Crónica

Unha crónica é xénero histórico ou literario que narra os acontecementos pola súa orde cronolóxica . A palabra crónica vén do latín chronica, que á súa vez se deriva do grego kronika biblios, é dicir, libros que seguen a orde do tempo. Nunha crónica os feitos nárranse segundo a orde temporal en que ocorreron, a miúdo por testemuñas presenciais ou contemporáneos, xa sexa en primeira ou en terceira persoa.

Frecuentemente emprégase o termo para se referir a un libro escrito por un cronista na Idade Media describindo os sucesos históricos dun país ou a vida dun nobre ou unha dignidade eclesiástica.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alpín I

Alpín foi rei dos pictos dende 726 até 728, xunto con Drest VII. A lista de reis da crónica picta dalle a Alpín e a Drest cinco anos de reinado conxunto.

En 724, Nechtan mac Der-Ilei abdicou, segundo os Anais de Tigernach en favor de Drest, entrando despois nun mosteiro. Alpín, que está asociado con Drest na lista de reis da crónica picta, non é mencionado daquela. En 726, os anais de Tigernach din que "Drest foi expulsado do reino dos pictos; e Alpín reinou no seu lugar."

Asma (doenza)

A asma é unha enfermidade inflamatoria do aparato respiratorio que provoca dificultade na respiración (dispnea).

Este termo procede do grego 'âsthma [arquexar] + -ma (grego)

Non existe unha definición precisa da enfermidade asmática. A Estratexia Global para a Asma defínea así: "Inflamación crónica das vías aéreas en que desempeñan un papel destacado certas células . Este proceso asóciase a unha hiperresposta dos bronquios que produce episodios de sibilancias (pitos), dispnea (sensación de falta de respiración), opresión torácica e tose, particularmente durante a noite ou madrugada. Estes episodios relaciónanse xeralmente cun maior ou menor grao de obstrución do fluxo aéreo a miúdo reversible de forma espontánea ou con tratamento".

Bronquite

A bronquite é a inflamación da mucosa que recobre interiormente os bronquios. Hai dous tipos de bronquite: aguda e crónica.

Cailtram

Cailtram fillo de Girom foi o rei dos pictos dende o ano 537 até o 538.

A lista de reis da Crónica picta cita o seu reinado de 1 ou 6 entre os Gartnait I e Talorc II. É o terceiro fillo de Girom que foi rei.

Cancro

O cancro ou cáncer é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.

Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros de pel), algúns virus (cancro de pene, colo do útero, algúns linfomas). Non obstante as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros de pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro de estómago e do páncreas).

O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito está moitas veces asociada á neoplasia maligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou na tose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente.

Hoxe en día, un 40 % dos casos de cancro son curables ou permiten unha supervivencia prolongada. Con todo case todos os casos de bo prognóstico continúan a ser os de detección precoz: o cancro diagnosticado en fase avanzada aínda resulta case sempre na morte do paciente, con poucas excepcións.

O 4 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial Contra o Cancro.

Cinioch

Cinioch, chamado Cínaed mac Luchtren nos anais irlandeses, foi rei dos pictos dende o ano 616 até o 631, ano no que aparece a súa morte nos Anais do Ulster, nos Anais de Tigernach e no Chronicon Scotorum.

Segundo a lista de reis da crónica picta, reinou entre 14 e 19 e foi sucedido por Gartnait III.

Ciniod I

Ciniod, fillo de Uuredech (en irlandés antigo: Cináed mac Feradaig; en inglés: Kenneth, fillo de Feradach) foi rei dos pictos dende 763 até 775.

Crese que o pai de Ciniod foi o fillo de Selbach mac Ferchair, rei de Dál Riata, que foi capturado e encadeado por Óengus mac Fergusa en 736. O seu reinado é omitido nalgunhas versión das listas de reis da crónica picta, pero está rexistrada a súa morte, así como o seu nome de rei dos pictos polos Anais de Ulster, os Anais Cambriae e a Crónica de Melrose. Gartnait, fillo de Feredach está listado como rei dos pictos un tempo antes, quizais na década de 720 e 730, nas listas de reis que omiten a Ciniod.

