Crucifixión de Xesús

A crucifixión de Xesús é un feito narrado nos evanxeos, que relata a morte de Cristo no Gólgota de acordo coa fe cristiá. Xesús, a quen os cristiáns consideran o Fillo de Deus e o Mesías, segundo a tradición foi arrestado, xulgado polo Sanedrín de Xerusalén e sentenciado polo procurador Pilato a ser flaxelado e, finalmente, crucificado. En conxunto estes acontecementos son coñecidos como "a paixón". O sufrimento de Jesús e a súa morte representan os aspectos centrais da teoloxía cristiá, incluíndo as doutrinas da salvación e a expiación.

Os cristiáns entenderon tradicionalmente a morte de Xesús na cruz como unha morte en sacrificio expiatorio. A maioría dos cristiáns proclaman este sacrificio a través do pan e o viño da Eucaristía, como un recordo da Última Cea, e moitos tamén conmemoran o evento o Venres Santo de cada ano.[1][2]

Cristo crucificado
Cristo crucificado, por Diego Velázquez (1599-1660).

Notas

  1. John-Alan Richardson: El diccionario de Westminster de la teología cristiana (página 189).
  2. Christopher A. Hall: Adorando con los Padres de la Iglesia (pág. 65), 2009.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brown, Raymond E. (2006). La muerte del Mesías. Desde Getsemaní hasta el sepulcro. 2 volumes. Pamplona (Navarra): Editorial Verbo Divino. ISBN 84-8169-485-1.
  • Wikenhauser, Alfred (1978). El Evangelio según san Juan. Barcelona: Editorial Herder. ISBN 84-254-0083-X.

Outros artigos

Descendemento de Xesús

O Descendemento da Cruz ou Descendemento de Xesús é a escena, representada na arte, da retirada do corpo xa morto de Xesús da Cruz por Xosé de Arimatea e Nicodemos, relatado en Xoán 19,38-42. Na arte bizantina, o tema tornouse moi popular no século IX e, no occidente, a partir do século X. O descendemento é a décimo terceira das estacións da Cruz.

Outras figuras, non mencionadas nos evanxeos canónicos e que son xeralmente incluídas nas representacións, son Xoán o Evanxelista, que aparece ás veces axudando a Virxe María (no tema coñecido como Desmaio da Virxe), como é o caso na obra de Rogier van der Weyden, e María Madalena. O Evanxeo de Xoán menciona un número indefinido de mulleres que asistirían á crucifixión de Xesús, incluíndo as chamadas "Tres Marías". Elas e outras, ademais doutros homes tampouco nomeados, xeralmente aparecen nas representacións.

Docetismo

O docetismo era unha doutrina herética aparecida a finais do século I no seo da Igrexa católica. Afirmaba que Xesucristo tivera unha imaxe aparente e polo tanto non corpórea ou real. A xustificación era que a materia é algo intrinsecamente malo, polo que Xesucristo só podía ter un corpo aparente. Esta doutrina polo tanto é contraria á Encarnación e á Resurrección de Cristo. Deu lugar a grandes polémicas no cristianismo primitivo e foi combatida xa dende entón por figuras sobranceiras como Ignacio de Antioquía. Os gnósticos eran docetas.

Parte da herexía dos cátaros era docética. Esta herexía rematou coa Cruzada Albinxense.

O Corán afirma que a crucifixión de Xesús de Nazaret só foi un espellismo. Para o islam un profeta tan excelso non podía morrer na cruz.

Década de 30

A década de 30 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 30 e remata o 31 de decembro de 39.

El Eco Escolar

El Eco Escolar foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1863.

Evanxeos apócrifos

Os evanxeos apócrifos son escritos redactados e recompilados nos primeiros séculos do cristianismo que recollen ditos e feitos de Xesús de Nazaret, as súas ensinanzas, a natureza de Deus ou as ensinanzas dos Apóstolos e as súas vidas. Estes escritos non foron recoñecidos pola Igrexa Ortodoxa, a Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Etíope Tewahedo e a Igrexa Católica nin polo protestantismo como expresión da fe.

Igrexa de Bunge

A igrexa de Bunge (sueco: Bunge kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Bunge, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Lucas de Tui

Lucas de Tui, chamado o Tudense, nado en León na segunda metade do século XII e finado en 1249, foi cóengo de Santo Isidoro de León, bispo da diocese de Tui e escritor.

Marta de Betania

Marta, do arameo מַרְתָּא (Martâ), é unha personaxe do Novo Testamento orixinaria de Betania. Era a irmá de Lázaro e María. Na súa casa hospedouse Xesús polo menos en tres ocasións.

