s Cross

Cruz maior de pedra (Muiredach's High Cross) en Monasterboice, Condado de Louth, en Irlanda.

Käina Martin's Church ruins 02

Cruz celta en Estonia.

Notas

  1. Mariño Ferro, Xosé Ramón (2010). Nigra Trea, ed. Dicionario de etnografia e antropoloxía de Galiza (1 ed.). Vigo. p. 212. ISBN 978-84-95364-84-5.
  2. ""Hai cruces antefixas de moitos tipos pero son as entrelazadas as máis chamativas e características de todas as que podemos atopar polo país. Están formadas na maior parte dos casos por unha cruz cristiá xeralmente de brazos iguais, do tipo da cruz de paté ou grega, e un círculo que a rodea; xunto con isto está ornamentada cun entrelazado da máis pura arte celta primitiva") Romero, Bieito (2009). Xeometrías máxicas de Galicia. Vigo: Ir Indo. pp. 122–176. ISBN 978-84-7680-639-5.
  3. "The meaning of the St Maur cross (French)". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 05 de outubro de 2015.
  4. [1]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Calan Gaeaf

Calan Gaeaf é o nome do primeiro día de inverno en Gales, o 1 de novembro. A noite anterior é chamada Nos Galan Gaeaf, un Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", na que os espíritos están entre os vivos. Durante esta data, a xente evita ir ós cemiterios e ás encrucilladas de camiños, xa que os espíritos adoitan reunirse neses lugares.

Cespón, Boiro

San Vicenzo de Cespón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.941 habitantes (937 homes e 1.004 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.187 habitantes.

Cristianismo celta

O cristianismo celta (tamén chamado Igrexa celta) refírese en liñas xerais ás prácticas cristiás da Alta Idade Media desenvolvidas nas illas Británicas durante a última fase da dominación romana en torno ás áreas costeiras do Mar de Irlanda. A progresiva retirada das lexións romanas e a subseguinte Invasión anglosaxoa de Gran Bretaña reduciron o contacto entre os cristiáns celtas e bretóns das illas e os do continente. O illamento favoreceu a aparición de prácticas relixiosas diferenciadas, sobre todo en Irlanda, dende onde pasaron posteriormente a Gran Bretaña, grazas á labor de misioneiros como Columba de Iona e de Aidan, entre outros.

Algunhas veces, o termo "Cristianismo celta" emprégase tamén para describir as prácticas cristiás vixentes nestas zonas en datas posteriores; porén, debido a que a historia das igrexas irlandesas, galesas, escocesas, britanas, córnicos e maneses diverxen significativamente despois do século VIII, os historiadores xeralmente evitan o uso do termo neste contexto. Ademais, os historiadores non empregan o termo "Igrexa celta", debido a que iso implica un senso de ser unha entidade unificada e identificable separada da Cristiandade occidental.

Cruz

Unha cruz (do latín crux) é unha figura xeométrica consistente en dúas liñas ou barras que se cruzan nun ángulo recto, de tal forma que unha delas (ou as dúas) queda dividida pola metade. É un dos símbolos máis antigos, e é un símbolo de moitas relixións.

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Labirinto celta

Un labirinto celta é un patrón de debuxo en espiral, que ten a súa orixe na arte celta. Comezou nas tallas en pedra e metais e máis tarde evolucionou na arte insular medieval. Os deseños prehistóricos de espirais de Gavrinis datan arredor do ano -3500.

Os labirintos celtas atópanse entre esculturas en Camonica Valley, ocupada polos celtas no inicio do primeiro milenio, a maioría con máis dun exemplo do modelo estilo Knossos ou do estilo clásico. A mitoloxía asociada cos labirintos tamén suxiren orixe celta, xa que os labirintos que conteñen ollos, unha figura con cornos ou unha serpe están relacionados coa divindade Cernunnos.

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Lista de deuses celtas

Angus Og

Anu: Deusa Doncela da fertilidade.

Arianrhod

Badb: Deusa da guerra.

Balar: Avó de Lugh.

Bandua: Deus da guerra, protector da comunidade.

Belenus: Deus solar, asociado á luz.

Belisama: Deusa relacionada cos lagos, cos ríos, co lume, co traballo manual e a luz.

Bran

Brigit: Deusa do lume e a inspiración.

Caer

Cailleach Béirre: Deusa do inverno, protectora dos animais salvaxes.

Cerridwen: Deusa galesa que posuía o caldeiro da Inspiración e a Sabedoría.

Cernunnos

Dagda

Dana: Deusa da terra.

Endovelico: Deus da saúde.

Epona: Deusa dos Cabalos, a Curación e a Morte.

Grian: Deusa do sol e as fadas.

Gwydion

Home Verde

Lugh: Deus supremo da mitoloxía celta.

Lir: Deus do mar

Macha

Manannan mac Lir

Morrigan: Deusa celta da morte e a destrución.

Navia: Deusa das augas.

Nemain

Nuadha

Ogma

Rei do Carballo

Rei do Acivro

Reva: Deus da xustiza.

Rhiannon

Taranis, Taranu, Toran (irlandés), Taran (galés)

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Nó celta

O Nó celta é un estilo de decoración a base de nós estilizados, empregados amplamente na arte insular dos pobos celtas. Estes nós son máis coñecidos pola súa adaptación para o seu uso na ornamentación de monumentos cristiáns e manuscritos, como os do século VIII nos Evanxeos de Lichfield, o Libro de Kells e os Evanxeos de Lindisfarne.

Rexurdimento celta

Coñécese como Rexurdimento celta o revivir do interese pola cultura, os mitos, lendas e a literatura dos "pobos celtas" que se produciu en Europa na segunda metade do século XVIII e continuou durante o Romanticismo e parte do século XX.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.