Crema de augardente

A crema de augardente é un licor espeso, semellante á crema irlandesa (ou crema de whisky),[1] feito cunha lenta maceración de augardente branca, crema de leite, azucre e algúns aromas (vainilla, canela, café etc).

É un licor espirituoso moi típico en Galiza, que se popularizou moito nos últimos anos, e onde se adoita tomar a xeito de gotiños tralos xantares coma dixestivo[2].

Crema de orujo y licor café
Gotiños de crema de augardente e licor café.

Ingredientes

Existen numerosas variantes locais, que inclúen diferentes ingredientes coma:

  • augardente branca
  • cremas:
    • leite condensado
    • leite evaporado
    • leite
    • crema de leite
  • aromas:
    • vainilla
    • canela
    • café solúbel
    • xarope de chocolate
    • chocolate de fundir
    • Licor de anís
  • adozantes:
    • azucre
    • azucre acaramelado
    • azucre vainillado
    • xarope de caramelo[3].

Notas

  1. "Definición da palabra: crema". Portal das Palabras. Consultado o 2019-02-01.
  2. "Outros licores de Galicia, Crema de augardente, Licor de Cilantro, augardente tostada". www.gastronomiadegalicia.com. Consultado o 2019-02-01.
  3. Manu (domingo, 3 de xaneiro de 2010). "Cervexeando: Crema de augardente". Cervexeando. Consultado o 2019-02-01.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Caso do metílico

A denominación popular caso do metílico designa un abrocho de intoxicación alimentaria acaecida en Galicia e nas illas Canarias durante a primavera de 1963, por consumo de bebidas alcohólicas elaboradas a partir de alcohol metílico, co resultado de 51 falecidos e 9 persoas cegas, aínda que se estima que a cifra real de mortos puido contarse por milleiros. Polas obvias similitudes, o caso metílico foi cualificado posteriormente como a colza do franquismo.

As primeiras mortes coñecidas acaeceron entre mariñeiros do concello de Haría, pequena localidade do norte de Lanzarote. Alí foi descuberta a causa da intoxicación pola farmacéutica asturiana -natural de Villaviciosa- Mª Elisa Álvarez Obaya, figura clave neste drama. Pouco tempo despois observouse un incremento anómalo da mortalidade na comarca do Carballiño, Ourense, que só se relacionou con aquelas cando a noticia dos mariñeiros mortos se publicou na prensa galega.

A venda do alcohol fraudulento e tóxico foi coutada polas autoridades nun prazo relativamente breve, pero a distribución que se fixera antes de coñecerse a toxicidade deste explica que se fosen producindo novas mortes ata maio de 1963.

En decembro de 1967 tivo lugar o xuízo contra os 11 procesados, que resultaron con penas de cadea comprendidas entre 1 e 20 anos e indemnizacións que alcanzaban case os 20 millóns de pesetas. Ningún dos condenados cumpriu máis de 6 anos de cárcere e, ó declarárense insolventes, ningunha vítima ou familiar recibiu ningunha cantidade como indemnización.

Crema

O termo crema pode referirse a:

Crema de leite, a materia graxa do leite, nata, tona.

Crema pasteleira, substancia doce feita con fariña, ovos e leite, usada en pastelaría

Crema, en farmacia, substancia branda e consistente para o coidado da pel, entre outros usos, ex. crema solar.

Crema licor espeso, por exemplo a crema de augardente ou a crema de whisky.

Crema, especie de sopa feita con tona e verduras cocidas, por ex. a crema de champiñóns.Figurado:

Crema, cor branca amarelada coma a da crema do leite.

O mellor ou o máis selecto da especie ou o colectivo que se expresa.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Licor café

O licor café (ás veces licor de café) é un licor a base de café, azucre e augardente, que pode ser consumido só ou como ingrediente de sobremesas ou cócteles. Apareceu en Xamaica no século XVII. Moi popular en Galicia, especialmente no sur, faise a partir da augardente de bagazo.

Pode tomarse con xeo, ou quente cunha nube de nata. Existen numerosas variedades, aromatizadas con moitos outros ingredientes, como a vainilla.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.