Cretáceo

Na escala de tempo xeolóxico, o Cretáceo[1] é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 145 millóns e 500 mil e 65 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Cretáceo sucede o período Xurásico da súa era e precede o período Paleoxeno da era Cenozoica do seu eón. Divídese nas épocas Cretáceo Inferior e Cretáceo Superior, da máis antiga para a máis recente.

Durante o Cretáceo, os dinosauros alcanzan a seu cumio, mais ao fin do período acaba ocorrendo a extinción dos dinosauros. É no mesmo período cando xorden os mamíferos placentarios primitivos.

< | Eón Fanerozoico |  

Paleozoico

Mesozoico

Cenozoico

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cretáceo.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anxiospermas

As anxiospermas, plantas con flor ou Magnoliophyta é o grupo máis grande de plantas terrestres. Magnoliophyta é o nome dun taxón de plantas emprazado na categoría taxonómica de División, que no sistema de clasificación de Cronquist (1981) coincide na súa definición coas que noutros sistemas de clasificación son as chamadas anxiospermas (en latín Angiospermae, coma no sistema de clasificación de Engler, H. Melchior. 1964. A. Engler's Syllabus der Pflanzenfamilien (12ª edición) en inglés Angiosperms, coma no moderno sistema de clasificación APG II do 2003). As flores das anxiospermas diferéncianse das flores do resto das espermatófitas en que posúen verticilos ou espirais ordenados de sépalos, pétalos, estames e carpelos, e os carpelos cobren os óvulos e reciben o pole sobre a súa superficie estigmática en troques de recibilo directamente sobre o óvulo coma ocorre nas ximnospermas

Nalgúns sistemas de clasificación chámanas "magnoliófitas" (nome científico Magnoliophyta), xa que se pensaba até hai pouco tempo que as magnolias eran as flores máis semellantes á "anxiosperma ancestral" (a primeira planta destas características, da que terían descendido todo o resto das anxiospermas).

O termo "anxiospermas" provén de dúas verbas gregas: anxíon vaso, ánfora, e sperma, semente; así, este termo composto quere dicir "semente envasada", en referencia a que os seus óvulos (e posteriormente a súa semente) fican pechados pola folla fértil portadora dos óvulos ou carpelo. Deste xeito, o gran de pole para fecundar o óvulo ten que contactar unha superficie do carpelo preparada para isto (o "estigma") en troques de caeren directamente sobre o óvulo coma nas ximnospermas.

A estrutura particular das súas flores non é a única diferenza que posúen co resto das espermatófitas, outros caracteres morfolóxicos distintivos son a redución do gametófito feminino a só unhas poucas células, a dobre fecundación (coa formación dun tecido nutritivo característico, triploide, chamado endosperma, ó tempo que se fecunda o óvulo), e un xilema e floema distintivos, máis recentes que os do resto das traqueófitas, e máis eficientes en moitos aspectos (aínda que o xilema semella ter evolucionado xa dentro da póla, sendo as magnoliófitas máis primitivas semellantes nos seus tubos xilemáticos ás ximnospermas).

As anxiospermas son un grupo de espermatófitas recoñecido como monofilético desde hai moito tempo polos seus caracteres morfolóxicos distintivos, a súa monofilia foi sostida logo polos análises moleculares de ADN.

A diversificación que sufriu este grupo é moi rechamante. No rexistro fósil aparecen a principios do Cretáceo (hai uns 130 millóns de anos), momento a partir do cal aparecen enormes cantidades de fósiles de especies moi diversas, coma se apareceran de golpe con toda a súa diversidade, o que Darwin chamou no seu momento un "abominable misterio". Aínda hoxe preto do 90 % das plantas terrestres pertencen a este grupo. Cunhas 257.000 especies viventes (Judd et al. 2002), as magnoliófitas son as responsables da maior parte da diversidade en espermatófitas, en embriófitas e en viridófitas.

Así como posúe moitas especies, este grupo tamén se caracteriza por posuír unha enorme diversidade de hábitos, e ocupar practicamente todos os nichos ecolóxicos posibles. Hai plantas arbustivas e herbáceas, hainas terrestres e acuáticas, atópanse tanto nos desertos coma nos pantanos, no nivel do mar coma no alto dos montes. A súa diversidade de especies é moito máis alta en zonas tropicais e húmidas (ó redor do 60 % das especies son de zonas tropicais e un 75 % ten un crecemento óptimo en climas tropicais), onde dominan completamente a paisaxe, e vai diminuíndo o seu número cara ás latitudes altas, chegando a posuír unha representación baixa nas floras máis frías coma a da tundra (que aínda hoxe está dominada polas coníferas).

