Crux

Crux, ou Cruz do Sur[1] (en contraste coa Cruz do Norte), é a constelación máis pequena (por área) das 88 constelacións modernas, pero tamén é unha das máis famosas.

Pode ser moi útil para a orientación: Se se estende o seu eixe principal da cruz unhas cinco veces, acadase o polo sur no ceo.

A Cruz do Sur está rodeada sobre tres dos seus lados pola constelación Centaurus, mentres que o sur fica a Mosca (Musca). Os Gregos antigos creárona coma parte de Centaurus, pero foi definida como un patrón estelar independente no século XVI, despois da expedición de Américo Vespucio a Suramérica no 1501. Vespucio debuxou un mapa das dúas estrelas, Alpha Centauri e Beta Centauri, así coma das estrelas da Cruz. Aínda que os Gregos antigos coñecían estas estrelas, a precesión gradual foinas poñendo por debaixo horizonte europeo de modo que foron esquecidas.

Crux
Crux
Nome latino Crux
Abreviatura Cru
Xenitivo Crucis
Simboloxía A Cruz do Sur
Ascensión recta 12 h
Declinación −60°
Área 68 graos cadrados

Rango 88º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante Acrux (α Cru)

(magnitude ap. 0.87)

Choiva de meteoros
  • Crucidas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +20° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de maio

Estrelas principais

  • α Crucis (Acrux), a máis brillante da constelación con magnitude 0,87 é a duodécima máis luminosa do firmamento, é unha estrela de cor branco-azulada.
  • β Crucis (Becrux ou Mimosa), de cor azul e magnitude 1,25. É unha variable tipo Beta Cephei.
  • γ Crucis (Gacrux), xigante vermella de gran tamaño, de magnitude 1,59. Pensase que pode estar acompañada por unha anana branca, pero a súa existencia aínda non foi confirmada.
  • δ Crucis (Decrux), de magnitude 2,79, subxigante azul e estrela variable Beta Cephei.
  • ε Crucis (Juxta Crucem), de magnitude 3,56, unha xigante laranxa.
  • λ Crucis, variable Beta Cephei de magnitude 4,60.
  • μ Crucis, estrela dobre con 35 arcsec de separación entre as súa compoñentes, con magnitudes 4,0 e 5,1.
  • HD 108147, estrela amarela cun planeta extrasolar.

Obxectos notables do espazo profundo

  • Cúmulo estelar aberto O Xoieiro (NGC 4755) ou chamado tamén Cúmulo Kappa Crucis, que foi descuberto por Nicolas Louis de Lacaille no 1751-1752. Está a unha distancia duns 7.500 anos luz e consta dunhas 100 estrelas dispersas nunha área do redor de 20 anos luz cadrados.
  • a Nebulosa Saco de Carbón, unha das máis escuras e densas, visible a simple vista coma un parche negro no sur da Vía Láctea.

Bandeiras e símbolos que incorporan a Crux

As cinco estrelas máis brillantes de Crux (α, β, γ, δ, e ε Crucis) aparecen nas bandeiras de Australia, Brasil, Nova Zelandia (epsilon omitida), Papúa Nova Guinea, e Samoa, tamén nas bandeiras dos estados e territorios de Victoria, Territorio da Capital Australiana (ACT), Territorio Norte (NT), así coma na bandeira da rexión de Magallanes de Chile, e en moitas bandeiras e emblemas das provincias da Arxentina. A bandeira da zona comercial Mercosur amosa catro destas estrelas (epsilon omitida). Crux tamén aparece no escudo de Brasil. As cinco estrelas tamén están no escudo no equipo de fútbol brasileiro do Cruceiro. Tamén aparece a Crux en varias divisións do exercito estadounidense destinadas no hemisferio sur (sobre todo no pacífico sur).

Southern cross appearing on a number of flags
A Cruz do sur en bandeiras, brasóns e escudos de armas.
Ctx crux
Imaxe CTX de crux.

