Crecente

Crecente é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.261 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «crecentense».

Coordenadas: 42°9′7.08″N 8°13′23.53″O / 42.1519667, -8.2232028

Crecente
Bandeira de Crecente
---
Escudo de Crecente
Concello de Crecente
Casa do Concello.
Situacion Crecente
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca da Paradanta
Poboación2.032 hab. (2018)
Área57,5 km²
Densidade35,34 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Capital do concelloCrecente
Política (2019[2])
AlcaldeJulio César García-Luengo Pérez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Crecente
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes69,10%
Na rede
http://concellocrecente.es

Poboación

Censo total (Habitantes) 2.261
Menores de 15 anos 148 (6.55 %)
Entre 15 e 64 anos 1.281 (56.66 %)
Maiores de 65 anos 832 (36.80 %)
Evolución da poboación de Crecente   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.247 5.317 5.584 4.432 2.756 2.540 2.533 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita cos concellos de Arbo e A Cañiza (provincia de Pontevedra); Melón, Arnoia, Cortegada, Pontedeva e Padrenda (provincia de Ourense) e fai fronteira con Portugal, separado polo río Miño. Ten 57,1 km².

Cara ao norte está formado por unha zona montañosa, e cara ao sur está formado por un grupo de vales profundos, dirixidos cara ao río Miño, que o separa de Ourense e Portugal.

Historia

No límite co concello de Arbo atópanse uns petróglifos no monte, e nos lindeiros coa provincia de Ourense un túmulo megalítico.

Durante a idade de ferro, coa cultura castrexa construíronse varios castros: castro da Cidá ou castro de Sabanle, na parroquia de Quintela, onde se atoparon un tríscele (conservado no Museo de Pontevedra) e un torso de guerreiro castrexo (no Museo Quiñones de León de Vigo). Os castros do Cerco (na aldea de Bouza de Padrosos), o de Coutofurado ou de San Sebastián, en Parada de Rebordechán e o do lugar de Castro no propio Crecente están todos eles romanizados. Durante a dominación romana construíuse unha calzada bordeando o río Miño, e unha torre (orixe da de Fornelos).

Na idade media a zona formou parte do condado de Turonia, fronteira durante o Reino de Asturias e logo demarcación entre os condados de Galicia e Portugal, pertencendo parte dese concello á raíña Tareixa (nai do futuro rei de Portugal Henriques). Ó ser lugar de fronteira sufriu diversas escaramuzas e de aí proveñen as fortificacións de Fornelos e Sendelle, sendo as diversas parroquias posesións de diversos señores feudais, entre os que destacan os templarios (que fundaron o mosteiro de San Pedro de Crecente) o mosteiro de Melón, e a liñaxe dos Soutomaior. Esta familia obtivo numerosos bens e os seus conflitos foron moi soados.

O rei Fernando IV de España outorgou a Fernando Yáñez o señorío de Crecente. Durante a idade moderna, xa en 1642, o rei Filipe IV de España concedeu o título de conde de Crecente a Baltasar de Soutomaior por intercesión dun familiar seu na corte de Madrid. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa Crecente volveu ó ambiente militar, coa refortificación de Fornelos e varios outeiros para impedir ataques e lanzar ofensivas ó país veciño, aínda que estivo lonxe dos grandes conflitos bélicos desta guerra, que sucedían en Salvaterra de Miño.

Natureza

O contorno natural de Crecente está demarcado polos diversos vales, destacando á vista o encoro do río Frieira. Desde o monte de Chan de Moeiras, en Filgueira, hai unhas boas vistas panorámicas dos meandros do Miño, desde Meréns ata Cortegada.

Patrimonio

O pazo da Fraga, en Albeos, e o pazo de Barreiro, en Vilar, son de orixe medieval.

O románico tivo implantación na zona, como se ve no mosteiro de San Paio de Albeos, adicado a San Paio, santo orixinario deste concello. A igrexa de Crecente, antiga colexiata, foi construída sobre as ruínas do mosteiro templario de San Pedro, construído no século XIV.