Crónica anglosaxoa

A Crónica Anglosaxoa é unha colección de anais en inglés antigo que narran a historia dos anglosaxóns. Os anais creáronse no século IX, probabelmente en Wessex, durante o reinado de Alfredo o Grande. Fixéronse e distribuíron moitas copias manuscritas polos mosteiros de Inglaterra, e fóronse actualizando de maneira independente. Nun dos casos, a crónica aínda se seguía actualizando en 1154.

Sobreviven, en parte ou ao completo, nove dos manuscritos, aínda que non todos eles son de igual valor histórico, e ningún deles é a versión orixinal. O máis vello parece que se empezou sobre o final do reinado de Alfredo, mentres que o máis recente se escribiu na Abadía de Peterborough tras un lume no mosteiro, en 1116. Case todo o material da crónica está en forma de anal, por anos; os máis antigos están datados no ano 60 a.C., e o material histórico segue ata o ano no que se escribiu a crónica, punto no que comezan os rexistros contemporáneos. Colectivamente, estes manuscritos coñécense como a Crónica Anglosaxoa. A Crónica non carece de parcialidade: hai ocasións nas que a comparación con outras fontes medievais revela que os escribas que a escribiron omitiron sucesos ou contaron versións das historias só desde un lado; tamén hai partes que se contradín con outras. Porén, tomada no seu conxunto, a crónica é a fonte histórica máis importante do período que vai entre a saída dos romanos e a conquista normanda. Gran parte da información ofrecida na Crónica non está rexistrada en ningún outro lugar. Ademais, os manuscritos son fontes importantes da historia da lingua inglesa; en particular, o texto de Peterborough é un dos primeiros exemplos existentes do inglés medio.

Sete dos nove manuscritos e fragmentos superviventes residen hoxe na Biblioteca Británica. Os dous restantes están na Biblioteca Bodleiana e na biblioteca do Corpus Christi College, en Cambridge.

Drest Gurthinmoch

Drest Gurthinmoch foi o rei dos pictos dende o ano 480 até o 510.

A lista de reis da Crónica picta cita trinta anos de reinado entre Nechtan e Galan. O significado do epíteto Gurthinmoch é descoñecido, pero a primeira parte podería estar relacionada co galés gwrdd, que significa grande.

Drest I

Drest ou Drust, fillo de Erp, é un rei lendario dos pictos dende o ano 412 até o 452.

A Crónica picta conta que Drest reinou durante 100 anos e gañou en 100 batallas. Tamén se di que San Patricio foi a Irlanda no décimo noveno ano do seu reinado, que se produciu a mediados do século V. A crónica conta que exiliou ó seu irmán Nechtan a Irlanda. John de Fordun suxire que Drest reinou durante 45 anos no tempo de Paladio e non durante o Patricio, e que foi confundido co seu irmán Nechtan.A lista de reis rexistra que foi sucedido por Talorc, fillo de Aniel.

Drest IV

Drest IV, fillo de Girom, foi o rei dos pictos dende o ano 522 até o 531.

A lista de reis da Crónica picta asocia o seu reinado co de Drest III. Varios reinados, separados e xuntos están asignados ós dous Drests, variando dende un a quince anos.

Drest V

Drest V fillo de Munait foi o rei dos pictos dende o ano 549 até o 550.

A lista de reis da Crónica picta cita o seu reinado de 1 anos entre os Talorc II e Galam Cennalath.

Galam Cennalath

Galam Cennalath foi o rei dos pictos dende o ano 550 até o 555.

A lista de reis da Crónica picta cita o seu reinado de 2 a 4 anos entre os de Drest V e Bridei I.

Galan Erilich

Galan Erilich foi o rei dos pictos dende o ano 510 até o 522.

A lista de reis da Crónica picta cita quince anos de reinado entre Drest II e o reinado conxunto Drest III e Drest IV.

Inflamación

A inflamación (do latín inflammatio: acender, facer lume) é a forma de manifestarse de moitas doenzas, que consiste nunha resposta inespecífica fronte ás agresións do medio (patóxenos, irritantes, células danadas), e está xerada polos axentes inflamatorios. A resposta inflamatoria ocorre só en tecidos conectivos vascularizados e xorde coa finalidade defensiva de illar e destruír o axente daniño, e para reparar o tecido ou órgano danado. Considérase un un mecanismo de inmunidade innata, estereotipado, en contraste coa reacción inmune adaptativa, específica para cada tipo de axente infeccioso. Os signos clásicos da inflamación aguda son dor, calor, rubor, inchamento e perda de función.