Outros nomes para Crux

Auroradunedin
Crux é claramente visible enriba da aurora austral nesta fotografía tomada dende Dunedin, Nova Zelandia. A xigante vermella Gacrux é claramente doutra cor respecto das outras tres principais estrelas, que son azuis.
  • Na antiga astroloxía Hindú, Crux facía referencia a "trishanku".
  • O nome Maori para Crux é "Te Punga" - " áncora". Pensase que fai referencia á áncora da canoa de Tama-rereti (a Vía Láctea), onde os punteiros fan do cabo da áncora.
  • En Tonga é coñecida coma Toloa — parrulo, onde este pato voa cara ó sur cunha das súas ás (δ) ferida por que Ongo tangata — dous homes — α e Β Centauri lle lanzaran unha pedra. A nebulosa saco de carbón é coñecida coma Humupeixe-gatillo (Balistoides viridescens), pola forma da súa figura.[2]
  • Entre os tuaregs, As catro estrelas máis visibles da Crux son coñecidas coma iggaren, ex. catro árbores Maerua crassifolia.
  • En Indonesia e Malasia, é coñecida coma Buruj Pari (Pastinaca, peixe semellante a unha manta.).
  • En Mapudungun ou mapuche, a lingua do pobo mapuche, a Crux é nomeada coma Melipal, que significa "catro estrelas".
  • En Quechua, o idioma da civilización Inca, Crux é coñecida coma "Chakana" (Cruz en Inca).[3].

A Crux nas culturas amerindias

Varias culturas de América do Sur[4] consideraron a esta constelación coma un símbolo. Por exemplo, os mapuches situados no sur de Suramérica considerábana una representación do choike (especie de avestruz cativo), animal sagrado nas súas crenzas.

Na Patagonia setentrional, cara ó século XVI e XVII, imaxinábanse ca Vía Láctea era a representación dun campo de caza de ñandúes, onde os cazadores utilizaban boleadoras representadas polo "punteiro" (α e β centauri) mentres cás Nubes de Magallanes representaban os corpos dos animais cazados e as Pléiades (coñecida na rexión coma "os sete cabritiños") eran o niño do ñandú.

Para os mocovíes, na rexión chaqueña, o punteiro e a súas estrelas próximas representaban dous cans de caza e a a cruz do sur o corpo central do ñandú atacado, mentres que as restantes estrelas preto da cruz completaban a figura do animal.

Para os bororó, no Brasil, a cruz era parte dun constelación que representaba a un avestruz, sendo a propia cruz unha das dúas patas do mesmo.

Crux2
Crux.

Notas

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
  2. Kik Velt; Stars over Tonga
  3. "Chakana: Inca Cross". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2012. Consultado o 07 de xuño de 2008.
  4. http://www.cienciahoy.org.ar/hoy40/choike.htm Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Néstor Camino Departamento de Física Universidad Nacional de la Patagonia, en Revista Ciencia Hoy, Argentina, Siguiendo los rastros del Choike, V7 - Nº40 - 1997.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

American Gothic

American Gothic é un EP da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, editado dixitalmete o 1 de xaneiro do 2008, e en CD no Reino Unido o 11 de febreiro polo selo Reprise Records. O EP foi anunciado a través da súa páxina o 19 de decembro do 2007, e foi descrito por Billy Corgan como a continuación do seu álbum Zeitgeist.

Ankh

O Ankh (en inglés: Ankh, en alemán: Anch, en francés: Ânkh; pronunciado en todos estes idiomas con consoante aspirada final) é un xeroglífico exipcio que significa "vida", un símbolo moi utilizado na iconografía relixiosa desta cultura.

Tamén se denomina cruz ansada: cruz coa parte superior en forma de óvalo, lazo, á, crux ansata en latín, a "chave da vida" ou a "cruz exipcia".

Antoine Busnois

Antoine Busnois, tamén coñecido como Antoine Busnoys, nado na vila francesa de Béthune arredor de 1430 e finado o 6 de novembro de 1492 en Bruxas, na rexión flamenga de Bélxica, foi un compositor e poeta de principios do Renacemento pertencente á escola borgoñoa. Aínda que tamén é salientable como compositor de música sacra (particularmente motetes), foi un dos máis nomeados compositores profanos do século XV. Foi a figura principal da escola de Borgoña tardía, logo da morte de Guillaume Dufay.