Os membros desta división son a fonte da maior parte dos alimentos consumidos polo ser humano, así como de moitas materias primas e produtos naturais. O groso da alimentación mundial procede de só quince especies.

Aves mariñas

As aves mariñas son aves que se atopan durante a maior parte da súa vida no mar ou nas súas proximidades, exceptuando quizais a época de reprodución, na cal se sitúan na costa. As aves mariñas amosan unha gran variedade de comportamentos e adaptacións ecolóxicas e fisiolóxicas, aínda que en moitos casos amosan características converxentes dada a semellancia dos nichos ocupados. Os primeiros paxaros do mar apareceron no Cretáceo, e familias de aves modernas emerxeron no Paleóxeno.

As aves mariñas adoitan ser lonxevas. A maioría das especies aniñan en colonias, que poden variar en tamaño dunhas ducias de aves a moitos millóns. Moitas aves mariñas realizan longas migracións anuais, cruzando o ecuador ou navegando ao redor da terra. Alimentanse tanto na superficie do océano coma nas profundidades. Poden ser peláxicos, costeiros, ou nalgúns casos pasar parte do ano totalmente lonxe do mar.

Existe unha historia longa entre humanos e os paxaros do mar: eles proporcionaron comida aos cazadores, dirixido pescadores á súa presa, e conducido mariñeiros á terra. Actualmente moitas especies atópanse ameazadas pola actividade humana.

Aves modernas

Os neornites ou aves modernas (Neornithes), son un clado que está composto por todas as aves actuais, as cales están representadas por máis de 9.000 especies. As aves modernas presentan notables características que as diferenzan do resto de vertebrados, sendo talvez a máis notoria a súa pel cuberta na súa maioría de plumas, tendo as extremidades anteriores transformadas en ás. Outras características que distinguen ás aves son a presenza dun peteiro sen dentes, un corazón tetracameral, un metabolismo alto e ósos ocos (o cal favorece o voo).

Cobras

As cobras son réptiles carnívoros poiquilotérmicos, é dicir, de sangue frío, e sen patas pertencentes á suborde Serpentes. Pódense distinguir dos lagartos sen patas pola súa falta de pálpebras e oídos externos. Como tódolos escamados, as cobras son vertebrados ectotermos e Amniotas cubertos por escamas. Moitas especies de cobras teñen cranios con máis xuntas que os seus predecesores lagartos, o que lles permite inxerir presas meirandes que a súa testa grazas ás mandíbulas móbiles. Para acomodar os seus estreitos corpos, os órganos pares das cobras (como os riles) están situados un despois do outro, no canto de estar ó carón, e a maioría só ten un pulmón funcional. Alguhas especies conservan a pelve e un par de poutas vestixiais a ámbolos lados da cloaca.

As cobras atópanse en tódolos continentes agás na Antártida, os Océanos Pacífico e Índico, algunhas illas grandes, coma Irlanda e Nova Zelandia, e nas pequenas illas do Atlántico e o Pacífico central. Actualmente recoñécense unhas 20 familias de cobras, arredor de 500 xéneros e unhas 3.400 especies. En canto ó seu tamaño, abrangue dende a máis pequena Leptotyphlops carlae de 10 cm ata o pitón reticulado de 8,7m de longo. A especie fósil Titanoboa cerrejonensis medía 15 metros. Pénsase que as cobras evolucionaron dos lagartos acuáticos durante o período Cretáceo, e o fósil máis antigo atopado ten 112 millóns de anos. A diversidade das cobras modernas produciuse durante Paleoceno (c 66 a 56 millóns de anos). A descrición de cobra preservada máis antiga é o Papiro de Brooklyn.

A maioría das especies non son velenosas, e as que teñen veleno úsano principalmente para matar e subxugar ás presas e non para autodefensa. Algunhas posúen un veleno potente abondo para causar lesións ou morte para os seres humanos. As non velenosas engolen a presa viva ou mátana por constrición.

A atracción polas cobras coñécese como ofiofilia, a repulsión ofiofobia. O estudo dos réptiles chámase herpetoloxía (da palabra grega usada para serpente).