Inflamación non é sinónimo de infección, porque poden darse inflamacións sen infección, e mesmo nos casos en que a inflamación está causada por unha infección, a infección é causada por un microorganismo, pero a inflamación é simplemente unha das respostas do organismo ante os patóxenos.

Unha inflamación prolongada pode destruír os tecidos, e a destrución progresiva dos tecidos comprometería a supervivencia do organismo. Porén, a inflamación crónica pode tamén orixinarse por enfermidades propias do organismo hóspede como por exemplo a febre do feo (en alérxicos), aterosclerose, artrite reumatoide, e mesmo cancro (por exemplo, carcinoma de vesícula biliar). Por isto a inflamación está normalmente moi regulada polo corpo.

A inflamación pode clasificarse en aguda e crónica. A inflamación aguda é a resposta inicial do corpo a estímulos daniños e orixínase polo aumento do movemento de plasma sanguíneo e leucocitos (especialmente granulocitos) desde o sangue cara aos tecidos danados. Propágase unha cascada de eventos bioquímicos que madura a resposta inflamatoria, a cal implica ao sistema vascular local, o sistema inmune, e varias células nos tecidos lesionados. A inflamación prolongada, coñecida como inflamación crónica, causa un cambio progresivo no tipo de células presentes no sitio da inflamación e caracterízase pola destrución simultánea e curación do tecido debido ao proceso inflamatorio. O maior probema que pode darse na inflamación é que a defensa se dirixa tanto cara aos axentes daniños coma aos non daniños, de maneira que provoque lesións en tecidos ou órganos sans.

A inflamación identifícase xeralmente en medicina co sufixo -ite (farinxite, larinxite, colite, conxuntivite...).

Leucemia

A leucemia (do grego leucos λευκός "branco" e emia αἷμα "sangue") é un grupo de enfermidades malignas da medula ósea (cancro hematolóxico) que provoca un aumento descontrolado de leucocitos na mesma. Con todo, nalgúns tipos de leucemias tamén poden afectarse calquera dos precursores das diferentes liñas celulares da medula ósea, como os precursores mieloides, monocíticos, eritroides ou megacariocíticos.

León, España

León (en leonés: Llión) é a cidade capital da provincia de León situada na comunidade autónoma de Castela e León, localizada no noroeste da Península Ibérica en España. É atravesado polos ríos Bernesga e Torío.

O concello acada unha poboación de 135.059 habitantes (2007) e posúe unha área metropolitana de 204.212 habitantes, sendo así a 45º máis poboada do Estado español.

Naceu dun campamento militar romano da Legio VI Victrix, instalado na confluencia dos ríos Bernesga e Torío no 79 a. C.|79 a. C., o seu carácter de cidade consolidouse co asentamento definitivo da Legio VII Gemina no século I. Coa chegada dos musulmáns á Península, a cidade fica parcialmente despoboada. En 856 León recibe un novo impulso repoboador por parte do Reino de Asturias. Será García I quen en 910 converta a cidade de León na cabeza do máis importante reino cristián da Península Ibérica na época, dando inicio ao Reino de León, cuxa vixencia nominal chegou até o século XIX, mais dende a Plena Idade Media a cidade perdeu a importancia e empuxe de antano, en parte pola perda da súa independencia debida a unión da coroa leonesa e a castelá, definitiva dende 1301, constituíndo canda outros reinos e territorios a Coroa de Castela.

Prosa

A prosa na escritura é o uso da linguaxe que se opón ao verso. As palabras agrúpanse sen seguir as leis da métrica, senón que imitan o fluír do discurso oral. É a maneira máis natural de escribir, por iso ademais da literatura, aparece nos medios de comunicación, avisos, leis e outros documentos. Trátase carácter máis próximo á fala, sendo o derradeiro estilo literario en aparecer, posto que os primeiros escritos literarios empregaban o verso xustamente para marcar o carácter artístico e facilitar a memorización.

Tradicionalmente, a narrativa asóciase á prosa, pero pode haber poemas narrativos e textos en prosa de carácter non narrativo, como o ensaio, a descrición etc. por tanto é incorrecto considerar a prosa como un gran xénero literario.

Talorc I

Talorc, fillo de Aniel, foi un rei dos pictos dende o ano 452 até o 456.

A Crónica picta menciona que o seu reinado durou catro anos entre o de Drest, fillo de Erp e o irmán deste, Nechtan.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.