O castelo de Fornelos ten a súa orixe nunha torre romana que vixiaba a calzada romana de Crecente e logo ficou en ruínas ata a súa reconstrución durante as guerras de creación de Portugal, entre Afonso VII e Afonso Henriques. Na actualidade consérvase a torre da homenaxe (nela o nobre Pedro Madruga mantivo encarcerado ao bispo de Tui Diego de Murosno século XV) aínda que tiña tamén muralla e varias dependencias anexas, tivo uso ata a Guerra de Restauración ou Guerra de Independencia de Portugal do dominio español.

A capela da Virxe do Camiño, de estilo románico tardío, sitúase nunha antiga ruta do camiño de Santiago, e conta cun cruceiro ornamental. Na capela de Fátima, no Couto da Cruz, venérase a primeira imaxe existente en España vinculada á Virxe de Fátima, traída a ombreiros dende Portugal.

Alcaldes

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Crecente.
Crecente, Crecente, Crecente

Crecente.

Lugares de Crecente

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Crecente vexa: Lugares de Crecente.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Crecente". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1915

1915 foi Ano Santo Xacobeo.

Albeos, Crecente

San Xoán de Albeos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 476 habitantes (238 homes e 238 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 676 habitantes.

Almería

Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.

A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o Mar Mediterráneo. Con arredor de 190.000 habitantes segundo o censo de 2008, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ao seu porto e aeroporto internacionais.

Arbeláez

Arbeláez é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia do Sumapaz, a 82 km de Bogotá. Coñecido polo seu alto crecemento económico nos últimos anos, este concello conta cunha zona urbana crecente e unha ampla zona rural dividida en dez vereas, subdivididas en varios sectores. Conta cun clima tépedo valorado para o descanso, e é recoñecido como a "Cidade Tranquila e acolledora de Colombia".

Bandeira de Tunisia

A bandeira de Tunisia é un pano de cor rubia cun círculo branco na zona central que contén unha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas rubias. As súas proporcións son 2:3.

A bandeira nacional de Tunisia non sufriu grandes mudanzas desde que foi adoptada en 1831 polo bey (monarca) tunisiano Hassine I. A lúa crecente e a estrela son símbolos tradicionais do islam e indican que Tunisia formou parte do Imperio otomán. A cor vermella tamén foi tomada dos otománs. A bandeira nacional recuperouse coa independencia de Francia (20 de marzo de 1956), que fora cambiada en 1881 ao establecerse o dominio colonial francés.

Bandeira de Turquía

A bandeira de Turquía (en turco: Türk bayrağı) é unha bandeira vermella cun crecente e estrela brancos no seu centro. A bandeira é popularmente coñecida como Ay Yıldız (literalmente, lúa estrela) ou Albayrak (bandeira vermella). A bandeira é ademais referida como Alsancak (pavillón vermello) no himno nacional turco.

A orixe da bandeira é complexa, xa que é un deseño antigo, e usa os mesmos símbolos que a bandeira de finais do Imperio Otomán, sendo adoptada en 1844 coas reformas de Tanzimât; aínda que a forma, a colocación e a tonalidade da cor varían. As proporcións xeométricas da bandeira están legalmente estandarizadas coa Lei da Bandeira turca de 1936.

Castelo de Fornelos

O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos é unha fortificación situada na parroquia de Ribeira (Crecente), nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço.

Comarca da Paradanta

A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.

Composición musical

A composición musical é o proceso de creación dunha obra musical, tanto na tradición occidental da música clásica, como tamén na música de cinema, de videoxogos ou calquera outra.

