Crise

Crise (do latín crise, á súa vez do grego κρίσις) é unha conxuntura de cambios en calquera aspecto dunha realidade organizada pero inestábel, suxeita a evolución; especialmente, a crise dunha estrutura.

Mascato-fuel2
Crise ecolóxica provocada polo afundimento do petroleiro Prestige nas costas de Galiza, representado na fotografía por un animal morto e cuberto de fuel

Tipos e características

Os cambios críticos, aínda que previsibles, teñen sempre algún grao de incerteza en canto á súa reversibilidade ou grao de profundidade, pois se non serían meras reaccións automáticas como as físico-químicas. Se os cambios son profundos, súbitos e violentos, e sobre todo traen consecuencias transcendentais, van máis alá dunha crise e pódense denominar revolución.

As crises poden acontecer a un nivel persoal ou social. Poden designar un cambio traumático na vida ou saúde dunha persoa ou unha situación social inestable e perigosa no político, económico, militar etc. Tamén pode ser a definición dun feito ambiental a grande escala, especialmente os que implican un cambio abrupto. Dun xeito menos propio, refírense co nome de crise as emerxencias ou as épocas de dificultades.

2011

O ano 2011 (MMXI) comezou en sábado no calendario gregoriano.

Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Crise dos mísiles de Cuba

A crise dos mísiles en Cuba é como se denomina ao conflito entre a Unión Soviética e os Estados Unidos a finais de 1962, e é unha das maiores crises entre ambas as potencias durante a guerra fría.

Ditadura de Primo de Rivera

A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.

A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a Ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da Ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República española.

Epilepsia

A epilepsia é unha enfermidade caracterizada polo padecemento de crises epilépticas ou convulsións. Non en tódalas persoas que padecen unha crise epiléptica se diagnostica coma epilepsia. Considéranse epilépticos cando padecen polo menos dúas convulsións.

Unha crise epiléptica ocorre cando unha actividade anormal eléctrica no cerebro causa un cambio involuntario de movemento ou función do corpo, de sensación, na capacidade de estar alerta ou de comportamento. A crise pode durar desde uns segundos ata varios minutos. Hai máis de 20 tipos diferentes de crises epilépticas.

Os síntomas que experimenta unha persoa durante unha crise epiléptica dependen de lugar no cerebro no cal ocorre a alteración da actividade eléctrica. Unha persoa que ten unha crise tonicoclónica (tamén chamada de grand mal) pode berrar, perde-lo senso e esvaerse ou porse ríxido e con espasmos musculares. Outro tipo de crise epiléptica é a chamada crise parcial complexa, na que o paciente pode parecer confundido ou atordoado e non poderá responder a preguntas nin instrucións. Outras persoas teñen ataques moi leves que nin sequera son notados por outros. Algunhas veces, a única manifestación da crise epiléptica é un palpebrexar rápido ou algúns segundos de mirada perdida con desconexión do medio; a este tipo de crise epiléptica chámaselle ausencia e é relativamente frecuente na infancia.

A epilepsia pode ter moitas causas; nuns casos é debida a lesións cerebrais de calquera tipo (traumatismos craniais, secuelas de meninxite, tumores etc.) pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón unicamente unha predisposición de orixe xenética a padece-las crises. Con tratamento médico é posible o control das crises nunha elevada porcentaxe de pacientes.

Francisco de Sales

Francisco de Sales, nado no castelo de Sales, en Savoia, en 1567 e falecido preto de Lión o 28 de decembro de 1622, foi un misioneiro católico.

Bautizado co nome de Francisco Buenaventura, despregou unha vigorosa actividade misioneira en terras calvinistas malia ter unha saúde precaria. Beatificado por Alexandre VII en 1665 e declarado Doutor da Igrexa en 1878 por Pío X como doutor da amabilidade. Na actualidade é o patrón dos xornalistas.