Arch Linux

Arch Linux (ou Arch) é unha distribución de GNU/Linux pensada para resultar lixeira e simple. O método de deseño empregado polo seu equipo de desenvolvemento céntrase na simplicidade, a elegancia, a correcta codificación ou o minimalismo. Arch entende por "simplicidade" o feito de implementar funcións «sen usar engadidos innecesarios, modificacións ou complicacións», dende o punto de vista do desenvolvedor e non do usuario.

Arch emprega o instalador de paquetes pacman. As actualizacións do sistema en Arch son constantes, segue unha "rolling release". As actualizacións que se liberan constantemente son imaxes constantemente actualizadas.Judd Vinet comezou o desenvolvemento de Arch Linux en marzo do 2002 inspirándose en CRUX, outra distribución minimalista. Vinet liderou o proxecto ata o primeiro de outubro do 2007, cando debido á falta de tempo deixou o proxecto, deixándoo nas mans de Aaron Griffin.

Arteria coronaria dereita

A arteria coronaria dereita, na circulación coronaria, é unha arteria que se orixina por riba da cúspide dereita da válvula aórtica, no seo aórtico no corazón. Viaxa por baixo do suco coronario dereito, cara a crux do corazón. Ramifícase na arteria descendente posterior e na arteria marxinal dereita. Aínda que rara, varios cursos anómalos da arteria coronaria dereita foron descritos como tendo orixe do seo aórtico esquerdo.

Asterismo

En astronomía chamase asterismo ó conxunto de estrelas que vistas dende o ceo da Terra parecen formar unha figura pero que a diferenza dunha constelación non ten un recoñecemento oficial por parte da comunidade científica. En 1930 a Unión Astronómica Internacional adoptou o catálogo de constelacións usado actualmente, calquera outra agrupación de estrelas é considerada coma un asterismo.

Exemplos notables de asterismos son:

O Gran Carro, o Cazo ou Setestrelo, na Osa Maior, é sen lugar a dúbidas o exemplo máis célebre. A estrelas que conforman este asterismo son Dubhe, Merak, Phecda, Megrez, Alioth, Mizar e Benetnasch.

A W ou M que forman as estrelas máis brillantes da constelación de Cassiopeia.

O Triángulo estival, formado por Deneb, Altair e Vega.

O Triángulo invernal, formado por Betelgeuse, Procyon e Sirio.

O Cadrante de Pegaso, formado pola estrela Alpheratz, en Andromeda e por Markab, Scheat e Algenib en Pegasus.

O Diamante de Virgo, formado por Spica, Arcturus, Denebola e Cor Caroli.

A Cruz do Norte, formada polas estrelas Deneb, Albireo, Giennah e Rukh, todas na constelación de Cisne.

A Falsa Cruz, que moitas veces é confundida coa verdadeira Crux, está formada polas estrelas Markeb e Alhabor de Vela, xunto con Avior e Aspidiske de Carina.

A Teteira de Sagittarius, un dos asterismos máis famosos e facilmente recoñecibles, formada polas estrelas máis luminosas da constelación.Algúns asterismos antigos son considerados actualmente constelacións, coma a Cabeleira de Berenice, constelación catalogada por primeira vez por Tycho Brahe.

Non necesariamente os asterismos están formados por grupos de estrelas que se reparten por un amplo sector do firmamento. Algúns deles sinxelamente son agrupacións ambiguas ou pouco claras de estrelas que confundiron ós astrónomos durante séculos acerca da súa orixe ou da súa tipoloxía, tales coma o asterismo Collinder 399 ou M73.

Bandeira de Australia

A bandeira de Australia está composta por un fondo de cor azul, coa bandeira do Reino Unido no cantón. Baixo este, atópase unha estrela branca de sete puntas, coñecida como a Commonwealth Star (as seis puntas representan os seis estados orixinais e a sétima os territorios e futuros estados de Australia). Na metade exterior da bandeira, aparece representada a constelación da Cruz do Sur (Crux Australis) composta por catro estrelas brancas de sete puntas de igual tamaño e unha menor de cinco puntas, organizadas exactamente como aparecen no ceo.

