Cruceiro do Hío

O cruceiro do Hío é o máis emblemático e elaborado dos cruceiros galegos [1]. Está situado na praza que se abre fronte á igrexa de Santo André, románica do século XII, na parroquia do Hío, concello de Cangas.

Os especialistas atribúeno á man de Xosé Cerviño García, tamén chamado Pepe da Pena, pero cómpre indicar que outros negan esta autoría e consideran como autor a Ignacio Cerviño Quinteiro, outro canteiro e escultor da mesma época que aquel. Foi tallado en 1872, cando aínda o artista non cumprira os 30 anos, nunha soa peza de granito, salvo algunha figura exenta.

Coordenadas: 42°16′12.63″N 8°49′46.12″O / 42.2701750, -8.8294778

Cruceiro do Hío
Cruceiro do Hío

Descrición

A escultura consiste nunha representación dramatizada dos momentos máis significativos do home, desde a creación ata a redención, co habitual simbolismo iconográfico do estilo barroco. A identificación e papel das figuras esculpidas tamén é obxecto de diferentes interpretacións segundo a fonte que se consulte.

A escena principal reflicte o descendemento ou desencravo de Cristo. A figura central, naturalmente, é Xesús, xa morto, ó que baixan da cruz suxeito cunha tea por baixo dos brazos. Dous homes gabean por unha escada ata os brazos da cruz, son Xosé de Arimatea (propietario do sepulcro onde se enterraría a Xesús) e Nicodemo (un fariseo próximo a Xesús), que suxeitan o pano e descenden o corpo de Cristo ás mans de San Xoán que, no pé da cruz, cólleo polas pernas. A San Xoán acompáñano a Virxe e de María Magdalena, aínda que hai quen di[quen?] que son as tres Marías. Dous anxelotes completan o grupo.

O Calvario está sobre unha ménsula, cuxa cara superior imita a forma dun monte, apoiada sobre catro anxos, a modo de atlantes.

Cruceiro de Hío detalle 2
Eva, detalle da base do cruceiro do Hío, Cangas.

No fuste, de sección circular, podemos diferenciar tres escenas. A superior son dous arcanxos: un pisando a cabeza dunha cobra e outro que parece acoller un meniño ou protexer unha alma. Baixo eles, a Virxe pisando un dragón ou unha cobra, símbolos clásicos do demo, representando a salvación; a cobra protéxese cunha media lúa. E finalmente, baixo a Virxe, as figuras de Adán e Eva expulsados do paraíso, nus e tapándose, avergonzados polo seu pecado.

Nunha inscrición case ilexible tallada no fuste consta a data da súa construción.

Na base do cruceiro, como nunha capeliña, ábrense catro fornelas. Na primeira están representadas as ánimas do purgatorio, ou almiñas, pedindo a intercesión da Virxe (hai que di que posiblemente a Virxe do Carme); unha destas almiñas que pide axuda para saír do purgatorio está tocada cunha mitra de bispo. Na segunda, Cristo resucitado no limbo dos xustos (outros creen ver a Cristo sacando almas do inferno ou, tamén, a Virxe con Xesús). E finalmente, en cadanseu fornelo, Adán e Eva no paraíso. Estes últimos están ó pé dunha maceira, co demo tentando a Eva de novo en forma de cobra gabeando polo tronco, e aparecen coa metade inferior cuberta polo que semellan lapas, en alusión ás consecuencias do pecado orixinal; outra posible interpretación é que as imaxes recollen o momento de comete-lo pecado orixinal e o que lles cobre é vexetación, nun intento inxenuo de oculta-los órganos sexuais da vista dos fieis.

Cruceiro de Hío detalle 1
Adán

O cruceiro está levantado sobre unha escalinata de tres andares, de forma octogonal cos ángulos redondeados, no que asenta unha mesa que sostén no seu centro o fuste. Todo o conxunto está rodeado por unha reixa metálica que tenta protexelo dos visitantes. Entre a igrexa e o cruceiro érguese unha columna cun anxo que sinala cara a cruz.

Estado de conservación

O estado de conservación do cruceiro é relativamente bo, aínda que sofre importantes crecementos de liques que colonizan amplas zonas. Sufriu tamén o trato irrespectuoso dos turistas, que chegaron a romper algunha das figuras, que tiveron que ser reparadas ou substituídas nas diferentes intervencións que se fixeron (parece ser que as figuras de Adán e Eva do fuste son obra de Manuel Coia, un escultor de Nerga, outro lugar da mesma parroquia).

Notas

  1. Xan Casabella, da Universidade da Coruña, director do proxecto de catalogación dos cruceiros e petos de ánimas de Galicia, por encargo da Consellería de Cultura di que entre todos ellos despunta el cruceiro de Hío" e califícao de ser "toda unha xoia de filigrana en pedra" (La Voz de Galicia, 17.02.2007).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

23 de maio

O 23 de maio é o 143º día do ano do calendario gregoriano e o 144º nos anos bisestos. Quedan (222) días para finalizar o ano.

