Cristóbal Montoro

Cristóbal Ricardo Montoro Romero, nado en Cambil (Xaén) o 28 de xullo de 1950, é un político español, ministro de Facenda e Administracións públicas entre 2011 e 2018. Entre 2000 e 2004 foi tamén ministro de Facenda no goberno de Aznar, e foi membro do Parlamento Europeo e da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios.

Cristóbal Montoro
Cristóbal Montoro, Coordinador dEconomia del Partit Popular, als Dinars Cambra, 17 doctubre de 2011 (2)
Cristóbal Ricardo Montoro Romero
Datos persoais
Nacemento28 de xullo de 1950
 España Cambil, Xaén
OrganizaciónPartido Popular
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid

Biografía

En 1973 licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid, na que en 1981 obtiña o doutoramento. Exercería como profesor axudante primeiro e logo titular, para finalmente obter no ano 1989 a cátedra de Facenda pública na Universidade de Cantabria.

Dende 1993 é elixido deputado por Madrid e en 1999 entrou a formar parte do Comité executivo do Partido Popular a nivel nacional. Dende a chegada do PP ao goberno convértese no home forte de Rodrigo Rato que lle dá o cargo de secretario de Estado de Economía e na VII lexislatura é designado ministro de Facenda.

Tras as eleccións de 2004, nas que chega ao poder o PSOE con maioría simple, cesa no seu cargo e é elixido eurodeputado nas eleccións dese mesmo ano.

En 2008 volve ser elixido deputado por Madrid, ocupando o cargo de voceiro na Comisión de Economía e Facenda ata o seu nomeamento como Ministro o 22 de decembro de 2011.

Na cerimonia habitual no Palacio da Zarzuela tomou posesión pola fórmula do Xuramento como ministro de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España.

Cargos

Véxase tamén

Predecesor:
Manuel Conthe
 Escudo de España.svg
Secretario de Estado de Economía de España
 
1996 - 2000
Sucesor:
José Folgado
Predecesor:
Rodrigo Rato
(Economía e Facenda)
 Escudo de España.svg
Ministro de Facenda de España
 
2000 - 2004
Sucesor:
Pedro Solbes
(Economía e Facenda)
Predecesor:
Miguel Arias Cañete
 People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Coordinador de Economía do PP
 
2008 - 2012
Sucesor:
Álvaro Nadal
Predecesor:
Elena Salgado
(Economía e Facenda)
Manuel Chaves
(Política Territorial e Administación Pública)
 Escudo de España.svg
Ministro de Facenda e Administracións Públicas de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
María Jesús Montero
(Facenda)
Meritxell Batet
(Política Territorial e Función Pública)
Loterías y Apuestas del Estado

Loterías y Apuestas del Estado é unha sociedade mercantil estatal adscrita ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, a través do Grupo Patrimonio do Estado, a quen corresponde a dirección estratéxica e a avaliación e control de eficacia.

Manuel Chaves

Manuel Chaves González, nado en Ceuta en 1945, é un político español do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Ostentou o cargo de Presidente da Xunta de Andalucía entre 1990 e 2009, de vicepresidente Terceiro do Goberno de España e Ministro de Política Territorial entre 2009 e 2011, e é Presidente do PSOE.

Miguel Arias Cañete

Miguel Arias Cañete, nado en Madrid o 24 de febreiro de 1950. É un político español membro do Partido Popular e Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Goberno de España desde o 22 de decembro de 2011. O 9 de abril de 2014 foi seleccionado polo seu partido para encabezar a lista electoral ao Parlamento Europeo. Anteriormente xa ocupara ese mesmo cargo entre os anos 2000 e 2004.

Ministerio de Economía e Competitividade de España

O Ministerio de Economía e Competitividade de España é o órgano da Administración Xeral do Estado que se encarga da política económica, especialmente dos Presupostos Xerais, do control das Compañías públicas, e de impoñer as taxas.

Luis de Guindos é o ministro de Economía.

Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, tamén coñecido ao longo da súa historia como Ministerio de Administracións Públicas, de Política Territorial ou de Administración Territorial, é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado de España encargado da preparación e execución da política do Goberno en materia de política territorial e de relacións e cooperación coas Comunidades Autónomas e coas entidades que integran a Administración Local, así como da xestión dos pagamentos e das contas básicas do estado.

Correspóndelle tamén a este ministerio a promoción das relacións institucionais da Administración Periférica do Estado coas comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía, así como a preparación e seguimento da Conferencia de Presidentes. Naceu como fusión dos departamentos de Política Territorial e Administracións Públicas, dunha banda, e de Facenda doutra, que anteriormente formara parte do ministerio de Economía.

Na actualidade, e dende a súa creación como entidade única baixo ese nome, ocupa o cargo de ministro Cristóbal Montoro, do PP.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Pedro Solbes

Pedro Solbes Mira (El Pinós, Alacant, 31 de agosto de 1942), é un político do Partido Socialista Obrero Español.

Universidade de Cantabria

A Universidade de Cantabria (UC), fundada como Universidade de Santander, é unha universidade pública situada na comunidade autónoma de Cantabria (España). Ten quince centros distribuídos en tres campus, un localizado en Santander, outro situado en Torrelavega e un terceiro en Comillas. No curso 2015-2016 contaba con 13 454 alumnos, 1 273 profesores e 1 088 persoas en administración e servizos. O seu orzamento para o ano 2016 ascendía a 105 974 462 €. A Universidade de Cantabria obtivo a cualificación definitiva como Campus de Excelencia Internacional polo Goberno de España en decembro de 2014.Forma parte como membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.

Anualmente a UC publica a súa memoria de actividades.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.