Cristianismo celta

O cristianismo celta (tamén chamado Igrexa celta) refírese en liñas xerais ás prácticas cristiás da Alta Idade Media desenvolvidas nas illas Británicas durante a última fase da dominación romana en torno ás áreas costeiras do Mar de Irlanda. A progresiva retirada das lexións romanas e a subseguinte Invasión anglosaxoa de Gran Bretaña reduciron o contacto entre os cristiáns celtas e bretóns das illas e os do continente. O illamento favoreceu a aparición de prácticas relixiosas diferenciadas, sobre todo en Irlanda, dende onde pasaron posteriormente a Gran Bretaña, grazas á labor de misioneiros como Columba de Iona e de Aidan, entre outros.

Algunhas veces, o termo "Cristianismo celta" emprégase tamén para describir as prácticas cristiás vixentes nestas zonas en datas posteriores; porén, debido a que a historia das igrexas irlandesas, galesas, escocesas, britanas, córnicos e maneses diverxen significativamente despois do século VIII, os historiadores xeralmente evitan o uso do termo neste contexto.[1] Ademais, os historiadores non empregan o termo "Igrexa celta", debido a que iso implica un senso de ser unha entidade unificada e identificable separada da Cristiandade occidental.[2][3]

Celtic-Cross-Vodicka-decorative-triquetras-red
Cruz celta
Stpatrick hilloftara
St. Patrick, patrón dos irlandeses

Notas

  1. Patrick Wormald, ‘Bede and the ‘Church of the English’’, in The Times of Bede, ed. Stephen Baxter (Oxford: Blackwell Publishing, 2006), pp. 223-224 n. 1
  2. Kathleen Hughes, "The Celtic Church: Is This a Valid Concept?", O'Donnell lectures in Celtic Studies, University of Oxford 1975 (publicado en Cambridge Medieval Celtic Studies, 1 [1981], pp. 1-20).
  3. Wendy Davies, "The Myth of the Celtic Church", in The Early Church in Wales and the West, Oxbow Monograph, no. 16, editado por Nancy Edwards e Alan Lane, 12-21. Oxford: Oxbow, 1992.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abadía de Iona

A Abadía de Iona é un dos centros relixiosos máis antigos e significativos de Europa Occidental, xa que está considerado como o punto desde o que Columba de Iona comezou a expansión do cristianismo por Escocia. Atópase nas Hébridas, concretamente na illa de Iona, na costa oeste de Escocia.

Bríxida de Irlanda

Bríxida de Irlanda ou Bríxida de Kildare (Santa Bríxida), nada o 451 en Faughart preto de Dundalk en Irlanda, e finada o 525 en Kildare, é unha santa da Igrexa católica e da Igrexa ortodoxa.

Comuñón anglicana

O termo anglicano e o seu derivado anglicanismo, proveñen do latín medieval ecclesia anglicana, que significa igrexa inglesa, utilízase para describir as persoas, as institucións e as igrexas, como así mesmo ás tradicións litúrxicas e conceptos teolóxicos desenvolvidos tanto pola Igrexa de Inglaterra, no particular, como polas provincias eclesiásticas da comuñón anglicana. Tamén se utiliza no referente ás igrexas anglicanas sen comuñón co Arcebispo de Canterbury, como as partícipes do Movemento Anglicano de Continuación e moitas outras completamente independentes.

Hilda de Whitby

Hilda de Whitby, nada no 614 en Northumbria e morta o 17 de novembro de 680 en Whitby, foi unha santa cristiá e abadesa e fundadora do mosteiro de Whitby. Filla de Hereric, sobriño de Edwin de Northumbria, viviu durante unha época importante para o cristianismo en Bretaña. Foi unha muller de bastante influencia, vista como unha gran educadora e coñecedora das Escrituras, tamén destacou na xerencia de mosteiros, e a ela ían reis, raíñas, príncipes, monxes, e santos, a pedir consello. Baixo o seu goberno do mosteiro de Whitby, produciuse o Sínodo de Whitby, no cal os cristiáns de Inglaterra decidiron someterse á Igrexa de Roma.

A principal fonte de información sobre Hilda é a Historia ecclesiastica gentis Anglorum (Historia eclesiástica do pobo dos anglos) escrita por Beda o Venerable en 731, que naceu aproximadamente oito anos antes da morte de Hilda, e documentou gran parte da conversión cristiá dos anglosaxóns.

Iona

Iona é unha pequena illa nas Hébridas Interiores, Escocia. Iona ocupa un lugar importante na historia do Cristianismo en Escocia, e é coñecida pola súa tranquilidade e natural beleza. O seu nome gaélico é Ì Chaluim Cille (Illa de San Columba; anteriormente anglicizado como "Icolmkill"), ou ás veces, simplemente, como Ì ou Idhe.