Dinosauro

Dinosauro (do grego déinos, 'terríbel', e saurós, 'lagarto', e, por extensión, réptil) é a denominación dada a calquera membro dun grupo de arcosauros que xurdiron a fins do período Triásico (preto de 230 millóns de anos atrás) e dominante da fauna terrestre durante boa parte da era Mesozoico, desde o inicio do Xurásico ata o final do Cretáceo (preto de 65 millóns de anos atrás), cando a extinción de case todas as liñaxes, a excepción das aves, únicos representantes actuais. Distinto doutros arcosauros por un conxunto de características anatómicas, entre as cales se destacan a posición dos membros en relación ao corpo, proxectados directamente para abaixo, e o acetábulo (encaixe do fémur) aberto.

Ata finais do século XX, todos os grupos de dinosauros críanse que foran extinguidos; porén, o rexistro fósil indica que as aves son as devanceiras dos dinosauros emplumados, evolucionando dende os antecesores terópodos durante o período Xurásico e agora chamados «dinosauros aviarios». Como tal, as aves foron a única liñaxe dos dinosauros que sobreviviu á extinción masiva. Ao longo do resto do artigo, o termo «dinosauros» é, ás veces, empregado xeralmente para se referir tanto aos dinosauros aviarios coma aos non-aviarios, mentres que outras veces é usado para se referir especificamente aos dinosauros non-aviarios, e os dinosauros aviarios son ás veces sinxelamente nomeados como «aves». Este artigo ocúpase principalmente dos dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son un grupo variado de animais dende o punto de vista taxonómico, morfolóxico e ecolóxico. As aves, cunhas 10 000 especies vivas, son o grupo máis variado dos vertebrados á parte dos peixes perciformes. Coa evidencia fósil, os paleontólogos identificaron ao redor de 500 xéneros distintos e máis de 1000 especies diferentes de dinosauros non-aviarios.

Os dinosauros son representados en cada continente polas especies existentes a mailos restos fósiles. Algúns son herbívoros, outros carnívoros. Mentres os dinosauros eran ancestralmente bípedes, moitos grupos extintos incluían especies cuadrúpedes, e algúns eran capaces de cambiar entre estas posturas. Estruturas elaboradas como cornos ou cristas son comúns a todos os grupos de dinosauros e algúns grupos extintos desenvolveron modificacións esqueléticas como armaduras e pugas. A evidencia suxire que a posta de ovos e a construción do niño son trazos adicionais compartidos por todos os dinosauros.

Mentres que as liñaxes modernas superviventes dos dinosauros (aves) son xeralmente pequenas debido ás limitacións do voo, moitos dinosauros prehistóricos tiñan un corpo grande —os dinosauros saurópodos máis grandes acadaron lonxitudes de 39,7 metros e alturas de 18 metros e eran daquela os animais terrestre máis grandes. Aínda así, a idea de que os dinosauros non-aviarios foron uniformemente xigantes é un erro baseado en parte no erro sistemático da preservación, como os ósos grandes e fortes son máis propensos a durar ata que estean fosilizados. Moitos dinosauros eran bastante pequenos: Xixianykus, por exemplo, medía só sobre 50 centímetros de longo.

Aínda que a palabra dinosauro significa literalmente 'lagarto terrible', o nome é algo etimoloxicamente inapropiado; a pesar de que os dinosauros son réptiles, non son lagartos, nin tampouco descenden deles. En cambio, os dinosauros, coma moitas formas extintas de grupos de réptiles, non amosaron características que tradicionalmente se consideraban como reptiliano, tales como a postura do membro en expansión ou ectotermia (coloquialmente coñecido como «sangue frío»). Adicionalmente, moitos outros animais prehistóricos, incluíndo os mosasauros, ictiosauros, pterosauros, plesiosauros e Dimetrodon, mentres que adoito concibidos popularmente dos dinosauros, non se clasifican taxonomicamente como dinosauros.

Durante a primeira metade do século XX, antes de que as aves foran recoñecidas como dinosauros, a meirande parte da comunidade científica cría que os dinosauros eran lacazáns e de sangue frío. A maioría das investigacións realizadas dende a década de 1970, porén, indicou que todos os dinosauros eran animais activos con metabolismos elevados e abondosas adaptacións para a interacción social.

Dende os primeiros fósiles de dinosauros que foran recoñecidos a comezos do século XIX, as carcasas fósiles montadas de dinosauros foron as principais atraccións nos museos de todo o mundo e os dinosauros convertéronse nunha parte permanente da cultura mundial. O gran tamaño dalgúns grupos de dinosauros, así como a súa natureza aparentemente monstruosa e fantástica, aseguraron a aparición regular dos dinosauros en libros best-séller e filmes, como Parque Xurásico. O entusiasmo persistente do público sobre os animais deu lugar a un importante financiamento para a ciencia dos dinosauros e os novos descubrimentos son cubertos de xeito regular polos medios de comunicación.