Fútbol Club Barcelona

O Fútbol Club Barcelona (en catalán: Futbol Club Barcelona), coñecido popularmente como "Barça", é un club polideportivo catalán da cidade de Barcelona, fundado o 29 de novembro de 1899 por un grupo de doce futbolistas afeccionados de Suíza, Cataluña e Gran Bretaña, comandados polo suízo Joan Gamper. O Barça non é unha sociedade anónima como son a maioría dos clubs deportivos profesionais, senón que a propiedade do club recae nos seus máis de 180.000 socios. Este número fai que o FC Barcelona sexa o segundo club con máis socios do mundo tralo SL Benfica portugués, seguido polo FC Bayern München alemán. Segundo a clasificación histórica da IFFHS, o FC Barcelona é o mellor equipo de fútbol do mundo dende 1991, ano no cal esta organización comezou a computación estatística de resultados. O lema do club é "El Barça és més que un club". Os seareiros do FC Barcelona son coñecidos co sobrenome de "culés".

Unha das principais características do FC Barcelona é o seu carácter polideportivo. Ademais da súa sección principal, a de fútbol, o club conta con outras catro seccións deportivas profesionais: as de baloncesto, balonmán, hóckey sobre patíns e fútbol sala. Entre as cinco seccións profesionais, o FC Barcelona suma máis de 400 títulos oficiais, entre os que se inclúen 34 Copas de Europa, 86 Ligas e 88 Copas de España. Trátase do único club polideportivo do continente que foi campión de Europa en 5 deportes distintos. Ademais destas cinco seccións profesionais, o club conta con outras 8 seccións afeccionadas noutras disciplinas deportivas, como hóckey sobre herba, atletismo, patinaxe, hóckey sobre xeo, voleibol, rugby, fútbol praia e baloncesto en cadeira de rodas.

O equipo de fútbol foi un dos fundadores da Liga española de fútbol en 1928, e actualmente aínda segue a ser un dos tres equipos que non perderon nunca a máxima categoría. Con 25 Ligas, 30 Copas do Rei, 12 Supercopas de España, 5 Copas de Europa, 4 Recopas de Europa, 3 Copas de Feiras, 2 Copas Latinas, 5 Supercopas de Europa e 3 Copas Mundiais de Clubs, o FC Barcelona está considerado un dos equipos de fútbol máis laureados do mundo. Dende agosto de 2011 é o club europeo con máis títulos continentais (15), adiantando ó Real Madrid e ó AC Milán (14). O FC Barcelona é ademais o único equipo de Europa que disputou sempre, dende 1955, algunha das competicións europeas. Tamén é o único equipo da historia que gañou os seis títulos oficiais máis importantes nun mesmo ano (2009): Liga, Copa, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs. O 6 de febreiro de 2012 o club recibiu o Premio Laureus World Sports como equipo mundial do ano.

Gran Depresión

A Gran Depresión, tamén chamada Crise de 1929, foi unha gran recesión económica que tivo inicio en 1929, e que persistiu ao longo da década de 1930, terminando coa chegada da segunda guerra mundial. A Gran Depresión é considerada a peor e o máis longo período de recesión económica do século XX. Este período de recesión económica causou altas taxas de desemprego, caídas drásticas do produto interior bruto de diversos países, así como caídas drásticas na produción industrial, nos prezos de accións, e en practicamente todo medidor de actividade económica, en diversos países do mundo.O día 29 de outubro de 1929 é considerado popularmente o comezo da Gran Depresión. Porén, as taxas na caída da produción industrial americana xa comezaran a caer a partir de xullo do mesmo ano, causando un período de leve recesión económica que se estendeu até o 29 de outubro, cando valores de accións na bolsa de valores de Nova York, a New York Stock Exchange, caeron drasticamente no chamado crac da Bolsa de Nova York, desencadeando o Xoves Negro. Así, milleiros de accionistas perderon, literalmente, da noite ao día, grandes sumas de diñeiro. Moitos perderon todo o que tiñan. Esta quebra na bolsa de valores de Nova York empeorou drasticamente os efectos da recesión xa existente, causando unha gran deflación e caída nas taxas de venda de produtos, que á súa vez obrigaron ao peche de moitas empresas comerciais e industriais, elevando así drasticamente as taxas de desemprego.Os efectos da Gran Depresión foron sentidos no mundo enteiro. Estes efectos, aínda que a súa intensidade, variaron segundo o país. Outros países, alén dos Estados Unidos, que foron duramente castigados pola Gran Depresión foron Alemaña, Australia, Francia, Italia, o Reino Unido e especialmente o Canadá. No entanto, en certos países pouco industrializados nesa época, como Arxentina e Brasil, a Gran Depresión acelerou o proceso de industrialización.Os efectos negativos da Gran Depresión atinxiron o seu cumio nos Estados Unidos en 1933. Neste ano, o Presidente americano Franklin Delano Roosevelt aprobou unha serie de medidas coñecidas como New Deal. Esas políticas económicas, adoptadas case asemade por Roosevelt nos Estados Unidos e por Hjalmar Schaact na Alemaña nazi foron, 3 anos máis tarde, racionalizadas por Keynes na súa obra clásica.O New Deal, xuntamente con programas de axuda social realizados por todos os estados americanos, axudaron a minimizar os efectos da Depresión a partir de 1933. A maioría dos países atinxidos pola Gran Depresión pasaron a recuperarse economicamente a partir de entón. Nalgúns países, a Gran Depresión foi un dos factores primarios que axudaron á ascensión de réximes de extrema-dereita, como os nazis comandados por Adolf Hitler en Alemaña. O inicio da segunda guerra mundial terminou con calquera efecto remanescente da Gran Depresión nos principais países afectados.