Desta muller procede o nome tan común en Galiza de Marta, padroeira de multitude de parroquias.

Nine Inch Nails

Nine Inch Nails (abreviado como NIN e escrito como NIИ) é unha banda de rock industrial estadounidense formada en Cleveland, Ohio en 1988 por Trent Reznor, que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela. No escenario, NIN adoita empregar espectaculares elementos visuais para acompañar a actuación, que frecuentemente remata cos músicos escachizando os seus instrumentos.

O público do underground recibiu calorosamente a música de Nine Inch Nails nos seus primeiros anos. Na década dos 90 a banda realizou varios influentes traballos que acadaron un certo grao de popularidade no público máis xeral, e moitos temas da banda convertéronse nun éxito nas radios. Dous dos seus discos recibiron premios Grammy, chegando a vender uns 20 millóns de discos en todo o mundo, 10'5 deles só nos Estados Unidos. No ano 1997 Reznor apareceu na lista das persoas máis influentes do ano da revista Time, e a revista Spin describiuno como "o artista máis vital na música". No 2004, a Rolling Stone colocou a Nine Inch Nails no número 94 da súa lista de 100 mellores artistas de todos os tempos. A pesar destes feitos, a banda tivo varios enfrontamentos coa parte corporativa da industria discográfica. No ano 2007 estes conflitos remataron co anuncio de Reznor de que Nine Inch Nails rompería co seu selo, Interscope Records, e editaría os seus futuros lanzamentos independentemente.

Dende 1989, Nine Inch Nails leva editados oito álbums de estudio. Os dous máis recentes, Ghosts I–IV e The Slip, ambos os dous aparecidos no 2008, foron editados baixo licenzas Creative Commons. Os dous foron lanzados dixitalmente, aparecendo as súas edicións físicas posteriormente. A edición dixital de The Slip estivo dispoñible de xeito totalmente gratuíto. NIN estivo nomeada doce veces aos Grammy e gañouno dúas veces, para os temas "Wish" e "Happiness in Slavery", nos anos 1992 e 1995 respectivamente.

Nova Zelandia

Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.

Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fixi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés.

A xefa de Estado de Nova Zelandia é Isabel II do Reino Unido, como raíña de Nova Zelandia, e está representada por un gobernador xeral, mentres que o poder executivo é exercido polo gabinete e o Primeiro Ministro. As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo. Nova Zelandia é un país desenvolvido que se sitúa en lugares altos dentro de escalas internacionais sobre moitos temas, incluíndo a ausencia de corrupción, o nivel de educación e a liberdade económica, pero sen dúbida entre o que máis resalta, é no seu índice de desenvolvemento humano, que o sitúa sexto no mundo en 2012, e os seus índices de democracia, os cales sitúano na gran maioría das publicacións e estudos importantes como o país máis libre e co maior respecto aos dereitos civís no mundo.

Paixón de Cristo

Paixón de Cristo ou de Xesús é a denominación convencional utilizada para englobar os episodios evanxélicos que narran os sucesos protagonizados por Xesucristo entre a Última Cea e a súa crucifixión e morte (o ciclo narrativo pode deterse aí -comprendendo aproximadamente unha noite e o día seguinte- ou continuarse con o seu enterro e resurrección, ao terceiro día -o cómputo cronolóxico foi historicamente obxecto de debate-). Tamén é o tema máis utilizado na arte cristiá.

A palabra galega "paixón" provén da latina passĭo, -ōnis, sendo esta un calco da grega πάθος (pathos). Fai referencia aos sufrimentos de Cristo, entre os que se inclúen: a traizón dun dos seus discípulos (Xudas Iscariote) e a negación doutro (san Pedro), a oración do horto (aceptación tráxica do seu destino mentres os apóstolos, durmidos, deixábanlle só no Horto das Oliveiras -Xetsemaní-), o seu prendemento (tras ser sinalado co "bico de Xudas" e renunciar a que os seus discípulos defendésenlle), o seu periplo xudicial entre Anás, Caifás, Pilatos e Herodes (o xuízo de Cristo, cos seus interrogatorios e enigmáticas respostas), no transcurso do cal prodúcense diversos episodios de burlas e torturas a cargo dos saións (Cristo na columna, coroación de espiñas, os chamados "improperios"), a presentación á multitude (Ecce Homo), a alternativa presentada a elección popular (salvar a Cristo ou a Barrabás), a súa condena a matar co "lavado de mans" de Pilatos, o Via Crucis (o camiño, cargado coa cruz, atravesando Xerusalén -pola actualmente chamada Vía Dolorosa- ata o monte Calvario -Gólgota-, con varias caídas -debe ser axudado por Simón de Cirene- e encontros -con Verónica, que lle seca o rostro, con a súa nai, coas mulleres de Xerusalén-), o expolio (ser desposuído das súas roupas), e a crucifixión entre dous ladróns (Dimas e Xestas).