Bandeira do Brasil

A bandeira do Brasil (coñecida co sobrenome de Auriverde) está formada por un rectángulo verde de proporción 7:10. Sobre este rectángulo, aparece un rombo amarelo, e dentro deste, un círculo azul cunha banda branca contén o lema "Ordem e Progresso" en cor verde, así como 27 estrelas de cor branca.

Centaurus

Centaurus, ou Centauro, é unha extensa constelación que se atopa ó norte de Crux e no extremo norte da Vía Láctea. Rodea a Cruz do Sur formando unha das máis ricas e fermosas constelacións do ceo.

Cruz

Unha cruz (do latín crux) é unha figura xeométrica consistente en dúas liñas ou barras que se cruzan nun ángulo recto, de tal forma que unha delas (ou as dúas) queda dividida pola metade. É un dos símbolos máis antigos, e é un símbolo de moitas relixións.

Cruz grega

A cruz grega ou crux immissa quadrata é unha cruz formada por catro brazos de igual medida que intersecan en ángulo recto.

Musca

Musca ou Mosca é unha das constelacións menores do Sur. A constelación foi unha das doce creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre o 1595 e o 1597, e a súa primeira aparición foi na Uranometria de Johann Bayer de 1603.

Musca Borealis

Musca Borealis, a Mosca Boreal, foi unha pequena e feble constelación situada entre Aries, Triangulum e Perseus. Actualmente xa non forma parte das constelacións oficiais e as súas estrelas volveron á constelación de Aries. A súa estrela máis brillante era Bharani (41 Arietis), de magnitude aparente 3,61.

A historia e a orixe de Musca Borealis son confusos; o primeiro en introducila foi Petrus Plancius no 1612 baixo o nome de Apis, a abella. Máis tarde Jakob Bartsch cambioullo por Vespa (a avéspora) no seu atlas de 1624, nome que tamén lle foi dado nos seus comezos á actual Musca, a cal atopase ó sur de Crux. O astrónomo Johannes Hevelius rebautizouna coma Musca no seu atlas de 1690, se ben despois engadiulle o termo Borealis para distinguila da Musca Australis.

Musca Borealis foi rexeitada no século XVIII pola meirande parte dos astrónomos debido á confusión de nomes que orixinaba xunto con Musca (Australis), aínda que non por isto deixaron de aparecer asterismos coas mesmas estrelas. Por exemplo, as mesmas estrelas foron utilizadas no 1674 polo francés Ignace-Gaston Pardies para formar Lilium, a flor de lis de Francia, pero este asterismo nunca chegou a ser unha constelación.

Nebulosas de Magalhães

As Nebulosas de Magalhães, ou Nubes de Magalhães son dúas galaxias ananas, pertencentes ao Grupo Local de galaxias.

A maior delas coñécese como Gran Nebulosa de Magalhães, e a menor como Pequena Nebulosa de Magalhães. Aínda que tradicionalmente se pensou que orbitaban en torno á Vía Láctea, estudos parecen descartar esta posibilidade.Son visíbeis desde o hemisferio austral en noites con ceo limpo de nubes e sen lúa. Aparecen como dúas pequenas manchas abrancazadas, opostas á constelación de Crux dende o punto de vista do polo sur celeste.

Nièvre

Nièvre (58) é un departamento francés situado no centro de Francia, que pertence á rexión de Borgoña-Franco Condado. Debe o seu nome ao río Nièvre, afluente do Loira.

Octans

Octans ou Octante é unha constelación discreta presentada por Nicolas Louis de Lacaille. É, fundamentalmente, coñecida por se-lo lugar onde fica o polo sur celeste.

A súa estrela Sigma Octantis (σ Oct) é a estrela máis próxima ó polo que pode ser vista a simple vista, pero é tan feble, que é practicamente inútil coma estrela polar para efectos da navegación. Afortunadamente, a constelación Crux, A Cruz do Sur, sinala o polo.