Crecente, A Pastoriza

O Salvador de Crecente é unha parroquia do concello lugués da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 181 habitantes, deles 90 eran homes e 91 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Estación da Frieira

Frieira é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Frieira, no concello de Crecente, na provincia de Pontevedra, ao lado do río Miño. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación da Pousa-Crecente

A Pousa-Crecente é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no lugar da Pousa, no concello de Crecente, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Filgueira

Filgueira é unha estación de tren de Adif, situada en Filgueira, no concello de Crecente, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Filgueira, Crecente

San Pedro de Filgueira (do latín filicariam plural de filicem, 'fento ou fieito' e sufixo abundancial ariam) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 193 habitantes (91 homes e 102 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 261 habitantes.

A parroquia está ás beiras do río Miño e preto do encoro da Frieira. Pódense atopar muíños e tamén unha fermosa capela na honra de San Xosé. Tamén hai un miradoiro dende o cal se pode ver toda a parroquia e o río Miño. En Filgueira existe unha das mellores vereas do concello.

JSTOR

JSTOR (acrónimo de Journal Storage, Almacenamento de Xornais) é unha biblioteca dixital creada en 1995. Contiña orixinalmente copias dixitalizadas de números antigos de revistas académicas, pero agora inclúe tamén libros e fontes primarias, xunto cos números actuais das revistas. Proporciona a posibilidade de facer buscas de texto completo de case 2.000 revistas. Teñen acceso a JSTOR máis de 8.000 institucións de máis de 160 países, e a maioría dos accesos son por subscrición, aínda que hai algúns contidos vellos en dominio público que están dispoñibles gratuitamente para calquera que os consulte.

Poboación

En socioloxía e bioloxía, unha poboación é un grupo de persoas, ou organismos dunha especie particular, que viven nunha área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.

A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.

Precipitación (meteoroloxía)

En meteoroloxía, a precipitación é calquera forma de auga que cae do ceo. Isto inclúe chuvia, neve, sarabia, néboa e orballo.

A precipitación é unha parte importante do ciclo da auga e é responsable por depositar auga fresca no planeta. A precipitación é xerada polas nubes, cando alcanzan un punto de saturación; neste punto as gotas de auga crecente (ou anacos de xeo) fórmanse, e caen á Terra por gravidade. É posible inseminar nubes para inducir a precipitación orballando un po fino ou un químico apropiado (coma o nitrato de prata) dentro da nube, xerando as gotas de auga e incrementando a probabilidade de precipitación.

A chuvia ten papel importante no ciclo hidrolóxico. A cantidade de chuvias é medida usando un instrumento chamado pluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da chuvia, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de chuvias no lugar.

Podemos distinguir tres grandes tipos de chuvias:

Chuvia frontalÉ causada polo encontro dunha masa fría con outra quente (e húmida), típicas das latitudes medias, como as de inverno no Brasil Meridional. As chuvias frontais ocorren cando a masa fría se encontra con outra masa quente e húmida.

Chuvia de convecciónÉ provocada pola intensa evaporación e o consecuente arrefriamento pola ascensión do ar húmido - fenómeno que ocorre nas zonas ecuatoriais e no verán do Centro-Sur Brasileiro. Estas chuvias tamén son coñecidas popularmente como *aguaceiros ou toró.[Cómpre referencia]

Chuvia oroxénica ou de relevoOcorre cando os ventos húmidos se elevan e se arrefrían polo encontro dunha barreira montañosa, como é normal nas *encostas voltadas para o mar. Son comúns nos litorais, paranaense e catarinense.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Vikram Samvat

Vikrama Samvat é o nome dun dos varios calendarios hindús, dado que na India existen moitos calendarios en uso:

Vikrama Samvat: lunar e sideral solar por anos.

Shaka Samvat (tradicional): lunar e solar tropical.

Calendario Bangla: solar tropical por anos.

Tamilnadu/Kerala: solar tropical por anos como o calendario Malayalam.

Bikram Sambat Nepalés: solar tropical por anos.A maioría das festas na India están baseadas nos dous primeiros calendarios. Algúns baséanse no ciclo solar como o Sankranti (solar sideral) e o Baisakhi (solar tropical).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.