Era cenozoica

A era cenozoica, Cenozoico ou era terciaria é, na escala de tempo xeolóxico, a era xeolóxica que se iniciou hai uns 65,5 ± 0,3 millóns de anos e que se estende até a actualidade.É a terceira e última era do eón fanerozoico e segue á era mesozoica. O seu nome procede do lingua grega e significa 'animais novos' (de καινός kainós, 'novo' e ζωή zoé, 'animal' ou 'vida'). O período terciario, actualmente non recoñecido pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía, comprendía a era cenozoica excepto os últimos 2,5 millóns de anos, cando se inicia o período cuaternario.Durante a era cenozoica, a India colidiu con Asia hai 55-45 millóns de anos, e Arabia colidiu despois con Eurasia, pechando o mar de Tetis, hai uns 35 millóns de anos. Como consecuencia diso, produciuse a gran pregamento alpino que formou as principais cordilleiras do sur de Europa e Asia, como os Pireneos, Alpes e Himalaias.

Ao cenozoico tamén se lle chama a era dos mamíferos, animais que, ao extinguírense os dinosauros a finais do Cretáceo, experimentaron unha extraordinaria radiación adaptativa e pasaron a ser a fauna característica.

Hai uns 30 millóns de anos xurdiron os primeiros primates superiores (os máis primitivos estaban xa presentes hai máis 65 millóns de anos), aínda que Homo sapiens non apareceu até hai uns 200.000 anos.

Extinción dos dinosauros

A extinción masiva do Cretáceo-Terciario, tamén coñecida como extinción K-T ou acontecemento K-T, foi unha extinción en masa ocorrida hai máis ou menos 65,5 millóns de anos, que marca o fin do período Cretáceo (K) e o inicio da era Terciaria (T). Este acontecemento tivo un enorme impacto na biodiversidade da Terra de entón e acabou cos dinosauros e outros réptiles xigantes. O rexistro estratigráfico mostra que a desaparición abrupta das formas extintas coincide cun nivel rico en iridio (o nivel K-T), un elemento químico pouco abundante na Terra e xeralmente asociado a corpos extraterrestres ou a fenómenos volcánicos. Hai varias teorías para explicar a extinción K-T, mais a máis aceptada é a que xustifica a catástrofe como resultado da caída dun asteroide.

Formiga

A formiga é un animal himenóptero que vive en galerías subterráneas. A súa sociedade está fortemente especializada en tres clases de individuos: machos, femias e obreiras. Os estudos máis recentes sobre o seu comportamento e súa fidelidade ao grupo indican que a orixe do mesmo está na identidade xenética entre si; de tal modo que entre elas existe un vínculo filial de irmandade que as predispón a cooperar pola supervivencia común das súas fillas e irmás.

As formigas son un dos grupos de insectos máis exitosos e son de interese pola súa habilidade de formar colonias avanzadas. As primeiras formigas apareceron no Cretáceo tardío. A maioría das formigas non posúe ás, aínda que isto varía segundo individuos dentro dunha colonia.

Froito

En botánica, o froito é o órgano procedente da flor, ou de partes dela, que contén ás sementes ata que estas maduran e logo contribúe a ciscalas. Desde un punto de vista ontoxenético, o froito é o ovario desenvolvido e maduro das plantas con flor. A parede do ovario se engrosa ao transformarse na parede do froito e denomínase pericarpo, cuxa función é protexer ás sementes. Con frecuencia participan tamén na formación do froito outras partes da flor ademais do ovario, por exemplo o cáliz ou o receptáculo.O froito é outra das adaptacións, conxuntamente coas flores, que contribuíu ao éxito evolutivo das anxiospermas. Así como as flores atraen insectos para que transporten pole, tamén moitos froitos tratan de atraer animais para que dispersen as súas sementes. Se un animal come un froito, moitas das sementes que este contén percorren o tracto dixestivo do animal sen sufrir dano, para despois caer nun lugar idóneo para a súa xerminación. Con todo, non todos os froitos dependen de ser comestibles para dispersarse. Outros, como os figo chumbo, dispérsanse aferrándose ao pelame dos animais. Algúns forman estruturas aladas para poder dispersarse co vento, como os pradairos. A variedade de tipos de froitos que desenvolveron as anxiospermas a través da súa evolución permitiulles invadir e conquistar todos os hábitats terrestres posibles.Nas plantas ximnospermas e nas plantas sen flores non hai verdadeiros froitos, aínda que a certas estruturas reprodutivas como os piñóns dos piñeiros, comunmente tomáselles por froitos.Moitas plantas cultívanse porque dan certos froitos comestíbeis e a miúdo fragrantes, saborosos e apetecíbeis chamados froitas.