Guerra de Suez

A Crise de Suez, tamén coñecida como a Guerra de Suez ou a Guerra de 1956 (en árabe أزمة السويس - العدوان الثلاثي; en hebreo מבצע קדש), foi unha guerra librada en territorio exipcio en 1956. O conflito situou a Exipto contra Israel, o Reino Unido, e Francia.

Durante a época colonial británica, a Canle de Suez tiña sido importante no Oriente Medio, así como para a penetración en África e no mantemento do control sobre a India. Por esta razón os británicos consideraban importante manter a canle fora do control exipcio. Así, en 1875, Isma'il Pasha, baixo a presión da débeda externa, vendeu a súa franxa da canle ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, e a Convención de Constantinopla (1888) declarou a canle zona neutral baixo protección británica.

O Reino Unido gañou control sobre a canle co Tratado anglo-exipcio de 1936. De todos xeitos, en 1951 Exipto declarou nulo este tratado, e en 1954 o Reino Unido aceptou retiralo.

O Reino Unido obxectou fortemente a nacionalización do líder exipcio Gamal Abdel Nasser da Suez Canal Company o 26 de xullo de 1956. Nesta época, dous terzos do petróleo europeo eran importados a través da canle.

A alianza militar entre o Reino Unido, Francia e Israel era unha lonxeva alianza de conveniencia; as nacións europeas tiñan intereses económicos e comerciais na canle, mentres que Israel quería reabrir a canle para a pesca e para rematar coas incursións dos fedayin apoiados por Exipto e dos golpes relámpago.

Cando a Unión Soviética ameazou con intervir en beneficio de Exipto, o Secretario de estado de Asuntos Exteriores de Canadá Lester B. Pearson temeu unha longa guerra e propuxo un plan para separar as forzas rivais mediante o establecemento de forzas das Nacións Unidas entre elas para actuar como 'escudos humanos'.

Guerra fría

A guerra fría foi un conflito semibélico, que enfrontou durante a segunda metade do século XX dous bloques antagónicos ideoloxicamente nunha guerra sen conflito directo pero con conflitos indirectos no que os dous bandos prestaban axuda ós diferentes continxentes, e con guerras de influencia e económicas. Durou do 1948 co Golpe de Praga ata 1991 coa disolución da Unión Soviética.

Idade Media

A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América, no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, literatura medieval, arte medieval, arquitectura medieval ou ciencia medieval). Certas sociedades non occidentais, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que se denominan tamén como Idade Media.

