Crismón de Quiroga

O Crismón de Quiroga ou Crismón da Ermida (Quiroga) é unha peza circular de mármore traballada cunha inscrición en latín e iniciais en grego. Ata 1887 fixo de ara na igrexa do século XII de Santa María da Ermida aínda que non se sabe certo dende cando. En 1925 foi trasladado ao Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo onde está exposto[2] .

Galicia - Quiroga Chi Rho
Réplica do Crismón de Quiroga no Gallaecia Petrea, actualmente na igrexa da Ermida en Quiroga[1] .

Descrición

O Crismón de Quiroga é un disco de mármore gris veteado, material que podería proceder das canteiras do Incio. Mide 95 cm de diámetro, 6 cm de grosor e uns 120 kg de peso. A cara posterior é chaira, sen adorno algún. A cara traballada ten do lado exterior dúas circunferencias de boliñas en forma de perlas entre as cales hai un texto en latín. Na parte central do escudo están as letras gregas khi (X) e rho (P) superpostas (iniciais en grego de Cristo), precedidas da letra alfa e seguidas da omega.

A inscrición en letras no bordo duns catro centímetros de altura di o seguinte:

Segundo o arqueólogo alemán Helmut Schlunk a peza sería dos anos 420 a 450 da era actual o que o fai xunto á tapa do sartego de Temes (Carballedo) a representación máis antiga coñecida do cristianismo en Galiza. Segundo Jaime Delgado Gómez o Crismón formou parte dun mausoleo erixido en honor dalgún nobre romano convertido ao cristianismo e que morreu preto da actual vila de Quiroga, no lugar da Ermida.

Outra interpretación é que sería unha mesa ritual dos Pontífices na Gallaecia con fins adivinatorios. O texto contén tódalas letras do alfabeto latino: KX A V R M I L E T B S G N P O D C H Q F.

Amiano Marcelino describiu un ritual executado no século IV. A mesa situábase sobre un trípode metálico para a súa nivelación e os presentes situábanse ao redor dela. Unha esfera de vidro percorría o perímetro do taboleiro deténdose en cada letra sinalada. A repetición sucesiva da operación permitía a escritura da mensaxe ou resposta[3] .

Galería de imaxes

Lugo, Museo Provincial 01-05 Crismón de Quiroga

Réplica do Crismón de Quiroga exposto no Museo Provincial de Lugo

Notas

  1. X.L.Q. El Progreso de Lugo, ed. "El santuario de A Ermida de Quiroga cuenta con una réplica del Crismón". Consultado o 23 de agosto de 2013.
  2. Museo Diocesano Catedralicio (ed.). "Crismón de Quiroga". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 23 de agosto de 2013.
  3. Sánchez-Montaña, Carlos. celtiberia.net v3.0, ed. "La mesa de Quiroga". Consultado o 22 de agosto de 2013.

Véxase tamén

Imaxes externas
Fotografía do Crismón de Quiroga
Fotografía do Crismón de Quiroga

Outros artigos

Bibliografía

  • Delgado Gómez, Jaime: "La biblia en iconografía pétrea lucense". Boletín do Museo Provincial de Lugo.

Ligazóns externas

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.

A Ermida, Quiroga

Santa María da Ermida é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 137 habitantes, deles 61 eran homes e 76 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.

Da igrexa parroquial procede o crismón de Quiroga, relevo en mármore labrado entre os anos 420 e 450 en honor dalgún nobre romano e peza clave da arte paleocristiá. Hoxe exponse no Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.

Arte de Galicia

A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos. A arte sempre foi un dos principais medios de expresión do ser humano, a través da cal expresa as súas ideas e sentimentos, o xeito de relacionarse co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica ata a máis ornamental, pode ter contido relixioso ou simplemente estético, pode ser duradeira ou efémera.

Ao longo da historia, Galicia acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto de arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir dos séculos.

A arte galega é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o seu territorio: os primeiros poboadores prehistóricos deron paso á cultura castrexa xurdida na idade dos metais, estes convivirían máis tarde cos colonizadores romanos procedentes do Mediterráneo, que converterían a Gallaecia nun territorio máis do seu imperio; tras a caída deste, en Galicia os suevos fundaron o primeiro reino medieval europeo, que despois caeu baixo a dominación do reino visigodo. Na Idade Media, durante a invasión islámica da península ibérica (que apenas deixou pegada no territorio galego), xorde a cultura galego-portuguesa como entidade propia e definida, cunha lingua propia herdeira do latín e a consolidación do Reino de Galicia. Foi esta unha época de esplendor da arte galega, sendo o románico un período moi frutífero para o desenvolvemento artístico do territorio. Durante a Idade Moderna, baixo o poder da coroa española e a sucesión de crises económicas e culturais, a arte entra en certa decadencia, polo que o renacemento non é un período destacable na historia da arte galega. Todo o contrario sucede co barroco, que tivo en Compostela un desenvolvemento orixinal e xenuíno. Dende o século XIX, coa revitalización cultural que supuxo o Rexurdimento, Galicia é influída polos movementos artísticos e culturais que marcaron Europa, como o modernismo. Finalmente, xa no século XX houbo unha xeración de artistas que crean unha escola galega que conecta coas correntes internacionais, con nomes como os de Francisco Asorey, Carlos Maside, Luís Seoane, Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo.

Crismón

O crismón é a representación do lábaro, coñecido coma cruz de Constantino. É o monograma das dúas primeiras letras da verba Cristo en grego, e pendurando a alfa en maiúscula e a omega en minúscula, que representan o principio e o fin de todo. Posteriormente, á representación do monograma engadíuselle un S na época románica na metade baixa da árbore vertical, na que se quere representar o Espírito Santo, e todo iso pechado nun círculo.

Galería de imaxes de Quiroga

Galería de imaxes do concello de Quiroga na provincia de Lugo.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gallaecia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. As súas capitais estaban en Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo é un museo situado en Lugo, Galicia, que acolle pezas de distinto interese, sobre todo de carácter relixioso.

Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo foi fundado pola Deputación de Lugo no ano 1934. A idea de crear un museo provincial xurdiu en 1932 coa proposta de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, até daquela esparexidos ao longo da provincia en coleccións privadas. Atópase no centro da cidade, na praza da Soidade.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Quiroga

Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.