A constelación é circumpolar ó Polo Sur Celeste, así que pode ser vista nos ceos do Hemisferio Sur durante as noites de calquera mes do ano. A ascensión recta e mes de maior visibilidade dadas son para as tres estrelas máis brillantes, as cales son as máis altas no ceo durante as noites de novembro.

Sagitta

Sagitta ou Frecha, é unha das tres constelacións máis pequenas, despois de Equuleus e Crux. Atopase dentro do perímetro do Triángulo de Verán, o grande asterismo formado por Deneb (α Cygni), Vega (α Lyrae) e Altair (α Aquilae). Localizada non moi ó norte do ecuador, esta constelación é visible dende calquera parte da Terra excepto no Círculo Polar Antártico.

Santa Cruz

Santa Cruz pode referirse a:

Cruz, símbolo relixioso da cristiandade, que simboliza o método de execución de Xesús Cristo.

Vera Crux, cruz na que segundo o cristianismo foi executado Xesús de Nazaret; no catolicismo é considerada unha reliquia de primeira orde.Festividades

Festa da Invención da Santa Cruz, Cruz de maio ou Festa das Cruces (3 de maio);

Festa da Exaltación da Santa Cruz, (14 de setembro).Como topónimo, Santa Cruz pode referirse a:

En GalizaSanta Cruz, parroquia do concello do Bolo;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz, parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz de Grou, parroquia do concello de Lobeira;

A Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz de Moeche, parroquia do concello de Moeche;

Santa Cruz de Montaos, parroquia do concello de Ordes;

Santa Cruz de Parga, parroquia do concello de Guitiriz;

Santa Cruz da Rabeda, parroquia do concello de San Cibrao das Viñas;

Santa Cruz da Rabeda, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz da Retorta, parroquia do concello de Guntín;

Santa Cruz de Ribadulla, parroquia do concello de Vedra;

Santa Cruz de Rubiacós, parroquia do concello de Nogueira de Ramuín;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz do Salto, parroquia do concello de Cabanas;

Santa Cruz de Viana, parroquia do concello de Chantada;

Santa Cruz, lugar de dita parroquia;

Santa Cruz do Valadouro, parroquia do concello do Valadouro;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Sobrado de Picato, no concello de Baralla;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Covelo, no concello de Covelo;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Mondoi, no concello de Oza-Cesuras;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Herbón, no concello de Padrón;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Moscán, no concello do Páramo;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Cumiar, no concello de Ponteareas;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Ribadetea, no concello de Ponteareas;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Cores, no concello de Ponteceso;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Xeve, no concello de Pontevedra;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Vilardá, no concello de San Xoán de Río;

Santa Cruz, lugar da parroquia de Vilelos, no concello do Saviñao;

Santa Cruz do Oural, lugar da parroquia de Vila de Mouros, no concello do Incio;

Porto de Santa Cruz, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros;

A illa de Santa Cruz, no concello de Oleiros, onde se levanta o Castelo de Santa Cruz.En EspañaA cidade de Santa Cruz de Tenerife, na illa de Tenerife.

A provincia de Santa Cruz de Tenerife.

O municipio de Santa Cruz de la Palma, na illa de La Palma.

A pedanía de Santa Cruz, no concello de Murcia.Outros lugaresA provincia de Santa Cruz, na Arxentina;

O Departamento de Santa Cruz, en Bolivia;

Santa Cruz, concello Cabo Verde;

Santa Cruz, cantón en Ecuador;

Santa Cruz, cidade en California, EUA;

Santa Cruz, cidade no Departamento de Lempira, en Honduras.

Santa Cruz, nas Illas Virxes Estadounidenses;

Illas Santa Cruz, arquipélago pertencente ás Illas Salomón;

Santa Cruz, no arquipélago das Illas Galápagos, en Ecuador.

Santa Cruz de Viana, Chantada

Santa Cruz de Viana é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 83 habitantes distribuídos en 4,45 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 40 eran homes e 43 eran mulleres. O que supón unha diminución respecto o ano 2007 que tiña 101 habitantes, deles 46 eran homes e 55 eran mulleres. En 2016 tiña 64 habitantes, 33 mulleres e 31 homes, segundo o INE.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.