Gondwana

Gondwana é un antigo bloque continental que resultou da porción meridional da Panxea, cando se estendeu o mar de Tetis cara ao oeste. De Gondwana xurdiron Sudamérica, África, Australia, o Indostán, Madagascar e a Antártida, ao longo do Cretáceo.

Marsupiais

Os marsupiais (Marsupialia) ou metaterios (Metatheria) son unha infraclase de mamíferos terios caracterizados polo curto desenvolvemento do útero materno e completaren gran parte do desenvolvemento agarrados ás glándulas mamarias do interior da bolsa marsupial ou marsupio. Nalgunhas especies o marsupio é moi pequeno como para levar a todas as crías.Os marsupiais representan hoxe un pequeno grupo de mamíferos, unhas 270 especies actuais, das que unhas 70 viven en América e aproximadamente 200 en Australasia, onde constitúen a parte preponderante da fauna nativa de vertebrados terrestres.

Tras a desaparición dos dinosauros, as aves e os monotremas diversificáronse e as ratites e grupos afíns ocuparon o nicho ecolóxico dos herbívoros e o dos depredadores; en Sudamérica, as aves da familia Phorusrhacidae, e en Europa e Norteamérica, durante o eoceno aves como Gastornis.

Mesozoico

A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos e finalizou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos, pero só corresponde ao 3,9 % da historia total da Terra. Denomínase Mesozoico porque se encontra entre as outras dúas eras do Eón Fanerozoico, a Era Paleozoica e a Era Cenozoica. O nome procede do grego meso/μεσο que significa "entre" e zoon/ζωον que significa "animal".

Durante estes 160 millóns de anos non se produciron grandes movementos oroxénicos. Os continentes van adquirindo gradualmente a súa configuración actual. O clima foi excepcionalmente cálido durante todo o período, desempeñando un papel importante na evolución e na diversificación de novas especies animais.

Nesta era desapareceron grandes grupos de animais como os trilobites, graptólitos e peixes acoirazados. Os invertebrados característicos deste período foron as amonitas, de casca con forma de caracol, e as belemnitas, máis pequenas e coa casca alongada e puntiaguda, entre outros equinodermos, braquiópodos e cefalópodos. Desenvolvéronse amplamente os vertebrados, sobre todo os réptiles, polo que á Era Secundaria se lle chama tamén a Era dos réptiles ou Era dos dinosauros. Nesta era aparecen tamén os mamíferos, as aves, e as anxiospermas ou plantas con flores.

Neognatos

Os neognatos (Neognathae; do grego ‘mandíbulas novas’) son unha das dúas superordes de aves dentro da subclase Neornithes. Neognathae contén practicamente todas as aves vivas, a excepción das pertencentes ao seu taxón irmán (a outra superorde vivente: Palaeognathae), que contén a familia das Tinamidae e as non voadoras Ratites (avestruces, emús etc.)

Hai cerca de 10.000 especies de neognatos desde finais do Cretáceo, de onde son os primeiros fósiles coñecidos, que sufriron unha radiación adaptativa, a cal produciu a diversidade de forma, función e comportamento que se ve hoxe. Dentro desta superorde encóntranse as paseriformes (aves de percha), o clado máis grande de vertebrados terrestres, o cal contén un 60% das aves que viven, e ten máis do dobre de especies que os roedores, e unhas 5 veces máis que os quirópteros (morcegos e raposos voadores), que son os clados máis grandes de mamíferos. Por outro lado, esta superorde contén algunhas ordes moi pequenas, polo xeral de aves de relacións filoxenéticas moi pouco claras, como o hoatzíns.