4 de xaneiro

O 4 de xaneiro é o 4º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 361 días para finalizar o ano, 362 nos anos bisestos.

A Pena, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

A Pena é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller), o mesmo número ca en 2007.

O nome vén dado por unha pena, unha pedra grande que sobresae da superficie.

Neste lugar naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922), autor do cruceiro do Hío.

A Peroxa Club de Fútbol

O A Peroxa Club de Fútbol é un equipo de fútbol galego, baseado no concello da Peroxa. Actualmente xoga no grupo 4 da Primeira Autonómica.

Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Betanzos Club de Fútbol

O Betanzos Club de Fútbol é un club de fútbol galego da vila de Betanzos. Fundouse en 1951 e actualmente compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia.

O seu nome orixinal era Brigantium Club de Fútbol, ata que en 1992 cambiou polo actual.

Caselas Fútbol Club

O Caselas Fútbol Club é un equipo de fútbol galego de Salceda de Caselas. Foi fundado en 1967 e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia. O seu terreo de xogo é o Campo da Gándara.

Club Deportivo Ourense B

O Club Deportivo Ourense B foi un equipo de fútbol da cidade de Ourense, filial do Club Deportivo Ourense, desaparecido pola disolución da SAD en xullo de 2014. Na tempada 2013/2014 xogou no grupo sur de Preferente, tempada na que ademais foi campión da Copa Deputación de Ourense, ó vencer o Verín CF no estadio do Couto na quenda de penaltis (0-0 despois dos 90 minutos regulamentarios e mais a prórroga, o 14 de xuño de 2014, no que foi o último partido oficial que disputou un equipo de CD Ourense no estadio do Couto.

Fútbol Club Cruceiro do Hío

O Fútbol Club Cruceiro do Hío é un equipo de fútbol galego da parroquia do Hío, en Cangas. Leva o nome do cruceiro do Hío, situado nesa parroquia. Actualmente xoga na Segunda Autonómica,na tempada 18/19 clasificou para a fase de ascenso a primeira.

A súa primeira equipación é branca cunha franxa azul celeste en diagonal. No escudo está debuxado o característico cruceiro que lle dá nome.

Chegou a Xogar na teceira división na tempada 2006/2007

Nigrán Club de Fútbol

O Nigrán Club de Fútbol é un club galego de fútbol de Nigrán. Xoga no grupo V da Primeira Autonómica.

O Hío, Cangas

Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.

Pedestal

En arquitectura, denomínase pedestal ao soporte prismático destinado a soster outro soporte maior, conformando a parte inferior dunha columna. Xeralmente, componse de tres partes:

zócolo

dado ou neto

cornixaCando o pedestal é corrido, e sustenta unha serie de columnas, chámase estilóbata, a parte superior deste denomínase estereóbata, e pode está adornado con molduras.

Dáse tamén o nome de pedestal a todo soporte en forma de columna curta e ancha que sostén unha estatua ou obxecto análogo. Pola súa banda, chámase pedículo cando a base funciona como pé, ou pequena columna, en que se apoia un obxecto maior que ela, por exemplo, unha pía bautismal ou un púlpito.

Preferente Autonómica de Galicia 2010/11

A tempada 2010–11 da Preferente Autonómica de Galicia iniciouse o 29 de agosto de 2010 e finalizou o 22 de maio de 2011. Resultaron campións o Betanzos CF (Grupo norte) e o CD Lalín (Grupo sur).

No Grupo Norte, o Lemos e o Flavia víronse prexudicados polos descensos do Santa Comba e o Narón de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica. No Grupo Sur, o Porriño Industrial e o Rápido Bahía víronse prexudicado polos descensos do Pontevedra B e o Portonovo de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica.

Preferente Autonómica de Galicia 2011/12

A tempada 2011–12 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 28 de agosto de 2011 e finalizou o 3 de xuño de 2012. O campión foi o Compostela.

Primeira Galicia

A Primeira Galicia é a sexta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Preferente Galicia e por encima da Segunda Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol.

SDC Xermade

A Sociedade Deportiva Cultural Xermade é un club de fútbol galego, de Xermade, na provincia de Lugo. Actualmente compite na Segunda Autonómica de Galicia.

Sociedade Deportiva Cultural A Manchica

A Sociedade Deportivo Culural A Manchica é un equipo de fútbol galego, fundado na vila da Manchica. Actualmente xoga no grupo IV da Primeira División Autonómica.

Terceira división española 2006/07

A tempada 2006–07 da Terceira División de España foi a 73º edición deste torneo.

Xosé Cerviño García

Xosé Cerviño García, tamén coñecido como o Mestre Cerviño ou, máis popularmente, como Pepe da Pena nado en Aguasantas, Cerdedo-Cotobade, o 23 de maio de 1843 e falecido no mesmo concello o 4 de xaneiro de 1922, foi un canteiro e escultor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.