Nennio

Nennio ou Nemnivo (Nennius ou Nemnivus, en latín) é o nome de dous personaxes, parcialmente lendarios, asociados coa historia de Gales. O mellor coñecido dos dous é Nennio, o estudante de Elvodugo (Elvodugus). Elvodugo é comunmente identificado co bispo Elfodd de Gwynedd, quen convenceu o resto da rexión de Gales do Cristianismo celta de celebrar Pascua na mesma data que os outros católicos en Gran Bretaña en 768 e é, máis tarde, dado por falecido en 809, polos Annales Cambriae. Sostense tradicionalmente que este Nennio viviu a inicios do século IX e é identificado nun grupo de manuscritos da Historia Brittonum como o autor deste traballo. Porén, os estudos do profesor David N. Dumville sobre este texto mostraron que os manuscritos que sindicaban esta autoría viñan dun exemplar datado a fins do século XI, moito despois de que os exemplares das outras versións deste manuscrito, ademais de douscentos anos despois de cando se supón viviu Nennio. A pesar diso, varios historiadores aínda lle refiren a Nennio como o autor ben do texto orixinal da Historia Brittonum, ben desta versión específica.

O outro Nemnivo ou Nennio é mencionado nun manuscrito galés do século IX. Dise que este Nennivo inventou un alfabeto que sería preservado neste manuscrito e, segundo Nora Kershaw Chadwick, se deriva do alfabeto rúnico do inglés antigo: «De feito, os nomes asignados a algunhas das súas cartas parecen mostrar evidencia dun coñecemento real dos nomes saxóns».Algúns conclúen que estas dúas figuras son o mesmo individuo. Outros argumentan que tal conclusión non está garantida, xa que se podería soster que Nennio, o estudante de Elvodugo, é un personaxe ficticio e xa que a historia de Gales e Bretaña sobre este período en cuestión está bastante incompleta.

Pobo feroés

Os feroeses (en feroés: føroyingar), son un grupo étnico e nación nativo das Illas Feroe. Os feroeses teñen devanceiros nórdicos e gaélicos. Arredor de 21 000 feroeses viven en países veciños, como Dinamarca, Islandia e Noruega. A maioría dos feroeses son cidadáns do Reino de Dinamarca, no que as Illas Feroe son unha nación constituínte. A lingua feroesa é unha das linguas nórdicas e está estreitamente relacionada co islandés e coas variedades norueguesas.

Reino de Lindsey

O Reino de Linsdey (Lindisfaran rīce), é un dos reinos tradicionais da chamada Heptarquía Anglosaxoa, aínda que non está incluído entre o sete principais, con todo por tamaño e importancia política está ao mesmo nivel que outros como Essex ou Sussex, si incluídos nela. Tradicionalmente foi territorio en disputa entre os reinos de Northumbria e Mercia, e foi incorporado a este último a finais do século VII.

Reino de Northumbria

Northumbria (en saxón antigo: Norþanhymbra; en nórdico antigo: Norðimbraland, nome que reflicte a súa localización ao norte do río Humber) foi un dos reinos menores dos anglos, mencionado no século XII por Henrique de Huntingdon como parte da Heptarquía anglosaxoa-xuta, os dominios establecidos polos pobos xermánicos que comezaron a invadir Gran Bretaña a finais do século V, cando xa había case 70 anos que fora abandonada polas lexións romanas.

Fundada por anglos baixo o mando de Æthelfrith (Ethelfrith) no que hoxe é o nordés inglés no ano 593 a partir da unión doutros dous reinos menores, Bernicia e Deira, floreceu no século VII, chegando a estenderse polas Terras Altas escocesas e Gales, desde o Humber até o Forth. Tivo a súa capital en Whitby, sede do coñecido sínodo homónimo que decidiu en favor do rito cristián romano fronte ao irlandés para ser implantado en terras británicas.

O territorio northumbrio foi ocupado polos daneses no século IX e integrouse ao reino de Inglaterra en 829, da man das conquistas de Ecgberht de Wessex.

O condado que se formou despois, estaba limitado ao sur polo río Tees e ao norte polo río Tweed (o que hoxe en día é similar á rexión moderna do Nordés de Inglaterra) e foi recoñecido como parte de Inglaterra polo Tratado de York de 1237 entre Inglaterra e Escocia. Berwick-upon-Tweed, que se sitúa ao norte do Tweed, foi definido como súbdito das leis de Inglaterra pola Acta de Gales e Berwick de 1746. O territorio que unha vez foi parte de Northumbria durante o seu apoxeo é administrado hoxe en día por rexións diferentes como Nordés de Inglaterra (Bernicia), Yorkshire e Humber (Deira), Noroeste de Inglaterra (Cumbria), os Scottish Borders, West Lothian, Edimburgo, Midlothian e East Lothian.

Actualmente, Northumbria é a rexión Nordés de Inglaterra. O nome úsase nos títulos da Policía de Northumbria (a cal administra Northumberland e Tyne e Wear) e a Universidade de Northumbria (situada en Newcastle), e tamén foi adoptado pola Xunta de Turismo de Inglaterra para referirse ao Nordés de Inglaterra.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.