Paleoceno

O Paleoceno é a primeira época xeolóxica do período Paleóxeno, á súa vez o primeiro período da era Cenozoica. Comezou fai 65,5 ± 0,3 millóns de anos e terminou fai 55,8 ± 0,2 millóns de anos.O Paleoceno é inmediatamente posterior á extinción masiva do final do Cretáceo, coñecido como límite KT (Cretáceo-Terciario), que marca a desaparición dos dinosauros (a extinción masiva do Cretáceo-Terciario). A desaparición dos dinosauros deixou sen cubrir a maioría dos nichos ecolóxicos en todo o mundo, e o nome de "Paleoceno" provén do grego παλαιός (palaios), que significa "vello", e καινός (kainos), "novo" facendo referencia á fauna que apareceu durante a época, antes de que os modernos ordes de mamíferos xurdisen no Eoceno.

Placentarios

Os placentarios (Placentalia) ou euterios (Eutheria) son unha infraclase dos mamíferos.

Primates

A dos primates (Primates) é unha orde de mamíferos placentarios que abrangue 480 especie reunidas en 78 xéneros de prosimios e simios..

Os primates xorden de antecesores que viviron en árbores de bosques tropicais e iso implica que as súas principais características débense a adaptacións a complexas contornas tridimensionais. A meirande parte das especies de primates seguen sendo, cando menos parcialmente, arbóreas. Todos os primates teñen cinco dedos (pentadactilidade), un patrón dental común e un primitivo (non especializado) deseño corporal.

Agás os humanos, que habitan en todos os continentes, a meirande parte dos primates viven nas rexións do trópico e subtrópico de América, África e Asia.

Varían en tamaño dende tan só 30 gramos do Microcebus berthae, a os 200 kg do Gorilla beringei graueri.

Segundo o rexistro fósil, os antecesores primitivos dos primates deberon existir dende finais do Cretáceo, hai 64 millóns de anos. Un dos fósiles máis próximos aos primates é Plesiadapis e data de entre 55-58 millóns de anos, a finais do Paleoceno. Estudos con reloxo molecular indican que a liña dos primates podería ser aínda máis antiga, orixinándose a mediados do Cretáceo, hai 85 millóns de anos.

A orde dos primates estivo tradicionalmente dividida en dous grupos principais:

prosimios

antropoides.Os prosimios teñen características máis semellantes aos dos primeiros primates e inclúe a especies como son os lémures, lorisoideos e tarseiros.

Os simios inclúen aos monos, simios e humanos. Arestora a orde dos Primates divídese en dúas subordes:

estrepsirrinos, que inclúe os prosimios que nos nson tarseiros: os lémures e os loris;

haplorrinos, que inclúe aos tarseiros e aos simios (os monos, os simios e os humanos).Esta división baséase na estrutura do nariz e do labio superior. A primeira suborde conta con orificios nasais externos rodeados por unha zona de pel espida e o beizo superior divídese en dous pola súa liña media, todo o cal fai que a expresión do rostro sexa limitada; pola contra, nos haplorrinos o beizo superior é continuo e móbil, e non existe unha zona de pel núa que rodee os orificios nasais, todo o cal facilita unha maior expresividade facial.

Os simios divídense en dous grupos:

catarrinos, que son monos e simios de África e o sueste de Asia

platirrinos, que son os monos do Novo Mundo e residen en América do Sur e centralOs catarrinos son os monos do Vello Mundo, como os babuínos e os macacos), os xibóns e os grandes simios. Os monos do Novo Mundo inclúen aos monos cebinos, monos ouveadores e monos esquío. Os humanos son os únicos catarrinos que se teñen expandido fóra de África, Asia do Sur e da Asia oriental con éxito; malia que os restos fósiles si mostran que houbo outras especies que o foran e estiveran presentes en Europa.

Aínda se están a descubrir novas especies de primates. Na década do 2000 descubríronse e clasificáronse taxonomicamente 25 especies e outras 11 na década do 2010.

Terios

Os terios (Theria) constitúen unha subclase de mamíferos que se caracterizan porque o embrión dos mesmos se alimenta a través dunha placenta. Apareceron durante o Cretáceo, hai uns 120 millóns de anos.

Terópodos

Theropoda (gr. "pé de besta"), terópodos en galego, é unha suborde de dinosauros saurisquios que viviron dende o Triásico superior até o Cretáceo superior (fai aproximadamente 228 e 65 millóns de anos, dende o Carniano até o Mastrichtiano), no que hoxe é América, Europa, África, Asia, Oceanía e a Antártida. Durante a maior parte do Xurásico e do Cretáceo.

Xurásico

Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Dividese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.

Durante o Xurásico, xorden os mamíferos marsupiais e multituberculados, as primeiras aves e as plantas con flores.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.