Crema pasteleira

A crema pasteleira ou simplemente crema é unha crema elaborada con xemas de ovo, azucre, leite e fariña, e aromatizada con vainilla, canela ou rela de limón, que se emprega para reencher ou decorar tortas e pasteis[1].

É a base de moitas cremas tradicionais como:

Emprégase a miúdo como recheo de pasteis.

Custard
Unha cunca con crema pasteleira e canela.

Variantes

A partir da crema pasteleira pódense elaborar diversas cremas derivadas. Estas son algunhas:

  • Crema pasteleira de sabores: é unha crema pasteleira á que se lle engade, segundo o caso, cacao, esencia de café ou café solúbel, ron ou whisky ou outros licores, esencia de limón ou laranxa etc.
  • Crema cocida lixeira: á crema pasteleira morna engádenselle claras de ovo a punto de neve.
  • Crema Saint-Honoré ou crema Chiboust: é unha mesntura de crema pasteleira e merengue italiano.
  • Crema diplomática: á crema pasteleira engádeselle crema chantillí. É unha variante da anterior.[2]
  • Crema muselina: crema pasteleira con manteiga.
  • Crema frangipane: crema pasteleira mesturada con crema de améndoa.

Notas

  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Gastronomía & Cía (24 de abril de 2011). "Crema diplomática" (en español). Consultado o 11 de novembro de 2012.
Canutillos de Bilbao

Os canutillos de Bilbao son unha sobremesa típica do País Vasco.

Churro

Este artigo trata sobre un doce, para a raza ovella véxase: Ovella churra.

Un churro é unha masa frixida, xeralmente de forma cilíndrica e estriada, elaborada con fariña e auga, que adoita servirse cuberta de azucre. É un alimento de orixe ibérica, moi popular tamén nos países latinoamericanos.

As persoas que elaboran e/ou venden churros chámanse de churreiros ou churreiras.

Crema

O termo crema pode referirse a:

Crema de leite, a materia graxa do leite, nata, tona.

Crema pasteleira, substancia doce feita con fariña, ovos e leite, usada en pastelaría

Crema, en farmacia, substancia branda e consistente para o coidado da pel, entre outros usos, ex. crema solar.

Crema licor espeso, por exemplo a crema de augardente ou a crema de whisky.

Crema, especie de sopa feita con tona e verduras cocidas, por ex. a crema de champiñóns.Figurado:

Crema, cor branca amarelada coma a da crema do leite.

O mellor ou o máis selecto da especie ou o colectivo que se expresa.

Crema catalá

A crema catalá é unha sobremesa moi típica da cociña catalá consistente nunha crema pasteleira con base de xema de ovo que se acostuma cubrir superficialmente cunha capa de azucre caramelizado, o que lle dá un contraste crocante. Cómese durante todo o ano, mais en Cataluña é costume o día de San Xosé, o 19 de marzo, polo que tamén ten o nome de crema de Sant Josep.

Crema de ovo

A crema de ovo (ás veces chamada crema de leite) é un doce cremoso elaborado con leite, xemas de ovo e azucre e aromatizado con canela. Tómase coma sobremesa en Galicia e en moitas partes de Europa e América.

A crema catalá e un doce derivado no que se queima a tona azucrada da crema de ovo cunha prancha de ferro a ferver.

Festa da filloa de Valongo

A festa da filloa de Valongo é unha festa gastronómica que ten lugar en Valongo (Cerdedo-Cotobade) para exaltar a filloa. Celébrase desde 1979 o primeiro sábado de setembro, a véspera da romaría da Nosa Señora do Libramento.

Filloa

A filloa é un produto gastronómico típico da sobremesa en Galicia coñecido tamén nalgunhas zonas como freixó ou marrucho .

É prato propio do entroido ou ben da época da mata do porco (San Martiño). Aquí a tradición acentúase na zona norte da provincia de Lugo e nalgunhas zonas da provincia de Ourense, pero polo xeral (no entroido) faise en moitas zonas de Galicia.

Goxua

Goxua é unha sobremesa típica do País Vasco. A tradución do nome ao galego seria doce (adxectivo)

A elaboración deste depende moito da rexión. Xeralmente elabórase con:

Nata

Biscoito

Crema pasteleira

Caramelo líquidoBótase sobre unha base de biscoito unha capa de crema pasteleira, logo unha de nata e bótaselle caramelo por riba.

Hai dous xeitos de servilo: en cuncas individuais coma se fose unha crema ou unha callada, ou en forma de pastel para logo partilo en porcións.

Intolerancia á lactosa

A intolerancia á lactosa é unha afeción das microvilosidades intestinais debida a que o organismo produce pouca ou ningunha cantidade do enzima lactase, que determina unha imposibilidade de metabolización da lactosa (o chamado azucre do leite).

Desta forma, cando a ausencia de lactase impide ao organismo asimilar a lactosa, prodúcese un cadro clínico que se manifiesta por dor abdominal, diarrea e acumulación de gases no tubo dixestivo.

Miguelito

Os miguelitos son uns doces típicos da localidade española de La Roda, na provincia de Albacete, Castela A Mancha. Fanse a base de fino follado, recheos de crema pasteleira e espolvoreados con azucre glas. Durante a Feira de Albacete despáchanse miles deles no círculo interior do recinto feiral, normalmente acompañados de café, augardente de mel ou sidra.

Pastel vasco

O pastel vasco (en éuscaro: biskotxa ) é unha sobremesa de orixe vasca-francés, coñecida en Francia como Gateau Basque.

O pastel vasco naceu como un pastel ao que se lle puña unha tapa, pero hoxe en día existen algunhas versións en que xa non se lles pon.

Consta dunha masa de pasta de fariña, manteiga e ovos que se enche xeralmente de crema pasteleira, aínda que tamén os hai recheos de albaricoques ou dalgunha froita.

Á versión francesa adóitaselle pór unha capa de marmelada ou algunha confeitura.

Torradas de crema

As torradas de crema son unha sobremesa típica do Comunidade Autónoma Vasca, (España).

Trátase dunha especie de crema pasteleira fritida que se serve espolvoreada con azucre glass ou canela.

Recoméndase comelas quentes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.