A 2015, os historiadores do período prefiren matizar esta ruptura entre Antigüidade e Idade Media de maneira que entre os séculos III e VIII adóitase falar de Antigüidade Tardía, que fora unha gran etapa de transición en todos os ámbitos: no económico, para a substitución do modo de produción escravista polo modo de produción feudal; no social, para a desaparición do concepto de cidadanía romana e a definición dos estamentos medievais, no político para a descomposición das estruturas centralizadas do Imperio romano que deu paso a unha dispersión do poder; e no ideolóxico e cultural para a absorción e substitución da cultura clásica polas teocéntricas culturas cristiá e islámica (en cadanseus espazos).Adoitase dividir en dous grandes períodos: Temperá ou Alta Idade Media (do século V ao X, sen unha clara diferenciación coa Antigüidade Tardía); e Baixa Idade Media (do século XI ao XV), que á súa vez pode dividirse nun período de plenitude, a Plena Idade Media (do século XI ao XIII), e os dous últimos séculos, ou Idade Media Tardía, que presenciaron a Crise da Idade Media ou do século XIV.

Se ben hai algúns exemplos de utilización previa, o concepto de Idade Media naceu como a segunda idade da división tradicional do tempo histórico debida a Cristóbal Cellarius (Historia Medii Aevi a temporibus Constantini Magni ad Constaninopolim a Turcis captam deducta, Jena, 1688), quen a consideraba un tempo intermedio, sen apenas valor por si mesmo, entre a Idade Antiga identificada coa arte e a cultura da civilización grecorromana da Antigüidade clásica e a renovación cultural da Idade Moderna —na que el se sitúa— que comenza co Renacemento e o Humanismo. A popularización deste esquema perpetuou un preconcepto erróneo: o de considerar á Idade Media coma unha época escura, sumida no retroceso intelectual e cultural, e un aletargamento social e económico secular (que á súa vez se asocia co feudalismo nos seus trazos máis escurantistas, tal como se definiu polos revolucionarios que combateron o Antigo Réxime). Sería un período dominado polo illamiento, a ignorancia, a teocracia, a superstición e o medo milenarista alimentado pola inseguridade endémica, a violencia e a brutalidade de guerras e invasións constantes e epidemias apocalípticas.Porén, neste longo período de mil anos houbo todo tipo de feitos e procesos moi diferentes entre si, diferenciados temporal e xeograficamente, respondendo tanto a influencias mutuas con outras civilizacións e espazos como a dinámicas internas. Moitos deles tiveron unha gran proxección cara ao futuro, entre outros os que sentaron as bases do desenvolvemento da posterior expansión europea, e dos axentes sociais que produciron unha sociedade estamental de base predominantemente rural pero que presenciou o nacemento dunha incipiente vida urbana e unha burguesía que co tempo levarán ao capitalismo. Lonxe de ser unha época inmobilista, a Idade Media, que comezara con migracións de pobos enteiros, e continara con grandes procesos repoboadores (como o derivado da Reconquista na Península Ibérica, ou o Ostsiedlung en Europa Central e Oriental) viu como nos seus últimos séculos os antigos camiños (moitos deles vías romanas decaídas) se reparaban e modernizaban con airosas pontes, e se enchían de toda clase de viaxeiros (guerreiros, peregrinos, mercadores, estudantes, goliardos, etc.), encarnando a metáfora espiritual da vida coma unha viaxe (homo viator).Tamén xurdiron na Idade Media novas formas políticas, que van desde o califato islámico aos poderes universais da cristiandade latina (Pontificado e Imperio), ou o Imperio bizantino e os reinos eslavos integrados na cristiandade oriental (aculturación e evanxelización de Cirilo e Metodio); e, en menor escala, todo tipo de cidades estado, desde as pequeñas cidades episcopais alemás ata repúblicas que mantiveron imperios marítimos como Venecia; deixando na metade da escala á que tivo maior proxección futura: as monarquías feudais, que transformadas en monarquías autoritarias prefiguran o estado moderno.

Imperio Romano

O Imperio romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sahara. A súa superficie máxima estimada foi duns 6,5 millóns de km².

O imperio xurdiu trala da vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. Aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O Imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros. Aínda que Octavio non aboliu legalmente a República e compartía o poder co Senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O Imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano o Apóstata tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun Imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e se desmembrou. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, só sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, até que en 1453 os turcos tomaron Constantinopla.

Islandia

Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.

Debido á súa localización na Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moita actividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas e glaciares. Grazas á Corrente do Golfo, Islandia posúe un clima menos rigoroso que o que lle correspondería pola súa latitude, e por iso pode desenvolverse a vida na illa.