Pascua cristiá

A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa. A Pascua marca tamén a fin da Coresma, época de xaxún, oración e penitencia.

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa católica latina e as protestantes que basean os seus cálculos no calendario xuliano, as igrexas orientais, que se basean no calendario gregoriano celébrana entre o 4 de abril e o 8 de maio.

A Pascua cristiá está relacionada coa Pascua xudía, a Pessach, non só no simbolismo senón tamén pola súa disposición no calendario

Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en Galicia o ovo de Pascua ou a rosca de Pascua que os padriños regalan ós afillados, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os cuáqueros, que non celebran a Pascua.

Resurrección

A resurrección é un dogma común a todas as confesións e igrexas cristiás. Foi recollido no credo de Nicea, e figura no denominado credo dos apóstolos. As máis antigas tradicións cristiás dan testemuño desta crenza.

Ten dúas vertentes:

A resurrección de Xesús de Nazaret ao terceiro día da súa morte e sepultura.

A resurrección da carne da que se beneficiarán todos e cada un dos homes.

Santo Graal

O Santo Graal, segundo un conxunto de lendas e mitos cristiáns, é o cáliz onde Xesucristo serviu o viño na Derradeira Cea. Isto deu lugar a unha materia (temática) específica na literatura medieval, dentro da cal os heroes artúricos (os cabaleiros da Mesa Redonda) debían ir buscar o Graal polo mundo, pois este obxecto tería enormes poderes. A tradición conta que foi Perceval o que o atopou, mentres que trala cristianización do mito sería Galaaz quen o fixo. Unha das lendas que chegaron ata os nosos días conta que o cáliz está localizado no Cebreiro.

O Santo Graal é un dos símbolos máis antigos de Galicia, aparecendo no escudo de Reino de Galicia dende o século XIII.

Vía Dolorosa

A Vía Dolorosa (en latín: Via Dolorosa; hebreo: ויה דולורוזה árabe: طريق الآلام) é unha rúa na cidade vella de Xerusalén, pola que segundo a tradición cristiá, camiñou Xesucristo ata o lugar da súa crucifixión. A ruta parte desde a Fortaleza Antonina, no barrio musulmán ata a Igrexa do Santo Sepulcro, no barrio cristián –arredor de 600 metros—. A ruta actual quedou establecida no século XVIII, substituíndo varias versións anteriores da mesma. Na actualidade está marcada por nove Estacións da Cruz, estando as cinco restantes no interior da Igrexa do Santo Sepulcro.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Xudea (provincia romana)

A provincia romana de Xudea (/dʒuːˈdiːə/; hebreo: יהודה, Standard Yehuda Tiberian Yehûḏāh; grego: Ἰουδαία Ioudaia; latín: Iūdaea) ás veces escrito nas súas formas latinas orixinais de Iudæa ou Judea para distinguilo da rexión xeográfica de Xudea, incorporou as rexións de Xudea, Samaria e Idumea, e estendeuse por partes das antigas rexións da dinastía Hasmonean e Reino Herodianos de Xudea. Foi nomeada despois da tetrarquía Herodiana de Herodes Arquelao, pero a provincia romana abarcou un territorio moito máis grande. O nome "Judea" deriva do Reino de Xudá do século VI a.C.

Segundo o historiador Josephus, inmediatamente logo da deposición de Herodes Archelaus, Xudea converteuse nunha provincia romana, durante a cal o procurador romano recibiu autoridade para castigar con execucións. A poboación xeral tamén comezou a ser gravada por Roma. A provincia de Xudea foi escenario de disturbios na súa fundación no 6 d.C. durante o censo de Quirinius, e na súa historia se desenvolveron varias guerras, coñecidas como as Guerras xudeo-romanas, así como a Crucifixión de Xesús ao redor de 30-33 d.C.. Os romanos destruiron o Segundo Templo de Xerusalén no 70 d.C. como parte da Primeira guerra xudeu-romana, resultando na institución do Fiscus Judaicus, e despois da revolta de Bar Kokhba (132-135), o emperador romano Adriano cambiou o nome da provincia a Siria Palaestina e Xerusalén a Aelia Capitolina, que algúns estudiosos conclúen foi un intento de eliminar a relación do pobo xudeu coa rexión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.