Islandia está habitada dende o ano 874 cando, segundo o Landnámabók, o xefe noruegués Ingólfur Arnarson converteuse no primeiro habitante permanente da illa. Co paso dos séculos a illa poboouse con xentes de orixe nórdica e céltica. Entre 1262 e 1944 a illa pertenceu ás monarquías norueguesa e dinamarquesa. Até o século XX, a poboación islandesa adicouse principalmente actividades relacionadas coa pesca e a agricultura, non foi até finais deste século cando a economía islandesa comezou a desenvolverse e a virar cara a outras actividades.

Hoxe en día Islandia é un país desenvolvido, o quinto país do mundo en canto a Produto Interior Bruto per cápita e o primeiro, xunto con Noruega, en canto a desenvolvemento humano. Islandia posúe unha economía de libre mercado, baseada nos servizos, nas finanzas, na pesca e nalgunhas industrias principalmente. O turismo é un sector importante no país, xa que moita xente é atraída pola súa exótica paisaxe. A illa é membro da Organización das Nacións Unidas, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, do Consello de Europa, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico.

León I, papa

Morto en 461. Procedía da rexión italiana da Toscana. Sendo diácono foi designado polo emperador Valentiniano III para difíciles tarefas de mediación nas Galias. Foi elixido Papa no ano 440, nun momento en que a cristiandade estaba dividida en materia de fe e o Imperio Romano nunha crise sen retorno.

Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

Sexenio Democrático

Coñécese como Sexenio Democrático (ou Revolucionario) ao período da Historia de España transcorrido dende o triunfo da Revolución de 1868 até o pronunciamento de decembro de 1874 que supuxo o inicio da Restauración Borbónica. Para algúns autores, esta etapa representa un dos momentos de maior esplendor e progreso cultural do século XIX.

Na actividade política destes anos diferéncianse catro bloques políticos (unionistas, progresistas, demócratas e republicanos),

O proceso político dos seis anos de crise revolucionaria pódese dividir en tres etapas:

Monarquía constitucional

República federal

República unitaria e presidencialistaDespois destas etapas a situación política desembocaría na Restauración Borbónica.

Século IV

século III < século IV > século V

Período de tempo dende o ano 301 ata o ano 400 despois de Cristo.

Acontecementos relevantes

395, Teodosio o Grande divide o Imperio romano entre os seus fillos Honorio e Arcadio.

Nos últimos anos comeza a crise espiritual, social, económica e militar do Imperio Romano.Personaxes destacadas

Teodosio I, emperador romano.

Santo Agostiño de Hipona

Século XIV

século XIII < século XIV > século XV

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1301 e o 31 de decembro de 1400.

Acontecementos importantes

Inicio da guerra dos cen anos

A peste negra provoca unha crise demográfica en Europa

Valencia Club de Fútbol

O Valencia Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: València Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Valencia. Fundouse o 18 de marzo de 1919 e actualmente compite na Primeira División de España.

Na Clasificación histórica da LFP o Valencia ocupa o 3º posto por detrás de Real Madrid e Barcelona. É o quinto club español con máis títulos nacionais (14 campionatos): 6 títulos de Liga, 7 Copas e unha Supercopa de España. E con 6 títulos europeos (1 Copa da UEFA, 2 Copas de Feiras, 1 Recopa e 2 Supercopas) é o cuarto equipo español con máis títulos internacionais. Ademais, formaba parte do conxunto de clubs máis importantes de Europa, o desaparecido G-14.

En 2011 era o 19º club máis rico do mundo, cuns ingresos de 116,8 millóns de euros, o cuarto equipo español por detrás de Real Madrid, Barcelona e Atlético de Madrid.

Ten 38.000 socios, á espera dunha nova ampliación, e máis de 800 peñas, é xa que logo o cuarto club en número de socios e peñas do país. Á vez, segundo a enquisa do CIS de xuño de 2014, o Valencia é o cuarto club de fútbol en porcentaxe en canto a simpatizantes en España (3,5%), unicamente por detrás de Real Madrid (37,9%), Barcelona (25,4%) e Atlético de Madrid (6,1%).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.